Salomón

Salomón foi, segundo a Biblia, rei de Israel e fillo de David máis Betsabé.

Ó seu reinado atribúese a construción do primeiro Templo de Xerusalén, o chamado Templo de Salomón, no seu Sancta Sanctorum, gardábase a Arca da Alianza, que contiña as táboas da Lei, revelada por Deus a Moisés no monte Sinaí, o caxato de Moisés e a cobra de bronce coa que Moisés acabou coa praga que asolou o campamento xudeu durante o seu trasego polo deserto do Sinaí.

Considerado na Biblia como un rei sabio, a el se lle atribúen os libros chamados sapienciais.

Predecesor:
David
SALOMÓN
Rei de Israel
—Reino unificado de Xudá e Israel—

965-928 a.E.C.
Sucesor:
Roboam (rei de Xudá)
Ieroboam (rei de Israel).
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Salomón
Berruguete, Pedro - Salomon - c. 1500
Nacemento1011 a. C.
 Xerusalén
Falecemento931 a. C.
 Xerusalén
SoterradoXerusalén
NacionalidadeReino de Israel e Judá
RelixiónXudaísmo
Ocupaciónescritor
PaiDavid
NaiBetsabé
CónxuxeNaamah, a Pharaoh's daughter e valor descoñecido
IrmánsNatã, Adonías, Amnón e Abimeleque
Obradoiro Salomón 02-01
O rei Salomón, ante a fachada do Obradoiro.
.sb

.sb é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para as Illas Salomón.

2013

2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano

Alfabeto hebreo

O abxad hebreo, algunhas veces denominado mediante a súa forma hebrea alef-bet (אָלֶף-בֵּית), é a serie formada polas consoantes hebreas. Está composto por 22 caracteres, dos cales cinco teñen unha grafía distinta ao final das palabras. Utilízase para escribir o idioma hebreo, o iídix e, en menor medida, o xudeu-español.

O alef-bet é propia e orixinalmente un abxad, é dicir, só contén caracteres consonánticos. A puntuación diacrítica dos masoretas utilízase unicamente como unha axuda na aprendizaxe do idioma, xa que orixinalmente o idioma hebreo -—xa sexa o moderno ou antigo— non a utiliza, é o lector quen a prové. O hebreo arcaico empregouse desde a súa creación até os patriarcas. O hebreo antigo aparece na época dos Reies (Saúl, David, Salomón etc.), e o hebreo cadrado ou moderno aparece por primeira vez no século III a. C.

David

David (en hebreo: דָּוִד Dāwîḏ; en árabe: داوُد Dāwūd; en siríaco: ܕܘܝܕ Dawid; en grego antigo: Δαυίδ; en latín: Davidus, David) foi, segundo os Libros de Samuel, o segundo rei do Reino de Israel (século X a.C.), e de acordo co Novo Testamento, devanceiro de Xesús. A súa vida é datada de forma convencional entre c. -1040 e o -970, e o seu reinado sobre Xudá c. -1010 e o –970.Os Libros de Samuel, 1 Reis e 1 Crónicas son as únicas fontes de información sobre David do Antigo Testamento, malia que a Estela de Tel Dan (datada do c. -850 ou -835) contén a frase בית דוד (bytdwd), que se le como "Casa de David", polo que moitos estudosos confirman que pode ter existido unha dinastía real xudía do século -IX chamada Casa de David.Descrito como un valoroso guerreiro de gran renome, está considerado ademais un poeta e músico que compuxo moitos dos salmos contidos no Libro de Salmos. O Rei David está amplamente considerado como un rei xusto e eficaz tanto no goberno como na batalla.

Segundo o cristianismo, David é unha salientada figura por pertencer o seu mesías Xesús de Nazaret á Casa de David. No islam, David é considerado un profeta.

Guadalcanal, Illas Salomón

Para a vila española, véxase GuadalcanalGuadalcanal (Oceanía), illa situada no suroeste do océano Pacífico. É a maior das illas Salomón. A súa extensión é de 5.336 km²;. A poboación é de 109.382 habitantes aproximadamente. A cidade máis importante é Honiara. No século XVI foi unha das illas do Pacífico polas que pasou a expedición de Álvaro de Mendaña.

Honiara

Honiara, cidade situada na illa de Guadalcanal e capital das Illas Salomón. En 1986, Honiara contaba cunha poboación de 50.100 habitantes, e para o 2009 tiña unha estimación de poboación de 66.824 habitantes, sendo a cidade máis poboada do país.Situada en Guadalcanal, a cidade foi reconstruída para albergar a capital do arquipélago, en substitución da antiga capital, Tulaghi, tras o fin da Segunda Guerra Mundial.

A cidade ten aeroporto e porto para a exportación de coco, madeira e ouro. Tamén se atopan os principais organismos administrativos do país e o Museo Nacional.

Illas Salomón

As Illas Salomón (inglés: Solomon Islands) son un país de Oceanía que forma parte da Mancomunidade Británica de Nacións. O seu territorio está formado por máis de 990 illas pertencentes á Melanesia, situadas ao leste de Papúa Nova Guinea.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Mar de Bismarck

O Mar de Bismarck (alemán: Bismarcksee) atópase no suroeste do Océano Pacífico dentro da nación de Papúa Nova Guinea. Atópase ao nordés da illa de Nova Guinea e ao sur do Arquipélago de Bismarck e ás Illas do Almirantado. Ten costas nos distritos da Rexión das Illas, Rexión de Momase e Rexión de Papúa.

