Samuel Johnson

Samuel Johnson, nado en Lichfield (Staffordshire) o 18 de setembro de 1709 e finado en Londres o 13 de decembro de 1784, foi unha das figuras literarias máis importantes de Inglaterra: poeta, ensaísta, biógrafo e lexicógrafo e é considerado por moitos como o mellor crítico literario en lingua inglesa. Johnson era posuidor dun gran talento e dunha prosa cun estilo inigualable.

Devoto anglicano e politicamente conservador, o Dr. Johnson foi descrito como «sen dúbida, o home de letras máis distinguido da historia inglesa».[1] A pesar da gran calidade da súa obra e a súa enorme celebridade en vida, Johnson é principalmente lembrado por ser o obxecto de «o máis notable exemplo de arte biográfico nas letras inglesas», a biografía escrita polo seu amigo James Boswell, The Life of Samuel Johnson, á que quedou inevitablemente ligado.[2] Famoso pola súa brillante conversa, e grazas aos seus múltiples biógrafos contemporáneos, coñécense gran cantidade de anécdotas do Dr. Johnson. Igualmente, o seu estilo aforístico, a súa filosofía baseada sobre todo no sentido común, e a súa elegancia escrita, fixeron que sexa o segundo autor máis citado da lingua inglesa tras Shakespeare.

Samuel Johnson
Dr-Johnson
Nacemento18 de setembro de 1709
 Lichfield
Falecemento13 de decembro de 1784
 Londres
Causasurgical complications
SoterradoAbadía de Westminster
NacionalidadeReino de Gran Bretaña
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterPembroke College
Ocupaciónlexicógrafo, lingüista, poeta, historiador literário, escritor, mestre, crítico literario, biógrafo, ensaísta, político, tradutor e libreiro
PaiMichael Johnson
NaiSarah Ford
CónxuxeElizabeth Porter
Coñecido/a porA Dictionary of the English Language

Traxectoria

Pembroke Lodge
Entrada de Pembroke College (Oxford)

Fillo dun humilde libreiro, Johnson naceu en Lichfield, Staffordshire e educouse na Lichfield Grammar School; o 31 de outubro de 1728, pouco despois de cumprir os dezanove anos, ingresou no Pembroke College, de Oxford. Pasados só trece meses, con todo, a súa precaria situación económica obrigouno a deixar Oxford sen ningún título. Tentou entón traballar como instrutor e mestre de escola, pero foi rexeitado polo director da Adam´s Grammar School, o reverendo Samuel Lee, atopando traballo logo nunha escola de Stourbridge. Aos vinte e cinco anos contraeu matrimonio con Elizabeth "Tetty" Porter, unha viúva que lle leva vinte e un anos de idade.

Johnson Wife
Elizabeth "Tetty" Porter, esposa de Johnson

En 1737, Johnson, sen un penique, mudouse a Londres xunto ao seu ex-alumno David Garrick, e comezou a escribir para The Gentleman´s Magazine, baixo a dirección de Edward Cave. Durante as seguintes tres décadas, Johnnson escribiu copiosamente: ensaios, poesía, biografías, informes parlamentarios e mesmo o catálogo da Harlein Library. Continuou a vivir na pobreza. Os seus traballos máis importantes deste período son o poema London (1738) e Life of Savage (1745). Este último conta a vida dun amigo seu, o escritor Richard Savage, quen compartira con Johnson a súa pobreza e morrera o ano anterior.

Samuel Johnson by Joshua Reynolds 2
Retrato de Johnson feito por Joshua Reynolds en 1775, que mostra a intensa concentración de Johnson e a debilidade da súa vista.

Entre 1747 e 1755, Johnson compuxo a súa obra máis coñecida, A Dictionary of the English Language. Aínda que é moi eloxiada e incalculablemente influente, Johnson non gañou moito diñeiro dela, tan só 1575 libras, por ter que custear o longo proceso de escritura. Durante este tempo tamén publicou unha serie de traballos case semanais titulados The Rambler ("O divagador"). Xeralmente de temática moral ou relixiosa, estes ensaios son máis serios do que o seu título suxire, e continuaron a aparecer até 1752. O seu mozo amigo James Elphinstone (1721-1809) publicounos semanalmente tamén en Edimburgo. Non foron moi populares, pero unha vez que foron compilados nun único volume tiveron unha grande aceptación. A esposa de Johnson morreu pouco despois de aparecer a última entrega, e viuse sumamente afectado por esta perda.

