Samos

Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.458 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é samanense [5].

Coordenadas: 42°43′50.4″N 7°19′35.8″O / 42.730667, -7.326611

Samos
Bandeira de Samos
---
Escudo de Samos
Mosteiro de San Xulián de Samos 1
Situacion Samos
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Sarria
Poboación1.293 hab. (2018)
Área136,6 km²
Densidade9,47 hab./km²
Entidades de poboación24 parroquias
Capital do concelloSamos
Política (2019[2])
AlcaldeJulio Gallego Moure (PSdeG-PSOE [3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 5
Outros: CxG-CCTT 1
Eleccións municipais en Samos
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes91,88%
Na rede
www.concellodesamos.com

Demografía

Censo Total (Habitantes) 1.458 (2014)
Menores de 15 anos 66 (4.53 %)
Entre 15 e 64 anos 803 (55.07 %)
Maiores de 65 anos 589 (40.4 %)

Localización

Limita ao norte co concello de Láncara; ao sur cos do Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón; ao leste cos de Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel e ao oeste cos de Sarria e O Incio. Pertence ao partido xudicial de Sarria e á diocese de Lugo.

Samos atópase nas estribacións das serras orientais de Galiza, montes de Lóuzara, Serra do Oribio e Montes da Albola. O relevo é moi accidentado; a altitude media é superior aos 700 m. e máxima está no Oribio, a 1.443 m. O río Sarria, afluente do Miño, drena a vertente occidental e polo leste baixa o río Lóuzara cara o Lor e posteriormente o Sil. Poden apreciarse tres zonas ben diferenciadas: a central, zona de asentamento das poboacións máis importantes; a zona norte, máis aberta e con terras en pendente e suaves lombas, e Lóuzara, a zona sur, cunha paisaxe bravía chea de montañas e vales.

A oscilación térmica é grande, uns 13 °C: o clima é frío no inverno e xea con frecuencia. As precipitacións van desde os 900 aos 1.500 mm.

O concello esténdese sobre 136 km² e a cidade máis próxima é Lugo, a 43 km.

Historia

Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.

En época sueva Martiño de Dumio fundou o mosteiro, ao que está ligada toda a historia de Samos. O nome provén de Samanos, que posibelmente fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. O mosteiro abandonouse brevemente arredor do ano 714 até que Froila I llo asignou ao abade Arxerico. Nel pasou a súa adolescencia o futuro rei Afonso II o Casto após o asasinato do seu pai, Froila I, no ano 768.

Os dominios do mosteiro fóronse ampliando, especialmente desde que o papa Alexandre III lle concedeu unha bula no ano 1175 outorgándolle dereitos e rendas sobre 105 igrexas de todo o reino. Nos séculos XVII e XVIII leváronse a cabo numerosas obras nel, dándolle a súa arquitectura actual.

Economía

Desde comezos do século XX, Samos perdeu o 70% da súa poboación, especialmente entre 1940 e 1980. O 85% dedícase á agricultura, fundamentalmente a gandería, con vacas e tamén porcos e ovellas.

Patrimonio histórico e artístico

Véxase tamén: Mosteiro de San Xulián de Samos.

Desde hai tempo, moitos peregrinos desvíanse do camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria para visitar o Mosteiro de San Xulián de Samos.

Próxima a este está a capela do Salvador, construída a finais do século IX con influencia mozárabe.

Festas e celebracións

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Samos.
Torre reloj de Samos

Torre do reloxo de Samos.

Mosteiro de San Xulián de Samos 2

Mosteiro de San Xulián de Samos.

Mosteiro de San Xulián de Samos

San Xulián de Samos.

Casa concello Samos 01

Casa do concello.

SamosFachadaMosteiro

Fachada Igrexa do Mosteiro.

Lugares de Samos

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Samos vexa: Lugares de Samos.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Samos". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 57. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Formigueiros, Samos

Santiago de Formigueiros é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2013 tiña 47 habitantes, deles 24 eran mulleres e 23 eran homes, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 69 habitantes .

