San Xoán de Río

San Xoán de Río é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 549 habitantes (913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é riés.

Coordenadas: 42°23′4″N 7°18′51″O / 42.38444, -7.31417

San Xoán de Río
Escudo de San Xoán de Río
Concello de San Xoán de Río
Casa do Concello.
Situacion San Xoán de Río
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Trives
Poboación549 hab. (2018)
Área61,1 km²
Densidade8,99 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeXosé Miguel Pérez Blecua (RÍO[3])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 1
Outros: RÍO 4
Eleccións municipais en San Xoán de Río
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes97,24%
Na rede
http://www.sanxoanderio.es/
concello@concellosanxoanderio.com

Demografía

Censo total 549 (2018)
Menores de 15 anos 15 (2.73 %)
Entre 15 e 64 anos 253 (46.08 %)
Maiores de 65 anos 281 (51.18 %)
Estranxeiros 3 (0.55 %)
Evolución da poboación de San Xoán de Río   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.630 3.343 3.332 2.755 864 759 685 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

76382094 Fragas de S.Xoan de Rio6

O concello, de 61,1 km², abrangue 9 parroquias e está situado na zona montañosa da comarca da Terra de Trives, entre a serra de Castrelo e o monte Cerengo (1.286 m). Limita ao norte con Ribas de Sil, ao sueste coa Pobra de Trives (a través do río Navea), e Chandrexa de Queixa e ao oeste con Castro Caldelas.

Abrangue un terreo sen fortes pendentes, no val do río Navea até a serra da Moa. A capital está no lugar do Campo, a 4 km do alto de Cerdeira. Está comunicada a través da estrada OU-536 que une Ourense coa Rúa, e mediante a estrada N-120 a través da serra da Moa.

Historia

Prehistoria

Da cultura megalítica consérvase o dolmen das Mamas, preto da aldea de Cambela, estando ao descuberto os ortóstatos da mámoa. Da idade de bronce consérvase a espada de Mouruás, atopada en 1967 e conservada no Museo de Ourense.

Da cultura castrexa consérvase o poboado da Pena dos Castros. A zona, de 100 m por 70, está na marxe oeste do val do río Navea. Na zona hai varios petróglifos. Na Aira dos Mouros existe unha rocha cunha inscrición, que segundo a lenda é unha pegada do cabalo do Apóstolo Santiago, que viu na axuda dos reinos cristiáns na loita contra os musulmáns. Noutra rocha hai dúas cazoletas. O castro da Medoña está na parroquia de Castrelo, entre Valdemiotos e a igrexa parroquial. O recinto, de 90 m por 65, está a uns 850 m de altitude. Consérvanse restos da muralla sur. Na zona atopáronse restos de cerámica, tellas e refugallo.

A zona estaba habitada pola tribo dos tiburos, que tiña a súa capital en Nemetóbriga (Fortaleza do Pobo Sagrado, actual Mendoia (A Pobra de Trives). Estes pobos practicaban na zona a extracción de ouro. Trala romanización de Galicia persistiu a minaría, nas minas a ceo aberto conservados na serra de Cabanas, coñecidas como Os Biocos. Son catro escavacións, a maior dela de 70 m de diámetro. As covas conservadas serviron de refuxio aos pastores da zona. As lendas contan que ocultan tesouros e cruces dos mouros, e que están conectadas coa parte luguesa da serra, co lugar das Portas (Ribas de Sil).

Romanización

Pola zona pasaba a Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga. Xa no límite coa Pobra de Trives hai unha ponte sobre o río Navea de orixe romana e reconstruída no século XVI, época na que a vía podía ser usada como camiño de Santiago. A ponte ten 3,75 m de ancho e 20 m de luz do arco. Da ponte orixinal consérvanse oito filas de pedra de cantaría regulares pero moi desgastadas. Á súa beira hai unha capela coa cruz de Malta no arco de entrada. En 1834 trasladouse ao pazo do Marqués de Trives un miliario conservado na porta dun pendello a carón da ponte. A peza de granito ten 1,18 m de alto e 60 cm de ancho, con estaladuras e seccionada. Estaba adicado aos emperadores Tito e Domiciano, e tiña a seguinte inscrición: IMP. TITO CAES. DIVI / VESP. FIL VESPASIANO / AVG. PONT. MAX. TRIB / --- / POT. VIII. IMP XVI P.P. / --- / COS VIII. / CAES. DIVI. VESP. FIL. DOMITIANO / COS. VIII VIANOVA. AB. ASTURICA / C. CALP. RANT. QUIRINALE / VALFESTO. LEG. AVG. P.P. / M.P.