Johnson comezou a escribir outra serie, The Idler ("O ocioso"), en 1758. Estes ensaios son máis breves e menos serios que os anteriores, e publicáronse semanalmente durante dous anos. A diferenza de The Rambler, publicado de maneira independente, The Idler apareceu nunha publicación semanal.

En 1759 publicou a novela filosófica The History of Rasselas, Prince of Abissinia, segundo dixo, escrita en dúas semanas para custear o funeral da súa nai; o éxito foi rotundo, recibindo encomios mesmo no estranxeiro, onde foi e segue a ser comparada co Cándido de Voltaire, novela de temática parecida e escrita case á vez. Nesta época, estreouse grazas a David Garrick a súa obra de teatro Irene, que foi un rotundo fracaso: Johnson foi repudiado como dramaturgo pola súa linguaxe, que acusaron de dilatado. Tamén publicou un plan de subscrición para a edición das obras de Shakespeare, que non viron a luz até dez anos despois; o poeta contemporáneo Charles Churchill aludiu a este feito ao escribir: "Hei for subscribers baits his hook / and takes your cash, but where's the book?" (Para os subscritores prepara a súa carnada/ e toma o seu diñeiro, pero, onde está o libro?)

JoshuaReynoldsParty
The Club, club de cabaleiros fundado por Samuel Johnson, reunido nunha das súas sesións.

En 1762, Johnson recibiu unha pensión gobernamental de trescentas libras anuais, principalmente grazas aos esforzos de Thomas Sheridan e o duque de Bute. O ano seguinte coñeceu a James Boswell, o seu futuro biógrafo. Máis ou menos ao mesmo tempo, en 1764, fundou “The Club”, un grupo literario que incluía a Joshua Reynolds, Edmund Burke, David Garrick, Edward Gibbon e Oliver Goldsmith, entre outros. Para entón, Johnson xa era unha celebridade; en 1765 recibiu un doutoramento honorífico do Trinity College en Dublín, seguido por un de Oxford dez anos despois. A partir deste momento, pasou a ser referido como o doutor Johnson.

Johnson 1769
Retrato de Samuel Johnson, por sir Joshua Reynolds, 1769. O retrato mostra as estrañas xesticulacións do doutor Johnson, do que se cre padeceu a síndrome de Tourette.[3]

En 1765 coñeceu a Henry Thrale, un opulento cervexeiro e membro do parlamento. Ao pouco tempo fixéronse amigos, e Johnson integrouse na familia: viviu cos Thrales os seguintes quince anos, até a morte de Henry en 1781. Os diarios e a correspondencia de Hester Thrale son, despois do material de Boswell, a fonte de información máis importante que hai sobre Johnson. Xeralmente sinalouse que Johnson dificilmente alcanzaría os 75 anos de idade de non ser pola axuda e os coidados que recibiu cos Thrale, polo menos até a morte de Henry Thrale en 1782. A axuda económica que recibiu dos mesmos permitiulle manterse máis dignamente do que os seus escasos ingresos e a súa pobre pensión lle permitían.

En 1773, dez anos despois de coñecérense, Boswell e Johnson embarcáronse nunha viaxe polas illas occidentais de Escocia, cuxo testemuño quedou plasmado no libro A Journey to the Western Islands of Scotland (1775).[4] A súa visita ás terras altas de Escocia e ás illas Hébridas tivo lugar durante a pacificación posterior á era xacobina, cando o sistema de clans escocés estaba a ser obliterado e a cultura gaélica romantizada. Johnson atacou duramente a quen aseveraron que os poemas sobre Ossian de James Macpherson eran traducións da literatura escocesa antiga, afirmando que non había probas de que a linguaxe escocesa gaélica (erse) “fose unha lingua escrita”; Johnson non deixou de convencerse diso ao pedir a McPherson que mostrase o manuscrito do que dicía obter o poema, algo que este nunca fixo, e acabou concluíndo que o máis probable era que McPherson adaptase poemas da tradición oral gaélica e os refundise a modo de saga. No entanto, foi especialmente hostil contra McPherson e os poemas de Ossian, dos que dixo que eran vulgares e de baixa calidade; ademais, partindo dun moderado non hai probas acabou proclamando que o erse nunca fora unha lingua escrita. Con todo, Johnson contribuíu ao fomento desta lingua pedindo que se traducise a Biblia a este idioma, o que se fixo ao pouco tempo. Até entón, os galos escoceses dependeran da versión gaélica irlandesa de Bedell.

