Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

Coordenadas: 42°4′59″N 08°29′53″O / 42.08306, -8.49806

Salvaterra de Miño
Casa do Concello de Salvaterra de Miño
Casa do Concello.
Situacion Salvaterra de Miño
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Condado
Poboación9.691 hab. (2018)
Área62,5 km²
Densidade155,06 hab./km²
Entidades de poboación17 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaMarta Valcárcel Gómez (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Salvaterra de Miño
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes63,66%
Na rede
http://www.concellodesalvaterra.org
info@concellodesalvaterra.org

Xeografía

O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño. Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (á outra beira do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia de Caldelas de Tui (Tui).

Demografía

Censo total (habitantes) 9626 (2014)
Menores de 15 anos 1309 (13,6 %)
Entre 15 e 64 anos 6296 (65,41 %)
Maiores de 65 anos 2021 (20.99 %)

Historia

O 24 de maio de 991 o rei Vermudo II doou á igrexa de Santiago o señorío e val de Salvaterra, que herdara do seu pai Ordoño III. A fundación da vila de Salvaterra foi promovida en 1218 polo rei Afonso IX, para facilitar a viláns e pecheiros os medios de burlar os excesos dos señores feudais. Tralas guerras entre Tareixa de Portugal e Urraca de Castela a comezos do século XIII, Salvaterra pertenceu a Portugal até 1643, cando foi ocupada por tropas castelás no marco da Guerra de restauración portuguesa. O nome de Salvaterra aparece no século XIV cando se substituíu o topónimo da vila de Lazoiro.[5]

Segundo relata Vasco da Ponte, logo da Gran Guerra Irmandiña Pedro Madruga pasou a Portugal fuxindo do arcebispo de Compostela e do conde de Monterrei, asaltando a guarnición de Salvaterra.

En 1568 o señor de Salvaterra era Diego Sarmiento, que acudiu con cincocentos homes á defensa de Pontevedra contra as incursións do pirata Francis Drake, que xa desembarcara en Vigo.

Até 1916 recibía simplemente o nome de Salvaterra, pero nese ano pasou a ser chamado Salvaterra de Miño para distinguilo doutros concellos de España (Salvatierra/Agurain en Araba e Salvatierra de Esca en Zaragoza)[6].

Cultura

Patrimonio

Pazo de Dona Urraca

O castelo de Salvaterra, tamén coñecido como castelo de Dona Urraca, é unha fortaleza medieval situado ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9.700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.

O castelo de Salvaterra e o seu contorno histórico foi declarado en 1949 Ben de Interese Cultural.

Etnografía

Festas e celebracións

Salvaterra na literatura popular

  • Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña [8].

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Salvaterra de Miño
Pazo salvaterra

Castelo de Salvaterra, Pazo de Dona Urraca

Igrexa de san lourenzo

Igrexa de San Lourenzo

Murallas de salvaterra

Murallas de Salvaterra

Lugares de Salvaterra de Miño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salvaterra de Miño vexa: Lugares de Salvaterra de Miño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Salvaterra de Miño". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Navaza, Gonzalo (2016). Universidade da Coruña, eds. "A orixe literaria do nome da Coruña". Revista Galega de Filoloxía 17: 119–164. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873.
  6. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
  7. "SCDCondado.org". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2010.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia de Celanova; Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra.

Véxase tamén

Bibliografía

Alxén, Salvaterra de Miño

San Paio de Alxén é unha parroquia do concello de Salvaterra de Miño. Segundo o IGE en 2015 tiña 694 habitantes (338 mulleres e 356 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 753 habitantes. Pertence ó arciprestado de Entenza.

Arantei, Salvaterra de Miño

San Pedro de Arantei é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 439 habitantes (223 homes e 216 mulleres),distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 460 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 430 habitantes, sendo 215 homes e 215 mulleres.

Pertence ó arciprestado de Entenza.

No mes de xullo celébrase desde 1998 un festival folclórico con grupos internacionais na área recreativa do Manteiro.

Cabreira, Salvaterra de Miño

San Miguel de Cabreira é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 435 habitantes (236 mulleres e 199 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 478 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 442 habitantes, sendo 220 homes e 222 mulleres.

Castelo de Salvaterra

O Castelo de Salvaterra é un castelo medieval, tamén coñecido como Castelo de dona Urraca. Localízase na vila de Salvaterra de Miño, nunha atalaia ao pé do río Miño, fronte á vila portuguesa de Monção.

Comarca do Condado

A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. A cal pertencen a ela os concellos Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

Corzáns, Salvaterra de Miño

San Miguel de Corzáns é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño, na Comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 253 habitantes (135 homes e 118 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

Estación de Salvaterra

Salvaterra é unha estación de tren de Adif situada na vila do Castelo, no concello de Salvaterra de Miño, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Fiolledo, Salvaterra de Miño

San Paio de Fiolledo é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 263 habitantes (142 mulleres e 121 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 308 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 265 habitantes, sendo 129 homes e 136 mulleres.

Fornelos, Salvaterra de Miño

San Xoán de Fornelos é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 704 habitantes (353 mulleres e 351 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 740 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 745 habitantes, sendo 386 homes e 359 mulleres.

Leirado, Salvaterra de Miño

San Salvador de Leirado é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 649 habitantes (340 mulleres e 309 homes), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 739 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 620 habitantes, sendo 304 homes e 316 mulleres.

Lira, Salvaterra de Miño

San Simón de Lira é unha parroquia do concello de Salvaterra de Miño. En 2004 tiña 327 habitantes, distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 378 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 291 habitantes, sendo 147 homes e 144 mulleres.

Lourido, Salvaterra de Miño

Santo André de Lourido é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 118 habitantes (62 homes e 56 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 127 habitantes, sendo 56 homes e 71 mulleres.

Meder, Salvaterra de Miño

Santo Adrián de Meder é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 510 habitantes (263 homes e 247 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 557 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 480 habitantes, sendo 245 homes e 235 mulleres.

Oleiros, Salvaterra de Miño

Santa María de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 443 habitantes (246 homes e 197 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 485 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 432 habitantes, sendo 205 homes e 227 mulleres.

Porto, Salvaterra de Miño

San Paulo de Porto é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 219 habitantes (112 homes e 107 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 224 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 224 habitantes, sendo 115 homes e 109 mulleres.

Salvaterra, Salvaterra de Miño

San Lourenzo de Salvaterra é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.865 habitantes (933 homes e 932 mulleres), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.718 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 3.647 habitantes, sendo 1.871 homes e 1.776 mulleres.

Soutolobre, Salvaterra de Miño

Santa Comba de Soutolobre é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 109 habitantes (62 mulleres e 47 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 125 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación mantivérase nos 109 habitantes, sendo 55 homes e 54 mulleres.

Uma, Salvaterra de Miño

Santo André de Uma é unha parroquia que se localiza no extremo norte do concello de Salvaterra de Miño. Segundo o IGE en 2014 tiña 199 habitantes (86 homes e 113 mulleres), 52 menos ca en 2004 (127 mulleres e 124 homes) e 74 menos ca en 1999. Ten dez núcleos de poboación.

Vilacova, Salvaterra de Miño

San Xoán de Vilacova é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 138 habitantes (74 mulleres e 64 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 183 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 150 habitantes, sendo 69 homes e 81 mulleres.

É un exclave de Salvaterra de Miño, igual que a parroquia de Uma. Limita ao oeste e norte con Ponteareas e ao leste e sur coas Neves. Dista un quilómetro do concello.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.