San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

San Xurxo de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[1], en 2015 tiña 519 habitantes (262 homes e 257 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2006, cando tiña 610 habitantes.

Coordenadas: 42°30′36.73″N 8°31′1.64″O / 42.5102028, -8.5171222

San Xurxo de Sacos
IgrexaSanXurxo
Igrexa parroquial.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área12,5 km²
Poboación519 hab. (2015)
Densidade41,52 hab./km²
Entidades de poboación11

Patrimonio

Historia de Galicia-Manuel Murguía-debuxos dos petróglifos da Cividade
Debuxo do petróglifo da Eira dos Mouros publicado por Murguía no seu libro Historia de Galicia.

Nesta parroquia, no lugar de Fentáns, atópase a coñecida como Pedra das Ferraduras, unha gran rocha de granito que presenta unha combinación de círculos concéntricos e no seu anel exterior pegadas de cérvidos e bóvidos; un bo exemplo dos petróglifos do val do río Lérez. Tamén a Laxe do Cuco, da idade de bronce, con figuras de cérvidos e combinacións circulares e a Pedra do Lombo da Costa, con máis de 30 metros cadrados e máis de 20 rochas gravadas. Tamén se atopa nesta parroquia a Eira dos Mouros, outro petróglifo que xa foi documentado por Murguía na súa obra Historia de Galicia.

Cruzando o río Lérez, está a ponte de San Xurxo, ponte de cantería do século XVIII con arco de medio punto. Tamén existe unha antiga reitoral dos séculos XVII-XVIII, convertida nunha casa rural.

A súa igrexa parroquial está no lugar de Fontán. Hai tamén tres pequenas capelas en Cuspedriños, Fentáns e na Carballeira do San Xusto.

Lugares de interese

  • Carballeira de San Xusto.
  • Balneario de San Xusto, un balneario de augas sulfuro-fluoradas que nacen entre unhas rocas na marxe do río Lerez. Estas augas foron, e son, recomendadas polos médicos para diferentes doenzas, especialmente as cutáneas. Hai tempo facíase un xabrón de sales moi coñecido.

Festas

  • Romaría dos Santos Xusto e Pastor: celebrada na capela da carballeira de San Xusto, o primeiro venres e sábado de agosto.
  • San Xurxo, festa patronal, 23 de abril.
  • Virxe do Carme, en Cuspedriños, 16 de xullo.
  • Inmaculada Concepción, en Cutián, 8 de decembro.
  • A Candelaria, en Fentáns, 2 de febreiro.
  • As Neves, en Fentáns, 5 de agosto.
  • Os Remedios, en Fentáns, 8 de setembro
  • Santa Bárbara, en Cuspedriños, 4 de decembro.

San Xusto de Sacos na literatura popular

  • A Carballeira do San Xusto,/ ten ó lado unha xesteira/ onde hei de botar a noite/ cunha mociña solteira.
  • Carballeira de San Xusto,/ carballeira derramada,/ naquela carballeiriña/ perdín a miña navalla.
  • Carballeira de San Xusto,/ carballeira enramada,/ naquela carballeiriña/ perdín a miña navalla [2].
  • Carballeira de San Xusto/ moitos arrodeos ten,/ se non fora polos Santos/ alá non iba ninguén.
  • Carballeira do San Xusto,/ Carballeira do San Xusto,/ naquela carballeiriña/ hei de beilar ó meu gusto.
  • Carballeira do San Xusto,/ carballeiriña famosa,/ naquela carballeiriña/ perdín eu a miña rosa.
  • O castaño do San Xusto/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha noite de xiada.
  • San Xusto e San Pastor/ andan polos cotos/ para dar gracias ós forasteiros/ e curar ós coxos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade.
CFCuspedriños

Campo da feira en Cuspedriños.

Carballeirasx

Carballeira de San Xusto.

Laxe das Rodas - Grupo XXIX do Outeiro do Lombo da Costa - San Xurxo de Sacos - Cotobade

Laxe das Rodas - Grupo XXIX do Outeiro do Lombo da Costa.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 257.

