San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao

San Vitoiro de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 163 habitantes (81 homes e 82 mulleres), un máis ca no ano anterior.

San Vitoiro de Ribas de Miño
SanVictorio3
Igrexa parroquial de San Victorio
ConcelloO Saviñao
Poboación122 hab. (2017)
Entidades de poboación19

Historia

Os límites da parroquia determináronse en comparecencia veciñal o 13 de marzo de 1753 ante o xuíz Rafael de Queiruga. No correspondente documento aparecen determinados os límites. Unha terceira parte da parroquia, como a entidade de Porto, quedou anegada polo río Miño coa construción do encoro de Belesar.

Socioeconomía

Xunto á gandería vacúa e de subsistencia e a agricultura, a produción de viño é unha das principais actividades en San Vitoiro, ó estar localizada na zona amparada para a produción de viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra, concretamente na subzona Ribeiras do Miño.

SanVitorio.OSavinao.Lugo.Espana-CapilladeGuadalupe 6
Capela de Guadalupe

Patrimonio

Nesta parroquia, como noutras da Ribeira Sacra, hai expoñentes da románica galega.

A igrexa parroquial de San Vitoiro é de estilo románico do último cuarto do século XII, semellante ó de Santo Estevo de Ribas de Miño, que consta de nave e ábsida rectangulares, con arco triunfal de medio punto e columnas salomónicas, á que se engadiu a sancristía. Destaca principalmente pola súa fachada principal con tres arquivoltas que descansan sobre columnas de fustes lisos.

O santuario de Guadalupe, situado no monte da Capela, data do século XVIII.

A casa grande de Pacios é unha construción civil do século XVII. A casa de Abadía é unha construción civil dos séculos XV e XVI.

SanVitorio.OSavinao.Lugo.Espana-Casa de Abadía 2
Casa da Abadía

A capela de Porto, de posible orixe románica, sitúase en Porto, na actualidade anegada polo encoro de Belesar. Consérvanse na igrexa parroquial algunhas das súas tallas, esculpidas entre os séculos XVI e XVII.

Festas

A primeira fin de semana de setembro celébrase no campo da festa da Abadía a romaría da Virxe de Guadalupe.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao.
SanVitorio.OSavinao.Lugo.Espana-Iglesia 2

Igrexa de San Vitoiro de Ribas de Miño.

SanVitorio.OSavinao.Lugo.Espana-Iglesia 3

Igrexa de San Vitoiro de Ribas de Miño.

SanVitorio.OSavinao.Lugo.Espana-Iglesia 4

Portada da igrexa.

SanVictorioPortaLateralEste

Porta Lateral norte

Lugares e parroquias

Parroquias do Saviñao

Véxase tamén

Outros artigos

A Abadía, San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao

A Abadía é un lugar da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño no concello lugués do Saviñao na comarca da Terra de Lemos. Tiña 13 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 6 eran homes e 4 eran mulleres.

Atopase a unha distancia de 12,5 quilómetros do concello.

Neste lugar atopase unha igrexa do século XII, que foi parte dun mosteiro segundo documentos do ano 911.

Diego Juan de Ulloa

Diego Juan de Ulloa, nado en Noceda (San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao) e finado na mesma aldea o 29 de novembro de 1764, foi un eclesiástico ilustrado de familia fidalga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.