Salitre

O salitre[1] ou nitro[2] é unha mestura de nitrato de sodio (NaNO3) e nitrato de potasio (KNO3).

Vista de Humberstone
Oficina salitreira en Chile

Localización e características

Atópase naturalmente en grandes extensións de Sudamérica, principalmente na rexión norte de Chile, con espesuras de até 3,6 metros. Aparece asociado a depósitos de xeso, cloruro sódico (NaCl), outros sales e area. Emprégase polo xeral na fabricación de ácidos (nítrico, sulfúrico) e nitrato de potasio; ademais é un axente oxidante e é usado en agricultura como fertilizante nitroxenado que pode substituír a urea polo seu alto contido en nitróxeno.

Outros usos son a fabricación de dinamita, explosivos, pirotecnia, medicina, fabricación de vidros, mistos, gases, sales de sodio, pigmentos, como conservante de alimentos, esmalte para fins artesanais etcétera.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salitre.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nitro.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Anchoa

Este artigo fai referencia á semicosnserva de Bucareu. Para o xénero homónimo, ver Anchoa (xénero)Anchoa é o nome que recibe o bocarte ou bucareu semiconservado en salmoira.

Calcaria

A calcaria (do latín calx, calcis , "cal") é unha rocha sedimentaria composta principalmente por carbonato cálcico (CaCO3), adoitando presentarse en forma de calcita, aínda que pode ser dolomita, aragonita. A súa natureza intrínseca xeralmente é heteroxénea, polo que este tipo de rocha contén a miúdo cantidades variables de silicio, así como de hematita, siderita, arxila, limo ou area.

Engativá

Engativá é unha área da cidade de Bogotá, oficialmente denominada localidade, en Colombia.

Engativá foi un antigo concello do departamento de Cundinamarca. As súas orixes remontan á época precolombiana. O seu nome en chibcha significa cacique de Inga. Hoxe forma parte do distrito capital de Bogotá e atópase ao oeste da cidade, ao pé dos ríos Salitre e Bogotá.

En Engativá atópase o aeroporto El Dorado.

Explosión da polvoreira de Delft

A explosión da polvoreira de Delft (en neerlandés: Delftse donderslag, traducido ao galego como "o estrondo de Delft "), foi un desastre que ocorreu o 12 de outubro de 1654, na cidade de Delft, na Holanda Meridional, naquel momento pertencente ás Provincias Unidas e actualmente aos Países Baixos.

Ás 10:15 horas da mañá daquel día, produciuse a explosión dun almacén que gardaba 90 toneladas de pólvora feita á base de salitre (nitrato), situado no nordeste do centro de Delft.

Fritz Haber

Fritz Haber, nado en Breslau, Wrocław, (Polonia), antes Alemaña, 9 de decembro de 1868 e finado en Basilea, Suíza, 29 de xaneiro de 1934, foi un químico alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1918.

Guillerme Fernández

Guillerme Fernández García, nado en o 6 de febreiro de 1969 en Vilagarcía de Arousa, aínda que criado na vila de Nigrán, é guitarrista, compositor e produtor musical.

Matanza da Escola Santa María de Iquique

A Matanza da Escola Santa María de Iquique foi un masacre cometido en Chile o 21 de decembro de 1907. Nestes eventos foron asasinados un número indeterminado de traballadores do salitre de diversas nacionalidades que se encontraban en folga, mentres se aloxaban na Escola Domingo Santa María do porto de Iquique. Os eventos que configuran os feitos suceden durante o auxe da produción salitreira en Antofagasta e Tarapacá, baixo os gobernos parlamentarios. A folga, provocada polas míseras condiciones de traballo e explotación dos traballadores, foi reprimida por medio do indiscriminado uso da forza armada por parte do goberno do presidente Pedro Montt.

O xeneral Roberto Silva Renard, comandando as unidades militares baixo instrucións do ministro do interior Rafael Sotomayor Gaete, ordenou reprimir as protestas, matando os traballadores xunto cos seus familias e dando un trato especialmente duro aos sobreviventes.

