San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

Coordenadas: 42°17′54.03″N 07°52′25.32″O / 42.2983417, -7.8737000

San Cibrao das Viñas
Escudo de San Cibrao das Viñas
Casa concello San Cibrao das Viñas
Casa do Concello.
Situacion San Cibrao das Viñas
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación5.249 hab. (2018)
Área39,5 km²
Densidade132,89 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Pedro Fernández Moreiras (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en San Cibrao das Viñas
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes50,24%
Na rede
http://www.sancibrao.es/
info@sancibrao.es

Demografía

Censo total 5.036 (2015)
Menores de 15 anos 659 (13.09 %)
Entre 15 e 64 anos 3.283 (65.19 %)
Maiores de 65 anos 1.094 (21.72 %)
Evolución da poboación de San Cibrao das Viñas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.410 3.913 3.789 3.303 3.867 4.441 4.579 4.745 4.906 4.972 5.036 5.113 5.184 5.249
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 37,4 km², sitúase no noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte con Ourense e Pereiro de Aguiar, ao leste con Paderne de Allariz, ao oeste con Barbadás e ao sur coa Merca e Taboadela. As principais vías de comunicación son a estrada N-525 (Benavente - Santiago de Compostela), a estrada N-540 (Ourense - Maceda), a estrada N-120 (Vigo - Logroño), e a autovía A-52.

Historia

Prehistoria

Os primeiros xacementos humanos datan do paleolítico inferior. Un deles atopouse na parroquia de Santa Comba de Gargantós. O outro achouse na parroquia de Pazos de San Clodio, nos terreos hoxe ocupados polo Polígono Industrial. Nel levouse a cabo en 1977 unha cata arqueolóxica, descubríndose numerosas pezas de talla de pedra de cuarcita adscrita ao período acheuliano, hai entre 700.000 e 120.000 anos. Atopáronse bifaces, fendedores, raediras e útiles sobre lasca.

A capital do concello está situada polo paso dunha vía romana dirixida dende San Cibrao cara á Rabeda e enlazando posteriormente coa Vía Nova do itinerario de Antonino. Na vila atopouse un miliario do século III, unha peza de granito ben executada co seguinte texto en letra capital rústica:

MºAUR
CARINO
NOB
CAES

Aparece o pouco frecuente tratamento co praenomen Mº. O emperador Carino é de procedencia ilírica, e gobernou entre os anos 283 e 285, se ben o miliario está datado no ano 282, cando foi elixido César polo seu pai, o tamén emperador Caro. Trátase dun fito viario de carácter honorífico. O miliario foi descuberto en 1972 na capela románica do Santo Cristo, situado en posición vertical coas letras invertidas. Estaba pegado ao muro absidal, embutido no piso de madeira e sostendo o retablo. Actualmente constitúe o pedestal do altar da capela.

Daquela época tamén se conservan os alicerces dunha ponte sobre o río Barbaña á altura da aldea de Ponte Noalla.

O rei Afonso III desmembrou a dotación á catedral de Ourense para descargar ao cabido da susceptione peregrinorum et sustentationibus pauperum, ao que antecedera o abade da Trindade co seu hospital. O coto xurisdicional de San Cibrao das Viñas foi asignado, xunto cos da Valenzá, Villaescusa, Lamas e Pontón, á abadía da Trindade de Ourense, a máis pobre das doce dignidades que ocuparon un lugar preponderante durante a Baixa Idade Media, con posición relevante a carón dos bispos e con xurisdición común sobre as igrexas do seu territorio.

O abade Alonso de Fonseca e Ulloa fixo as capitulacións cos veciños de San Cibrao das Viñas para a creación da igrexa parroquial baixo a advocación de San Ildefonso no lugar sinalado polo meiriño Nuño Ortega. A nova igrexa foi costeada polos veciños, así como as súas reparacións, dependendo os seus capeláns da abadía. Os veciños posuidores de viñas pagaban anualmente á abadía 6 azumes de viño, e estaban obrigados a ir á abadía en Pascuas e o día da Santísima Trindade, asistir á misa e ás procesións, baixo pena dunha libra de cera.

