San Sadurniño

San Sadurniño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 tiña 3.019 habitantes (3.098 no 2010, 3.182 no 2006, 3.179 no 2005, 3.229 no 2004, 3.272 en 2003).

Coordenadas: 43°31′57.78″N 8°4′21.75″O / 43.5327167, -8.0727083

San Sadurniño
Escudo de San Sadurniño
Nova Casa do concello de San Sadurniño
Casa do concello.
Situacion San Sadurniño
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ferrol
Poboación2.828 hab. (2018)
Área99,7 km²
Densidade28,37 hab./km²
Entidades de poboación193 (7 parroquias)
Capital do concelloSan Sadurniño
Política (2019[2])
AlcaldeSecundino García Casal (BNG)
ConcelleirosBNG: 7
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en San Sadurniño
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes65,35%
Na rede
www.sansadurnino.gal
correo@sansadurnino.dicoruna.es

Xeografía

Limita cos concellos de Valdoviño e Moeche polo norte, As Pontes e A Capela polo sur, Narón e Neda polo oeste, e Moeche e As Somozas polo leste.

San Sadurniño esténdese polo val do río Grande de Xuvia. A parte máis montañosa sitúase ao sur, no estreito val do río Castro, cara á Serra do Forgoselo.

Patrimonio

Monumentos relixiosos

Escudo dos marqueses de San Sadurniño
Escudo dos marqueses de San Sadurniño na capela de Belén

As súas parroquias pertencen á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Igrexa e convento do Rosario
Convento e igrexa do Rosario
Capela de Belén
Capela de Belén

O Convento do Rosario, sito na Avenida do Marqués de Figueroa, é un antigo convento monacal da Orde dos Franciscáns, do que se ten constancia xa no século XVI. Na actualidade, as súas dependencias só acollen o concello e o xulgado de paz. No seu interior, destaca a escaleira que accede ao andar superior, realizada coa coñecida como 'Pedra de Moeche', que se caracteriza pola súa cor verdosa.

A igrexa de Santa María do Rosario, situada a carón do convento, foi levantada no século XVIII. É un templo con planta de cruz latina que formou parte do convento até 1835. Na súa fachada principal, dun só corpo, destaca a súa torre campanario, rematada por unha cúpula. No seu interior gárdanse tres sepulcros coas súas respectivas estatuas xacentes.

A capela de Belén, sita na Avenida do Marqués de Figueroa, é un pequeno templo dunha soa nave que destaca pola imaxe da Virxe e o antigo escudo do Marquesado de San Sadurniño, sitos na súa fachada principal.

A igrexa de Santa María de Naraío atópase no lugar do Eirixado, na parroquia de Naraío. Foi levantada entre os séculos XI e XVIII e a súa planta, de cruz latina, está formada pola nave principal, unha sancristía e dúas capelas laterais. Destaca o pequeno rosetón circular da súa fachada principal.

A igrexa de Igrexafeita é un templo de estilo gótico sito no Coto, na parroquia de Igrexafeita. Ten planta rectangular dunha soa nave, capela -á que se accede por un arco triunfal- e sancristía. No seu interior, gárdase un retablo barroco.

A igrexa de San Xiao de Lamas é un templo rural de estilo barroco, con planta rectangular dunha soa nave. A súa fachada principal presenta acaroada unha torre campanario.

A igrexa de Santa María de Bardaos é un pequeno templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave e presbiterio.

A igrexa de Santa Mariña do Monte é un pequeno templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave e pequena sancristía. Na súa fachada principal destaca a súa espadana dobre con dúas campás.

Monumentos civís

Neste concello está o castelo de Naraío, que pertencera a Gonzalo Piñeiro. Está situado no punto máis alto do val formado polo río Castro, a 400 metros de altitude, ao sur do concello. Os primeiros datos que se obteñen del din que pertenceu a Gonzalo Piñeiro. É unha fortaleza medieval de planta irregular con forma de polígono de doce lados, adaptada ás irregularidades do terreo, e nos últimos anos atopábase en estado de abandono. Porén, vense desenvolvendo dende 2007 un proceso de rehabilitación.

Pazo da marquesa de San Sadurniño
Pazo da marquesa de San Sadurniño

O Pazo da Marquesa de San Sadurniño é un dos edificios de maior valor artístico de todo o concello. Localízase nos arredores do Convento e a Igrexa do Rosario, na Avenida do Marqués de Figueroa. Ten planta cuadrangular e unha torre almeada que presenta os escudos das familias dos Andrade e Lemos, e no seu interior merece especial mención o seu claustro e a galería acristalada do século XIX. O edificio sufriu modificacións importantes no século XX, cando se converteu en escola e se lle engadiu un anexo derrubándose unha das alas do pazo orixinal.

A área recreativa dos Currás atópase nos arredores da piscina municipal. En toda a súa contorna, arrodeado de arboredas de castiñeiros, piñeiros e eucaliptos, hai mesas, bancos, barbacoas e unha zona especialmente adicada aos máis pequenos con xogos infantís.

A Fonte de San Roque, sita a escasos metros da Igrexa de Santa María de Naraío, está realizada en pedra labrada e arrodeada dunha arboreda. Merece especial mención o fornelo sito sobre a fonte, coa imaxe do Santo.

