San Diego

San Diego é unha cidade situada no extremo suroeste do estado de California (Estados Unidos) e, polo tanto, ao extremo suroeste continental dos Estados Unidos. O condado fai fronteira con Tijuana, Baixa California, México. Capital do Condado de San Diego, a cidade ten fama polo seu clima tépedo e as súas numerosas praias. No censo de 2000 tiña unha poboación total de 1.223.400 habitantes. É a segunda cidade máis grande de California e a sétima do país.

San Diego acolle varias bases militares, incluíndo portos da armada estadounidense e bases de infantería de mariña. É ademais a sede da maior frota naval no mundo, incluíndo dous super-portaavións da armada, o USS Nimitz (CVN-68) e o USS Ronald Reagan (CVN-76), cinco naves de asalto anfibio, varios submarinos nucleares e moitas naves menores. Un dos dous centros de recrutamento da infantería de mariña sitúase aquí.

Como proba da súa vinculación histórica coa mariña estadounidense, varios buques desta chamáronse USS San Diego para honrar á cidade. A base naval de North Island tamén é coñecida como o Berce da Aviación Naval en Estados Unidos, aínda que a base naval de Pensacola, en Florida, tamén reivindica este título.

Coordenadas: 32°42′54″N 117°9′45″O / 32.71500, -117.16250

San Diego
Flag of San Diego, California
Seal of San Diego, California
SD Montage
Vistas da cidade
Localización
San Diego en Estados Unidos

San Diego
San Diego
San Diego en California

San Diego
San Diego
PaísFlag of the United States.svg Estados Unidos de América
EstadoCalifornia
CondadosCondado de San Diego
Xeografía
Altitude486 msnm
Superficie964,51 km²
Demografía
Poboación1.307.402 hab. (2010)
Densidade1.545,4 hab/km²
XentilicioSan Diegan
Outros datos
Código postal92101-92117, 92119-92124, 92126-92140, 92142, 92145, 92147, 92149-92155, 92158-92172, 92174-92177, 92179, 92182, 92184, 92186, 92187, 92190-92199
AlcaldeKevin Faulconer (R)
Páxina oficial de San Diego

Historia

A área orixinalmente foi habitada polo pobo indíxena Kumeyaay, que hoxe en día mantén unha presenza no Condado. Non foi ata 1542 cando se deu o descubrimento europeo coa chegada dunha expedición liderada por Juan Rodrígues Cabrillo, mariño portugués baixo a bandeira española. Orixinalmente este púxolle o nome San Miguel. A baía de San Diego e a área da cidade moderna recibiron o seu nome de Sebastián Vizcaíno, o cal cartografaba a Alta California para España en 1602. Os exploradores acamparon preto dunha aldea india que se chamou "Nipaguay" e tiveron unha misa en honra a San Diego de Alcalá. Por ese entón California formaba parte do vicerreinado da Nova España.

En 1769, Gaspar de Portolá e a súa expedición fundaron un presidio, e o domingo 16 de xullo, os frades franciscanos Frei Junípero Serra, Juan Vizcaíno e Fernando Parrón alzaron e bendixeron unha cruz, establecendo así a primeira misión na Alta California, a Misión de San Diego de Alcalá. Os colonos empezaron a chegar no ano 1774, pero os indios nativos da zona rebeláronse ao ano seguinte. Mataron ao misioneiro e a outras dúas persoas, e queimaron a misión. Frei Junípero Serra organizou a reconstrución, e dous anos despois, empezouse a construír un edificio de adobe. Para o 1797 a misión era a maior de California, con máis de 1400 indios encomendados. O asentamento foi gañando en prosperidade salvo incidentes menores como o envelenamento de Frei Pedro Panto en 1812 por parte do seu cociñeiro indio Nazario.

En 1821 España recoñeceu a independencia de México e o territorio pasou a control mexicano. O gobernador de California (que incluía o actual estado de California e a península de Baixa California trasladou o seu capital desde Monterrey a San Diego. En 1834 a misión foi secularizada e 432 persoas fixeron unha petición ao gobernador José Figueroa para formar unha cidade, petición que foi aprobada polo comandante Santiago Argüello. O primeiro alcalde elixido foi Juan María Osuna, gañándolle a Pío Pico nas 13 papeletas entregadas. Con todo, a poboación da cidade diminuíu ata o nivel dun pouco máis de 100 persoas, e para o final dos anos 1830 perdeu o seu status de cidade ata que a provincia da Alta California converteuse en estado estadounidense en 1848 tras ser arrebatada a México como consecuencia da guerra mexicano-estadounidense. O pobo foi designado sede do novo condado de San Diego, e volveu incorporarse como cidade.