Fronte a todos estes privilexios da abadía, un elevado número de fregueses promoveron a emancipación da parroquia respecto da abadía, obtendo o apoio de Henrique IV e dos Reis Católicos, e en 1577 a Audiencia do Reino de Galicia resolveu ao seu favor, obtendo a vila xurisdición propia.

Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, presidente do Consello de Indias e Vicerrei de Nápoles, solicitou da Corte un privilexio de iguais prerrogativas e condicións cás da abadía, as que accedeu a Corte, dando a San Cibrao das Viñas o título de Vila e Couto. O Conde mandou construír xunto á Igrexa de San Ildefonso unha capela para o seu culto particular. Tamén construíu unha casa vivenda con muralla dende onde se divisa a capela.

Co tempo, as posesións dos condes de Lemos pasaron á familia de Tor, precedente e orixinaria da provincia de Lugo, que tiñan por señorío os coutos de San Xoán procedentes dun cóengo de Bobadela.

Daquel período de fidalguía e nobreza consérvanse algunhas casas ou pazos con paredes brasonadas. Boa parte da documentación perdeuse no incendio que en 1890 asolou o arquivo municipal.

Economía

O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965.

A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Grande Área de Expansión Industrial de Galicia.

As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de San Cibrao das Viñas.
Capela do Santo Cristo de San Cibrao das Viñas

Capela do Santo Cristo

Lugares de San Cibrao das Viñas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de San Cibrao das Viñas.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "San Cibrao das Viñas". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Casdemendo, Gargantós, San Cibrao das Viñas

Casdemendo é un lugar da parroquia de Gargantós, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Currás, Gargantós, San Cibrao das Viñas

Currás é un lugar da parroquia de Gargantós, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense. Tiña 204 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 100 eran homes e 104 eran mulleres.

Eleccións municipais en San Cibrao das Viñas

Corporacións democráticas en San Cibrao das Viñas desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcaldesa: Elisa Nogueira Méndez — CD

1983 Alcaldesa: Elisa Nogueira Méndez — CP

1987 Alcaldesa: Elisa Nogueira Méndez — AP

1991 Alcaldesa: Elisa Nogueira Méndez — PPdeG

1995 Alcaldesa: Elisa Nogueira Méndez — PPdeG

1999 Alcaldesa: Elisa Nogueira Méndez — PPdeG

2003 Alcaldesa: Elisa Nogueira Méndez — PPdeGModelo:San Cibrao das Viñas 2003

2007 Alcaldesa: Elisa Nogueira Méndez — PPdeGModelo:San Cibrao das Viñas 2007

2011 Alcalde: Manuel Pedro Fernández Moreiras — PPdeG

2015 Alcalde: Manuel Pedro Fernández Moreiras — PPCandidatos: Manuel Pedro Fernández Moreiras (PP), Bibiana Iglesias Pérez (PSdeG-PSOE) e Manuel Ángel Estévez Viriato (BNG).

Elisa Nogueira Méndez

Elisa Nogueira Méndez é unha política galega do PPdeG.

Galería de imaxes de San Cibrao das Viñas

Galería de imaxes do concello de San Cibrao das Viñas na provincia de Ourense.

Gargantós, San Cibrao das Viñas

Santa Comba de Gargantós é unha parroquia do concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 211 habitantes (102 homes e 109 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento de 5 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de San Cibrao das Viñas

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de San Cibrao das Viñas

Noalla, San Cibrao das Viñas

San Salvador de Noalla é unha parroquia do concello de San Cibrao das Viñas. En 2011, segundo o IGE, tiña 1198 habitantes (609 homes e 589 mulleres).

