San Vitoiro da Mezquita, Allariz

San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Allariz. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 145 habitantes (68 homes e 77 mulleres) distribuídos en sete entidades de poboación[2].

Os sete lugares desta parroquia civil xunto co lugar de Celeiros (San Vitoiro da Mezquita, A Merca), forman a parroquia eclesiástica de San Vitoiro da Mezquita do arciprestado de Allariz da diocese de Ourense.

Coordenadas: 42°14′00″N 07°51′30″O / 42.23333, -7.85833

San Vitoiro da Mezquita
Parroquia de San Vitoiro da Mezquita do concello de Allariz
ConcelloAllariz
Poboación145 hab. (2015)
Entidades de poboación7

Notas

  1. IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2015. Busca por entidades".
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".

Lugares e parroquias

Parroquias de Allariz
As dezaseis parroquias que conforman o concello de Allariz.

Parroquias de Allariz

Véxase tamén

San Vitoiro da Mezquita

San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia eclesiástica galega pertencente ao arciprestado de Allariz da diocese de Ourense. A maior parte do seu territorio pertence ao concello de Allariz, sete dos oito lugares que a compoñen están neste concello: Celeiros, Condes, A Coruxeira, As Cruces, A Pedreira, San Vitoiro e As Tabernas; mentres que só un lugar, Celeiros, pertence ao concello da Merca, que na realidade forma un único núcleo co lugar homónimo de Allariz.

San Vitoiro da Mezquita, A Merca

San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Merca. Segundo o IGE en 2015 tiña 3 habitantes (1 home e 2 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación, o lugar de Celeiros. Este lugar xunto cos sete lugares da parroquia de San Vitoiro da Mezquita do concello de Allariz, forman a parroquia eclesiástica de San Vitoiro da Mezquita do arciprestado de Allariz da diocese de Ourense.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.