Freixo, Samos

San Silvestre de Freixo é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 37 habitantes, deles 21 eran homes e 16 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Frollais, Samos

San Miguel de Frollais é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. En 2007 tiña 30 habitantes (17 homes e 13 mulleres), tres menos ca en 2006.

Gundriz, Samos

Santo André de Gundriz é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 80 habitantes (38 homes e 42 mulleres), un menos ca en 2006.

Illa de Samos

Samos (grego Σάμος) é unha illa de Grecia, situada no mar Exeo. Pertence ao arquipélago das Espóradas e á rexión do Exeo setentrional, e está situada entre a illa de Quíos e o arquipélago do Dodecaneso. A illa de Samos está separada por un estreito de apenas 1,8 km da costa anatólica e do cabo Micala.

A superficie da illa é 468 km², 43 km de longo e 13 de ancho. De considerable extensión, Samos está percorrida por ásperos relevos montañosos (a altura máxima é de 1.437 m). Ao longo das costas, en xeral escarpadas e pouco seguidas, ábrense chairas.

Montes da Albela e Meda

Os montes da Albela e Meda están localizadas nas serras orientais de Galiza. Teñen orientación NE-SO e están situadas entre Becerreá, Triacastela, Láncara e Samos.

O punto de maior altura é o monte Braña (tamén coñecido como montes Meda), con 1.200 metros sobre o nivel do mar.

Montán, Samos

Santa María de Montán é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2013 tiña 32 habitantes, deles 16 eran homes e 16 eran mulleres.

Mosteiro de San Xulián de Samos

O mosteiro de San Xulián de Samos é un mosteiro medieval fundado no século VI, segundo a tradición por Martiño de Dumio, que chegou a ser un dos de maior importancia de Galicia, e que na actualidade se atopa en bo estado de conservación. Pertence á orde dos beneditinos e está no concello de Samos, (provincia de Lugo).

Pitágoras

Pitágoras de Samos, en grego Πυθαγόρας, nado na illa de Samos no ano 582 a.C e finado en Metaponto no 496 a.C, foi un filósofo e matemático grego, famoso polo seu teorema, o Teorema de Pitágoras.

Renche, Samos

Santiago de Renche é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 152 habitantes, deles 73 eran homes e 79 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Samos, Samos

Santa Xertrude de Samos é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 204 habitantes, deles 103 eran homes e 101 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Cristovo de Lóuzara, Samos

San Cristovo de Lóuzara é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2012 tiña 96 habitantes, deles 50 eran homes e 46 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.

San Cristovo do Real, Samos

San Cristovo do Real é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2013 tiña 86 habitantes, deles 52 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 127 habitantes.

San Mamede do Couto, Samos

San Mamede do Couto é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 75 habitantes (41 homes e 34 mulleres), 1 menos ca no ano anterior.

San Xil de Carballo, Samos

San Xil de Carballo é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2013 tiña 12 habitantes, deles 5 eran homes e 7 eran mulleres.

San Xoán de Lóuzara, Samos

San Xoán de Lóuzara é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2012 tiña 83 habitantes, deles 50 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 155 habitantes.

Santalla, Samos

San Xosé de Santalla é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 68 habitantes (34 homes e 34 mulleres), 3 menos ca no ano anterior.

Sarria

Sarria é unha vila galega da provincia de Lugo, capital da comarca de Sarria. Cos seus 13.345 habitantes (13.352 no 2006, 13.155 no 2005, 13.132 no 2004, 13.142 no 2003) segundo o INE é o quinto en poboación da provincia. O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) sarriao/sarriá.

Serra do Oribio

A serra do Oribio é unha das serras orientais de Galiza. Esténdense en dirección E-SO por terras dos concellos de Samos e Triacastela. Está limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo río Lóuzara A serra está conformada por pelitas. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria e na leste do Lóuzara.

Está incluída como espazo natural no denominado Ancares-Courel.

O punto de maior elevación é o pico Oribio, con 1.447 metros sobre o nivel do mar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.