En 1885, San Diego foi finalmente conectado ao resto de Estados Unidos por ferrocarril. A significativa presenza da armada estadounidense empezou en 1907 co establecemento dunha base naval para o aprovisionamento de carbón dos buques. Paulatinamente o número de bases empezou a multiplicarse debido ás necesidades das forzas navais.

San Diego foi anfitrioa de dúas Feiras Mundiais, a Exposición Panamá-California en 1915 e a Exposición Internacional California-Pacífico en 1935.

Desde a segunda guerra mundial, as forzas armadas tiveron a posición dominante na economía local. Porén, desde o final da guerra fría, diminuíu considerablemente a presenza militar. Desde entón, San Diego chegou a ser un centro da industria biotecnolóxica e é a sede central da xigantesca corporación de telecomunicacións Qualcomm.

Debido en gran parte á forte presenza militar da cidade, os habitantes de San Diego teñen fama de ser máis conservadores que os residentes das outras cidades costeiras californianas. Esta reputación é máis indicativa das comunidades dentro do Condado de San Diego, dado que actualmente hai máis Demócratas rexistrados que Republicanos (39% contra 34%) dentro dos límites da cidade.

Demografía

Sandiego.arp.750pix
San Diego, 2001

Actualmente a cidade de San Diego conta cunha poboación de 1.261.251 persoas, dos cales [1]:

  • O 47'7% son brancos (descendentes de europeos).
  • O 27'1% son latinos ou hispanos (entre os que predominan os mexicanos).
  • O 15'3% son asiáticos.
  • O 6'9% son negros.
  • O resto confórmano persoas doutras razas.

A poboación de orixe latina/hispano é a de máis rápido crecemento, debido á alta taxa de fecundidade das mulleres latinas residentes nos Estados Unidos, e tamén debido á inmigración legal e ilegal proveniente de América Latina e o Caribe.

Segundo o censo do 2000, hai 1.223.400 persoas, 450.691 unidades de convivencia e 271.315 familias vivindo na cidade. A densidade de poboación é 1.456'4 hab/km². Hai 469.689 unidades de aloxamento cunha densidade media de 559'1 por km².

Hai 450.691 unidades de convivencia das cales o 30'2% ten fillos de menos de 18 anos que viven con eles, o 44'6% son parellas casadas que viven xuntas, o 11'4% ten un cabeza de familia feminino sen marido, e o 39'8% non son familias. O 28'0% de todos as unidades de convivencia consta de individuos e o 7'4% ten alguén de máis de 65 anos de idade vivindo só. A tamaña media da unidade de convivencia é 2'61 persoas e o tamaño da familia media é 3'30.

O 24'0% da poboación da cidade ten menos de 18 anos, o 12'4% entre 18 e 24, o 34'0% de 25 a 44, o 19'1% de 45 a 64 e o 10'5% 65 anos ou máis. A idade media é de 32 anos. Por cada 100 mulleres hai 101'7 homes. Por cada 100 mulleres con máis de 18 anos hai 100'4 homes.

O ingreso medio para unha unidade de convivencia en San Diego é US$43.733, e o ingreso medio por familia é US$67.060. Os homes teñen un ingreso medio de US$36.984 por US$31.076 das mulleres. O ingreso per cápita para a cidade é US$67.609. O 14'6% da poboación e o 10'6% das familias está por baixo da liña da pobreza. Da poboación total, o 20% dos menores de 18 anos e o 7'6% dos maiores de 65 están debaixo da liña da pobreza.

Clima

San Diego, a sétima cidade máis grande do país, ten un clima tan magnífico que a revista Holiday Magazine dixo que ¡é o único lugar cun clima perfecto! Cun clima mediterráneo, os días en San Diego son cálidos e asollados con baixa humidade. A media de temperatura diaria é 70 °F e temperaturas do inverno raramente baixan ata 40 °F.

Transporte

San Diego ten sistemas de tren lixeiro (LRT), autobuses [2], tren coaster e Amtrak. Ademais, esta cidade ten algúns dos sistemas de transporte máis desenvolvidos nos Estados Unidos. A pesar diso, a gran maioría da poboación transpórtase en automóbil privado.

San Diego conta cunha serie de autoestradas de alto nivel e gran extensión, que comunican a toda a cidade en si co resto do país. Case todas as autoestradas importantes da nación cruzan San Diego. Naturalmente, estas son de extrema importancia para a economía e o transporte local.

