Salsa (gastronomía)

En gastronomía denomínase salsa, mollo ou prebe a unha mestura líquida de ingredientes que teñen por obxecto acompañar un prato. A consistencia líquida (ou semilíquida) dunha salsa pode cubrir unha ampla gama que pode ir dende o puré á máis líquida dun caldo. A salsa enténdese coma un engadido líquido para os alimentos. O obxectivo da salsa é acompañar a outras comidas mellorando ou potenciando o sabor, facendo un contraste ou complementándoo, é por este motivo que adoitan ofrecer ao padal sensacións relativamente marcadas, con aromas que estimulan os sentidos do propio padal. Poden estar tinguidas de cores diversas que afectan á aparencia visual dun prato.

En Galiza, o emprego de salsas é común nos asadoiros e grellas. Non obstante, fóra destes non existe a variedade nin o interese pola salsa no mesmo grao que adoita acontecer no resto de países hispanos.

Lunch sauces
Salsas diversas
Ensalada

A ensalada é a denominación xenérica dun conxunto de pratos fríos baseados nos vexetais fríos, pero admite combinacións, preparacións, presentacións e temperaturas moi diversas. Malia non ser un prato tradicional galego, si no mediterráneo, hoxe en día é frecuente. A máis común en Galicia combina leituga e tomate (con cebola se se gusta dela) aderezados principalmente con sal, aceite e vinagre (que pode ser substituído por limón). Adoita ser tomada como entrante ou como gornición do prato principal. Tamén pode constituír por si mesma o prato principal.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.