Igualmente, interesouse por outras linguas minoritarias e a súa tradición escrita: pediu que as linguas gaélicas fosen comparadas coa lingua de Biscaia (éuscaro) para ver se podía trazarse algún parentesco entre ambas, ao saber que se dicía que non había outro idioma igual a aquel; o seu interese polo sardo levouno a encargar que lle trouxesen libros escritos naquel idioma; e sempre manifestou un vivo interese polo frisón, a lingua de Frisia, da que sinalou o gran parecido co inglés, e coa que sufriu unha viva decepción ao ver a pobreza da súa tradición escrita. En todos os casos, parece ser que animou ao desenvolvemento dunha cultura escrita neses idiomas.

Durante a década de 1770 Johnson visitou a miúdo Edimburgo xunto a Boswell, Lord Kames e Lord Monboddo, con quen se escribiu profusamente e intercambiaba críticas literarias. Accedeu a revisar a Historia de Escocia que Lord Kames estaba a preparar.

O último traballo importante de Johnson é o seu Lives of the English Poets, proxecto comisionado por un consorcio de libreiros londiniense. Este libro compila unha serie de estudos críticos e biográficos que serven de prefacio a diversas antoloxías poéticas, e están considerados como a base da crítica literaria moderna a estes poetas.

A saúde de Johnson comezou a resentirse por mor da morte do seu amigo e patrón Henry Thrale. As súas amizades esperaran que este deixase unha pensión a Johnson, pero non o fixo. A súa relación coa viúva de Thrale comezou a deteriorarse até romper con ela, por mor da súa voda co cantante italiano Piozzi; dende ese momento, Johnson perdeu todo padroádego, e tivo que vivir dos seus recursos, que eran escasos. Aínda que a imaxe de Johnson sempre quedou ligada á do gran sabio encomiado que dá Boswell na súa biografía, o certo é que durante a maior parte da súa vida Johnson viviu nunha gran penuria económica. Os seus escritos e ensaios eran moi mal pagos, e apenas gañou nada deles. Agás a breve visita a París cos Thrale, non realizou máis viaxes ao continente porque non tiña os medios. Basicamente, vivía da pensión de 300 libras anuais que recibía do goberno e da xenerosidade dos seus amigos, e ata que non lle foi concedida a pensión, a súa situación económica foi tremendamente precaria e causa de moitas das súas depresións. Sábese que Samuel Richardson pagou unha vez unha débeda de Johnson de 18 libras para sacalo da prisión de debedores en que o confinaran, e que Reynolds e Boswell adoitaban emprestarlle diñeiro, sen pretender que lles fose devolto. Isto era, ao parecer, algo bastante penoso para Johnson.

En 1784 sufriu unha serie de ataques que fixeron que Boswell e Reynolds, temendo por el, planeasen conseguirlle que se lle dobrase a súa pensión estatal para que puidese custear unha viaxe a Italia ou a algún lugar do sur de Europa, onde pasar o resto dos seus días. Johnson, ante a noticia desta xestión, sentiuse tremendamente emocionado e case se botou a chorar de agradecemento, pensando no gran luxo co que podería vivir cunha pensión de 600 libras anuais (cantidade bastante modesta para unha vida de luxo naquela época). Con todo, o novo goberno de Pitt “o Mozo”, pouco favorable ao ancián Johnson, negoullo. A partir do verán de 1784 Johnson viviu nun estado de depresión e certa amargura, ao sentirse morrer abandonado. Tras unha breve visita ás Midlands, Johnson regresou en outubro de 1784 a Londres, onde a súa saúde o obrigou a gardar cama ata que, rodeado dos seus amigos e admiradores, morreu o 13 de decembro de 1784, e foi enterrado na abadía de Westminster, no Poet’s Corner, xunto aos grandes homes de letras de Inglaterra.

Tras a súa morte, recibiu multitude de homenaxes, e erixíuse na súa honra un gran monumento funerario na catedral de San Paulo en Londres.

Personalidade

Dunha gran contextura física, Johnson tiña a vista e o oído moi débiles; o seu rostro presentaba varias cicatrices, por padecer escrófula cando era un neno, e tamén sufría de varios tics e movementos involuntarios. Os síntomas descritos polos seus contemporáneos suxiren que Johnson puido sufrir posiblemente de trastornos obsesivo-compulsivos. Tendía ao que entón se chamaba melancolía.