Instalacións militares

Cidades irmás

Véxase tamén

Ligazóns externas

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
Top of Rock Cropped

Nova York
East LA Basin from Mulholland

Os Ánxeles
Sears Tower from Hancock Observatory

Chicago
1 Nova York Nova York 8.622.698 11 Austin Texas 950.715
2 Os Ánxeles California 3.999.759 12 Jacksonville Florida 892.062
3 Chicago Illinois 2.716.450 13 San Francisco California 884.363
4 Houston Texas 2.312.717 14 Columbus Ohio 879.170
5 Phoenix Arizona 1.626.078 15 Fort Worth Texas 874.168
6 Filadelfia Pensilvania 1.580.863 16 Indianapolis Indiana 863.002
7 San Antonio Texas 1.511.946 17 Charlotte Carolina do Norte 859.035
8 San Diego California 1.419.516 18 Seattle Washington 724.745
9 Dallas Texas 1.341.075 19 Denver Colorado 704.621
10 San Jose California 1.035.317 20 Washington, D.C. Distrito de Columbia 693.972
Datos do censo de 2017.[1]
  1. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017
Apeadoiro de Guísamo

Guísamo foi un apeadoiro da liña León - A Coruña localizado en Guísamo (Bergondo). A el se accedía por unha escaleira desde a estrada DP-01810, que salva a vía férrea mediante un paso superior. As súas instalacións foron eliminadas.

Bill Walton

William Theodore Walton III, nado en La Mesa (California) o 5 de novembro de 1952, máis coñecido como Bill Walton é un ex xogador de baloncesto estadounidense, que destacou na NBA nas décadas dos 70 e os 80. Con 2,11 metros de estatura, xogaba na posición de pivote. Era alcumado "The Big Red Head" (o gran rubio), dada a súa estatura e a súa característica cor de pelo. É o pai do actual xogador de Los Angeles Lakers, Luke Walton. Pasou a pertencer ao prestixioso Basketball Hall of Fame o 10 de maio de 1993.

California

California é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades de Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e soleado durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

Carol Greider

Carolyn "Carol" Widney Greider, nada en San Diego o 15 de abril de 1961, é unha bioquímica estadounidense, descubridora da telomerase, un encima que forma os telómeros durante a duplicación do ADN.

Castelo de Santo Antón

O castelo de Santo Antón é un castelo construído no século XVI que formaba parte, xunto co castelo de Santa Cruz (en Liáns) e o castelo de San Diego (en Oza, hoxe desaparecido), dunha rede estratéxica de castelos e baterías para a defensa da cidade da Coruña. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1949 e desde o ano 1994 pasou a ter a consideración de Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento. Dende a súa inauguración no ano 1968 alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.

Chula Vista

Chula Vista é unha cidade do condado de San Diego, no estado estadounidense de California. No ano 2005 tiña unha poboación de 210.000 habitantes e unha densidade de poboación de 1.370,9 hab./km², sendo a segunda cidade máis grande do condado de San Diego, e a 14º no estado de California

Chula Vista está a 11 km do centro de San Diego e a 11 km da fronteira con México, na rexión da Baía do Sur da área metropolitana. A cidade está no centro dunha das zonas máis ricas e culturais dos Estados Unidos. Chula Vista é famosa grazas a súa situación escénica entre a Baía de San Diego e as estribacións dunha montaña costeira.

Fundouse a principio do século XIX, e recentemente tivo un crecemento demográfico. Sendo a segunda cidade máis grande do Condado de San Diego, Chula Vista converteuse rapidamente nun destino popular para moitos turistas. Nesta cidade atópase un dos poucos centros de formación olímpica dos Estados Unidos de América.

Os destinos máis populares e escollidos polos turistas son o Anfiteatro Inarámico de Cricket, Knott Soak City USA, e a mariña e o centro de natureza de Chula Vista.

Elvin Hayes

Elvin Ernest Hayes, nado o 17 de novembro de 1945 en Rayville, Luisiana, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no primeiro posto do Draft en 1968 polos San Diego Rockets, onde xogaría até 1972 para retornar nun segundo período de 1981 a 1984. Con todo, a parte máis exitosa da súa carreira foi como xogador dos Washington Bullets (actuais Washington Wizards) con quenes gaña o campionato de 1978. Na súa honra o equipo capitalino retirou o seu dorsal 11, que hoxe pendura do Verizon Center.

A nivel individual, foi 12 veces ininterrompidas All-Star e máximo anotador da liga no seu primeiro ano xogando na competición, 1969. Hayes foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996 e admitido no Basketball Hall of Fame como xogador en 1990. Foi habitualmente alcumado como "The Big E".

