San Valentín, Fene

San Valentín é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.407 habitantes (717 mulleres e 690 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.766 habitantes.

San Valentín deu nome á promoción de vivendas: Cooperativa San Valentín de vivendas. Na Chousa de Perlío, propiedade de Astano, cunha superficie de 64.000 m². Do desmonte desta zona saíu material para as ampliacións de Astano. A primeira fase foron 384 vivendas, rematadas en setembro de 1970. Outras 240 vivendas da II Fase inícianse en 1972.[1]

San Valentín
San Valentín
Barrio de San Valentín.
ConcelloFene
Área0,6 km²
Poboación1.407 hab. (2013)
Densidade2.345 hab./km²
Entidades de poboación3

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Fene.
Polideportivo A Xunqueira

Polideportivo A Xunqueira.

Lugares e parroquias

Parroquias de Fene

Véxase tamén

Outros artigos

    ASTANO

    ASTANO (acrónimo de Astilleros y talleres del noroeste) foi unha empresa do sector naval situada en Fene, actualmente integrada en Navantia. Foi fundada en 1941 por José María González-Llanos tamén fundador de FENYA, enxeñeiro e antigo director de Bazán, cun capital social de 1 600 000 pesetas e 33 empregados. O concello de Fene puxo o nome de Astano á avenida principal do Polígono industrial Vilar do Colo. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a chamarse Navantia Fene, propiedade da SEPI. Para Astano traballaron empresas locais como Fenya ou Imenosa.

    Blood Filloas

    Blood Filloas foi un grupo de indie rock de Ferrol. Foi dos poucos grupos na escena penínsular en cultivar dito estilo. Aínda que cantaban a maioría dos seus tema en inglés, a raíz das súas aparicións en diversas escenas da vida cultural e artística galega, como o Xabarín Club, estiveron ligados ó denominado movemento bravú. Entre as súas influencias estaban grupos como The Clash, Redd Kross, Husker Du, Nirvana, The Posies, Undertones, Fuzztones, Chocolate Watchband, The Sonics, Wreckless Eric, Buzzcocks, Blondie ou These Animal Men.

    Galería de imaxes de Fene

    Galería de imaxes do concello de Fene na provincia da Coruña.

    Praias da provincia da Coruña

    Esta é unha lista parcial das máis de 360 praias da provincia da Coruña dos concellos litorais de: Ares, Arteixo, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Corcubión, A Coruña, Dumbría, Ferrol, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Mugardos, Muros, Muxía, Noia, Oleiros, Ortigueira, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Sada e Valdoviño.

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.