Véxase tamén

Outros artigos

A Longa, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

A Longa é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 67 habitantes (29 homes e 38 mulleres), cinco máis ca en 2006.

O lugar está atravesado pola estrada N-541 que vai de Pontevedra a Ourense.

Barbeitos, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

Barbeitos é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 77 habitantes (38 homes e 39 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ó ano 2006 cando tiña 103 habitantes.

Neste lugar atópase o muíño de Cura e o muíño do Río, ambos no rego da Veiga.

Tamén está neste lugar o pazo de Bermúdez de Castro. Ten planta cadrada con torre en fachada no medio de dous pisos máis, rematada en almenado e con cornixa de onde saen catro gárgolas, unha en cada esquina. Accédese á casa por un camiño con muro e restos de importante entrada.

Calva da Viña, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

Calva da Viña é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 10 habitantes (6 homes e 4 mulleres), o que supón unha diminución dunha persoa con respecto ó ano 2006.

Carballeira de San Xusto

A carballeira de San Xusto é unha carballeira que se atopa na parroquia de San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade), nunha lomba sobre o río Lérez.

Cuspedriños, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

Cuspedriños é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2015 tiña 88 habitantes (48 homes e 40 mulleres), 14 menos ca en 2006.

O topónimo procede do latín CURROS PETRINEOS (curros de pedra). O lugar mantén o curro, no que ten lugar a rapa das bestas.

Neste lugar está o campo da Feira onde se celebraba a Feira de Cuspedriños. Dita feira rememórase desde o ano 2007, celebrándose o último domingo de maio. Xunto a el está a capela da Virxe do Carme, e no seu adro está a carballeira de Cuspedriños e un peto de ánimas de 1806, feito por advocación de Ramón Savorido e da súa muller Vicenta Lois.

Neste lugar naceu o lingüista Servando Pérez Barreiro.

Cutián, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

Cutián é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 90 habitantes (45 homes e 45 mulleres), o que supón un descenso de 31 persoas respecto ó ano 2006. É o lugar máis habitado da parroquia.

Fentáns, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

Fentáns é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 67 habitantes (33 homes e 34 mulleres), o que supón un descenso de 6 persoas respecto ó ano 2006.

Fontán, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

Fontán é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.Segundo o IGE, en 2015 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), 3 menos ca en 2006.

Galería de imaxes de San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

San Xurxo de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade.

Galería de imaxes de ríos de Galicia

Ríos de Galicia

Galería de imaxes do río Lérez

O río Lérez nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). Percorre 60 km. Na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

Pontevedra

Lixó

O topónimo galego Lixó pode referirse a:

Lixó, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira;

O Lixó, lugar da parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira.

Nosa Señora de Lixó, advocación mariana en Fentáns (San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade).Amais, como apelido pode referirse a:

Carlos Lixó, historiador galego (n. 1991).

Lombo do Muíño, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

Lombo do Muíño é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 14 habitantes (7 homes e 7 mulleres), os mesmos que no ano 2006.

María Campos

María Campos, nada no ano 1960 en San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade, é unha humorista, contacontos e actriz galega de teatro e televisión.

O Outeiro, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

O Outeiro é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 48 habitantes (23 homes e 25 mulleres), o que supón un descenso respecto ó ano 2005, cando tiña 67.

Pedro Bartolomé Casal

Pedro Bartolomé Casal, O.F.M., nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade) o 20 de setembro de 1816 e finado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1886, foi un humanista galego.

Río Lérez, ría de Pontevedra

O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.

San Xurxo, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

San Xurxo é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 11 persoas (6 homes e 5 mulleres), o que supón un aumento dunha persoa respecto ó ano 2006.

Neste lugar atópanse os petróglifos de Lombo da Costa, varios grupos de rochas gravadas na idade de bronce con motivos circulares e figuras humanas e animais.

Servando Pérez Barreiro

Servando Pérez Barreiro, nado en Cuspedriños (San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade) o 17 de febreiro de 1940 e finado na mesma parroquia o 1 de xaneiro de 2014, foi un lingüista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.