Salvación

A salvación é un concepto relixioso que implica a obtención da gloria e da benaventuranza eternas. En teoloxía o seu estudo coñécese como soterioloxía. Para o cristianismo, a salvación é un dos conceptos espirituais máis importantes, entendida como a liberación da escravitude do pecado e da condenación, o que resulta na vida eterna con Deus no Reino de Deus.

Albrecht Altdorfer 016
Segundo a doutrina cristiá, Cristo morreu pola salvación dos homes.
Andrés Torres Queiruga

Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño, Ribeira, o 28 de maio de 1940, é un teólogo e escritor galego.

Anno Domini

Anno Domini (en latín, no ano do Señor), abreviado A.D., é un indicador de calendario que indica que a cifra antecedente está contada a partir do ano cristián do nacemento de Xesucristo, considerado o inicio da era cristiá.

No galego contemporáneo emprégase con máis frecuencia o equivalente «despois de Cristo» (do grego Χριστός [jristós, o Unxido], referido a Xesús) abreviado d.C. para numerar os anos da era cristiá. Así, 1492 A.D. e 1492 d.C. representan ambos o ano en que Colón chegou a América.

Esta designación úsase para numerar os anos no calendario xuliano e no calendario gregoriano. A formulación latina orixinal Anno Domini Nostri Iesu Christi foi simplificada posteriormente como Anno Domini no 525 por Dionisio o Exiguo na súa Táboa de Pascuas, e foi adoptada na Europa occidental durante o século VIII e en Oriente no século XVI.

Comité Revoluzonareo Arredista Galego

O Comité Revoluzonareo Arredista Galego (C.R.A.G.) foi unha agrupación política soberanista galega fundada na Habana por Fuco Gómez en 1921. Estaba artellada do mesmo xeito que as sociedades secretas nacionalistas irlandesas ou catalás do momento. Perseguía a caída da monarquía, da ditadura de Primo de Rivera e a independencia de Galicia. Mantiña unha liña ideolóxica parella á Sociedade Nazonalista Pondal de Buenos Aires. O seu carácter de organización secreta e clandestina dificulta o acceso aos historiadores aos seus textos. A intención era artellar e coordenar o movemento arredista galego desde Cuba pero con grupos activos en Galicia.

O 25 de xullo do 1922, o C.R.A.G. fixo a declaración Independenza ou morte.

En outubro de 1933, o Comité Revoluzonario Arredista Galego publica na Coruña o panfleto “A independencia absoluta, única salvación de Galicia”, manifesto que denuncia a dependencia económica de Galiza baixo o réxime republicano español. Esta publicación foi requisada por orde gobernativa por promover a instauración o 17 de Nadal dese mesmo ano a República Galega en todas as cidades do país, coincidindo co aniversario do asasinato de Pardo de Cela, colocando a bandeira arredista nas casas consistoriais. E ao ser Fuco Gómez o seu autor ten que fuxir a Portugal.

Concilio Vaticano Segundo

O Concilio Vaticano Segundo ou Segundo Concilio Ecuménico do Vaticano foi un Concilio ecuménico da Igrexa católica, comezado baixo o papado de Xoán XXIII (1962) e finalizado con Paulo VI en 1965.

Cristianismo evanxélico

O evanxelicalismo, evanxelismo, cristianismo evanxélico ou protestantismo evanxélico é un movemento transdenominacional dentro do cristianismo protestante que argúe que a esencia do Evanxeo consiste na doutrina da salvación por graza a través da fe na expiación de Xesús de Nazaret. Os evanxélicos cren na centralidade da conversión ou na experiencia de «nacer de novo» cando se recibe a salvación, na autoridade da Biblia como a revelación de Deus á humanidade e na difusión da mensaxe cristiá. Hai 600 millóns de fieis en todo o mundo.[Cómpre referencia][cando?]

