San Miguel de Tabagón, O Rosal

San Miguel de Tabagón é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2014 tiña 963 habitantes (503 mulleres e 460 homes). Pertence á diocese de Tui-Vigo, e nela, ó arciprestado da Guarda-Tebra.

En San Miguel de Tabagón desemboca o río Tamuxe no río Miño.

No lugar do Cruceiro está o cruceiro de Tabagón, unha estrutura pétrea de granito que se dispón sobre tres chanzos e un podio. O fuste é de sección cadrada, capitel e tres cruces en forma de calvario.[1]

San Miguel de Tabagón
Alameda de San Miguel de Tabagón, O Rosal
Alameda de San Miguel de Tabagón.
ConcelloO Rosal
Poboación963 hab. (2014)
Entidades de poboación20

Galería de imaxes

O Rosal, S. Miguel de Tabagón, igrexa

Igrexa parroquial.

O Rosal, S. Miguel de Tabagón

Detalle.

O Rosal, S. Miguel de Tabagón, torre

Torre.

Lugares e parroquias

Parroquias do Rosal

Notas

  1. "Cruceiro de Tabagón". TurGalicia.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Pías, San Miguel de Tabagón, O Rosal

Pías é unha entidade de poboación da parroquia de San Miguel de Tabagón, no concello pontevedrés do Rosal. Segundo o IGE, en 2015 tiña 169 habitantes (82 homes e 87 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2006, cando tiña 190.

Aquí desemboca o río Tamuxe, verquendo as súas augas ó Miño.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.