Salvador Cabeza de León

Salvador Cabeza de León, nado en Betanzos o 4 de febreiro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1934, foi un destacado galeguista, profesor e político galego.

Salvador Cabeza de León
Excmo. Sr. D. Salvador Cabeza de León
Nacemento4 de febreiro de 1864
 Betanzos
Falecemento20 de maio de 1934
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado, político, xurista e Cátedra universitaria

Traxectoria

Membro da Xuventude Católica, foi un convencido carlista. Licenciouse en Dereito na USC en 1884. Amigo de Alfredo Brañas, do que foi profesor auxiliar, ata obter a súa propia cátedra de Dereito Internacional en 1903. Tras a dimisión presentada por Francisco Piñeiro Pérez, foi elixido provisionalmente alcalde de Compostela o día 30 de novembro de 1910, ata a súa toma de posesión efectiva no 20 de febreiro de 1911, despois de que Piñeiro reconfirmara a súa renuncia días antes. Permanecería no cargo ata o 1º de xaneiro de 1914[1]. Tamén foi decano da Facultade de Dereito.

En novembro de 1890 participou na constitución da Asociación Regionalista Gallega que presidiu Manuel Murguía. En 1917 deu o discurso de apertura do curso universitario 1917-1918 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "Notas sobre la disciplina escolar en la Universidad de Santiago durante los siglos XVI, XVII y XVIII". Foi socio fundador da Real Academia Galega. En 1919 integrouse na Irmandade da Fala de Compostela. O 21 de xuño de 1920 foi elixido vogal do Comité Compostelán da Asociación Española para o Progreso das Ciencias[2]. En 1921 fundou con outras personalidades a agrupación folclórica compostelá Cantigas e Agarimos, da que foi elixido o seu primeiro presidente[3]. En 1925 pasou a ocupar a presidencia do Seminario de Estudos Galegos, que non abandonou ata a súa morte. En 1927 escribiu o limiar de Estampas Compostelanas, a primeira publicación bibliográfica de Ksado, quen na edición de 1948 substituiuna por outra de Valentín Paz-Andrade.

Morreu en 1934, a punto de xubilarse.

Vida persoal

Casou o 25 de xaneiro de 1886 en Santiago con María Anido Anido[4], coa que tivo tres fillos: María, Miguel e Salvador Cabeza Anido[5].

Predecesor:
Francisco Piñeiro Pérez
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1910 - 1914
Sucesor:
Luís Blanco Rivero

Notas

  1. El Eco de Santiago, 2-1-1914, p. 1.
  2. El Compostelano, 22-6-1920. A presidencia ocupouna Lino Torre Sánchez-Somoza, sendo vogais, aparte do propio Cabeza, Máximo de la Riva García, Marcelino Blanco de la Peña e Eugenio Labarta, sendo secretarios Ruperto Lobo Gómez e Antonio García Varela.
  3. Páxina de Cantigas e Agarimos.
  4. Gaceta de Galicia, 26-1-1886.
  5. El Compostelano, 19-1-1934.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

20 de maio

O 20 de maio é o 140º día do ano do calendario gregoriano e o 141º nos anos bisestos. Quedan (225) días para finalizar o ano.

4 de febreiro

O 4 de febreiro é o 35º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 330 días para finalizar o ano, 331 nos anos bisestos.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Asociación Regionalista Gallega

A Asociación Regionalista Gallega, foi unha organización política rexionalista galega activa entre 1890 e 1892.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Enrique Labarta Pose

Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego en lingua castelá e lingua galega. Fundou e dirixiu xornais e revistas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada. O profesor Ricardo Carballo Calero encadrouno entre Os epígonos, xunto con Manuel Lugrís Freire, Salvador Cabeza de León e Juan Armada Losada, entre outros. Foi coñecido polo sobrenome de Quevedo galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Seminario de Estudos Galegos

O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución creada en 1923 polo galeguismo para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores.

Xesús Carro

Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884 e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1973, foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.