San Cibrao, Lieiro, Cervo

San Cibrao é un lugar da parroquia de Lieiro, do concello de Cervo. Segundo o IGE en 2009 tiña 2138 habitantes (1079 homes e 1059 mulleres), 80 menos ca dez anos antes.

Coordenadas: 43°41′47″N 07°26′27″O / 43.69639, -7.44083

San Cibrao
San Cibrao, Cervo, Lugo
San Cibrao: praia,porto pesqueiro e vista parcial da poboación.
ParroquiaLieiro
ConcelloCervo
Poboación2.008 hab. (2017)

Xeografía

Conforma unha península cara ao mar Cantábrico, formada trala unión dunha illa (Porto de Arriba) co continente (Porto de Abaixo ou Figueiras) por mor da acumulación de area. Na Atalaia da península hai un faro. O peirao está protexido por un esporón.

Ten diversas praias, como Cubelas, O Torno (onde desauga o río Cobo) e A Canosa, as dúas últimas Bandeira Azul da Unión Europea.[Cómpre referencia] A un quilómetro e medio da costa está o arquipélago dos Farallóns, que abrangue as illas Baixa, Sombriza e Pé.

Historia

Istmo San Cibrao, Cervo, Lugo
Istmo de San Cibrao.
Museo Provincial do Mar en San Cibrao
Museo Provincial do Mar en San Cibrao.

Nos séculos XIV e XV a aldea acollía estaleiros de carabelas e unha fábrica de salgado, da que se conservan restos coñecidos como o Castelo mariño.

Vinculado nalgún momento coas fábricas de Sargadelos, o porto de San Cibrao dotouse no século XIX co faro da Atalaia. tamén a mediados do século XIX (1850), unha real Orde constituíu a Aduana de San Cibrao, que funcionou ata o segundo terzo do século XX[1].

A finais do século XX, a instalación da fábrica de aluminio de Alcoa supuxo a construción do porto de San Cibrao (comercial), dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

No antigo grupo escolar está o Museo do Mar de San Cibrao, dependente da Rede Museística Provincial de Lugo.

Cultura e lendas

As illas Farallóns deron pé á lenda da Maruxaina: un ser metade peixe metade muller, que toca o corno. Segundo as fontes, con boas (para avisar da proximidade dun temporal) ou malas intencións (para facer tolear a xente e que os barcos embarranquen nos Farallóns).[2] En agosto celébrase a festa da Maruxaina, declarada de interese turístico.

En 1997 creouse a asociación cultural Os Aventados, activa na Mariña de Lugo.[3]

Notas

  1. Pablo Mosquera (31/05/2017). "La aduana de San Ciprián". A Mariña / La Voz de Galicia.
  2. "A Serea Maruxaina". Galicia Dixital. Consultado o 10/03/2018.
  3. Mosquera Mata, Pablo (8/4/2018). "Os Aventados, 1997-2018". La Voz de Galicia.

Lugares e parroquias

CEIP Cervo nº 1

O CEIP Cervo nº 1 é un centro educativo público de ensino infantil e primario, situado en San Cibrao (Lieiro, Cervo).

Ten xornada de mañá cun horario de 9:30 a 14:30. Tamén conta cun servizo de comedor xestionado pola Xunta de Galicia e servizo de biblioteca polas tardes, agás os luns. A ANPA tamén ofrece unha serie de actividades para aquelas familias que precisen deste servizo para os seus fillos /as, desta maneira as familias poden compatibilizar o seu traballo co coidado dos seus fillos/as.

Caza de baleas

A caza de baleas (tamén chamada ás veces pesca de baleas) consiste na obtención de recursos a partir de cetáceos, principalmente misticetos. O termo "balea" en sentido amplo e popularmente emprégase para referirse a calquera cetáceo de gran tamaño, incluso a odontocetos como o cachalote e mesmo ás veces a candorca, pero cómpre recordar que, en sentido estrito, resérvase aos misticetos non pertencentes ao xénero Balaenoptera (os rorcuais) e, moi especialmente, aos integrantes da familia dos balénidos.