Na zona atopáronse outros catro miliarios, coñecidos como miliarios de Cerdeira e desprazados ao lugar das Guístolas. Un deles carece de inscrición, e os outros tres son de tipo honorífico ou conmemorativo. O miliario de Constancio Cloro, de 1,40 m por 40 cm, é de inicios do século IV, e ten a inscrición IMP(eratori) CAE(sari) / FLAV(i)O VA / LERIO CON / STANTIO / IN(victo) AVG(usto) P(io) / P(atri) P(atriae). O miliario de Xuliano é algo posterior e de maiores dimensións (2,2 m por 60 cm), co texto D(omino) N(ostro) / CLAVDIO IVLIANO / SEM(per) / AVG(usto). O miliario de Carino ten uns caracteres maiores, e as súas dimensións (1,5 m por 55 foron reducidas para axustar o seu tamaño á función de columna, polo que non se conserva a primeira liña da inscrición, quedando o texto (imperatori caesari) / M(arco) AVRELIO / CARIO I(nvicto) P(rincipi) P(atri) / P(atriae) P(ro)CONSVLI / CON / SVLI.

Amais destes catro miliarios, no lugar da Cerdeira atopáronse outros tres menores. Un deles, conservado no museo de Ourense, ten a lenda O VALERIO / NOBILISSI. / CAESARI, e unhas medidas de 80 cm de alto, 55 de diámetro base e 39 de diámetro superior. Outros dous foron atopados preto da igrexa parroquial, formando parte de paredes construcións máis recentes. Un atópase no patio interior dunha casa antiga, ao que se accede a través dunha gran porta cun arco de medio punto de cantería. O miliario, de forma irregular e de case 2 m de altura está na parede da dereita. Non se distingue ben a inscrición. O segundo miliario está nunha parede dunha cuadra, fragmentado e deteriorado, duns 65 cm de alto.

Patrimonio

33768734 Capela en Pontenavea (S.Xoan de Rio)
Capela en Pontenavea.

Na idade media construíuse unha fortaleza no lugar da Torre Vella. Foi derruída, e a pedra foi utilizada na reconstrución do castelo de Castro Caldelas.

A igrexa de San Xoán de Río é de orixe románica tardía, con bóvedas de cruzaría góticas nos altares laterais. Ten unha inscrición, indicando que foi rematada en 1691 sendo abade Alonso Bermúdez. Ten planta basilical con tres naves, con cruz latina no exterior e cadansúa ábsida. Os arcos son de medio punto e as bóvedas de canón. A cúpula é octogonal, sustentada por pendentes. Os retablos son barrocos, de 1782, con elementos vexetais e columnas salomónicas. Nela hai tres petos das ánimas do século XVIII. No templo consérvanse pezas de xoiaría coma a cruz, a custodia, o cáliz (do século XVIII) e o incensario (do século XVII).

Amais das igrexas parroquiais, hai outras capelas e ermidas, como as de Domecelle, Mouruás, San Miguel e Castrelo.

Lugares de San Xoán de Río

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Xoán de Río vexa: Lugares de San Xoán de Río.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de San Xoán de Río.
33768760 Pontenavea(S.X. de Rio)

Ponte no río Navea.

33551561 Observatorio dos Biocos(San Xoan de Rio)

Observatorio dos Biocos.

33768783 Ruinas Pontenavea(San Xoan de Rio)

Ruínas en Ponte Navea.

76382066 Fragas de S.Xoan de Rio3

Fraga.

79905922 San Silvestre, San Xoán de Río

San Silvestre.

79905909 Pombal de Domecelle, San Xoán de Río

Pombal en Domecelle.

79905902 Embalse de Guistolas, San Xoán de Río

Encoro de Guistolas.