Estación da Coruña

A estación da Coruña, tamén coñecida como A Coruña–San Cristovo, é a principal estación de ferrocarril da cidade da Coruña. É de carácter terminal e dela parten servizos de media distancia a todas as cidades galegas e de longa distancia a varios puntos da península. Está chamada a ser a futura estación intermodal da cidade.

O edificio principal, acabado en 1935 é obra de Antonio Gascué Echeverría, posúe unha arquitectura única nas estacións españolas, e ata europeas, sendo a Estación Central de Helsinki a única que ten similitudes de estilo. Este é unha mestura entre racionalista e de posguerra.

A estación está situada na avenida do Ferrocarril xunto á Rolda de Outeiro, no barrio dos Mallos-Estación, relativamente apartada do centro urbano pero comunicada por autobús co mesmo. Hai outra estación na cidade, a de San Diego, adicada ao tráfico de mercadorías.

Estación da Coruña-San Diego

A Coruña–San Diego é unha estación de ferrocarril da cidade da Coruña, dedicada exclusivamente ao tráfico de mercadorías, que dá servizo ao porto. Entrou en servizo en 1967.

As súas principais actividades son ou foron a exportación de peixe, madeiras, ferro, cinc, carbón e contedores procedentes do porto. Existe outra estación na cidade, a de San Cristovo, dedicada exclusivamente ao tráfico de viaxeiros.

En 2014 foi suprimida a liña regular de contedores e o PXOUM prevé a desafectación destes terreos para o tráfico ferroviario unha vez se poña en servizo unha nova terminal que se ha construír no Porto Exterior.

Estación de Maside

Maside é un apeadoiro de Adif, situado no centro da vila de Maside, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Francis Crick

Francis Harry Compton Crick, nado en Weston Favell (Northamptonshire) o 8 de xuño de 1916 e finado en San Diego (California) o 28 de xullo de 2004, foi un físico, biólogo molecular e neurocientífico inglés, coñecido sobre todo por ser un dos dous descubridores da estrutura molecular do ADN no 1953, xunto con James D. Watson.

Recibiu, xunto a James D. Watson e Maurice Wilkins o Premio Nobel de Medicina no 1962 "polos seus descubrimentos relativos á estrutura molecular dos ácidos nucleicos e a súa importancia para a transferencia de información na materia viva".

Harold Urey

Harold Clayton Urey, nado o 29 de abril de 1893 en Walkerton (Indiana) e finado o 5 de xaneiro de 1981 no barrio de La Jolla (San Diego), foi un químico e profesor universitario estadounidense, pioneiro en traballar con isótopos co que gañou o Premio Nobel de Química en 1934 e máis tarde conduciuno a Teoría da Evolución Paleontolóxica.

Houston Rockets

Os Houston Rockets son un equipo de baloncesto profesional estadounidense con sede en Houston, Texas. O equipo xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). OS Rockets xogan os seus partidos como local no Toyota Center, pavillón con capacidade para 18.055 espectadores situado no centro da cidade. A franquía, fundada en 1967 como "San Diego Rockets", posúe dous títulos de capión da NBA e catro títulos da Conferencia Oeste.Na súa tempada de debut, os Rockets tan só gañaron 15 partidos, mais tras elixir na primeira posición do Draft da NBA de 1969 a Elvin Hayes, clasificáronse para os playoffs por primeira vez. Con todo, os Rockets non conseguiron finalizar unha temporada cun balance positivo de vitorias até a chegada de Moses Malone na temporada 1977-78. Malone gañou dous premios MVP durante a súa estancia en Houston, liderando ao equipo ás Finais de Conferencia na súa primeira tempada en Houston. Ademais levou ao equipo ás Finais da NBA en 1981, mais foron derrotados polos Boston Celtics en seis partidos.

En 1984, os Rockets elixiron no Draft ao pivote Hakeem Olajuwon, que xunto con Ralph Sampson, formou uns dos xogaos interiores máis altos da competición. Os alcumados como "Twin Towers" (do inglés: Torres Xemelgas) lideraron ao equipo ás Finais de 1986 no seu segundo ano, onde perderon de novo contra os Celtics. Nas seguintes tempadas continuaron clasificándose para os Playoffs, mais sen conseguir pasar da primeira rolda. En 1994 conseguen chegar de novo ás Finais, e esta vez logran o seu primeiro título tras vencer a un New York Knicks liderados por Patrick Ewing. Ao ano seguinte repetirían o éxito, esta vez vencendo aos Orlando Magic de Shaquille O'Neal e Penny Hardaway. No século XXI os Rockets contaron con estrelas como Yao Ming ou Tracy McGrady, mais non volveron a facerse co compaionato. Os Rockets son coñecidos actualmente polo uso da análise avanzada de estatísticas á hora de contratar xogadores e xogar.