Serían matadas entre 2.200 e 3.600 persoas, onde se estima que un alto número non determinado, eran peruanos e bolivianos quen a pesar da chamada dos seus cónsules se negaron a abandonar o movemento.

Nitro

Nitro pode referirse a:

O nitrato de potasio, substancia química de fórmula KNO3.

O Salitre ou nitro, un mineral natural.

Os nitrocompostos, un grupo funcional en química orgánica.

Nitro, cadea de televisión española pertencente a Atresmedia Corporación.

Nitro PDF, programa lector e creador de documentos PDF.

Nitro (1987-1993), grupo norteamericano de glam metal.

Need for Speed: Nitro(2009), videoxogo de carreiras da serie Need for Speed publicado por Electronic Arts.

Crash Nitro Kart, videoxogo de carreiras da serie Crash Bandicoot para PlayStation 2, Xbox, Nintendo GameCube e Game Boy Advance.

Nitroglicerina

A nitroglicerina (nome IUPAC trinitrato de 1,2,3-propanotriol) é un éster orgánico, que se obtén mesturando ácido nítrico concentrado, ácido sulfúrico e glicerina. A súa fórmula molecular é C3H5N3O9. O resultado é altamente explosivo. É un líquido a temperatura ambiente, o cal a fai altamente sensible a calquera movemento, facendo moi difícil a súa manipulación, aínda que se pode conseguir unha estabilidade relativa engadíndolle algunhas substancias como o aluminio. Pódese extraer empregando como precursor o xabón.

Usualmente transpórtase en caixas acolchadas a baixa temperatura para diminuír o risco de explosión, xa que se excede os 41 °C (temperatura límite estimada) prodúcese unha reacción moi violenta debido á axitación intermolecular:

A nitroglicerina é o compoñente principal dalgunhas mesturas explosivas como a abelita composta por un 65 % de nitroglicerina, 30 % de algodón pólvora, 3,5 % de salitre e finalmente un 1,5 % de carbonato de sodio.

En medicamento, úsase como vasodilatador para o tratamento da enfermidade isquémica coronaria, o infarto agudo de miocardio e a insuficiencia cardíaca conxestiva. Adminístrase polas vías oral, transdérmica, sublingual ou intravenosa.

Nitróxeno

O nitróxeno, tamén chamado de xeito popular azote, é un elemento químico de número atómico 7, con símbolo N e de masa atómica 14,00674 u. En condicións normais forma un gas diatómico, incoloro, inodoro, insípido e principalmente inerte, que constitúe o 78,08% do ar atmosférico. Pertence á familia das pnicóxenos. O nitróxeno foi descuberto polo médico escocés Daniel Rutherford no ano 1772, como compoñente separable do ar.

O nitróxeno é un elemento común no Universo. Estímase que é o sétimo elemento máis abundante na Vía Láctea e no Sistema Solar. É sintetizado pola fusión de carbono e hidróxeno nas supernovas. Debido á volatilidade do nitróxeno elemental e dos seus compostos máis habituais, o nitróxeno é moito menos común nos planetas rochosos do sistema solar interior, ademais de ser un elemento relativamente raro na Terra en xeral. Con todo, do mesmo xeito que na Terra, o nitróxeno e os compostos do nitróxeno teñen unha gran presenza na atmosfera dos planetas e satélites que o teñen.

Moitos compostos de importancia industrial, como o amoníaco, o ácido nítrico, os nitratos orgánicos (propelentes e explosivos) así como os cianuros, conteñen nitróxeno. O enlace extremadamente forte do nitróxeno elemental domina a química do nitróxeno, facendo que resulte difícil tanto para os organismos como para a industria transformar o N2 en compostos útiles, liberando grandes cantidades de enerxía cando estes compostos se quéiman ou se degradan en gas nitróxeno. O amoníaco e os nitratos producidos sintéticamente son importantes fertilizantes industriais. Os nitratos fertilizantes son contaminantes que teñen un papel clave na eutrofización dos sistemas acuáticos.

