Sandiás, Sandiás

Santo Estevo de Sandiás é unha parroquia do concello ourensán de Sandiás, situado na comarca da Limia. En 2011, segundo o IGE, tiña 488 habitantes (215 homes e 273 mulleres).

Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os servizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz), dotacionais (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e asistenciais (Centro de Saúde, farmacia). Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.

Sandiás
Igrexa de Sandiás
Igrexa, cruceiro e reitoral
ConcelloSandiás
Área19,4 km²
Poboación488 hab. (2011)
Densidade25,15 hab./km²
Entidades de poboación6

Patrimonio histórico-artístico

Igrexa de Santo Estevo de Sandiás

Nesta parroquia atópase a igrexa parroquial de Santo Estevo. Foi construída polo mestre de cantería Bartolomeu de Nosendo antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarém, ou a parroquial de Batalha.

O retablo maior de Santo Estevo de Sandiás foi realizado entre o ano 1603 e o 1607 polo entallador Xoán Fernández "O Mozo" e o escultor Francisco de Moure. Consta de dous corpos, tres rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.

Romariadosanbieito
Misa na romaría do San Bieito da Uceira (Sandiás).

A ermida de San Bieito da Uceira está no monte do mesmo nome, non lonxe da aldea. Foi construída a mediados do século XVIII (exvoto do ano 1766), posteriormente foi reconstruída e ampliada. Dende o adro hai unha vista panorámica da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase a romaría do San Bieito da Uceira dunha gran tradición en toda a Limia.

Co gallo dos cincuenta anos do comezo das obras de desaugamento da lagoa de Antela (1958-2008), o Concello de Sandiás puxo en funcionamento no centro da vila, a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, o seu desecamento, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.

Lugares e parroquias

Parroquias de Sandiás

Véxase tamén

Outros artigos

As Pegas, Sandiás, Sandiás

As Pegas é unha entidade de poboación de 94 habitantes (2006) situada na parroquia e concello de Sandiás. Nela atópase o pazo do Espido (do século XVIII) e a súa capela (de 1712).

Cardeita, Sandiás, Sandiás

Cardeita é un núcleo de poboación da parroquia de Sandiás, pertencente ó concello de Sandiás. Segundo o IGE en 2010 tiña 83 habitantes (38 homes e 45 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 112 habitantes.

Cóntase que os veciños de Cardeita foron quen de atopar nas terras asolagadas da lagoa de Antela unha trabe, un pote vello, un pozo con escaleiras e non sei si outras cousas procedentes da cidade de Antioquía á que Deus castigou por non socorrerlle cando veu a Galicia.

Coalloso, Sandiás, Sandiás

Coalloso é un lugar da parroquia de Sandiás, no concello ourensán de Sandiás, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 38 habitantes (19 homes e 19 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 43 habitantes.

Estevo

Estevo pode referirse a:

O antropónimo masculino Estevo pode referirse a:

SantosSanto Estevo Mártir, protomártir do cristianismo do século I, patrón de numerosas parroquias galegas,

Santo Estevo I, papa da Igrexa Católica de 254 a 257,

Santo Estevo de Antioquía, finado en 481,

Santo Estevo I de Hungría, rei de Hungría, finado en 1038,

Santo Estevo III de Moldavia, finado en 1504;PapasEstevo I, papa da Igrexa Católica entre 254 e 257, anteriormente citado na lista de santos,

Estevo II,

Estevo III,

Estevo IV,

Estevo V,

Estevo VI,

Estevo VII ,

Estevo VIII,

Estevo IX,

Estevo IX;OutrosEstevo de Bizancio, xeógrafo e lexicógrafo do sséculo VI;TítulosEstevo I,

Estevo III,

Estevo IV,

Estevo V;Amais, como topónimo pode referirse a:

Estevo, lugar da parroquia de Barbos, no concello de Ortigueira;

Santo Estevo, lugar da parroquia de Basadre, no concello de Agolada;

Santo Estevo, lugar da parroquia de Aranga, no concello de Aranga;

Santo Estevo, lugar da parroquia das Somozas, no concello das Somozas;

Santo Estevo, lugar da parroquia de Ansar, no concello de Taboada.

O Castro, Sandiás, Sandiás

O Castro é un lugar pertencente ao Concello de Sandiás situado na parroquia do mesmo nome.

Sitúase nun outeiro ó pé da Torre do Castro, tamén coñecida como o Castelo de Sandiás.

Sandiás, Sandiás, Sandiás

Sandiás é un lugar da parroquia de Sandiás, no concello ourensán de Sandiás, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 232 habitantes (97 homes e 135 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 233 habitantes.

Santa Ana, Sandiás, Sandiás

Santa Ana é un dos lugares da parroquia de Sandiás, no concello ourensán de Sandiás. Nel atópase a casona de Santa Ana, do século XVIII, unha casa grande con capela.

Santo Estevo

O nome de santo Estevo pode referirse a varias persoas veneradas polo cristianismo:

Santo Estevo Mártir, protomártir do cristianismo do século I, patrón de numerosas parroquias galegas;

Estevo I, papa da Igrexa católica de 254 a 257;

Estevo de Antioquía (f. en 481);

Estevo I de Hungría, rei de Hungría (f. en 1038);

Estevo III de Moldavia (f. en 1504).

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.