Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultiva exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. É procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Salvador García-Bodaño
Salvador García-Bodaño (AELG)-2
Nacemento17 de xullo de 1935
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Oviedo
Ocupaciónpoeta
PaiSalvador García-Bodaño Fernández
CónxuxeXulia Rodríguez Blanco
XénerosPoesía, narrativa e ensaio

Traxectoria

Fillo de Salvador García-Bodaño Fernández, cando nin contaba un mes, os seus pais trasladáronse para Santiago de Compostela, cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de Carlos Maside e Ramón Piñeiro. Colaborou con La Noche e pertenceu ao Partido Socialista Galego do que foi Secretario de Información e Propaganda.[1]

Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en 1961 da Agrupación Cultural O Galo; formou parte do Consello da Mocedade. Participou nos Xogos Florais da Coruña de 1962, na celebración do primeiro Día das Letras Galegas (1963) e na homenaxe a Antonio Machado de 1964. En 1974 foi sancionado polo Tribunal de Orde Pública por un recital no Círculo Recreativo e Cultural de Perlío, Fene, no que se incluían uns poemas á Revolución dos Caraveis e a Pablo Neruda.[2] Colaborou na realización do proxecto da revista Teima (1976); na editorial Escola Aberta; no Museo do Pobo Galego (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do Pedrón de Ouro; no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, no novo Seminario de Estudos Galegos (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do Instituto Galego da Información (IGI); da Asociación de Traductores en Lingua Galega (ATLG); da Fundación Castelao; do PEN Clube de Galicia e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil

Ao pé de cada hora. Salvador García-Bodaño. Dombate
Ao pé de cada hora, 2ª ed, 1980.

A proposta de Antón Fraguas, Constantino García e Andrés Torres Queiruga, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 25 de novembro de 1992, pronunciando o discurso "Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá",[3] respondido por Carlos Casares. Foi vicesecretario desa institución durante dous períodos consecutivos, de 2001 a 2009.[2]

Mantén unha columna dominical en El Correo Gallego, titulada “No pasar dos días”.[4]

Obra

Poesía

Narrativa

Salvador García-Bodaño (AELG)-1
García-Bodaño en 2007.
  • O caleidoscopio (1992, Contos do Castromil, Ir Indo).
  • Os misterios de Monsieur D´Aillier (1992, Galaxia).
  • O Sinatra (2007, Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística).

Ensaio

Tradución

  • Eu son unha árbore, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea, Madrid).
  • Eu son unha fera, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea).
  • Eu son unha rocha, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea).
  • Haruchan, de Anna Gasol e M. Gasol (1988, Onda, Barcelona).
  • Viaxe por Galicia 1837, de George Borrow (1993, Edicións Xerais de Galicia).

Obras colectivas

  • Homenaxe a Fermín Penzol (1972, Galaxia).
  • Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (1972, Galaxia).
  • Ocho siglos de poesía gallega (1972, Alianza).
  • Chile en el corazón. Homenaxe a Pablo Neruda (1975, Península).
  • Homenaxe a Otero Pedrayo (1976, Galaxia).
  • Poesía gallega de postguerra (1976, Ediciós do Castro).
  • Homenaxe a Luís Seoane (1977, Cuco-Rei).
  • Galicia: realidade económica e conflicto social (1979, Banco del Noroeste).
  • Maside, un pintor para unha terra (1979, COAG Santiago).
  • Antoloxía de poesía galega. Dos posmodernistas aos novos (1980, Galaxia).
  • Coroa poética para Rosalía de Castro (1985, Xerais).
  • Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia (1991).
  • Homenaxe a Ramón Piñeiro (1991, Caixa Galicia).
  • Os contos da campaña (1992, Xunta de Galicia).
  • Rolda de amigos derredor de Francisco Fernández del Riego (1993).
  • Ultreia. Poetas e pintores galegos fronte á droga (1993).
  • 50 anos de poesía galega (1994, Penta).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Coroa poética para un mártir (1996, Xerais).
  • O entrelazo das palabras (1999).
  • Río de son e vento, de César Morán (1999, Xerais).
  • Manuel Luís Acuña (2000, Xerais).
  • Homenaxe a Xavier Pousa (2001, Fundación Xoán Piñeiro).
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia).
  • Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (2002, Fundación Premios da Crítica-Galicia).
  • O libro dos abanos (2002, Follas Novas).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
  • Antón Avilés de Taramancos: 1935-1992, unha fotobiografía (2003, Xerais).
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, CCG).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Edicións Xerais de Galicia).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
  • Son de poesia (2005, Edições Fluviais, Lisboa).
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
  • Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro).
  • Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006, Xerais).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
  • Tamén navegar (2011, Editorial Toxosoutos).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[10]