79905900 Canón do Navea, San Xoán de Río

Canón do río Navea.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. José Miguel Pérez, nuevo alcalde de San Xoán de Río
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Fonte, As Cabanas, San Xoán de Río

A Fonte é un lugar da parroquia das Cabanas, no concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE, en 2016 tiña 3 habitantes (1 home e 2 mulleres).

As Cabanas, San Xoán de Río

San Paio das Cabanas é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE en 2014 tiña 39 habitantes (18 homes e 21 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 65 habitantes.

As Cortes, Seoane de Argas, San Xoán de Río

As Cortes é un lugar da parroquia de Seoane de Argas, no concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE, en 2016 tiña doce habitantes (seis homes e seis mulleres).

Castiñeiro, Vilardá, San Xoán de Río

Castiñeiro é un lugar da parroquia de Vilardá, no concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE, en 2016 estaba deshabitado.

Castrelo, San Xoán de Río

Santa María de Castrelo é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 89 habitantes (43 homes e 46 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 23 habitantes en relación ao ano 2000.

Cerdeira, San Xoán de Río

Santa María Madalena de Cerdeira é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE en 2014 tiña 59 habitantes (33 homes e 26 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 99 habitantes.

Comarca da Terra de Trives

A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.

Eleccións municipais en San Xoán de Río

Corporacións democráticas en San Xoán de Río desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Pedro Fernández Fernández — UCD

1983 Alcalde: Pedro Fernández Fernández — Coalición Galega

1987 Alcalde: Pedro Fernández Fernández — AP

1991 Alcalde: Pedro Fernández Fernández — Coalición Galega

1995 Alcalde: Pedro Fernández Fernández — PPdeG

1999 Alcalde: Pendente.

2003 Alcalde: Darío Álvarez Gómez — AIR (Agrupación Independente do Río)Modelo:San Xoán de Río 2003

2007 Alcalde: Darío Álvarez Gómez — PSdeG-PSOE. Substituído en 2010 por Luis Castro Álvarez.Modelo:San Xoán de Río 2007

2011 Alcalde: Gerardo Rodríguez Domínguez — PPdeG

2015 Alcalde: Luís Castro Álvarez — PSdeG-PSOECandidatos: Luís Castro Álvarez (PSdeG-PSOE) e Gerardo Rodríguez Domínguez (PP).

Lugares de San Xoán de Río

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de San Xoán de Río

Medos, San Xoán de Río

Santa Mariña de Medos é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 43 habitantes (22 homes e 21 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Mouruás, San Xoán de Río, San Xoán de Río

Mouruás é unha aldea da parroquia de San Xoán de Río no concello homónimo da provincia de Ourense. Pertence á Comarca da Terra de Trives. Segundo os datos do INE, en 2014 tiña 39 habitantes (17 homes e 22 mulleres).

San Silvestre de Argas, San Xoán de Río

San Silvestre de Argas é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 20 habitantes (12 homes e 8 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2000.

San Xoán de Río, San Xoán de Río

San Xoán de Río é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE en 2014 tiña 249 habitantes (118 homes e 131 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 342 habitantes.

San Xurxo, San Xoán de Río

Santa María da O de San Xurxo é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río. Consta dos lugares de Carballo e Pacios.

Seoane, Seoane de Argas, San Xoán de Río

Seoane é un lugar da parroquia de Seoane de Argas, no concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE, en 2016 tiña 15 habitantes (7 homes e 8 mulleres).

Seoane de Argas, San Xoán de Río

San Xoán de Seoane de Argas é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 113 habitantes (55 homes e 58 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 37 habitantes en relación ao ano 2000.

Serra das Cabanas

A serra das Cabanas é unha serra galega localizada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e mais San Xoán de Río. Está circunvalada ao norte e ao leste polo río Sil. Na vertente sur nacen varios afluentes do río Edo.

O cumio de maior altitude é o Cerengo, con 1.235 metros sobre o nivel do mar.

Valados, As Cabanas, San Xoán de Río

Valados é un lugar da parroquia das Cabanas, no concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE, en 2016 tiña 14 habitantes (8 homes e 6 mulleres).

Vilardá, San Xoán de Río

Santa María de Vilardá é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 95 habitantes (43 homes e 52 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 44 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.