San Xulián, Pontecesures, Pontecesures

San Xulián é un lugar da parroquia de Pontecesures, no concello pontevedrés de Pontecesures, na comarca de Caldas. Segundo o IGE,[1] en 2013 tiña 657 habitantes (340 homes e 317 mulleres).

San Xulián
Capela de San Xulián. Pontecesures. Galiza. 2012-1
Igrexa de San Xulián de Requeixo
ParroquiaPontecesures
ConcelloPontecesures
Poboación657 hab. (2013)

Patrimonio

A igrexa de San Xulián de Requeixo é de orixe románica, mandada construír por Diego Xelmírez sobre outra edificación anterior. De planta rectangular e nave única, está construída con pedra de sillería e con canzorros, cunha torre-campanario sobre a fachada.

Lugares e parroquias

Parroquias de Pontecesures

Notas

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor".

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.