A ponte de Ferrería localízase nos arredores do castelo e da igrexa de Santa María de Naraío. Pénsase que é unha ponte medieval, utilizada dende as súas orixes para salvar o río Castro.

A área recreativa de Bardaos localízase na contorna forestal e fluvial do río da Bañoca. Conta cunha zona dedicada aos máis pequenos con diferentes xogos, ademais de mesas, bancos e barbacoas. Nos seus arredores, merece especial mención un antigo muíño de auga, na actualidade en estado ruinoso.

Goberno municipal

Secundino García Casal é o alcalde de San Sadurniño polo BNG dende xuño de 2007, grazas a un pacto de gobernabilidade co PSdeG-PSOE. Relevou no cargo a Constantino Bedoya (PP), que revalidara esa condición ao longo de varios comicios municipais anteriores.

En 2011, o BNG obtivo a maioría absoluta na corporación con 7 concelleiros, afrontando en solitario o goberno municipal no novo mandato, fronte a 3 edís do PP e outro do PSdeG-PSOE na oposición.

Poboación

Censo Total (Habitantes) 3.019 (2014)
Menores de 15 anos 276 (9.14 %)
Entre 15 e 64 anos 1.814 (60.09 %)
Maiores de 65 anos 929 (30.77 %)
Evolución da poboación de San Sadurniño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.201 5.932 6.622 4.398 3.229 3.098 3.061 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

O concello de San Sadurniño ten unha implicación importante ca economía agrícola, gandeira e forestal. No concello está situada a fábrica de taboleiro de madeira INTASA do grupo Tojeiro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de San Sadurniño.

Lugares de San Sadurniño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Sadurniño vexa: Lugares de San Sadurniño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bardaos, San Sadurniño

Santa María de Bardaos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de San Sadurniño, lindando ó leste co Concello de Moeche e ó oeste co Concello de Valdoviño. Segundo IGE en 2013 tiña 282 habitantes (150 homes e 132 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 274 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Castelo de Naraío

O Castelo de Naraío é un castelo medieval situado ao pé do río Castro, na parroquia de Santa María de Naraío (San Sadurniño). Tralo seu abandono no século XVII foise irmandando co hábitat que o rodea, chegando aos nosos días como unha romántica e florida ruína ao pe do río Castro, afluente do río Grande de Xuvia. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

Cernada, Naraío, San Sadurniño

Cernada é un lugar da parroquia de Naraío no concello coruñés de San Sadurniño, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE, en 2011 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres).

Chave, O Saviñao

San Sadurniño de Chave é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 93 habitantes, deles 47 eran homes e 46 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Cortella, Naraío, San Sadurniño

Cortella é un lugar da parroquia de Naraío no concello coruñés de San Sadurniño, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE, en 2011 estaba despoboado.

Doso, Narón

San Lourenzo de Doso é unha parroquia rural, que se localiza no leste do concello de Narón na provincia da Coruña, cunha superficie de 4,5 km². Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 430 habitantes (218 mulleres e 212 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 444 habitantes. A súa densidade de poboación é de 95,5 hab./km².

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Limita ao norte coa parroquia de Pedroso, ao sur co concello de Neda, ao leste con Pedroso e ao oeste co concello de San Sadurniño.

Ferreira, San Sadurniño

San Paio de Ferreira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 293 habitantes (143 mulleres e 150 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 396 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Ferreiros, Sarria

San Sadurniño de Ferreiros é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 158 habitantes (79 homes e 79 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 187 habitantes.

Por aquí discorre o Rally San Froilán. Coincidindo coas festas patronais de San Sadurniño celébrase o FerreirosFest. Na parroquia rodouse parte do filme Romasanta. A caza da besta (Paco Plaza, 2004).

Goiáns, Porto do Son

San Sadurniño de Goiáns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 1.598 habitantes (800 homes e 798 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Igrexafeita, San Sadurniño

Santa María de Igrexafeita é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 204 habitantes (99 homes e 105 mulleres) distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lamas, San Sadurniño

San Xiao de Lamas é unha parroquia que se localiza no leste do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 494 habitantes (243 mulleres e 251 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 517 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Naraío, San Sadurniño

Santa María de Naraío é unha parroquia que se localiza no sur do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 547 habitantes (261 homes e 283 mulleres) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 670 habitantes. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

O Eirixado, Naraío, San Sadurniño

O Eirixado é un lugar da parroquia de Naraío no concello coruñés de San Sadurniño, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE, en 2011 tiña 48 habitantes (25 homes e 23 mulleres).

Piñeiró, O Saviñao

San Sadurniño de Piñeiró é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 263 habitantes, deles 129 eran homes e 134 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Sadurniño, San Sadurniño

Santa María de San Sadurniño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 858 habitantes (458 mulleres e 396 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 908 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

San Sadurniño de Froián, Sarria

San Sadurniño de Froián é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 104 habitantes (58 homes e 46 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 125 habitantes.

Santa Mariña do Monte, San Sadurniño

Santa Mariña do Monte é unha parroquia que se localiza no norte do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 346 habitantes (186 homes e 160 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 429 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Torre de San Sadurniño

A Torre de San Sadurniño encóntrase nunha pequena illa con forma de triángulo irregular (San Tomé do Mar) fronte á actual zona urbana de Cambados na provincia de Pontevedra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.