Death metal melódico

O death metal melódico é un estilo que presenta características inspiradas na New Wave of British Heavy Metal, en particular os rápidos riffs e liñas harmónicas de guitarra, pero incorporando os elementos máis habituais do death metal como a distorsión de guitarras, rápidos padróns rítmicos de batería e en ocasións ritmos blast beat. O estilo vocal deste xénero combina as voces limpas, os gritos e as voces guturais.Gran parte da súa orixe e popularidade atribúese a grupos como At the Gates, In Flames e Dark Tranquillity, que definiron o xénero a comezos dos anos 1990 sentando as bases da escena musical do metal de Gotemburgo, escena a que o escritor Garry Sharpe-Young denominou "a salvación comercial do death metal". Outro dos pioneiros foi o grupo británico Carcass, clasificado dentro do grindcore nos seus primeiros discos pero que evolucionou ata este estilo nos álbums Necroticism – Descanting the Insalubrious de 1991 e Heartwork de 1993. Outros exemplos de grupos incluídos neste xénero son Amon Amarth, Soilwork e Arch Enemy.

Eneas

Eneas foi un heroe descendente da raza de Dárdano, fillo do príncipe Anquises e Afrodita. Figura importante da literatura grega e da romana, na Ilíada, xunto cos fillos de Antenor, dirixente do continxente dárdano que axuda os troianos na súa defensa dos aqueos; é o mellor guerreiro despois de Héitor, e, sobre todo, é un favorito dos deuses, que o salvan en situacións de perigo. Na súa salvación por Poseidón predise que Eneas e os seus descendentes dominarán un día sobre os troianos.

Eneas foi criado por uns pastores na montaña ata que, cumpridos os cinco anos, o seu pai Anquises o levou á cidade a casa do seu cuñado Alcátoo para que este o educase. Co tempo converteuse no máis valoroso dos heroes troianos, despois de Héitor. Nos combates que tiveron lugar durante a Guerra de Troia, viuse auxiliado e favorecido en varias ocasións por algúns deuses, segundo conta a narración de Homero, que remata de relata-las súas fazañas cando dá fin a devandita guerra. Aventuras e sucesos posteriores son creación do poeta romano Virxilio (poeta oficial de Augusto) no seu poema A Eneida.

Casou con Creúsa, coa cal tivo un fillo, Ascanio, Iulo ou Iulus. Creúsa morreu coa destrución de Troia. Porén, Venus dixo ó seu fillo que fuxise da cidade, que non morrese como un bo troiano, pois Troia xa non existía e para el reservárase outro futuro. Eneas marchou cun grupo de troianos a Macedonia, de alí a Sicilia (en ambos os sitios xurdiron aventuras) ata chegar a Laurentio na costa do Lacio, na península Itálica. Despois remontou o río Álbula (que máis tarde sería chamado Tíber) e chegou ata un poboado chamado Palanteo que estaba emprazado no lugar que co tempo sería coñecido como o Palatino, e na actualidade como Lacio. A rexión era gobernada por Latino, o rei dos latinos. Eneas fixo unha alianza con este rei e ademais casou con Lavinia, a súa filla; na súa honra fundou a cidade de Lavinio. Eneas e Lavinia tiveron un fillo ó que chamaron Silvio, de ningunha importancia histórica.

Turno era rei dos rútulos e fora pretendente de Lavinia. Ofendido, declarou a guerra a Eneas e Latino. Turno foi derrotado e por iso procurou a alianza do rei dos etruscos chamado Mecencio, o cal non vía con bos ollos o crecente poder do pobo latino. Na versión de Virxilio, Eneas mata a Turno e con este episodio remata a narración. Engadidos e versións posteriores contan que no primeiro combate morreu Eneas, que foi soterrado na ribeira do río Númico e en adiante recibiu culto so o nome de Xúpiter Indiges

Espírito Santo

O Espírito Santo é, para a maioría de confesións cristiás, a terceira persoa da Santa Trindade. Verdade fundamental do cristianismo, contido dun dogma apuntado xa no Concilio de Nicea e definido definitivamente polo primeiro concilio de Constantinopla. Recóllese, xa que logo, no chamado símbolo niceno-constantinopolitano ou Credo. Os cristiáns que non aceptan esta doutrina chámanse non trinitarios.

