San Lorenzo de El Escorial

San Lorenzo de El Escorial é un municipio español da Comunidade de Madrid, situado ao noroeste da rexión, na vertente suroriental da Serra de Guadarrama, ao pé do Monte Abantos e Las Machotas, a 47 km de Madrid. É cabeza do partido xudicial homónimo. Recibe popularmente o nome de El Escorial de Arriba, para diferencialo do veciño pobo de El Escorial, que, pola súa banda, é designado como El Escorial de Abajo. Dentro do seu termo, atópanse o Mosteiro do Escorial e o Valle de los Caídos.

Linda ao norte con Guadarrama, ao oeste con Santa María de la Alameda, Robledo de Chavela e a provincia de Ávila, ao leste con Alpedrete e Collado Villalba e ao sur con El Escorial e Zarzalejo. Tamén cerca atópase a inmensa e agradable urbanización de Los Arroyos, que ten gran cantidade de servizos.

O pobo foi fundado en tempos de Carlos III, no século XVIII, e constituído en municipio no século XIX, cando tivo o seu primeiro alcalde. Xurdiu como unha escisión de El Escorial, onde Filipe II construíu a finais do século XVI o Mosteiro do Escorial e constituíu, mediante a anexión das leiras lindeiras, o Real Sitio do mesmo nome. Na parte segregada atopábanse os principais edificios e paraxes deste Real Sitio, incluído o Mosteiro, que na actualidade áchase, xa que logo, no termo de San Lorenzo de El Escorial. Por iso é polo que o citado monumento reciba tamén o nome de Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.

O Mosteiro e o Real Sitio foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco o día 2 de novembro de 1984, coa denominación de "El Escorial, Mosteiro e Sitio".

Ao redor deste edificio, un dos principais monumentos renacentistas españois, articulouse unha potente industria turística e hostaleira, que converteu a San Lorenzo de El Escorial nun dos principais destinos da Comunidade de Madrid.

Desde o 21 de xuño de 2006, o seu termo atópase protexido pola Comunidade de Madrid como Ben de Interese Cultural, na categoría de Territorio Histórico ou Sitio Histórico, figura na que tamén se inclúen os municipios veciños de El Escorial, Santa María de la Alameda e Zarzalejo.

San Lorenzo de El Escorial
Flag of San Lorenzo de El Escorial
Escudo de San Lorenzo del Escorial
Las vistas desde la silla de Felipe II (14870577465)
Vista panorámica da localidade.
Localización
San Lorenzo de El Escorial en Comunidade de Madrid

San Lorenzo de El Escorial
San Lorenzo de El Escorial
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaComunidade de Madrid Madrid
ProvinciaComunidade de Madrid Madrid
ComarcaCuenca del Guadarrama
Xeografía
Altitude1.032 msnm
Superficie56,4 km²
Demografía
Poboación18.352 hab. (INE 2010)
Densidade325,39 hab./km²
XentilicioSanlorentino / Gurriato
Outros datos
Código postal28200
AlcaldeJosé Luis Fernández-Quejo del Pozo (PP)
www.sanlorenzodeelescorial.org

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Pascual de Borbón

Antonio Pascual de Borbón e Saxonia nado en Caserta, Reino de Nápoles, o 31 de decembro de 1755 e finado en San Lorenzo de El Escorial (Madrid), o 20 de abril de 1817), foi un infante de España, fillo de Carlos III e a súa esposa María Amalia de Saxonia, e irmán menor, por tanto, de Carlos IV de España e Fernando I de Borbón rei das Dúas Sicilias (e despois Fernando IV, rei de Nápoles).

Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María son un conxunto de catrocentas vinte e sete composicións en galego-portugués, que no século XIII era a lingua fundamental da lírica culta en Castela. Atópanse repartidas en catro manuscritos, un deles na Biblioteca Nacional en Madrid (códice To, por Toledo), dous en San Lorenzo de El Escorial (códices E e T) e o cuarto en Florencia (códice F). A colección mariana data de entre os anos 1270 e 1283. A obra conxuga o marioloxio, é dicir, o devezo de configurar unha auténtica compilación dos milagres marianos, coa proxección político-cultural. O rei procurou tanto o carácter enciclopédico da súa obra como que esta se convertese nun traballo de referencia en todo o espazo peninsular e máis aló dos límites deste, adquirindo, deste xeito, un prestixio internacional.

