San Antonio, Texas

San Antonio é unha cidade de Texas, nos Estados Unidos, capital do condado de Bexar. Colonos das Illas Canarias fundaron San Antonio en 1731.

Coordenadas: 29°25′N 98°30′O / 29.417, -98.500

San Antonio, Texas
SA Montage Nima
Vistas da cidade
Localización
San Antonio en Estados Unidos

San Antonio
San Antonio
San Antonio en Texas

San Antonio
San Antonio
PaísFlag of the United States.svg Estados Unidos de América
EstadoTexas
CondadoBexar, Medina, Comal
Xeografía
Altitude198 msnm
Superficie1.205,4 km²
Demografía
Poboación1.382.951 hab. (2012)
Densidade1.147,3 hab/km²
XentilicioSan Antonian
Outros datos
AlcaldeJulian Castro (D)
Páxina oficial de San Antonio

Historia

Sobre a súa fundación existen datos que apuntan a que o embrión da cidade foi unha dos tantos pobos de misión que os misioneiros franciscanos construíron cando aqueles territorios de Texas e California eran da coroa de España. A misión de San Antonio, en concreto, fundouna o misioneiro Frei Antonio de Oliveirais de Moguer, (Huelva - España). O núcleo fundacional foi poboado por un grupo dunha vintena de familias canarias, forzadas pola Coroa Española á emigración mediante o "tributo ou imposto de sangue", para o fortalecemento dos territorios americanos recentemente integrados na Coroa.

Datos diversos

A cidade ten unha poboación de 1.144.646 habitantes. A cidade é moi famosa polo Paseo do Río, as misións españolas, o Hemisfair Tower e El Álamo. Ten unha importante poboación hispana.

A súa poboación, a maioría hispanos, constitúe un mercado importante para todo tipo de artigos de consumo. É unha das cidades máis visitadas de Estados Unidos, con ao redor de 20 millóns de turistas por ano.

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
Top of Rock Cropped

Nova York
East LA Basin from Mulholland

Os Ánxeles
Sears Tower from Hancock Observatory

Chicago
1 Nova York Nova York 8.622.698 11 Austin Texas 950.715
2 Os Ánxeles California 3.999.759 12 Jacksonville Florida 892.062
3 Chicago Illinois 2.716.450 13 San Francisco California 884.363
4 Houston Texas 2.312.717 14 Columbus Ohio 879.170
5 Phoenix Arizona 1.626.078 15 Fort Worth Texas 874.168
6 Filadelfia Pensilvania 1.580.863 16 Indianapolis Indiana 863.002
7 San Antonio Texas 1.511.946 17 Charlotte Carolina do Norte 859.035
8 San Diego California 1.419.516 18 Seattle Washington 724.745
9 Dallas Texas 1.341.075 19 Denver Colorado 704.621
10 San Jose California 1.035.317 20 Washington, D.C. Distrito de Columbia 693.972
Datos do censo de 2017.[1]

Notas

  1. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017

Véxase tamén

Ligazóns externas

AT

AT pode referirse á:

Advanced technology (tecnoloxía avanzada), termo empregado no IBM PC.

O nome en inglés da arroba.

A abreviatura do Antigo Testamento.

O código ISO 3166-1 para Austria.

Bajo sus propias pistolas

"Bajo sus propias pistolas" é un sinxelo promocional da banda viguesa Siniestro Total, editado no ano 2000 polo selo Virgin Records. E o segundo sinxelo extraído do seu álbum La historia del blues, despois de "¿A quién vas a culpar?", canción que foi lanzada nun EP antes do álbum ese mesmo ano, e que tamén contiña a canción "Bajo sus propias pistolas".

O tema tamén aparece no recompilatorio do ano 2002 ¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos?. Segundo a historia que conta La historia del blues, está baseada no tema do mesmo título do ano 1961 da banda chamada Perfecto Mundo y su Mariachi, procedente de San Antonio, Texas, da que Jack Griffin era acordeonista e cantante.

A canción foi gravada por Julián Hernández (voz e guitarra); Javier Soto (guitarra e coros) (nos créditos do disco aparece co nome de Xavier F. Soto); Segundo Grandío (baixo e coros); Ángel González (batería); Jorge Beltrán (saxo tenor e coros); David R. Rial (trompeta); e coa colabroración de "Flaco" Jiménez no acordeón.

Butthole Surfers

Butthole Surfers é unha banda estadounidense de rock alternativo formada por Gibby Haynes e Paul Leary en San Antonio, Texas no ano 1981. O grupo tivo varios cambios na súa composición, pero o seu núcleo, formado por Haynes, Leary e o batería King Coffey, leva xunta dende 1983. Teresa Taylor foi segunda batería entre 1983 e 1985, 1986 e 1989, e no ano 2009. Pola banda pasaron varios baixistas, destacando entre eles Bill Jolly e Jeff Pinkus.

Coas súas raíces na escena hardcore punk dos 80, Butthole Surfers rapidamente se fixo coñecida polos seus directos caóticos, o seu humor negro e un son que incorporaba elementos da psicodelia, o noise, o punk rock e, posteriormente, da electrónica.

Carol Burnett

Carol Creighton Burnett, nada en San Antonio (Texas) o 26 de abril de 1933, é unha actriz, comediante e cantante estadounidense, recoñecida principalmente por protagonizar o programa cómico de variedades The Carol Burnett Show, que se transmitiou pola CBS entre 1967 e 1978. Foi o primeiro programa deste tipo presentado por unha muller.O seu talento para a parodia fixo que recibise o título de American Queen of Comedy (“Raíña da comedia estadounidense”).