Separadamente dos seus usos principais como fertilizantes e stocks de enerxía, o nitróxeno forma compostos orgánicos versátiles. O nitróxeno forma parte de materiais tan diversos como o kevlar e a supercola de cianoacrilato. O nitróxeno é parte integral das moléculas de todas as grandes clases de medicamento, incluíndo os antibióticos. Moitos medicamentos imitan ou son profármacos de moléculas de señalización que conteñen nitróxeno. Por exemplo, a nitroglicerina e o nitroprusiato, ambos nitratos orgánicos, controlan a presión sanguínea o metabolizarse en óxido nítrico natural. Os alcaloides vexetais (que a miúdo son substancias de defensa) conteñen nitróxeno por definición. Así pois, moitos fármacos importantes que conteñen nitróxeno, como a cafeína e a morfina, son ou ben alcaloides ou mímicos sintéticos que actúan (do mesmo xeito que moitos alcaloides vexetais) sobre os receptores dos neurotransmisores dos animais (por exemplo, as anfetaminas sintéticas).

O nitróxeno está presente en todos os seres vivos. É un elemento constituente dos aminoácidos, e xa que logo das proteínas, así como dos ácidos nucleicos (o ADN e a ARN). O corpo humano contén aproximadamente o 3% de nitróxeno do seu peso. Trátase do cuarto elemento máis abundante no corpo despois do osíxeno, o carbono e o hidróxeno. O ciclo do nitróxeno describe o movemento deste elemento desde a atmosfera cara á biosfera e os compostos orgánicos e a volta de novo cara á atmosfera.

Perú

O Perú (en quechua e aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado o norte por Ecuador e por Colombia; o leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e o sur e oeste polo océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variados como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumouse a ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima.

Actualmente o seu presidente é Martín Vizcarra.

Ramón Nieto

Ramón Remigio Nieto Otero, nado en Lavadores, no actual concello de Vigo, o 1 de outubro de 1856 e finado en Viña del Mar, Chile, o 25 de xullo de 1928, empresario da salitre, foi un filántropo galego.

Rosa Aneiros

Rosa Aneiros Díaz, nada en Meirás (Valdoviño) en 1976, é unha escritora galega.

Tabio

Tabio é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia de Sabana Centro, a 45 km de Bogotá e 8 km dende o Portal da 80 da Rúa 80 e o Portal do Norte da Rúa 170. Conta cunha poboación de máis de 27.000 habitantes en 2015 (proxección). Forma parte da área metropolitana de Bogotá segundo o censo oficial do DANE de 2005.

Foi fundado oficialmente o 8 de abril de 1603 por Diego Gómez de Mena sobre a poboación muisca preexistente.

Tequixquiac

Tequixquiac é un concello ao norte do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Apaxco, Hueypoxtla, Zumpango, Huehuetoca e con Atotonilco de Tula no estado de Hidalgo. A súa área é de 122.32 km², e a súa poboación era de 33 907 habitantes no ano 2010. A cabeceira municipal ou sede do goberno é Santiago Tequixquiac, a segunda poboación importante é Tlapanaloya, máis conta con outras localidades como Colonia Wenceslao Labra, a ranchería de La Heredad e as facendas do Cenicero e Montero.

Tocopilla

Tocopilla é unha cidade e concello do norte de Chile, que se atopa na Rexión de Antofagasta. É a capital da provincia homónima e ocupa unha posición equidistante entre as grandes áreas urbanas do Norte Grande, é dicir, entre Iquique e Antofagasta.

A súa área é de 4.038,8 km2 e en 2002, a cidade tiña un total de 23.986 habitantes (INE 2002).

Xabier Díaz

Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego. Cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, formou parte de Rumbadeira, Nova Galega de Danza, aCadaCanto e Berrogüetto.

Xosé Henrique Rivadulla Corcón

Xosé Henrique Rivadulla Conde, coñecido como Xosé Henrique Rivadulla Corcón, nado na Coruña o 18 de setembro de 1962, é un escritor, guionista, locutor e presentador galego.

Xosé Lois Romero

Xosé Lois Romero Cajigal, nado o 4 de setembro de 1970 en Mera, Oleiros, é un músico e compositor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.