OU-320

A OU-320 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Forma parte do antigo camiño de ferradura entre Ourense e Castela, posteriormente estrada Villacastín-Vigo e N-525. Comeza en Piñeira de Arcos (Sandiás) e remata na Ponte Noalla (Noalla, San Cibrao das Viñas). Ten unha distancia de 24,8 km.

Pazos de San Clodio, San Cibrao das Viñas

Pazos de San Clodio é unha parroquia do concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 495 habitantes (245 homes e 250 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento de 56 habitantes en relación ao ano 2000.

Rante, San Cibrao das Viñas

Santo André de Rante é unha parroquia do concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 306 habitantes (149 homes e 157 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento de 44 habitantes en relación ao ano 2000.

San Cibrao

O nome de San Cibrao pode referirse a tres santos do cristianismo:

Cibrao de Cartago, bispo de Cartago (ca. 200 - 258);

Cibrao de Aquitania, mago e bispo de Antioquía (morto no 304);

Cibrao de Tarragona, arcebispo de Tarragona no século VII;Como topónimo, San Cibrao pode referirse a:

San Cibrao das Viñas, concello da comarca de Ourense;

San Cibrao das Viñas, parroquia de dito concello;

San Cibrao, parroquia do concello de Melide;

San Cibrao, parroquia do concello de Oímbra;

San Cibrao, lugar de dita parroquia;

San Cibrao, parroquia do concello de Viana do Bolo;

San Cibrao da Pregación, parroquia do concello de Friol;

San Cibrao da Repostería, parroquia do concello de Palas de Rei;

San Cibrao, lugar de dita parroquia;

San Cibrao de Armental, parroquia do concello da Peroxa;

San Cibrao de Monte de Meda, parroquia do concello de Guntín;

San Cibrao, lugar da parroquia de Lieiro no concello de Cervo;

San Cibrao, lugar da parroquia de Esperante no concello de Agolada;

San Cibrao, lugar da parroquia de Francos no concello de Baralla;

San Cibrao, lugar da parroquia de Montecubeiro no concello de Castroverde;

San Cibrao, lugar da parroquia do Buriz no concello de Guitiriz;

San Cibrao, lugar da parroquia de Nogueirosa no concello de Pontedeume;

San Cibrao, lugar da parroquia de Noche no concello de Vilalba;

Castro de San Cibrao de Las, poboado castrexo nos concellos de Punxín e San Amaro.

San Cibrao das Viñas, San Cibrao das Viñas

Santo Ildefonso de San Cibrao das Viñas é unha parroquia do concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 730 habitantes (349 homes e 381 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento de 225 habitantes en relación ao ano 2000.

Santa Cruz da Rabeda, San Cibrao das Viñas

Santa Cruz da Rabeda é unha parroquia do concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 673 habitantes (326 homes e 347 mulleres), 33 máis ca en 2000. Ten 6 entidades de poboación.

Seixalbo, Ourense

San Breixo de Seixalbo é unha parroquia situada ó sur do concello de Ourense. En 2011, segundo o IGE, tiña 1088 habitantes (531 homes e 557 mulleres).

Ten unha extensión aproximada duns 6 km². Esténdese dende o cruzamento da antiga estrada de Celanova por San Cibrao das Viñas, ata o alto do Cumial, límite co concello de San Cibrao das Viñas, do que a separa o río Barbaña. A parroquia está atravesada pola ruta da Prata do camiño de Santiago.

Na parroquia celébrase en xullo a Festa dos foros de Seixalbo.

Soutopenedo, San Cibrao das Viñas

San Miguel de Soutopenedo é unha parroquia do concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 662 habitantes (340 homes e 322 mulleres) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un aumento de 41 habitantes en relación ao ano 2000.

Xosé Cid Menor

Xosé Cid Menor, nado en Santa Cruz da Rabeda (San Cibrao das Viñas) o 4 de agosto de 1946, é un escultor galego.

Áspera, Noalla, San Cibrao das Viñas

Áspera é un lugar da parroquia de Noalla, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense. Non tiña habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.