San Cristovo de Cea

San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceés».

Coordenadas: 42°28′N 07°58′O / 42.467, -7.967

San Cristovo de Cea
Escudo de San Cristovo de Cea
Cea, praza do reló 01-06
Praza do reloxo e, á dereita, o edificio do concello.
Situacion San Cristovo de Cea
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación2.191 hab. (2018)
Área93,9 km²
Densidade23,33 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeXosé Luis Valladares Fernández (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 9

Eleccións municipais en San Cristovo de Cea
Uso do galego[4] (2014)
Galegofalantes81,17%
Na rede
www.concellodecea.com

Xeografía

O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

Demografía

Censo total 2014 2.418 habitantes
Menores de 15 anos 139 (5.75 %)
Entre 15 e 64 anos 1.276 (52.77 %)
Maiores de 65 anos 1.003 (41.48 %)
Evolución da poboación de San Cristovo de Cea   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.441 6.102 6.043 5.358 2.994 2.418 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.

En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.

Cultura

Toponimia

O nome da vila aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira"[5].

A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.

Até 1916 recibía simplemente o nome de Cea, pero nese ano pasou a ser chamado San Cristovo de Cea para distinguilo do concello de Cea (León).[6]

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.

Patrimonio cultural

No concello está o Museo Etnográfico de Liste.

Economía

O concello basea o seu sustento económico no sector primario. As parroquias de Oseira e Vales contan con explotacións leiteiras, e a zona sur do concello ten granxas porcinas, avícolas e de coellos, integradas en COREN. Por outra banda, a agricultura inclúe a recollida do trigo que serve para facer o pan de Cea, con denominación de orixe, habendo máis de 40 fornos de cocción.

A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de San Cristovo de Cea.
Mosteiro de Oseira.Ourense

Mosteiro de Oseira.

Cea, pan de Cea 01-05

Monumento ás panadeiras e panadeiros.

Cea, 01-09
Cea, 01-11

Escudo de San Cristovo de Cea.[7]

Paseo pola rúa Calvo Sotelo.

Lugares de San Cristovo de Cea

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Cristovo de Cea vexa: Lugares de San Cristovo de Cea.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). cristovo de cea "San Cristovo de Cea" |url= incorrecto (Axuda). www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Historia. concellodecea.com
  6. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
  7. Decreto 296/1989, do 28 de decembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de San Cristovo de Cea (Ourense) Cortado, Primeiro de prata, o penedo de sinople, terragado do mesmo e empinantes. Ó tronco dous osos de sable. Segundo, de azul, cesta de prata e tres -poias- de pan, de ouro, perfiladas de sable. Orla Xeral de prata, cargada da lenda, en letras de azul: Concello de San Cristovo de Cea. Ó timbre coroa real pechada. DOG 13, 18 de xaneiro de 1990 páxina 284.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Castrelo, San Cristovo de Cea

San Cibrao de Castrelo é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 202 habitantes (106 homes e 96 mulleres), seis máis ca en 2006.

Cea, San Cristovo de Cea

San Cristovo de Cea é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 809 habitantes, deles 403 eran homes e 406 eran mulleres, o que supón un incremento en relación ao ano 1999 cando tiña 796 habitantes.

Comarca do Carballiño

A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Covas, San Cristovo de Cea

Santa María de Covas é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 249 habitantes (127 homes e 122 mulleres), catro menos ca en 2006.

Eleccións municipais en San Cristovo de Cea

Corporacións democráticas en San Cristovo de Cea desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Hipólito Rodríguez Presas — UCD

1983 Alcalde: José Hipólito Rodríguez Presas — CG

1987 Alcalde: José Hipólito Rodríguez Presas — AP

1991 Alcalde: José Luís Valladares Fernández — Centristas de Galicia

1995 Alcalde: José Luís Valladares Fernández — PPdeG

1999 Alcalde: José Luís Valladares Fernández — PPdeG

2003 Alcalde: José Luís Valladares Fernández — PPdeGModelo:San Cristovo de Cea 2003

2007 Alcalde: José Luís Valladares Fernández — PPdeGModelo:San Cristovo de Cea 2007

2011 Alcalde: José Luís Valladares Fernández — PPdeG

2015 Alcalde: José Luís Valladares Fernández — PPCandidatos: José Luís Valladares Fernández (PP), Manuel Pérez Vázquez (BNG) e Guillermo Fernández Dopazo (PSdeG-PSOE).

Lamas, San Cristovo de Cea

San Martiño de Lamas é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. En 2007 tiña 99 habitantes (42 homes e 57 mulleres), sete menos ca en 2006.

Longos, San Cristovo de Cea

Santa Baia de Longos é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. En 2007 tiña 47 habitantes (20 homes e 27 mulleres), tres menos ca en 2006.

Lugares de San Cristovo de Cea

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Cea

Mandrás, San Cristovo de Cea

San Pedro de Mandrás é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 86 habitantes, deles 47 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 110 habitantes.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

Mosteiro de Santa María de Oseira

O mosteiro de Santa María de Oseira é un mosteiro medieval da parroquia de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea. De fundación bieita, ao longo da súa historia tivo unha grande importancia económica e social para a comarca e terras máis afastadas.

Oseira, San Cristovo de Cea

Santa María a Real de Oseira é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2011 tiña 389 habitantes, deles 204 eran homes e 185 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

Pan de Cea

O pan de Cea é un tipo de pan con Indicación Xeográfica Protexida que se fai en panadarías do concello de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense. A característica deste pan é a fariña, elaborada con trigo da terra. Tamén é moi importante a súa elaboración artesanal. A festa deste pan celébrase no mes de xullo.

Pereda, San Cristovo de Cea

Santa Baia de Pereda é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 187 habitantes, deles 90 eran homes e 97 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 263 habitantes.

San Fagundo, San Cristovo de Cea

San Fagundo é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 98 habitantes, deles 41 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 158 habitantes.

Souto, San Cristovo de Cea

San Salvador de Souto é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 61 habitantes, deles 28 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 80 habitantes.

Vales, San Cristovo de Cea

San Pedro de Vales é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. En 2007 tiña 209 habitantes (101 homes e 108 mulleres), catro menos ca en 2006. En 2017 tiña 142 habitantes, 73 mulleres e 69 homes, segundo o INE.

Vilaseco, San Cristovo de Cea

San Miguel de Vilaseco é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. En 2007 tiña 96 habitantes (47 homes e 49 mulleres), sete menos ca en 2006.

Viña, San Cristovo de Cea

San Román de Viña é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 148 habitantes (67 mulleres e 81 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 205 habitantes. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Viña, Vilamarín.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.