Salceda de Caselas

Salceda de Caselas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo.[5][6] A súa poboación en 2015 era de 8873 persoas, segundo o Padrón municipal de habitantes. 2007, 7686 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salcedán» ou «caseleiro»[7].

Coordenadas: 42°06′05.75″N 08°33′31.77″O / 42.1015972, -8.5588250

Salceda de Caselas
Escudo de Salceda de Caselas
Casa do concello de Salceda de Caselas
Casa do Concello.
Situacion Salceda de Caselas
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación9.146 hab. (2018)
Área35,9 km²
Densidade254,76 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloSalceda
Política (2019[2])
AlcaldesaMaría Dolores Castiñeira Alén (Movemento Salceda[3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Outros: MS 4
Eleccións municipais en Salceda de Caselas
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes51,63%
Na rede
salcedadecaselas.gal
concello@salcedadecaselas.es

Localización

O territorio organízase en torno ao río Caselas, afluente do Miño, e está flanqueado polas depresións dos ríos Louro e Tea. A parte setentrional, na que remata a Dorsal Galega, é a de maiores alturas, cos montes de San Cibrán (430 m), Chan de Mielo (402 m), O Curuncho (400 m), monte Faro (396 m). No sur atópanse socalcos aluviais, de entre as que destacan as Gándaras de Budiño. Predominan as rochas metamórficas, que deron orixe a unha das principais actividades económicas, a explotación do granito.

Goza dun clima lene con temperaturas medias de 14 °C (8° de media no inverno e 20 °C no verán). As xeadas son infrecuentes e chove bastante no inverno, se ben os veráns son secos.

A excepción dalgúns soutos e carballeiras pequenas, a vexetación primitiva desapareceu e predominan os piñeiros e eucaliptos. O 30% das terras dedícanse á agricultura, que produce millo, patacas, hortalizas e uvas; nas zonas de ribeira hai prados.

Demografía

Censo total 8873 (2015)
Menores de 15 anos 1648 (18,57 %)
Entre 15 e 64 anos 5977 (67,36 %)
Maiores de 65 anos 1248 (14,06 %)
Evolución da poboación de Salceda de Caselas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4408 4011 4791 5618 6835 8448 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

O nome de Salceda débese ao desaparecido mosteiro beneditino de Santa María de Saliceta, arredor do cal se creou a capital municipal actual. Este mosteiro fundouno no ano 914 a raíña Dona Aragonta, esposa do rei de Galiza Ordoño II e parenta de San Rosendo. Era dúplice, de monxes e monxas, e a el se retirou a vivir a súa creadora ao ser repudiada polo seu marido. Os terreos que circundan a igrexa do convento, reconstruída en 1769, denomínanse, precisamente, "do mosteiro" e a súa porta norte "da Raíña".

O Castelo de Toroña, en Entenza, xogou un papel importante nas guerras contra Portugal, aínda que del hoxe só fiquen algúns restos, pois foi derrubado no século XV por Isabel a Católica.

En Salceda de Caselas naceu Santo Toribio de Toroña, que chegou a ser bispo de Astorga.

Durante a Guerra de Independencia española, as tropas españolas ao mando do Abade de Couto, Mauricio Troncoso de Lira, asentáronse na ermida da Ascensión antes de partir do monte das Penizas, en Soutelo, baixo o mando de Felipe Concha para reconquistar Tui.

Até 1916 recibía simplemente o nome de Salceda, pero nese ano pasou a ser chamado Salceda de Caselas para distinguilo doutros concellos de España (La Salceda, en Segovia, que desapareceu despois de 1960 ao integrarse en Torre Val de San Pedro).[8].

Patrimonio natural

No ano 2008 tiña sete montes veciñais en mancomún[9], que ocupaban unha superficie de 931,57 ha[10].

Economía

O concello de Salceda de Caselas é dos que non minguaron de poboación nas últimas décadas. A agricultura, a gandería e a explotación forestal, afectadas polo minifundismo, foron sendo desprazadas pola industria, centrada no polígono industrial de O Cerquido, que continúa o eixo Vigo-Porriño. Moitos veciños van traballar a Vigo ou ás empresas situadas en Porriño diariamente. As industrias máis importantes están relacionadas coa transformación do granito, os accesorios para a industria da automoción, os plásticos, as construcións metálicas e a cerámica.

Cultura

Pazo de Aballe, Salceda de Caselas
Pazo de Aballe.

No concello érguense numerosos pazos e casas señoriais. Destaca a casa grande da Picoña, que data de 1543; foi propiedade dos señores de Troncoso de Lira e Soutomaior. Outros son o pazo de Pegullal, o pazo de Aballe, o pazo da Corisca, a casa da Marquesa de Atalaia e o pazo de Budiño.

Pódense ver tres cruceiros notábeis: o cruceiro da Esfarrapada, o do Cristo e outro en Entenza.

As Penas de San Cibrán e as Gándaras de Budiño son dous espazos naturais destacados.

A festa de seu que acada maior sona é a Festa dos callos.

O Concello conta cunha gran tradición musical, que na actualidade se reflicte na Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e na Escola de Música de Salceda de Caselas.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Salceda de Caselas
Igrexa de Parderrubias-Salceda de Caselas-Galicia

Igrexa de Parderrubias.

Galescola Salceda

Galescola de Salceda de Caselas.

Placa altimétrica de Salceda de Caselas

Placa altimétrica do concello.

