San Cibrao

O nome de San Cibrao pode referirse a tres santos do cristianismo:

Como topónimo, San Cibrao pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

Aspai, Outeiro de Rei

San Cibrao de Aspai é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 104 habitantes, deles 50 eran homes e 54 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Barreiro, Antas de Ulla

San Cibrao de Barreiro é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 43 habitantes (21 mulleres e 22 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 67 habitantes.

Castro de San Cibrao de Las

O castro de San Cibrao de Las, tamén coñecido como A Ciudá, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, é un dos castros galaicos en proceso de escavación de maior tamaño entre os localizados no territorio da actual Galicia, e un dos catro piares da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Do resultado dos estudos arqueolóxicos pódese definir un período de ocupación continuada desde o século II a.C. ata o século II d.C., e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías.

A Cidade é o nome tradicional entre as xentes dos arredores. Os nomes de Lambrica, Lanobriga e Lansbrica proceden de diversas lecturas que foron feitas sobre unha ara romana dedicada ao deus galaico Bandua, existente nunha casa particular na veciña parroquia de Eiras.

Polo seu tamaño pode ser comparado co de Santa Trega e coas citanias do norte de Portugal, poboamentos galaicos ou galaico-romanos da cultura castrexa que se caracterizan polo seu avanzado estado de romanización e as súas grandes dimensións. Entre os expoñentes máis significativos pódense citar a citania de Briteiros, o castro de Mozinho e o de Sanfíns.

Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Chapa, Silleda

San Cibrao de Chapa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 159 habitantes (73 mulleres e 86 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.

Nesta parroquia conflúen as estradas N-525 (Ourense-Santiago de Compostela) e N-640 (Lugo-Vilagarcía de Arousa). Amais está atravesada pola autoestrada AP-53.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Esperante, Agolada

San Cibrao de Esperante é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo IGE en 2013 tiña 68 habitantes (37 homes e 31 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes.

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Montecubeiro, Castroverde

San Cibrao de Montecubeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 261 habitantes (133 homes e 128 mulleres), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 294 habitantes.

Negrelos, Rodeiro

San Cibrao de Negrelos é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 150 habitantes (77 homes e 73 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes.

Nesta parroquia naceu o guerrilleiro antifranquista Benjamín García Diéguez, O Largo.

O Carballiño, O Carballiño

San Cibrao do Carballiño é unha parroquia do concello do Carballiño, na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 11 118 habitantes (5249 homes e 5869 mulleres), 56 máis ca en 2010.

Parroquias de Galicia

Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o Nomenclátor oficial da Xunta, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.

Punxín

Punxín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 749 habitantes (956 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é punxinés.

Recesende, Castroverde

San Cibrao de Recesende é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 21 habitantes (11 mulleres e 10 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 27 habitantes.

San Amaro

San Amaro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.112 habitantes (1.141 en 2016). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amarense».

San Cibrao, Melide

San Xoán de San Cibrao é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Melide. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 379 habitantes (189 mulleres e 190 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación.

San Cibrao da Repostería, Palas de Rei

San Cibrao da Repostería é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 53 habitantes, deles 28 eran homes e 25 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.

San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

San Cibrao de Monte de Meda, Guntín

San Cibrao de Monte de Meda é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 49 habitantes, deles 25 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón un aumento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Sesto, Agolada

San Cibrao de Sesto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 42 habitantes (21 mulleres e 21 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 53 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.