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Comunidade de Madrid

A Comunidade de Madrid (en español: Comunidad de Madrid) é unha comunidade autónoma de España uniprovincial situada no centro da Península Ibérica, no centro da Meseta Central. Limita coas provincias de Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Ávila e Segovia. A súa capital, Madrid, é tamén a capital de España. Non existe a Deputación ao ser uniprovincial.

A súa poboación estimada é de 6 661 949 habitantes (INE 2019) e a maioría concéntrase na área metropolitana da cidade.

Fernando VII

Fernando VII de España, alcumado o "desexado" e tamén "o felón" nado en San Lorenzo de El Escorial o 14 de outubro de 1784 e finado en Madrid o 29 de setembro de 1833, foi rei de España, fillo de Carlos IV e de María Luísa de Parma.

O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola guerra da independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas guerras carlistas.

En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador en América latina, que rematará a finais do século XIX.

Gabriel de Borbón

Gabriel de Borbón e Saxonia, nado en Portici o 12 de maio de 1752 e finado en San Lorenzo de El Escorial o 23 de novembro de 1788, infante de España, fillo de Carlos III e irmán de Carlos IV de España e Fernando IV de Nápoles.

Galapagar

Galapagar é un municipio do noroeste da Comunidade de Madrid (España), a uns 33 quilómetros da capital do estado. Esténdese sobre unha superficie de 65 km². Limita con Collado Villalba, Colmenarejo, Torrelodones, Las Rozas de Madrid, El Escorial, San Lorenzo de El Escorial, Villanueva del Pardillo, Hoyo de Manzanares, Moralzarzal e Guadarrama.

Instituto de Cultura Hispánica

O Instituto de Cultura Hispánica foi unha institución destinada a fomentar as relacións entre os pobos hispanoamericanos e España, e a orixe da actual Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.

José Antonio Primo de Rivera

José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nado en Madrid o 24 de abril de 1903 e finado en Alacant o 20 de novembro de 1936, foi un político español, fundador xunto con Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas da Falange Española, un partido político de inspiración nacional-sindicalista do que se aproveitou a ditadura do xeneral Francisco Franco.

José López Ortiz

José Ángel López Ortiz, O.S.A., nado o 10 de xullo de 1898 en San Lorenzo de El Escorial (provincia de Madrid, España) e finado o 4 de marzo de 1992 en Madrid, foi un relixioso católico latino, arabista e historiador do dereito. Foi bispo de Tui entre 1944 e 1969, e posteriormente arcebispo castrense até 1977.

María Tareixa de Austria e Borbón

María Tareixa de Austria e Borbón (en francés: Marie-Thérèse d'Autriche), nada en San Lorenzo de El Escorial o 10 de setembro de 1638 e finada en Versalles o 30 de xullo de 1683, foi unha Infanta de España, Infanta de Portugal, Arquiduquesa de Austria e, Raíña consorte de Francia desde 1660, aínda que isto non impediu que Francia atacase a España en Flandres durante a Guerra de Devolución, nin no Caribe, apoiando aos piratas (filibusteiros e bucaneiros) desde a Illa da Tartaruga (base francesa pirata, onde se abastecían de pólvora, municións,...), chegando a atacar a parte occidental da Española en mans francesas (Haití), con apoio oficial até 1665, que foi restablecido posteriormente.

Mosteiro do Escorial

O mosteiro de San Lourenzo do Escorial é un complexo de palacio, basílica, biblioteca e mosteiro situado San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid, España, construído entre 1563 e 1584. É, desde 1984, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Nigel Short

Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.Nigel David Short, nado en Leigh, Lancashire, o 1 de xuño de 1965, é un xadrecista inglés. Conseguiu o título de Grande Mestre do xadrez aos 19 anos de idade. É membro da Orde do Imperio Británico e tamén é o segundo mellor xadrecista da historia de Inglaterra, por detrás de Michael Adams.

O Escorial, Madrid

O Escorial (en castelán e oficialmente El Escorial) é un concello da Comunidade de Madrid, pertencente á comarca de Cuenca del Guadarrama.

Patrimonio Nacional

Patrimonio Nacional é un ente autónomo, dependente do Ministerio da Presidencia de España, dedicado ao mantemento dos bens de titularidade estatal a disposición do rei de España e da familia real española para o seu uso como residencia ou para celebrar actos de Estado ou cerimonias oficiais.