Premios

Notas

  1. Méndez Ferrín 1984.
  2. 2,0 2,1 Membros da Academia RAG.
  3. "Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá"
  4. "No pasar dos días" El Correo Gallego.
  5. Vista previa da 2ª ed (1980) en Google Books.
  6. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
  7. Con debuxos de Felipe Criado.
  8. 2ª edición en Biblioteca 114, 1991, El Correo Gallego.
  9. Compilación da súa obra publicada, que inclúe dous poemarios inéditos (Poemas de amor a Xulia e As palabras e os días).
  10. 150 Cantares para Rosalía de Castro
  11. "Salvador García-Bodaño, Premio Cultura Galega das Letras 2012" 19/11/2012, RAG.
  12. "A Corporación outorga a medalla de Ouro e o título de Fillo Adoptivo a…". El Correo Gallego. 26/12/2014.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

13 de abril

O 13 de abril é o 103º día do ano do calendario gregoriano e o 104º nos anos bisestos. Quedan 262 días para finalizar o ano.

20 de novembro

O 20 de novembro é o 324º día do ano no Calendario Gregoriano e o 325º nos anos bisestos. Quedan 41 días para rematar o ano.

Colección Dombate

A colección Dombate foi unha colección literaria de Editorial Galaxia, dedicada á edición de poesía en lingua galega.

Consello da Mocedade

O Consello da Mocedade foi unha agrupación política constituída a fins de 1963 por iniciativa do primeiro grupo da Unión do Pobo Galego que pretendía constituír un grupo galeguista á marxe do galeguismo cultural desenvolvido por Ramón Piñeiro. Nesta agrupación integrouse a maior parte do grupo Brais Pinto e a UPG (Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Reimundo Patiño, Xosé Alexandre Cribeiro) pero tamén outro grupo vencellado ao propio galeguismo cultural como Arcadio López Casanova, Salvador García-Bodaño, Xosé Luís Rodríguez Pardo. O seu secretario xeral era Antón Moreda, en total agrupaba unhas 50 persoas. A tensión entre os dous grupos constituíntes e a súa diferente visión, un propugnando a homolagación cos países democráticos da Europa Occidental e outro moi influído pola descolonización dos países do terceiro mundo, levou á inoperatividade da organización, finalmente o grupo afín a Ramón Piñeiro que era maioritario celebrou unha xuntanza a comezos de 1964 e decidiu expulsar ao sector minoritario que incluía ao secretario xeral, este grupo pouco despois refundou a UPG mentres o Consello da Mocedade deixou de actuar.

Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño

Para o artigo sobre as irmás Fandiño, véxase As dúas Marías.

Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño é o título dun documental realizado por Henrique Rivadulla Corcón sobre a historia das dúas Marías. Foi producido por Ficción Producciones, e estreada o once de abril do 2008 no Teatro Principal de Santiago.

No documental, unha serie de veciños de Compostela relatan a súa relación coas finadas irmás coma Encarna Otero, César Lombera (o veciño que insistiu durante nove anos para que se instalara unha escultura conmemorativa), Salvador García Bodaño, Bernardino Graña ou o historiador Dionisio Pereira. A narración corre a cargo de Farruco.

David Fernández Diéguez

David Fernández Diéguez, nado na Coruña o 11 de outubro de 1875 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1936, foi un matemático galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Salvador García-Bodaño (homónimos)

O nome Salvador García-Bodaño pode referirse a:

Salvador García-Bodaño Fernández (Negreira 1896 - Santiago de Compostela 1955), escritor, pai do seguinte e avó do último.

Salvador García-Bodaño Zunzunegui (Vigo 1935), escritor, fillo do anterior e pai do seguinte.

Salvador García-Bodaño Pereira ("Radu"), escultor, fillo do anterior e neto do primeiro.

Salvador García-Bodaño Fernández

Non confundir con Salvador García-Bodaño Zunzunegui (fillo).Salvador García-Bodaño Fernández, nado en Negreira o 13 de abril de 1896 e finado en Santiago de Compostela o 20 de novembro de 1955, foi un procurador, xornalista, escritor e agrarista galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.