Os primeiros rexistros desta actividade remóntanse polo menos ao 3000 a.C. Varias comunidades costeiras desde hai moito tempo cazaron e recolleron baleas varadas para a súa subsistencia. A caza industrial das baleas comezou no século XVII. A principios do século XX o uso da tecnoloxía e o aumento da demanda de recursos superaron o límite de sustentabilidade das poboacións de baleas, causando un drástico descenso destas. Na década de 1930 matábanse máis de 50.000 baleas ao ano.En 1986 a Comisión Baleeira Internacional (CBI) prohibiu a caza comercial de baleas co fin de permitir que as poboacións de cetáceos puideran recuperarse. Porén, permíteselle a certas comunidades continuar coa cacería de subsistencia, como parte da súa cultura. Por outra parte, o artigo VIII da Convención que regulamenta a caza de baleas permite a cacería con fins científicos.

Caza de baleas en Galicia

A caza de baleas en Galicia debeu comezar, como nas outras costas atlánticas europeas e do Pacífico, en tempos inmemoriais, na máis remota antigüidade. Os primeiros rexistros desta actividade remóntanse polo menos ao ano 3 000 a.C. Durante moito tempo xa se pensara que esta caza era de orixe prehistórica, aínda que sen ningunha proba real até que recentemente varias pinturas rupestres en Francia e España foron recoñecidas como representando escenas deste tipo de caza.

En Galicia non se conta con documentos históricos relacionados coa caza de cetáceos até o século XIII, pero é razoábel pensar que xa se practicaba varios séculos antes. A dicir de Valdés Hansen, as baleas, especialmente a balea franca, foi unha especie máis de pesca para os mariñeiros galegos. Durante sete séculos, Galicia foi un país de baleeiros, e dos que fan historia. A caza e comercialiación de cetáceos para o seu uso na fabricación de produtos importantes, desde o aceite que alimentaba a iluminación anterior á chegada da electricidade, até as barbas requiridas para pezas de vestir de luxo en Cataluña ou as baleas de paraugas e parasois, ate a comercialización da carne e de produtos usados en farmacia e cosmética, tivo grande incidencia no desenvolvemento urbano de toda Galicia. Non só lle deu proxección exterior e renome mundial, senón que tamén contribuiu ao crecemento económico e poboacional de toda a súa franxa atlántica, e mesmo hai portos galegos que naceron da actividade baeeira, como o de Burela (Lugo) ou o de Suevos (Punta Langosteira).Inicialmente limitábase á captura de animais na costa, pero co paso dos séculos, a técnica de caza comezou a mellorar, usándose pequenas embarcacións en mar aberto para asustaren aos cetáceos con ruído e levalos á costa. Esta forma de cacería usábase para capturar especies de cetáceos relativamente pequenas, como caldeiróns, belugas, narvais e toniñas.

Museo Provincial do Mar

O Museo Provincial do Mar é un museo da rede provincial de Lugo con temática relacionada co mar e sede en San Cibrao, Lieiro, Cervo.

Os Aventados

Os Aventados é unha asociación cultural galega con base en San Cibrao (Lieiro, Cervo) e funcionamento en toda a Mariña de Lugo. as súas actividades abraguen exposicións, conferencias, festivais, talleres de tradición mariñas e outras diversos. En 2018 o seu Presidente é Pablo Mosquera Mata, participando na súa directiva, entre outros, Alfonso Otero Regal e Carlos Nuevo Cal.

Porto de San Cibrao

Dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, está situado nos concellos de Cervo e Xove, servindo á actividade industrial da factoría Alcoa, que é concesionaria da súa xestión administrativa.

S. Cibrao ten asemade un porto pesqueiro, dependente de Portos de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.