San Fernando, Cádiz

San Fernando, tamén chamada La Isla, é unha cidade e concello da provincia de Cádiz, en Andalucía.

No ano 2007 contaba con 95.026 habitantes. A súa extensión superficial é de 32 km² e ten unha densidade demográfica de 2.923,2 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 28' N, 6º 12' O. Atópase a unha altitude de 8 metros e a 14 quilómetros da capital da provincia.

Caño de Sancti Petri - San Fernando
O canón do Sancti Petri, en San Fernando.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
2010

2010 (MMX) comezou un venres no calendario gregoriano, non sendo un ano bisesto. Foi ano santo xacobeo.

24 de setembro

O 24 de setembro é o 267º día do ano do calendario gregoriano e o 268º nos anos bisestos. Quedan 98 días para finalizar o ano.

Abraham Mateo

Abraham Mateo, nado en San Fernando (Cádiz) o 25 de agosto de 1998, é un actor e cantante español de pop.

Andalucía

Andalucía é unha Comunidade autónoma española situada no sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, ao norte con Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal.

Está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén. A capital da comunidade autónoma é Sevilla, cidade recoñecida no Estatuto de Autonomía como sede da organización institucional da Comunidade Autónoma, denominada Junta de Andalucía.

O novo Estatuto de Autonomía (2007) define Andalucía como unha "realidade nacional".

Baía de Baiona

A baía de Baiona, tamén denominada ría de Baiona, é unha enseada pequena situada na marxe sur e exterior da ría de Vigo.

Camarón de la Isla

José Monje Cruz, coñecido artisticamente como Camarón de la Isla ou simplemente Camarón, nado en San Fernando, Cádiz o 5 de decembro de 1950 e finado en Badalona o 2 de xullo de 1992, foi un cantaor flamenco andaluz, e está considerado un renovador do cante.

Cádiz

Cádiz é unha cidade e municipio español do sur da península Ibérica, capital da provincia de Cádiz, en Andalucía. Xunto cos concellos de San Fernando, Puerto Real, El Puerto de Santa María, Chiclana de la Frontera, Rota e Xerez da Fronteira forma a Mancomunidade da Baía de Cádiz, terceira área metropolitana de Andalucía por poboación e unha das máis activas, económica e industrialmente, desa mesma comunidade autónoma.

Cidade de interese turístico pola súa longa e influente historia de 3.100 anos, tivo importancia en procesos coma as guerras púnicas, a romanización de Hispania, o descubrimento de América ou a instauración do réxime liberal en España. Toda a cidade presenta numerosas prazas, xardíns, igrexas etc, que constantemente o rememoran.

O conxunto Cádiz-San Fernando está separado da Península polo Caño de Sancti Petri. Historicamente foi desde un pequeno arquipélago a unha illa, situación na que se debate se aínda se atopa nela. Esta particularidade fai difícil definir a súa condición xeográfica. Hoxe en día recibe un plan de tratamento insular. É coñecida popularmente como a Tacita de Plata.

Eduardo Torroja Miret

Eduardo Torroja Miret, nado en Madrid o 27 de agosto de 1899 e finado o 15 de xuño de 1961 na mesma cidade, foi un enxeñeiro de camiños, docente, construtor e investigador español.

Fermín Galán

Fermín Galán Rodríguez, nado en San Fernando (Cádiz) o 4 de outubro de 1899 e finado en Huesca o 14 de decembro de 1930, foi un militar español.

Furor (P-46)

Furor (P-46) é un Buque de Acción Marítima (BAM) construído en Ferrol por Navantia para a Armada Española. Outro buque de igual deseño (Audaz P-45) estase a construír en San Fernando, Cádiz.

Izar Fene

Izar Fene foi o nome co que se coñeceu un estaleiro do grupo Izar Construcciones Navales en Fene. Foi absorbido en 2005 pola nova compañía naval pública Navantia.

Ata o ano 2000, este estaleiro foi coñecido como ASTANO (Astilleros y Talleres del Noroeste), e funcionaba como estaleiro público de construción civil entón xa limitado ao mercado offshore e as reparacións navais.

En decembro de 2004, a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), accionista e xestora do grupo Izar, decide a segregación da rama militar de Izar, creando en marzo de 2005 a sociedade Navantia, formada polos asteleiros de Ferrol, Fene, Puerto Real, San Fernando, Cádiz e Cartagena. Fusionando así Astilleros Españoles, construccións navais civís, con Bazán construccións navais militares.

A produción civil destas plantas quedou limitada dende entón a un 20% da actividade total do grupo[Cómpre referencia] no sector civil por compromiso do goberno español con Bruxelas. En abril de 2005 a SEPI comezou o proceso de liquidación de Izar Fene, que dende entón non opta a novos contratos -só pode operar no sector militar- e afronta a súa disolución e peche definitivo. En 2014 Navantia Fene (antigo Astano) rematará o veto imposto pola Unión Europea á construción civil naval.

José Malcampo y Monge

José Malcampo Monge, nado en San Fernando (Cádiz) o 13 de xaneiro de 1828 e finado en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o 23 de maio de 1880, foi un mariño de guerra e político español.

Luis Sorela Carcaño

Luis Sorela Carcaño, nado na Illa de León, en San Fernando (Cádiz), o 18 de xuño de 1784, e finado en Madrid , o 31 de outubro de 1847, foi un facendista e político español.

Magdalena Álvarez

Magdalena Álvarez Arza, nada en San Fernando (Cádiz) o 15 de febreiro de 1952, foi ministra de Fomento de España. É deputada do PSOE no Congreso dos Deputados pola provincia de Málaga. Foi Conselleira de Economía da Xunta de Andalucía.

Manuel Deschamps

Manuel Deschamps Martínez, nado en Sigrás (Cambre) en 1853 e finado en Canet de Mar (Barcelona) en 1923 foi un capitán de barco galego.

Navantia

Navantia é unha sociedade pública de construción naval militar creada en 2005 como resultado da segregación da rama militar da antiga Izar.

Niña Pastori

María Rosa García García, alias Niña Pastori, nada en San Fernando (Cádiz) o 15 de xaneiro de 1978, é unha cantante española de flamenco.

É a filla da cantante de flamenco Inés "la del Pelao" e recibiu unha grande influencia de Camarón de la Isla. Publicou o seu primeiro disco grazas a Alejandro Sanz[Cómpre referencia].

Saturnino Montojo

Saturnino Montojo Díaz, nado en Ferrol o 6 de febreiro de 1796 e finado en San Fernando (Cádiz) o 13 de xuño de 1856, foi un mariño militar, astrónomo e matemático galego, pai do almirante Patricio Montojo Pasarón. Formou parte da comisión central de formación da Carta xeográfica de España.

Submarino

Un submarino é unha embarcación que pode navegar somerxida baixo a auga. A maioría deles úsanse para fins militares, aínda que algúns teñen uso científico.

Os primeiros submarinos movíanse manualmente, xa que os motores mariños aínda non foran inventados e moito menos para funcionar baixo a auga, tiñan funcións militares e tentaban afundir os buques inimigos por métodos como o de introducirlles parafusos nos cascos de madeira. Algúns empregaron explosivos, pero na maioría dos casos tiña como consecuencia a destrución do propio submarino xunto co do navío inimigo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.