Os bens administrados por Patrimonio Nacional comprenden pazos, xardíns, conventos e mosteiros, os chamados Reais Sitios. Con esta denominación coñécense os lugares onde se atopan as residencias da familia real española, a maior parte preto de Madrid e que foron utilizados tradicionalmente para o reposo, lecer ou como residencia de inverno ou verán para os monarcas españois, así como os espazos onde se atopanan as instalacións de servizo para a antiga Corte.

Durante o reinado de Afonso XIII este organismo recibía o nome de Patrimonio Real.

Real Sitio de San Lorenzo do Escorial e o Escorial

O Real Sitio de San Lorenzo do Escorial e O Escorial, tamén coñecido como Real Sitio de San Lorenzo do Escorial ou Real Sitio do Escorial, era un híbrido de señorío de reguengo e señorío de abadengo constituído no último terzo do século XVI, a instancias do rei Felipe II. Estendíase ao redor do mosteiro homónimo, polos actuais términos municipais de San Lorenzo de El Escorial, El Escorial, Zarzalejo e Santa María de la Alameda, na vertente meridional da Serra de Guadarrama, na Comunidade de Madrid (España).

Sobre este territorio articulouse unha potente industria turística, radicada preferentemente nos municipios de San Lorenzo de El Escorial e de El Escorial. Nel intégrase o Mosteiro do Escorial, situado na primeira localidade, ademais de diferentes edificios artísticos, leiras históricas e paraxes naturais, vinculados, desde o século XVI, coas Casas Reais dos Austrias e dos Borbóns. Algúns dos seus enclaves tamén foron utilizados pola dinastía dos Trastámara, entre os séculos XIV e XV.

Patrimonio Nacional, organismo do que dependen as posesións que estiveron en mans da Coroa Española, xestiona a parte principal desta oferta turística, que se promociona unitariamente, xunto co Valle de los Caídos. Este monumento funerario, situado nas proximidades do Real Sitio, foi erixido no século XX, a iniciativa do ditador Francisco Franco.

O Mosteiro e Real Sitio recibiron en 1984 a declaración de Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

Valle de los Caídos

O Valle de los Caídos (Val dos Caídos en galego) é un monumento funerario situado na serra de Guadarrama, no municipio de San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid. Foi construído por prisioneiros republicanos da guerra civil española entre os anos 1940 e 1958. Nel están enterrados uns 40.000 combatentes dos dous bandos da guerra civil (a partir da década dos 50, xa que anteriormente só eran enterrados os afíns ao réxime franquista), moitos deles trasladados dende outros puntos de España, onde tiveron lugar as batallas máis importantes da guerra. Tamén se atopan os restos mortais do falanxista José Antonio Primo de Rivera e do ditador Francisco Franco.

O complexo consta dunha abadía beneditina, unha basílica de 262 metros de lonxitude escavada na roca, varias construcións monolíticas e por enriba de todo unha cruz cristiá de máis de 150 metros de altura.

Víctor Pablo Pérez

Víctor Pablo Pérez, nado en Burgos o 15 de marzo de 1954, é un director de orquestra español.

Zacatecas

Zacatecas é a capital do estado de Zacatecas, en México, unha cidade fundada o 8 de setembro de 1546 a partir do descubrimento de minas de prata por Juan de Tolosa. A súa riqueza mineral deulle grandes ingresos á Coroa Española, o que fixo posible que recibira o título de Cidade da Nosa Señora dos Zacatecas. Coa veciña cidade de Guadalupe forma unha zona metropolitana, a máis poboada do estado.

A cidade ostenta os títulos de Moi Nobre e Moi Leal Cidade de Zacatecas, outorgamento dado polo rei Filipe II de España o día 20 de xuño de 1588 en San Lorenzo de El Escorial, Madrid.En 1993, o seu centro histórico foi nomeado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade pola súa traza urbana, riqueza arquitectónica e a súa historia. O 23 de xuño de 2010 foi nomeada "cidade heroica" pola LX Lexislatura do Poder Lexislativo do Estado de Zacatecas e publicado o bando solemne polo Concello o 10 de novembro do mesmo ano.

Máis de 1 000 000
Máis de 100 000
Máis de 50 000
Máis de 25 000
Menos de 25.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.