Johnson era un anglicano devoto e conservador, un acérrimo tory, e un home compasivo, que aloxou varios dos seus amigos en dificultades económicas. Aínda que apoiou a causa xacobita, terminou aceptando a sucesión hannoveriana na época de Xurxo III. Johnson foi un pensador en extremo orixinal e independente durante toda a súa vida, o que explica a súa profunda afinidade cara á obra de John Milton, a pesar da visión tan radical (e para Johnson, intolerable) que tiña Milton en asuntos de política e relixión.

A fama de Johnson débese en gran parte á exitosa biografía escrita por Boswell, Life of Johnson. Con todo, cómpre notar que Boswell o coñeceu despois de que este alcanzase xa a fama e unha certa estabilidade económica, polo que o libro tende a retratar esta última etapa. Explícase entón que Johnson sexa comunmente coñecido como unha acerba pero entrañable personaxe de alta sociedade, a pesar de vivir na pobreza durante gran parte da súa vida.

Antes de asentarse en Londres, Johnson residiu en Birmingham; un friso na Old Square inmortalizou a súa estancia alí. A Birmingham Central Library posúe unha importantísima colección da súa obra, cuns dous mil volumes, incluíndo moitas primeiras edicións, ademais de numerosos xornais literarios e libros sobre el.

Obras selectas

Biografías, críticas, traballos lexicográficos

1745 Life of Richard Savage
1755 A Dictionary of the English Language
1765 The Plays of William Shakespeare
1775 A Journey to the Western Islands of Scotland
1781 Lives of the English Poets

Ensaios, panfletos, revistas

1747 Plan for a Dictionary of the English Language
1750-1752   The Rambler
1758-1760 The Idler
1770 The False Alarm
1774 The Patriot

Poesía

1738 London
1747 Prologue at the Opening of the Theatre in Drury Lane
1749 The Vanity of Human Wishes
Irene, a Tragedy

Novela curta

1759 The History of Rasselas, Prince of Abissinia

Notas

  1. Rogers, Pat (2006). "Johnson, Samuel (1709–1784)". Oxford Dictionary of National Biography (online ed.). Oxford University Press. Consultado o 25 August 2008.
  2. Bate 1977, p. xix
  3. Lane 1975, p. 103
  4. A versión de Boswell, The Journal of a Tour to the Hebrides, publicouse en 1786.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

13 de decembro

O 13 de decembro é o 347º día do ano do calendario gregoriano e o 348º nos anos bisestos. Quedan 18 días para finalizar o ano.

Chile

Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte por Perú, ó leste por Bolivia e Arxentina, totalizando 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo Océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile.Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas. A primeira delas, situada na costa occidental do Cono Sur e coñecida como Chile continental, comprende unha longa e estreita franxa de terra que se estende, maiormente, entre a ribeira suroriental do océano Pacífico e a cordilleira dos Andes, desde os 17º29'57'S ata os 56º32'S de latitude, ao longo de 4.270 km. O seu ancho máximo alcanza os 445 km no paralelo 52º21'S e o seu ancho mínimo, os 90 km en 31º37'S. A segunda, denominada Chile insular, corresponde aos territorios insulares no océano Pacífico Sur: por unha banda, o arquipélago Juan Fernández e as illas Desventuradas, pertencentes a América do Sur; doutra banda, a illa Sala y Gómez e a illa de Pascua, situadas na Polinesia. Chile continental e Chile insular totalizan unha superficie de 756.096,3 km². A terceira, chamada Territorio Chileno Antártico, comprendida entre os meridianos 90º e 53º oeste, é unha zona da Antártida de 1 250 257,6 km² sobre a cal Chile reclama soberanía, prolongando o seu límite meridional ata o Polo Sur. Esta reclamación está conxelada de acordo ao estipulado polo Tratado Antártico, do que Chile é signatario, sen que a súa firma constitúa unha renuncia. Localízase tamén en Chile a punta sur de América do Sur: o Cabo Horn, que é tamén o punto máis próximo da Antártida. Tamén en Chile está o lugar considerado como o máis seco do planeta: o Deserto de Atacama.

Debido á súa presenza en América, Oceanía e a Antártida, Chile defínese a si mesmo como un país tricontinental.Ademais, Chile exerce dereitos exclusivos, reclamacións de diverso grao e soberanía sobre o seu espazo marítimo, chamado Mar chileno. Este comprende o mar territorial (120.827 km²), a zona contigua (131.669 km²), a zona económica exclusiva ou «mar patrimonial», cunha superficie total de 3 681 989 km², e a correspondente plataforma continental, cunha superficie de 145.194 km², que tamén forman parte do territorio chileno Chile posúe un bordo costeiro de 6.435 km de lonxitude.Os seus máis de 17 millóns de habitantes alcanzan índices de calidade de vida, e porcentaxe de globalización que se atopan entre os máis altos de América Latina.

