Salgueiro

Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies[1] de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.

Salgueiro (xénero Salix)
Salgueiro

Salgueiro
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Salicaceae
Xénero: Salix
L.
Especies

Véxase no artigo

Orixe e distribución

É un xénero orixinario do hemisferio norte que vive en zonas de clima frío ou temperado, con solos máis ben húmidos ou achegados a charcas ou correntes de auga. Algunhas das variedades arbustivas medran na zona subàrtica (tundra). Hai unhas 350 especies de salgueiros. O xénero presenta moitos problemas taxonómicos e de nomenclatura, xa que existe unha grande variedade morfolóxica segundo especies.

Etimoloxía

Tanto o termo galego salgueiro como o xenérico latino Salix virían do celta: sal 'achegado' e lis 'auga', que dá idea do seu hábitat máis común.

Descrición

Son árbores, arbustos ou mesmo matogueiras. As pólas son, polo xeral, flexíbeis. Todos son plantas caducifolias. As follas son en xeral alongadas (similares ás follas da amendoeira, especialmente na especie Salix amygdaloides), normalmente dispostas de maneira alterna ao longo da póla.

Son plantas de sexualidade dioica, é dicir, que desenvolve os caracteres masculinos e femininos en plantas separadas. As flores dispoñense agrupadas en candeas (gatiños) e o froito é unha càpsula con varias sementes (4-8), do tamaño dunha décima de milímetro cada unha, facilmente dispersábeis polo vento.

Os salgueiros hibridan de xeito doado entre eles. A especie máis utilizada en xardinaría é a Salix babylonica, ou salgueiro chorón.

Son plantas que arraigan moi ben dunha estaca ou escallo (reprodución vexetativa), gozando de medra rápida. Por contra, as sementes perden viabilidade en cousa de días.

En Galicia a especie máis común é o salgueiro bravo ou cincento.

Usos

A madeira en xeral non é de moi boa de calidade, pois creba con facilidade. Porén, a casca é medicinal, así como as flores e follas dalgunhas especies (lémbrese que dos Salix, extráese o ácido salicílico, a popular aspirina).

O vimieiro ou vimbieiro, Salix viminalis, é cultivado dende antigo para aproveitar os vimes en cestaría e noutros usos agrícolas. Para obter os vimes ou vimbios, córtanse as árbores a rente do chan, dándolles un tratamento especial aos plantóns novos que xorden. Hoxe en día estanse a utilizar, en substitución, outras especies vexetais distintas dos salgueiros.

O salgueiro é coñecido polas súas propiedades terapéuticas e medicinais. Algunhas especies coma o S. pentandra ou o S. praecox , posúen na casca salicina, unha substancia complexa que unha vez dixerida se transforma no intestino en distintas substancias, entre elas o ácido acetilsalicílico. Este subproduto, descuberto por F. Hoffman en 1897, é a base do fármaco máis famoso e vendido no mundo, a Aspirina, comercializada por Bayer desde 1899. Aínda que nos seus comezos foi receitada para procesos febrís e dores de cabeza, co paso do tempo descubríronse novas propiedades. Entre estas últimas salienta a propiedade de impedir a formación de trombos, facéndoa unha ferramenta de primeira orde para previr infartos e isquemias, unha das principais causas de morte nos países civilizados. Todas estas virtudes, e por suposto unha boa mercadotecnia, fai que a aspirina apareza na lista dos 100 inventos máis importantes do século XX.

Refráns

  • Salgueiro prènde de pòla, ameneiro de raís. Amores, que fostes d'outro, para min ja non servís (cantiga popular recollida por Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano, 1884, Santiago de Compostela, Imp. Seminario Conciliar[2])

Especies de Salgueiros

Especies en Galiza

Listaxe de especies completa

Salix caprea Male
Inflorescencia de salgueiro

Nome común

Zalgueiro, selgueiro, sargueiro, salgueiro, salgueira brava, salce e palleira[13].

Galería de imaxes

Illustration Salix caprea0

Ilustración do salgueiro cabuxo (Salix caprea).

Salix babylonica3

Porte dun salgueiro chorón (Salix babylonica) na primavera.

Salix formosa0

Salix formosa.

Salix herbacea a2

Salix herbacea (un salgueiro herbáceo).

Salix matsudana B

Salix matsudana tortuosa.

Salix aurita Virpapaju C H7649

Follas do (Salix aurita).

Notas

  1. Mabberley, D.J. 1997. The Plant Book. Cambridge University Press #2: Cambridge.
  2. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=salgueiro&tipo_busca=lema
  3. 3,0 3,1 Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; Termos esenciais de botánica Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  4. 4,0 4,1 Termos esenciais de botánica Universidade de Santiago de Compostela, 2004; VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  5. 5,0 5,1 Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  6. 6,0 6,1 https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm?
  7. 7,0 7,1 Nomes vulgares recomendados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  8. Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997
  9. 9,0 9,1 Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  10. Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997
  11. Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997
  12. Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997
  13. "Salgueiro (Salix sp.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 9 de setembro de 2016.
1 de xullo

O 1 de xullo é o 182º día do ano do calendario gregoriano e o 183º nos anos bisestos. Quedan 183 días para finalizar o ano.

1 de xuño

O 1 de xuño é o 152º día do ano do calendario gregoriano e o 153º nos anos bisestos. Quedan 213 días para finalizar o ano.

4 de abril

O 4 de abril é o 94º día do ano do calendario gregoriano e o 95º nos anos bisestos. Quedan 271 días para finalizar o ano.