Segundo esta doutrina Deus, na súa Unidade, é Amor e, xa que logo, Comuñón interpersoal. A expresión difusiva e gratuíta dese Amor é o Espírito, que fai experimentar ao crente a entraña da divindade. O Home, en canto criatura feita a imaxe e semellanza de Deus, arela unha comuñón plena cos seus irmáns e con Deus no Espírito. O cumprimento desa arela é a Salvación.

Graza

No cristianismo, o Amor de Deus por todos e cada un dos homes na súa dimensión de don gratuíto outorgado sen merecemento nin boas obras. É ese amor manifestado na vida, morte e resurrección de Xesús de Nazaret o que, segundo a opinión da maior parte das confesións cristiás, trae á humanidade á salvación, reconciliándoa con Deus Pai.

Inferno

O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal. A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'.

Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.

Ao longo da historia houbo moitas interpretacións sobre o inferno. Destaca a obra cumio de Dante Alighieri, a Divina Comedia.

O xardín das delicias de Hieronymus Bosch adopta unha representación tríptica do dualismo entre a harmonía do ben e a anarquía, desorde e caos do mal.

Luteranismo

O luteranismo é o movemento relixioso cristián que comezou coas ensinanzas teolóxicas de Martiño Lutero no século XVI que serviron de base á Reforma protestante que conduciu á súa separación da igrexa católica e a formación do protestantismo. A certeza bíblica que tivo de que Deus non xulga as persoas polas súas obras, boas ou malas, senón máis ben a causa da súa fe, proporciona a Lutero a raiz fundamental do seu pensamento. Así, o luteranismo inspírase en tres principios angulares: a xustificación pola fe, o sacerdocio universal e a autoridade da Biblia.

O ataque comezado por Lutero baséase no concepto de xustificación pola fe, que negaba toda teoría romana sobre os méritos da salvación e a mediación dos santos. Denunciou tamén as que consideraba falsas seguridades de salvación ofrecidas por Roma a través da venda de indulxencias e a obtención dos perdóns.

O luteranismo rexeita a primacía e autoridade romana do papado. Nega a tradición dogmática e a existencia do purgatorio. O movemento protestante iniciado por Lutero afirma o valor único das Escrituras, e a supremacía da fe en Xesucristo. Lutero desenvolve a doutrina do Sacerdocio Universal, onde afirma que as Escrituras son intelixibles para tódolos crentes e que cada un, libremente, pode examinalas. Lutero busca transformar a cada crente no seu propio sacerdote.

A data simbólica da reforma foi o 31 de outubro de 1517 e para 1555 o luteranismo estaba firmemente asentado no norte, centro e leste de Alemaña, en Escandinavia, Letonia, Bohemia e Transilvania e a contrarreforma católica impediu que se establecera ou expulsou o luteranismo de gran parte do leste e o sur de Europa.

No século XVII en paralelo no luteranismo apareceron dúas tendencias contrapostas, o sincretismo que se circunscribía á teoloxía e que avogaba por unha concordia entre as igrexas, distinguindo entre verdades fundamentais que eran patrimonio de todas as confesións e secundarias, a outra tendencia foi o pietismo que avogaba por un reavivamento da relixiosidade popular combinando a énfase luterana na doutrina bíblica coa énfase puritana na piedade individual e unha vida cristiá vigorosa.

Na actualidade hai setenta millóns de fieis membros de igrexas luteranas que se agrupan en tres asociacións de igrexas luteranas, a Federación Luterana Internacional (66 millóns de fieis), o Consello Luterano Internacional e a Conferencia Evanxélica de Confesión Luterana, asemade catrocentos millóns de protestantes teñen a súa orixe na doutrina de Lutero.