Civilización

Unha civilización, empregando o termo nun sentido restrinxido, é unha sociedade complexa. O termo civilización ten unha gran variedade de significados relacionados coa sociedade humana. Na maioría dos casos faise uso deste termo para referirse ás sociedades complexas ou avanzadas: aquelas que practican a agricultura, teñen unha división do traballo significativa, e unha densidade de poboación suficientemente grande para formar cidades. Alternativamente, civilización tamén pode usarse para referirse á suma, extensión ou adianto da humanidade e os logros dos humanos en calquera orde, ou na cultura dunha comunidade en particular. Finalmente, nun sentido máis amplo, a civilización pode referirse á sociedade humana mundial. Neste sentido, "civilizado" significaba ser un cidadán, unha persoa gobernada polas leis do seu pobo, cidade ou comunidade. Se se utiliza nun sentido amplo, civilización pasa a ser sinónimo de Cultura (englobando as visións do mundo ou ideoloxías, as crenzas, os valores, as costumes, as leis e institucións); que se adoita aplicar con carácter máis xeral.

Os xuízos formais e informais de como unha sociedade é civilizada, xeralmente baséanse nos métodos e o alcance da agricultura, o comercio a longa distancia, especialización ocupacional, unha clase gobernante especial, e o urbanismo. Separadamente destes elementos centrais, unha civilización a miúdo está marcada por calquera combinación dun número de elementos secundarios, incluíndo un desenvolvido sistema de transporte, escritura, estandarización das medidas, moeda, sistemas legais contractuais e baseado no agravio, arte e a arquitectura característica, matemáticas, coñecemento científico amplo, metalurxia, estruturas políticas, e unha relixión organizada.

Clan Arbuthnott

Clan Arbuthnott é un clan escocés da área de Kincardineshire, no nordeste das Lowlands de Escocia.

Convención de Filadelfia

A Convención de Filadelfia (tamén coñecida como a Convención Constitucional, a Convención Federal e a Gran Convención de Filadelfia) foi levada a cabo entre os días 25 de maio e 17 de setembro do ano 1787, para resolver os problemas dos Estados Unidos, tras a independencia de Gran Bretaña. Aínda que a idea era soamente revisar os Artigos da Confederación, a intención de moitos propoñentes da Convención, principalmente James Madison e Alexander Hamilton, era o crear un novo goberno en lugar de "arranxar" o que xa existía. Os delegados elixiron a George Washington para que presidise a convención. O resultado da Convención foi a Constitución dos Estados Unidos de América. A convención é un dos eventos centrais na historia dos Estados Unidos.

Década de 1750

A década de 1750 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1750 e remata o 31 de decembro de 1759.

Giuseppe Baretti

Giuseppe Marc'Antonio Baretti, nado en Turín en 1719 e finado en Londres en 1789, foi un escritor e crítico italiano.

James Macpherson

James Macpherson, nado o 27 de outubro de 1736 e finado o 17 de febreiro de 1796, foi un poeta escocés, famoso como o "tradutor" do ciclo de poemas de Ossian.

John Milton

John Milton, nado en Londres o 9 de decembro de 1608 e finado na mesma cidade o 8 de novembro de 1674 foi un poeta e ensaísta inglés, coñecido especialmente polo seu poema épico Paradise Lost. Politicamente foi unha figura importante entre os que apoiaron a Mancomunidade de Inglaterra. Ocupou o posto de ministro de linguas estranxeiras baixo o mandato de Oliver Cromwell e os seus tratados políticos foron consultados para a redacción da Constitución dos Estados Unidos de América.Poeticamente, Milton é unha das figuras máis importantes do panorama literario inglés, sendo en ocasións situado ao mesmo nivel que Shakespeare. A influencia de Milton na literatura posterior é ampla e variada: atribúese á influencia da súa obra a aceptación e difusión do verso branco en poesía, e, especialmente durante o Romanticismo, as alusións á súa obra alcanzaron un nivel similar ao gozado polas referencias clásicas. A propia personalidade de Milton foi en ocasións debatida e criticada, en especial, a forma na que se debuxou a si mesmo nalgunhas das súas obras, sobre todo na Defensio.