Mar de Salomón

O mar de Salomón é un mar aberto localizado no suroeste do océano Pacífico, delimitado pola costa suroriental da illa de Nova Guinea, ao oeste; polas illas do arquipélago de Bismarck, ao norte; polas Illas Salomón, das que recibe o seu nome, ao leste; e polo arquipélago das Luisiadas, na prolongación da punta do sueste de Nova Guinea, ao sur, por onde se abre ao mar de Coral. Comunica ao noroeste e ao norte, a ambos os dous lados da illa de Nova Bretaña, co mar de Bismarck.

Comprende unha superficie próxima ao 720.000 km². Trátase dun mar profundo, destacando a fosa de Nova Bretaña no norte, cunha profundidade máxima de 9.140 metros, a depresión das Salomón no centro e a fosa de San Cristóbal no sueste.

A principal cidade que bañan as súas augas é a cidade de Honiara, capital das Illas Salomón, situada na illa de Guadalcanal.

Nas súas augas disputáronse numerosas batallas da guerra do Pacífico pertencentes á Segunda Guerra Mundial.

Melanesia

Nome co que se coñece a unha parte de Oceanía. Melanesia (procedente do grego μέλας melas (negro), e νῆσος nesos (illa)) é unha rexión que se estende desde Papúa Nova Guinea no ecuador ata Nova Caledonia no trópico, comprende os arquipélagos de Bismarck, Salomón, Novas Hébridas e Fidxi. Habitan a rexión máis de 2 millóns de persoas.

Moeda

Unha moeda é un ben económico que ten tres funcións: é un instrumento de unidade de conta, é un instrumento de troco e é un instrumento de reserva de valor. A moeda particular dun país denomínase divisa.

Oceanía

Oceanía ( pronunciación ) é un continente da Terra, situado no océano Pacífico, constituído por Australia, as grandes illas de Papúa-Nova Guinea e Nova Zelandia, así como por unha cantidade enorme de illas máis pequenas, normalmente coralinas e volcánicas, distribuídas polo océano Pacífico.

Limita ó oeste con Asia (Xapón, Filipinas, Indonesia) e ó leste con América. Ó norte co océano Glaciar Ártico e ó sur coa Antártida.

Océano Pacífico

O océano Pacífico é a maior masa marítima do globo, situada entre América, ao leste, Asia e Australia, ao oeste, e a Antártida, ao sur. Con 180 millóns de km², o Pacífico cobre case un terzo da superficie do planeta e corresponde a case a metade da superficie e do volume do océano. Ten 707,5 km de fosas, e o 87,8% da súa área presenta profundidades superiores a 3.000 m; é o océano con maior profundidade media (-4.282 m) e onde se localizan as maiores fosas submarinas (foxa das Marianas, con -10,912 m).

Polinesia

A Polinesia -do grego moitas (πολυ, poli) illas (νησα, nisa)- é un conxunto de illas que fican no leste e sur do océano Pacífico. Son basicamente as illas Cook, a illa de Pascua, Pitcairn, Samoa, Tahití, Tuvalu e Hawaii.

Tradicionalmente a Polinesia forma un triángulo, con esquinas en Hawaii, Nova Zelandia e a illa de Pascua. As illas Samoa, Tonga e a Polinesia francesa constitúen os outros principais grupos de illas. As Kiribati, nas que a xente é cualificada de micronesios, esténdense igualmente ata a Polinesia (illas da Liña).

Os Polinesianos falan linguas austronesias, coñecidas coma linguas malaio-polinesias. Culturalmente, a Polinesia divídese en dúas partes distintas: a Polinesia do leste e a Polinesia do oeste.

Sarras (Santo Graal)

Sarras é o nome polo que se coñece á illa mística á cal é levado o Santo Graal segundo as lendas artúricas.

No ciclo de Lancelot-Graal, Sarras é visitada por Xosé de Arimatea e o seu séquito de camiño a Inglaterra. Na illa, o fillo de Xosé é investido bispo e Cristo amósalle os misterios do Graal. Cando os cabaleiros da Táboa Redonda, Galaaz, Perceval e Bors atopan o Graal en Corbenic, encárganse de levalo de regreso a Sarras a bordo do barco do rei Salomón. Galaaz e Perceval morren na illa e Bors regresa a Camelot para narrar a aventura.

Segundo o que se conta en Lancelot-Graal, Sarras estaría localizada preto de Exipto e é considerada a orixe do nome "sarraceno" para describir os musulmáns.

Templo de Xerusalén

O Templo de Xerusalén (en hebreo: בֵּית־הַמִּקְדָּשׁ‎) foi un santuario do pobo de Israel, situado na chaira do Monte do Templo, na cidade de Xerusalén, onde se sitúan na actualidade as mesquitas da Rocha e de Al-Aqsa.

Vanuatu

A República de Vanuatu é un país localizado no Océano Pacífico Sur. O arquipélago está localizado a uns 1.750 km ao leste de Australia, 500 km ao nordés de Nova Caledonia, ao oeste de Fidxi e ao sur das Illas Salomón. O seu nome colonial era Novas Hébridas; este nome só é usado para referencias históricas.

Xerusalén

Xerusalén (hebreo: ירושלים, Yerushaláyim; árabe: القدس, al-Quds; grego: Ιεροσόλυμα, Ierossólyma), é a capital de Israel e a súa cidade máis grande e poboada. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicas — xudaísmo, cristianismo e islamismo.

Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións. A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo. A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá. En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX. A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo. Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos.O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional, e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.