En 1977 foi votada unha das vinte mulleres máis admiradas dos Estados Unidos, gañou cinco Globos de Oro, seis Emmy, doce People's Choice Awards, foi nomeada "Muller do ano" polo Círculo de Críticos de TV e pertence ao Salón da Fama da Televisión dende 1985.

Gil Birmingham

Gil Birmingham, nado o 13 de xullo de 1953 en San Antonio, Texas, é un actor nativo americano de orixe comanche. É coñecido por interpretar o papel de Billy Black na saga de filmes Twilight.

Jared Padalecki

Jared Tristan Padalecki, nado en San Antonio, Texas, o 19 de xullo de 1982, é un actor estadounidense.

Joan Crawford

Lucille Fay Le Sueur, máis coñecida como Joan Crawford, nada en San Antonio, Texas, o 23 de marzo de 1904 e finada en Nova York o 10 de maio de 1977, foi unha actriz de cine e televisión estadounidense, considerada como un dos mitos do cinema clásico. En 1999 o American Filme Institute situouna como a 10ª estrela feminina da historia do cine de todos os tempos.

Michael Doleac

Michael Scott Doleac, nado o 15 de xuño de 1977 en San Antonio, Texas, é un ex-xogador americano de baloncesto profesional.

Michelle Rodriguez

Mayte Michelle Rodriguez nada o 12 de xullo de 1978 en San Antonio, Texas é unha actriz estadounidense de ascendencia dominico-portorriqueña.

É coñecida polas súas interpretacións nos filmes The Fast and the Furious, Resident Evil, a serie de televisión Lost, e a súa actuación como Trudy, a piloto humana en Avatar.

Robert Rodriguez

Robert Anthony Rodríguez, nado en San Antonio (Texas) o 20 de xuño de 1968, é un director de cine estadounidense, ademais de guionista, produtor e músico. É coñecido por realizar diversos filmes, tanto independentes como de estudio, con poucos orzamentos. Principalmente roda e produce as súas películas nos estudios Troublemaker, dos que é dono, sitos en Austin, Texas.

A súa carreira en Hollywood comezou grazas á súa ópera prima, titulada El Mariachi (1993).

SEGA

SEGA (株式会社セガ) é unha compañía internacional de videoxogos que traballa en software e hardware. Nos principios do ano 2001, Sega deixou de facer videoconsolas, e agora só traballa en xogos doutras consolas e máis en máquinas de salóns recreativos (arcade).

As oficinas principais de Sega, tamén denominadas as de SEGA of Japan, están sitas en Toquio, Xapón. As oficinas norteamericanas, os de SEGA of America, están localizadas en San Antonio (Texas, EUA). As oficinas Europeos, de SEGA of Europe, localízanse en Londres (Inglaterra).

Twitter

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, co filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdicción de Delaware dende o 2007.​ Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias.​ Foi denominado como o «SMS de Internet».​A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos​​ ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos chíos de outros usuarios – a isto chámaselle "seguir" e aos usuarios abonados chámaselle seguidores,​ followers e as veces tweeps​ (Twitter + peeps, seguidores novatos que aínda non publicaron moitos chíos). Por defecto, as mensaxes son públicas, podendo difundirse privadamente mostrándoas unicamente a uns seguidores determinados. Os usuarios poden chiar dende a web do servizo, con aplicacións oficiais externas (como para teléfonos intelixentes), ou mediante o Servizo de mensaxes curtas (SMS) dispoñible en certos países.​ Agora ben se o servizo é de balde, acceder a el vía SMS comporta soportar tarifas fixadas polo provedor de telefonía móbil.

Na actualidade Twitter factura máis de 2500 millóns de dólares anuais e teñen un valor na bolsa superior aos 10 000 millóns de dólares.

Wesley Matthews

Wesley Joel Matthews Jr., nado o 14 de outubro de 1986 en San Antonio, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de estatura xoga na posición de escolta.

Wings (filme)

Wings é un filme mudo estadounidense ambientado durante a primeira guerra mundial producido por Lucien Hubbard, dirixido por William A. Wellman e estreado por Paramount Pictures. Está protagonizado por Clara Bow, Charles "Buddy" Rogers e Richard Arlen. Gary Cooper aparece nun pequeno papel que axudou a lanzar a súa carreira en Hollywood.

O filme, unha historia romántica e bélica, foi rescrito polos guionistas Hope Loring e Louis D. Lighton a partir dunha historia de John Monk Saunders para acomodar a Bow, a meirande estrela de Paramount naquela época. Wellman foi contratado por ser o único director en Hollywood que tiña experiencia como piloto de combate na primeira guerra mundial, malia que Richard Arlen e John Monk Saunders tamén serviran na guerra como aviadores. O filme contou cun orzamento de $2 millóns e rodouse en Kelly Field, en San Antonio, Texas entre o 7 de setembro de 1926 e o 7 de abril de 1927. Centos de extras e máis de 300 pilotos estiveron involucrados na rodaxe, incluíndo pilotos e avións do Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos.

Aclamado pola súa habelencia técnica e o seu realismo, o filme converteuse no exemplo contra o que se mediron os futuros filmes de aviación, principalmente polas súas realistas secuencias de combate. Gañou o primeiro Óscar ó mellor filme na 1ª edición dos premios que celebrou a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, sendo o único filme mudo en conseguilo. Tamén gañou o Oscar ós mellores efectos de enxeñaría (Roy Pomeroy). Wings foi un dos primeiros filmes en amosar dous homes bicándose, e tamén un dos primeiros filmes comerciais en amosar espidos. En 1997, Wings foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

As 100 cidades máis poboadas dos Estados Unidos e Porto Ricoa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.