Salgueiro chorón

O salgueiro chorón, ou simplemente chorón (Salix babylonica), é unha árbore caducifolia do xénero Salix, pertencente á familia das salicáceas, moi apreciada como especie ornamental.

Salgueiro chorón
Salgueiro chorón nun xardín

Salgueiro chorón nun xardín
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Salicaceae
Xénero: Salix
Especie: S. babylonica
Nome binomial
'Salix babylonica'
Carl von Linné

Nome científico

Carl von Linné deulle en 1753 o nome de Salix babylonica por un salmo da Biblia, no que se fala de que durante o exilio dos xudeus en Babilonia, penduraban as súa pregarias dos salgueiros. O nome galego da especie, chorón, vén dado pola conformación das súas pólas pendurantes.

Descrición

É unha árbore de talle medio que alcanza de 10 a 15 metros de altura, aínda que excepcionalmente pode superar os 20. As pólas son moi flexíbeis, e a súas extremidades diríxesense con forza cara o chan, como caíndo, de aí o seu aspecto "tristeiro", que lles gañou a designación de choróns, que tamén aparece noutras linguas: francés pleureur, inglés weeping willow, español llorón etc.

As follas son alternas, simples, lanceoladas, con dentado fino, estreitas e longas, acadando de 10 a 15 cm de comprimento, e sostidas por un curto pecíolo.

As flores, como noutros salgueiros, están agrupadas en amentos de arredor de 2 cm de longo, recibindo o nome popular de gatiños.

É unha planta dioica, na que as flores masculinas e femininas corresponden a árbores diferentes. En Europa non se coñecen máis que exemplares femias.

Distribución

Esta especie é orixinaria de China. Tróuxose para Europa a finais do século XVII, desde o Xapón.

Popularizado por cultivo, a especie foi naturalizada en todos os continentes, especialmente en Europa, Estados Unidos, África e Australia. Pode reproducirse a partir de simples escallos.

Como todos os salgueiros, o chorón prefire solos húmidos e lixeiros.

En Galicia abunda en parques e xardíns preto dos regos.

Utilización

É unha árbore ornamental moi decorativa. Tivo grande éxito na Europa do período prerromántico e romántico. Plántase como árbore de ribeira, xa que as súas raíces poden acadar grandes distancias para atopar auga. En Galiza é unha das especies ornamentais máis comúns; moi plantada en parques urbanos á beira dos regos e ríos.

Etnografía

Desta fontiña à beira froleada

sentado à sombra dun choron estou,

doído o peito, a alma esconsolada,

triste morrendo pouco a pouco vou[1].

Variedades

Hai diferentes especies de choróns:

  • S. babylonica (con variedades de xardín, en especial a variedade "Crispa" , de follas espirais e porte estreito e lanzal; a variedade "Tortuosa k,;jb k jbkj;jk", ten follas e pólas tortas),
  • S. alba "pendula" : diferénciase da S. babylonica pola cor das ramas, que neste salgueiro é branca, mentres na S. babylonica é amarela.

Notas

  1. Cantiga recolleita por Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar

Véxase tamén

Outros artigos

Galería de imaxes da flora de Galicia

Galería de imaxes da flora de Galicia.

Galería de imaxes de follas de Galicia

Galería de imaxes de follas de Galicia.

Jan Baptista van Helmont

Jan Baptiste van Helmont , bautizado como Johannes Baptist Van Helmont, nado en Bruxelas o 12 de xaneiro de 1579 e finado en Vilvoorde o 25 de decembro de 1644, foi un químico, físico, alquimista, médico, e fisiólogo flamengo.

Las Lajas, Neuquén

Las Lajas é a localidade cabeceira do departamento Picunches, na provincia do Neuquén, Arxentina.

Situada na intersección do meridiano 70º28' de lonxitude oeste e o paralelo 38º60' de latitude sur, sobre a marxe dereita do río Agre, a 58 quilómetros da cidade de Zapala, e a 234 quilómetros da cidade de Neuquén, capital da provincia, xusto no cruzamento da Ruta Nacional 40 (Arxentina) coa Ruta Nacional 242 (Arxentina) e a 713 metros sobre o nivel do mar.

Parc del Clot

O Parc del Clot é un parque público situado no barrio do Clot, no distrito de Sant Martí de Barcelona. Encóntrase na situación dun antigo taller de RENFE, algunhas de cuxas paredes foron aproveitadas como elementos ornamentais. O proxecto do parque foi realizado en 1986 por Daniel Freixes i Melero e Vicente Miranda.

Salgueiro

Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.

Salgueiro branco

O salgueiro branco (Salix alba) é unha especie de salgueiro (familia das salicáceas) de rápido crecemento nativa de Europa e do oeste e centro de Asia. O nome deriva do ton abrancazado do envés das súas follas. Desta especie obtense o ácido salicílico usado na menciña. É unha árbore común nas ribeiras galegas.

O vimieiro dourado (Salix alba 'Vitellina') é unha variedade desta árbore de pólas douradas común nos prados galegos para tirar os vimes, coma ocorre co vimieiro común.

Salgueiro retorto

O salgueiro retorto ou salgueiro tortuoso (Salix matsudana) é unha especie de salgueiro nativo do nordés da China. A especie chámase deste xeito en honra a Sadahisa Matsuda, un botanista xaponés. Recoñécense tres variedades, Salix matsudana var. anshanensis, S. matsudana var. matsudana, e S. matsudana var. pseudomatsudana. O cultivo da especie é moi común na China. A variedade hortícola coas pólas retortas, que realmente dá o nome galego, é amplamente cultivado; en inglés coñécese coma corkscrew willow (literamente "salgueiro tirarrollas"), é amplamente cultivado. Ás veces considérase sinónimo do salgueiro chorón (Salix babylonica). En Galiza aparece como ornamental en parques e xardíns urbanos.

Vigozoo

Vigozoo é o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa). Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal.[Cómpre referencia]

Xurxo Aleksandrovich Romanov

Xurxo Aleksandrovich Romanov (en ruso: Гео́ргий Алекса́ндрович Ромáнов), nado en Tsarskoe Selo, o 9 de maio de 1871 e finado en Abbas Tuman o 9 de agosto de 1899, alcumado o salgueiro chorón pola súa familia debido á súa personalidade triste, foi o terceiro fillo do Tsar Alexandre III e da Emperatriz María Feodorovna Romanova.

Árbore

Unha árbore é un tipo de vexetal perenne, de tronco leñoso, que se ramifica a certa altura do chan. Son árbores, por exemplo, a cerdeira, a maceira, o castiñeiro, a aciñeira, o piñeiro, a magnolia etc.

Certas especies de árbores poden superar os 100 metros de altura, e chegar a vivir durante miles de anos. As grandes árbores, coma as sequoias xigantes de California, poden pesar máis de 6.000 toneladas, o que as converte no ente vivo máis pesado que existiu sobre o planeta [Cómpre referencia].

As árbores son compoñentes importantes do medio natural así como útiles para os seres humanos como fornecedores de material de construción, transporte e mobiliario; alimento e recursos medicinais; leña para calefacción etc. Tamén xogan un importante papel na cultura, considérense as árbores de Nadal, a árbore da sabedoría, a árbore xaponesa do amor (o xinkgo) etc. A árbore por excelencia en Galicia é o carballo, o mesmo que no País Vasco, Gran Bretaña ou Alemaña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.