Lugares de Salceda de Caselas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salceda de Caselas vexa: Lugares de Salceda de Caselas.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). de caselas "Salceda de Caselas" |url= incorrecto (Axuda). www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Atlas comarcal Instituto Galego de Estatística.
  6. Artigo "COMARCA" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  7. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 56. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  8. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
  9. Montes veciñais en mancomún.
  10. Montes veciñais en man común 2008. Consellaría do Medio Rural.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Feira, Santa María de Salceda, Salceda de Caselas

A Feira é un lugar da parroquia de Santa María de Salceda no concello pontevedres de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Tiña 43 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 19 eran homes e 24 eran mulleres.

A Igrexa, Entenza, Salceda de Caselas

A Igrexa é un barrio da parroquia de Entenza no concello de Salceda de Caselas. Aquí está situada a igrexa parroquial dos "Santos Xusto e Pastor", que ten a súa festividade o 6 de agosto. No torreiro da igrexa celébrase nesa data a festa patronal de Entenza.

O patrimonio do barrio é bastante rico xa que ademais da igrexa parroquial conta cunha casa señorial, dous cruceiros e varios petos de ánimas ademais da abadía que pertence ao bispado.

A Picoña, Salceda de Caselas

San Martiño da Picoña é unha parroquia que se localiza no concello de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 527 habitantes (274 mulleres e 253 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 559 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 528 habitantes, sendo 254 homes e 274 mulleres.

Caselas Fútbol Club

O Caselas Fútbol Club é un equipo de fútbol galego de Salceda de Caselas. Foi fundado en 1967 e compite no Grupo 5 da Primeira Autonómica de Galicia. O seu terreo de xogo é o Campo da Gándara.

Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

David Amor

David López Veleiro, máis coñecido polo seu nome artístico de David Amor, nado en Salceda de Caselas o 12 de abril de 1980, é un balonmanista, humorista e actor galego.

Denis Suárez

Denis Suárez Fernández, nado en Salceda de Caselas o 6 de xaneiro de 1994, é un futbolista galego. Xoga de mediapunta e o seu actual equipo é o Celta de Vigo.

Eleccións municipais en Salceda de Caselas

Corporacións democráticas en Salceda de Caselas desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Manuel Fernández Rodríguez — IndependentesModelo:Salceda de Caselas 1979

1983 Alcalde: José Manuel Fernández Rodríguez — CPModelo:Salceda de Caselas 1983

1987 Alcalde: José Manuel Fernández Rodríguez — AP.

1991 Alcalde: José Manuel Fernández Rodríguez — PPdeG.

1995 Alcalde: José Manuel Fernández Rodríguez — PPdeG.

1999 Alcalde: José Manuel Fernández Rodríguez — PPdeG

2003 Alcalde: José Manuel Fernández Rodríguez — PPdeG

2007 Alcalde: Marcos Besada — BNG

2011 Alcalde: Marcos Besada — BNG

2015 Alcalde: Marcos Besada — Movemento SalcedaCandidatos: Marcos David Besada Pérez (Movemento Salceda), Santiago Rodríguez Dávila (PP), Verónica Tourón Domínguez (PSdeG-PSOE) e Mónica Vizcaya Vázquez (BNG).

Entenza, Salceda de Caselas

Santos Xusto e Pastor de Entenza é unha parroquia que se localiza no concello de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 659 habitantes (333 homes e 326 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 654 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 613 habitantes, sendo 308 homes e 305 mulleres.

Galería de imaxes de Salceda de Caselas

Galería de imaxes do concello de Salceda de Caselas, na provincia de Pontevedra.

José Boente Sequeiros

José Boente Sequeiros, nado na Esfarrapada (Salceda de Caselas) o 2 de setembro de 1860 e finado en Pontevedra o 18 de xaneiro de 1944, foi un xornalista, avogado e político galego.

Lugares de Salceda de Caselas

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Salceda de Caselas

Manuel Pérez Pérez

Manuel Pérez Pérez, nado en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas) o 10 de xuño de 1862, foi un xornalista e escritor galego.

O Pazo, Entenza, Salceda de Caselas

O Pazo é un barrio da parroquia de Entenza no concello de Salceda de Caselas.

Parderrubias, Salceda de Caselas

San Tomé de Parderrubias é unha parroquia que se localiza no concello de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. No ano 2008 ten 1.019 habitantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 974 habitantes (504 mulleres e 470 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 983 habitantes.

Desta parroquia procede o pai de Martin Sheen.

San Xurxo de Salceda, Salceda de Caselas

San Xurxo de Salceda é unha parroquia que se localiza no concello de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 798 habitantes (407 mulleres e 391 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón o mantemento con relación ao ano 1999 cando tiña 815 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 733 habitantes, sendo 362 homes e 371 mulleres.

Santa María de Salceda, Salceda de Caselas

Santa María de Salceda é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.798 habitantes (1.418 homes e 1.380 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.978 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 4.853 habitantes, sendo 2.462 homes e 2.391 mulleres.

Na parroquia está situado o pazo de Aballe.

Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas

Santo Estevo de Budiño, ou Budiño de Baixo, é unha parroquia encravada no Val da Louriña e moi ligada ao Porriño, aínda que pertence ao concello de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2011 tiña 700 habitantes (363 homes e 337 mulleres).

Soutelo, Salceda de Caselas

San Vicente de Soutelo é unha parroquia que se localiza no concello de Salceda de Caselas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 449 habitantes (227 mulleres e 222 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 457 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 479 habitantes, sendo 249 homes e 230 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.