San Pedro de Vilanova, Vedra

San Pedro de Vilanova é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2010 tiña 325 habitantes (167 mulleres e 158 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.

San Pedro de Vilanova
Vedra, fonte de Santiaguiño 01-11a
Fonte da capela do Santiaguiño.
ConcelloVedra
Poboación323 hab. (2017)
Entidades de poboación10

Patrimonio

Trala capela do Santiaguiño e ó pé do camiño de Santiago, érguese unha fonte construída en 1670. A ámbolos lados mostra dúas figuras procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo, desmontado en 1603-1604.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de San Pedro de Vilanova, Vedra.
Vedra, fonte de Santiaguiño 01-08d

Inscrición na fonte da capela do Santiaguiño. Recolle a lenda da raíña Lupa e o traslado do corpo do Apóstolo nun carro ó que xunguiron dous bois bravos que, milagrosamente, se tornaron mansos.

Albergue de Peregrinos de San Pedro de Vilanova, Vedra

Albergue de Peregrinos de San Pedro de Vilanova.

Lugares e parroquias

Parroquias de Vedra

Véxase tamén

Outros artigos

Coro pétreo do Mestre Mateo

O coro pétreo do mestre Mateo foi unha estrutura interna da catedral de Santiago de Compostela, tallada totalmente en pedra polo taller de Mateo, construído cara ao ano 1200, que ocupaba os primeiros catro tramos da nave maior. Foi desmontado entre 1603 e 1604 por orde do arcebispo Sanclemente para ser substituído por outro de madeira que encargou a Xoán Davila e Gregorio Español e que foi desmontado á súa vez en 1945.

O coro tiña unha estrutura rectangular, en U aberta cara ao altar maior, e ocupaba os catro primeiros tramos da nave maior a partir do cruceiro. Nos tres primeiros tramos distribuíanse as cadeiras dos cóengos, mentres que o cuarto tramo estaba ocupado por unha tribuna e o leedoiro sobre ela. As pezas do coro derruído foron aproveitadas noutras obras que se realizaron na catedral e nas inmediacións. O uso que se lle deu dependeu da calidade e aprecio que lles merecese cada peza: as esculturas de apóstolos e profetas foron reempregadas para a construción da Porta Santa ou como ornato de capelas e outras estancias da catedral, pero tamén noutros puntos máis afastados.

Tras varias reconstrucións limitadas a unha pequena mostra (o debuxo dunha cadeira en 1953 e a reconstrución doutra en 1961, dúas en 1971 e tres en 1985) os profesores Yzquierdo Perrín e Otero Túñez conseguiron montar en 1999 unha reconstrución virtual da estrutura completa e outra física, formada por 17 cadeiras, que se expón no Museo da Catedral.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.