Metodismo

O metodismo ou movemento metodista é o nome que se dá habitualmente a un grupo numeroso e diverso de denominacións cristiás do cristianismo. Historicamente, o metodismo orixinouse na Gran Bretaña do século XVIII e grazas á vigorosa actividade misioneira que foi despregada, estendeuse axiña polos dominios do Imperio británico, os Estados Unidos e máis aló. Orixinalmente convocou especialmente a traballadores, granxeiros pobres e escravos. A súa teoloxía é claramente arminiana cunha énfase no feito de que a salvación é para todo aquel que a acepte. A súa liturxia é moi sinxela e clasifícase, segundo a tradición anglicana, como propia da Igrexa baixa. Calcúlanse 80 millóns de membros a redor de todo o mundo.

Mosteiro

Mosteiro, palabra que procede do grego monos (só), designa un grupo de construcións de residencia e práctica relixiosa de monxes ou monxas.

Motín junker

O Motín junker foi un levantamento errado de certos cadetes (junker) de Petrogrado o 29 de outubroxul./ 11 de novembro de 1917greg. contra o novo Goberno bolxevique (Consello de Comisarios do Pobo) xurdido do Segundo Congreso Nacional dos Soviets.

O alzamento foi preparado polo comité central do Partido Social-Revolucionario (PSR) e apoiado polo Comité para a Salvación da Patria. Debilitadas as forzas bolxeviques polo ataque de Kerenskii contra Petrogrado, que obrigou aos bolxeviques a enviar ás súas mellores unidades ao sur da cidade, os confabulados conseguiron tomar nun primeiro momento o control de certos puntos estratéxicos. Incapaces de lograr o apoio dos rexementos cosacos da capital, quedaron pronto sitiados en diversos edificios que as forzas leais ao Goberno bolxeviques acabaron por tomar.

Xaxún

Xaxún, ou xexún, é a abstinencia dalgunha ou de todas as comidas, e nalgún caso tamén da bebida, durante un período de tempo. O xexún tamén pode implicar a abstinencia de determinados tipos de alimentos, como a carne, e mesmo incluír a abstinencia sexual temporal. O xaxún pode realizarse por razóns relixiosas, médicas ou como forma de protesta (folga de fame).

O xaxún cristián ten a súa orixe na Biblia, practícano os católicos, os anglicanos, os ortodoxos e algunhas denominacións protestantes norteamericanas como a Igrexa Metodista Unida. As igrexas reformadas europeas critican o xaxún como algo puramente externo, sen relación coa salvación do individuo.

Os xudeus practican o xaxún durante sete días do seu calendario.

O xaxún tamén forma parte integral do hinduísmo aínda que está baseado en costumes locais ou crenzas persoais.

Os musulmáns practican o xaxún durante o mes de Ramadán, coa prohibición de comer, beber e ter practicas sexuais polo día.

Xoán Paulo II, papa

Xoán Paulo II, nado co nome de Karol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) en Wadowice o 18 de maio de 1920, e finado na Cidade do Vaticano o 2 de abril de 2005, foi o papa número 264 da Igrexa católica. De orixe polaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dende Hadrián VI, finado en 1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo na historia da Igrexa católica, despois do de San Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o de Pío IX (31 anos).

Foi considerado, segundo a revista Time, un dos líderes máis influentes do século XX, e considérase que axudou á fin dos réximes comunistas en Polonia e no resto de Europa. No seu pontificado melloraron significativamente as relacións da Igrexa católica co xudaísmo, co islam, coa Igrexa ortodoxa e coa Comuñón Anglicana. Algúns sectores criticárono por manter a postura contraria da Igrexa ante a anticoncepción e a ordenación de mulleres, mentres que tamén foi criticado polo seu apoio ao Concilio Vaticano Segundo e ás súas reformas; porén, tamén foi gabado pola súa postura firme e ortodoxa en canto á doutrina católica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.