San Martiño de Grou, Lobios

San Martiño de Grou é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Lobios. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 19 habitantes (13 homes e 6 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación[2], o lugar do Valoiro. Este lugar xunto co de Cabaleiros da parroquia homónima do concello de Lobeira, forman a parroquia eclesiástica de San Martiño de Grou do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense.

Coordenadas: 41°56′30″N 08°03′30″O / 41.94167, -8.05833

San Martiño de Grou
ConcelloLobios
Poboación19 hab. (2015)
Entidades de poboación1

Notas

  1. IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2015. Busca por entidades".
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".

Lugares e parroquias

Parroquias de Lobios

Véxase tamén

O Valoiro, San Martiño de Grou, Lobios

O Valoiro é un lugar da parroquia de San Martiño de Grou no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 19 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 11 eran homes e 8 mulleres.

San Martiño de Grou

San Martiño de Grou é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense e que ten as súas terras e os seus dous lugares repartidos entre os concellos de Lobeira e Lobios. No ano 2015 tiña 29 habitantes dos cales 17 eran homes e 12 mulleres, o que supón un descenso con respecto ao ano 2007, cando tiña 40 habitantes.

O lugar de Cabaleiros pertence ao concello de Lobeira e o do Valoiro pertence ao concello de Lobios. Nótese que limítrofes son as parroquias de Santa Cruz de Grou, Lobeira e Grou, Lobios

San Martiño de Grou, Lobeira

San Martiño de Grou é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Lobeira. Segundo o IGE en 2015 tiña 10 habitantes (4 homes e 6 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación, o lugar de Cabaleiros. Este lugar xunto co do Valoiro da parroquia homónima do concello de Lobios, forman a parroquia eclesiástica de San Martiño de Grou do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.