San Andrés del Rabanedo

San Andrés del Rabanedo é un municipio de Castela e León de 30.217 habitantes (2008) situado na provincia de León. É o terceiro municipio máis poboado da provincia tras León e Ponferrada.

Coordenadas: 42°20′18″N 5°22′16″O / 42.33833, -5.37111

San Andrés del Rabanedo
Coat of Arms of San Andrés del Rabanedo
Ayuntamiento San Andrés del Rabanedo
Casa consistorial do concello
Localización
Provincia de León - San Andrés del Rabanedo
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaTierra de León
Xeografía
Altitude849 msnm
Superficie64,84 km²
Demografía
Poboación31.742 hab. (2012)
Densidade489,54 hab./km²
Outros datos
Código postal24010, 24009, 24191
AlcaldeM.ª Eugenia Gancedo García (PSOE)
Páxina web de San Andrés del Rabanedo

Localización e características

O municipio de San Andrés del Rabanedo atópase xeograficamente situado sobre o val do Bernesga, na subcomarca de Terras de León, quedando as súas entidades de poboación como auréola de residencia e pulmón de expansión da capital leonesa.

Limita ao norte cos municipios de Cuadros, Sariegos e Rioseco de Tapia; ao oste con Rioseco de Tapia e Cimanes del Tejar, discorrendo o bordo do límite, en gran parte, pola cañada medieval da transhumancia merinera entre as áreas da meseta e a montaña; ao sur con Valverde de la Virgen e as pedanías da capital Oteruelo, Armunia e Trobajo do Cerecedo; ao leste con León e a contorna das súas terras.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de León

O Aeroporto de León é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre os concellos de San Andrés del Rabanedo e Valverde de la Virgen, 6 km ao oeste da cidade de León. É o aeroporto situado a máis altitude na península Ibérica (916,3 msnm).

En 2007 rexistrou o seu récord con 161 705 pasaxeiros e 7 328 operacións. Nos últimos anos as súas conexións víronse reducidas e en 2016 só rexistrou 1 814 operacións, cun total de 36 554 pasaxeiros.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Exército de Terra de España

O Exército de Terra é a rama terrestre das Forzas Armadas de España, un dos exércitos en actividade máis antigos do mundo (século XV). Ten o seu Cuartel Xeral no Palacio de Buenavista de Madrid, situado na céntrica Praza de Cibeles, fronte ao Banco de España. Actualmente o Exército de Terra de España conta con aproximadamente 135.000 efectivos.

Conxuntamente coa Armada e o Exército do Aire, ten asignado por medio do artigo oitavo da Constitución Española a misión de garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade territorial e o ordenamento constitucional.

Juan Antonio Posse

Juan Antonio Posse Varela, nado en Soesto (Laxe) en 1766 e finado en San Andrés del Rabanedo (León) o 13 de maio de 1854, foi un relixioso galego. Exerceu o seu ministerio relixioso en León dende 1794 ata o seu pasamento.

Como relixioso afastouse das características xerais dos seus colegas da época, pois, aínda que algúns destes cualificativos son discutidos polos estudosos da súa vida e obra, pasa por ser un sacerdote ilustrado e liberal, constitucionalista español e tamén pregaleguista; republicano nunha época en que poucos o eran; colectivista cando todo o liberalismo defendía a propiedade privada; anticlerical –e loitador contra a Inquisición- e, á vez, profundamente crente e relixioso ata case o integrismo, debido á influencia que exerceran nel as lecturas xansenistas.

Deixou escritas dúas obras políticas de carácter constitucionalista: un sermón do 28 de novembro de 1812 defendendo a Constitución de Cádiz -publicado ese mesmo ano en León e reeditado ó ano seguinte na Coruña- e unha crítica á Constitución de 1837 –publicada en 1838-. Tamén son del varios artigos publicados coas iniciais do seu nome en El Ciudadano por la Constitución, da Coruña (en 1813). Non obstante, o máis interesante foron as súas memorias, redactadas en 1834, que permaneceron inéditas ata que Gumersindo de Azcárate conseguiu publicalas entre 1916 e 1918 na revista La Lectura; en 1984 o hispanista estadounidense Richard Herr, profesor emérito da Universidade de Berkeley, volveunas publicar na editorial Siglo XXI. Destas memorias, das que desapareceu o manuscrito orixinal, quedou sen publicar o período final, de 1820 a 1834.

Lista de aeroportos de España

Lista dos aeroportos de España.

Lista de concellos de España por poboación

En España, a 31 de decembro de 2016, existen 8.124 concellos, repartidos polas cincuenta provincias, Ceuta e Melilla e cuxos datos oficiais de poboación son recollidos polo Instituto Nacional de Estadística..

Nos últimos anos houbo variacións no número de concellos: apareceron novos concellos segregados de outro anteriores e tamén fusións entre concellos previamente existentes.

Durante 2014:

Montecorto, segregado de Ronda, na provincia de Málaga.

Dehesas Viejas, segregado de Iznalloz, na provincia de Granada.

Serrato, segregado de Ronda, na provincia de Málaga.

Pueblonuevo de Miramontes, segregado de Talayuela, na provincia de Cáceres.Durante 2015:

Domingo Pérez de Granada, segregado de Iznalloz, na provincia de Granada.Durante 2016:

Cerdedo-Cotobade, fusión entre Cerdedo e Cotobade, na provincia de Pontevedra.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Partido del Progreso de las Ciudades y las Comarcas de Castilla y León

O Partido del Progreso de las Ciudades de Castilla y León (PP.CC.AL., Partido do Progreso das Cidades e das Bisbarras de Castela e León en galego) foi un partido político da comunidade autónoma de Castela e León, con sede en San Andrés del Rabanedo (León) e entón definíase como leonesista. O seu líder e presidente é David Fernández Vaquero.

Inscribiuse no rexistro de partidos do Ministerio do Interior o 11 de xullo de 2006, aínda que afirman ter comezado a súa actividade política dende 2003 cando comezaron a tomar contacto os impulsores do partido e desenvolver a súa pautas estatutarias. A decisión de crear este novo partido xorde trala ruptura na Unión do Pobo Leonés (U.P.L.) que supuxo a marcha desta formación política do seu presidente José María Rodríguez de Francisco quen formou o Partido Autonomista Leonés - Unión Leonesista (P.A.L.-U.L.).

Declaraban o final do leonesismo tradicional. O seu principal obxectivo era o recoñecemento da Rexión Leonesa dentro da comunidade autónoma de Castela e León. Dende círculos leonesistas acusóuselles de ser unha marca de ocasión para intentar obter votos entre o electorado leonesista.

Nas eleccións municipais de maio de 2007, as primeiras ás que se presentaron, lograron unha pequena representación institucional, consistente nun concelleiro no municipio de Riaño e outro na Xunta Veciñal de Arcahueja (unha localidade do Alfoz da capital leonesa).

Nas eleccións autonómicas dese ano concorreron dentro da coalición ACAL (Alternativa por Castilla y León) xunto con outros partidos rexionalistas como Tierra Comunera (TC) ou o Partido de El Bierzo (PB).

En xaneiro de 2009 o seu perfil ideolóxico virou bruscamente cara posicións castelanistas. Ese mesmo ano anunciouse a súa integración no Partido de Castilla y León, denominación do Partido Castellano na devandita comunidade autónoma.

Unidade Militar de Urxencias

A Unidade Militar de Urxencias ou UME (en castelán: Unidad Militar de Emergencias) é un corpo integrante das Forzas Armadas de España creado por acordo do Consello de Ministros o 7 de outubro de 2005, presidido por José Luis Rodríguez Zapatero.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.