Los Angeles Clippers

Os Los Angeles Clippers son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede nos Ánxeles (California). Os Clippers compiten cada ano na National Basketball Association (NBA), sendo membros da División Pacífico da Conferencia Oeste. O club xoga os seus partidos como local no Staples Center, pavillón que comparten cos seus rivais da NBA Los Angeles Lakers, o equipo da NBA feminina Los Angeles Sparks e a franquía de hóckey sobre xeo da NHL Los Angeles Kings.

Fundado en 1970, conseguiu o seu primeiro título de división na tempada 2012-13. Ademais tan só en nove tempadas da súa historia lograron máis vitorias que derrotas. A consecuencia deses resultados é, entre outras cosas, os tres trocos de cidade que sufriu o equipo dende a súa fundación, pasando por Buffalo, San Diego e, actualmente, Os Ánxeles.

Luke Walton

Luke Theodore Walton, nado o 28 de marzo de 1980 en San Diego (California) é un ex-xogador de baloncesto estadounidense que actualmente é o adestrador dos Los Angeles Lakers. É fillo do mítico xogador dos 80 Bill Walton. Mide 2,03 metros e xogaba de ala.

Maria Goeppert-Mayer

Maria Goeppert-Mayer, nada en Katowice o 28 de xuño de 1906 e finada en San Diego (California) o 2 de febreiro de 1972, foi unha física estadounidense de orixe alemá que recibiu o Premio Nobel de Física en 1963 pola proposta do modelo nuclear de capas do núcleo atómico. Foi a segunda muller en recibir este premio, tras Marie Curie.

Graduada pola Universidade de Gotinga, escribiu o seu doutoramento sobre a teoría da posible absorción de dous fotóns dos átomos. Nesa época as posibilidades de verificar de forma experimental esa tese eran remotas, pero grazas o desenvolvemento posterior do láser esta teoría puido ser verificada. Por isto, a unidade de medida para a sección cruzada de absorción de dous fotóns coñécese co nome de unidade Goeppert Mayer (GM).

En 1930 casou con Joseph Edward Mayer e trasladouse ós Estados Unidos de América, onde traballou como profesora asociada da Universidade Johns Hopkins. As estritas normas en contra do nepotismo da universidade non lle permitían ser membro da facultade, pero traballou como asistenta e publicou un estudo sobre o decaemento beta dobre no ano 1935. En 1937 mudouse á Universidade de Columbia onde traballou sen recibir un xornal. Durante a Segunda Guerra Mundial colaborou no Proxecto Manhattan desde a universidade investigando a separación de isótopos, así como no Laboratorio Nacional de Los Álamos xunto a Edward Teller no desenvolvemento do deseño Teller–Ulam de bombas atómicas.

Ó finalizar a guerra, Goeppert-Mayer traballou como profesora asociada voluntaria na Universidade de Chicago e como investigadora sénior no Laboratorio Nacional Argonne. Desenvolveu un modelo matemático para a estrutura das capas nucleares, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1963, compartido con J. Hans D. Jensen e Eugene Wigner. No ano 1971 sufriu un infarto que a deixou nun estado de coma, e faleceu o 20 de febreiro de 1972 en San Diego (California).

Matt Cameron

Matthew David Cameron, nado o 28 de novembro de 1962 en San Diego (California), é un músico estadounidense. Tocou a batería na banda de grunge Soundgarden dende 1986 ata a súa disolución en 1997. Despois da desaparición de Soundgarden foi invitado polos seus amigos de Pearl Jam, onde estivo tocando ata a actualidade. Cameron tamén tocou a batería nos proxectos paralelos Hater e Wellwater Conspiracy, facendo tamén funcións de vocalista na última.

Oza, A Coruña

Santa María de Oza é unha parroquia que se localiza na parte central leste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 6.339 habitantes (3.089 homes e 3.334 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento de 94 habitantes en relación ao ano 2014. Moitos núcleos de poboación históricos da parroquia (A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón, Monelos etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor, non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela.

Riccardo Giacconi

Riccardo Giacconi, nado en Xénova o 6 de outubro de 1931, e morto en San Diego o 9 de decembro de 2018 foi un astrofísico italiano radicado nos Estados Unidos.

Flag of California.svg Cidades con máis de 100.000 habitantes en California Flag of California.svg
As 100 cidades máis poboadas dos Estados Unidos e Porto Ricoa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.