As árbores na cultura popular galega

As plantas teñen un significado primordial na cultura galega sendo as árbores e os bosques e as fragas os máximos expoñentes.

Castelao dicía : O albre é o símbolo do señorío espritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.

Candeán, Vigo

San Cristovo de Candeán é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Cabral, Lavadores, San Paio e Teis e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 12 entidades de poboación, 8 lugares e 4.860 veciños (2013).

As súas entidades de poboación son as seguintes: Candeán de Arriba (599), A Devesa (904), A Fonte Escura (1.254), Freiría (91), Goleta (59), Hermide (94), A Igrexa (436), Monte Pequeno (326), Parachán (369), A Rabadeira (485), O Salgueiro (65) e Vesada (17). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Candeán de Abaixo, A Costeira, A Fonte Barca, A Lagoa, A Madroa, Pedra Longa, A Poba e Xunco Mariño.

Cuíña, Ortigueira

Santiago de Cuíña é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 321 habitantes (166 mulleres e 155 homes) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes.

Eleccións municipais en Silleda

Corporacións democráticas en Silleda desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Casimiro Fernández Otero — UCD

1983 Alcalde: Casimiro Fernández Otero — CIG

1987 Alcalde: Juan José Salgueiro Montouto — AP

1991 Alcalde: Juan José Salgueiro Montouto — PPdeG

1995 Alcalde: Juan José Salgueiro Montouto — PPdeG

1999 Alcalde: José Fernández Viéitez — PPdeG

2003 Alcalde: José Fernández Viéitez — PPdeG

2007 Alcaldesa: Paula Fernández Pena — PSOE (substituída pola concelleira ex-socialista Ofelia Rey Recimil, o 19 de outubro de 2009 mediante moción de censura e cos votos do PP)

2011 Alcaldesa: Paula Fernández Pena — PSOE. Dimitiu en 2013, foi substituída por Manuel Cuíña Fernández (PSOE).

2015 Alcalde: Manuel Cuíña Fernández — PSOECandidaturas: Manuel Cuíña Fernández (PSdeG-PSOE), José Luis Espiño Espantoso (PP) e Matías Rodríguez da Torre (BNG).

Montouto, Abadín

Santa María de Montouto é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2004 tiña 119 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 79 habitantes, sendo 87 homes e 98 mulleres.

O Casal do Salgueiro, San Fiz de Monfero, Monfero

O Casal do Salgueiro é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 8 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE dos cales 3 eran homes e 5 eran mulleres.

O Salgueiro, Forcarei, Forcarei

O Salgueiro é un lugar da parroquia de Forcarei, no concello pontevedrés de Forcarei. Segundo o IGE do 2008 tiña 8 habitantes deles 3 homes e 5 eran mulleres, o que supón que diminuíu a poboación desde 2007.

O Salgueiro, Montouto, Abadín

O Salgueiro é un lugar da parroquia de Montouto no concello lugués de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 8 habitantes en 2015 (4 homes e 4 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2011 cando tiña 6 habitantes (4 homes e 2 mulleres).

O Salgueiro, Oleiros, Vilalba

O Salgueiro é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 8 habitantes (5 homes e 3 mulleres).

Oleiros, Vilalba

San Mamede de Oleiros é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2008 contaba cuns 450 habitantes repartidos en 31 entidades de poboación.

Roberto Salgueiro

Roberto Salgueiro González, nado en Caracas o 24 de outubro de 1966, é un escritor e director de teatro galego.

Salgueiro bravo

O salgueiro bravo, salgueiro negro ou salgueiro zao (Salix atrocinerea), é unha arboriña ou arbusto do xénero Salix (salgueiros), da familia das salicáceas moi común nos terreos húmidos e solos pobres de toda Galicia.

Salgueiro do Mato, Noalla, Sanxenxo

Salgueiro do Mato é un lugar da parroquia de Noalla do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 64 habitantes en 2016 (28 mulleres e 36 homes), o que representa un descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 74 veciños, a mesma poboación que en 2004.

Seiryu (Shotokan)

Seiryu (en xaponés: 青柳, salgueiro verde) é un kata que foi creado polo mestre Tetsuhiko Asai, que fundou unha rama propia do estilo Shotokan. É unha forma moi dinámica, na que son adestrados movementos de desprazamento e de golpes, que son executados basicamente coas mans, en especial haito uchi. Existen no conxunto de técnicas do kata 30 kyodo e son practicadas as posturas zenkutsu dachi, nekoashi dachi e kiba dachi.

Árbore

Unha árbore é un tipo de vexetal perenne, de tronco leñoso, que se ramifica a certa altura do chan. Son árbores, por exemplo, a cerdeira, a maceira, o castiñeiro, a aciñeira, o piñeiro, a magnolia etc.

Certas especies de árbores poden superar os 100 metros de altura, e chegar a vivir durante miles de anos. As grandes árbores, coma as sequoias xigantes de California, poden pesar máis de 6.000 toneladas, o que as converte no ente vivo máis pesado que existiu sobre o planeta [Cómpre referencia].

As árbores son compoñentes importantes do medio natural así como útiles para os seres humanos como fornecedores de material de construción, transporte e mobiliario; alimento e recursos medicinais; leña para calefacción etc. Tamén xogan un importante papel na cultura, considérense as árbores de Nadal, a árbore da sabedoría, a árbore xaponesa do amor (o xinkgo) etc. A árbore por excelencia en Galicia é o carballo, o mesmo que no País Vasco, Gran Bretaña ou Alemaña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.