Lingua inglesa

A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés. O inglés é a lingua oficial ou unha das linguas oficiais de case 60 estados soberanos. É a lingua máis falada no Reino Unido, nos Estados Unidos, no Canadá, en Australia, Irlanda e Nova Zelandia e está moi estendida nalgunhas áreas do Caribe, África e sur de Asia. É a terceira lingua nativa máis falada do mundo, despois do mandarín e do castelán. É tamén a segunda lingua máis aprendida e lingua oficial da Nacións Unidas, da Unión Europea, e de moitas outras organizacións mundiais e rexionais. É a lingua xermánica máis falada, representando polo menos o 70% dos falantes desta póla da familia indoeuropea.

O inglés desenvolveuse ó longo de máis de 1 400 anos. As formas máis antigas do inglés, unha serie de dialectos anglofrisios, chegaron a Gran Bretaña polos colonos anglosaxóns no século V, son chamadas inglés antigo. O inglés medio desenvolveuse no século XI coa conquista normanda de Inglaterra, nun período no que a lingua foi influída polo francés. O inglés moderno comezou a finais do século XV coa introdución da imprenta en Londres, a Biblia do Rei Xacobe e o comezo da Gran mudanza vocálica. A través da influencia mundial do Imperio Británico, o inglés moderno espallouse por todo o globo dende o século XVII até a metade do século XX. A través dos diversos medios impresos e electrónicos, así como o xurdimento dos Estados Unidos como superpotencia mundial, o inglés converteuse na lingua principal das relacións internacionais e a lingua franca en moitas rexións e en contextos profesionais como a ciencia, a navegación e a lei.O inglés moderno ten pouca flexión en comparanza con outras linguas, e susténtase moito en verbos auxiliares e na orde de palabras para a expresión de tempos complexos, aspectos e modo, así como de construcións pasivas, interrogativas e algunhas negacións. Malia as notables variacións dos acentos e dialectos do inglés empregados en diferentes rexións e países – en termos de fonética e fonoloxía, e ás veces en vocabulario, gramática e deletreo – os falantes de inglés en todo o mundo son quen de comunicarse cos outros con relativa facilidade.

Miguel Martínez-Lage

Miguel Martínez-Lage, nado en Pamplona en 1961 e finado en Garrucha o 14 de abril de 2011, foi un profesor e tradutor español.

Mull

A Illa de Mull (gaélico escocés: Muile) é a segunda maior illa (logo de Skye) do arquipélago das Hébridas Interiores, na costa occidental de Escocia.

É a cuarta maior illa de Escocia e é a cuarta maior illa que rodea Gran Bretaña (agás Irlanda). Ten unha superficie de 875´35 quilómetros cadrados. No Censo do Reino Unido de 2011, a poboación residente habitual de Mull era de 2.800 habitantes, un lixeiro aumento sobre a cifra de 2.667 de 2001; no verán esta vese aumentada por moitos turistas. Gran parte da poboación vive en Tobermory, o único burgh na illa ata 1973, e a súa capital.

Tobermory tamén é a localización da única destilería de whisky de Mull: Tobermory distillery (anteriormente Ledaig).. O seu relevo estivo determinado polas glaciacións.

Nahum Tate

Nahum Tate (Nahum Teate ata 1677), nado en Dublín en 1652 e finado en Londres o 30 de xullo de 1715, foi un poeta irlandés, escritor de himnos e letrista de cancións, que chegou a ser considerado o poeta oficial de Inglaterra no ano 1692.

Parodia

No seu uso contemporáneo, unha parodia é unha obra satírica que imita a outra obra de arte co fin de ridiculizala.

A parodia existe en tódolos medios, incluíndo literatura, música e cine. Os movementos culturais poden ser así mesmo parodiados.

Plutarco de Queronea

Mestrio Plutarco (Πλούταρχος Plútarkhos), nado en Queronea, cidade hoxe desaparecida na actual Grecia sobre o ano 50 ou 46 e finado sobre o 120, foi un historiador, biógrafo e ensaísta grego.

Premio Nacional de Tradución de España

O Premio Nacional á Mellor Tradución, de España, é un premio literario que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España. Premia a mellor tradución feita en calquera das linguas españolas entre tódalas obras publicadas no Estado no ano anterior. O premio está convocado desde 1984, e é continuación do premio de tradución Fray Luis de León, que se creara en 1956.

Século XVIII

século XVII < século XVIII > século XIX

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. Coñecido como o século da Ilustración.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.