Salón do Automóbil de Vigo

O Salón do Automóbil de Vigo é un evento expositivo comercial anual, do mundo do motor, que se celebra na primavera no Instituto Feiral de Vigo, dende o ano 1992, sendo así o segundo certame en activo máis antigo de España, só por detrás do Salón do Automóbil da Fira de Barcelona.

Salón del Automóvil de Vigo 2014
XXIII Salón do Automóbil, 2014.
Salón do Automóbil 2012 IFEVI
XXI Salón do Automóbil, 2012.

Actividades

O Salón de Vigo consta de varias actividades. Principalmente a exposición comercial e venda de vehículos de dúas e catro rodas da maioría da marcas, dende turismos ata caravanas e autocaravanas, e mesmo pequenas embarcacións, que inclúe ás veces presentacións dalgúns modelos novos. En 2011 esta exposición tivo ó seu servizo 25.000 m² repartidos en dos pavillóns.

Adoitan expoñerse, tamén, coches e motocicletas antigas (Retro Salón).

Nos anos 2007-2010 fíxose noutro pavillón do IFEVI unha demostración deportiva indoor chamada RacingShow, na que competiron varios pilotos de rally, dos campionatos galego, español e portugués, e de cando en vez algunha estrela internacional, como foi o caso de Juha Kankkunen, Didier Auriol, Miki Biasion ou Timo Salonen.

En ocasións tamén se fan demostracións de karting no exterior do recinto.

Edición 2011

En 2011 o Salón de Vigo cumpriu 20 anos, e tivo lugar entre os días 30 de abril e 8 de maio. Nesta edición homenaxeouse á marca francesa Citroën cunha exposición de 40 coches históricos e outros actuais, e unha concentración de coches de propietarios particulares, que tivo lugar o 7 de maio.[1]

V Retro Auto&Moto Galicia, Chrysler B70 Six, 1926, wood rims
Retro Auto&Moto Galicia 2015, Chrysler B70, 1926.

Retro Auto&Moto Galicia

Dende o ano 2015 fíxose coincidir, durante tres días, co V Retro Auto&Moto Galicia (evento monográfico sobre vehículos e motos clásicas e de época), que nas catro edicións anteriores víñase celebrando en Santiago de Compostela.[2]

Motorocasión Vigo, IFEVI, 2012
XII Motorocasión, do 10 o 13 de maio de 2012.

Motor Ocasión

En datas posteriores e no mesmo recinto, celébrase o Motor Ocasión, adicado aos vehículos de segunda man.

Galería de imaxes

Citroën eléctrico, en 2012.
Citroën eléctrico, en 2012. 
Novidoso triciclo eléctrico Peugeot, no mesmo ano.
Novidoso triciclo eléctrico Peugeot, no mesmo ano. 

Notas

  1. Retrospectiva Citroën (en castelán).
  2. V Retro Auto&Moto Galicia

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Campionato de Galicia de Rally

O Campionato de Galicia de Rally é unha competición de rally sobre asfalto que organiza cada ano a Federación Galega de Automobilismo en Galicia, dende 1979. O campionato disputase en rallys de asfalto. O primeiro gañador foi Celestino Pardo a bordo dun Seat 124 e o último foi Alejandro Pais cun Mitsubishi Lancer Evolution X. O piloto que máis veces gañou o certame foi Germán Castrillón posuidor de seis títulos seguido de Manuel Senra con cinco títulos.

Entre 1975 e 1978 celebrouse en Galicia o Campionato de Galicia de Automobilismo que combinaba probas de rally e subidas. Non foi ata 1979 cando o campionato naceu de maneira oficial.

Circuíto de Autocross de Arteixo

O Circuíto de Autocross de Arteixo é un recinto adicado ás carreiras de coches, homologado pola Real Federación Española de Automovilismo, que está situada na parroquia de Morás (Arteixo).

Feira

Unha feira é un acontecemento social, económico e cultural -establecido, temporáneo ou ambulante, periódico ou anual- que leva a cabo nunha sede e que chega a abarcar xeralmente un tema ou propósito común.

Pode ter por obxectivo primordial a promoción da cultura, algunha causa ou estilo de vida, xeralmente nunha forma divertida e variada; máis comunmente o obxectivo é a estimulación comercial, pois ten a finalidade de lucro ou de xerar ganancias para as localidades anfitrioas, persoas ou organizacións patrocinadoras, e participantes hospitalarios, a cambio dun tempo grato que inclúe diversión e entretemento, participación en xogos de azar e de destreza, alimentos, manxares e lambetadas, obxectos, ou xoguetes etc., para os participantes visitantes e negociantes, xa sexan estes menores ou maiores de idade, dependendo do acontecemento, consignas, características, costumes locais e leis que rexen o lugar.

IFEVI

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) é un complexo multifuncional utilizado para todo tipo de celebracións; concertos, eventos deportivos, feiras internacionais, nacionais ou locais, competicións, conferencias, convencións etc.

Dispón de 3 pavillóns, 5 salas de reunións, dous recibidores, unha sala de xuntas cunha capacidade máxima de 30 persoas, un auditorio con 506 butacas, unha cafetaría, un autoservizo, un restaurante e un aparcadoiro con capacidade para 2200 vehículos.

Está situado en Coto Grande (Cabral), nos arrabaldes de Vigo, a 300 metros do Aeroporto de Peinador. Dispón dunha saída directa dende a Autoestrada do Atlántico AP-9.

Rally Botafumeiro

O Rally Botafumeiro é unha proba de rally que se celebra anualmente nos arredores de Santiago de Compostela, organizada pola Escudería Compostela. É puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

O itinerario da proba transcorre por diferentes concellos da zona como Vedra, Touro, O Pino, Oroso, Teo, Rois etc. sempre por camiños asfaltados. A primeira edición levouse a cabo no ano 1985 sendo o primeiro gañador Jose Mora a bordo dun Renault 5 Turbo.

Rally Cidade de Narón

O Rally Cidade de Narón é unha proba de rally que se disputa nos arredores de Narón na provincia da Coruña, dende 1988 e forma parte do calendario do Campionato de Galicia de Rally.

O rally é levado a cabo pola Escudería Siroco Team Narón, fundada en 1984 e na que formaba parte da directiva Germán Castrillón, que gañaría posteriormente a proba en cinco ocasións. No seu inicio era unha das probas do Campionato de Galicia de Rallys de terra, ata que no ano 1994 entrou no calendario do certame sobre asfalto. En 1998 a proba obtén o máximo coeficiente que mantén na actualidade.

Rally Ourense-Baixa Limia

O Rally Ourense Baixa-Limia é unha proba de rally que se disputa anualmente na zona do Baixa Limia en Ourense dende o ano 2004 organizada pola Escudería Ourense Motorsport e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

Rally Ribeira Sacra

O Rally Ribeira Sacra é unha proba de rally que se celebra anualmente dende 2012 nos arredores do concello de Nogueira de Ramuín (Ourense), organizada pola Escudería Luintra e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

Rally Rías Baixas

O Rally Rías Baixas é un evento automobilístico que se leva a cabo cada ano a finais do mes de maio ou comezos de xuño na comarca de Vigo. Este rally de asfalto, que comezou a disputarse en 1963 (organizado pola Escudería Rías Baixas), é puntuable para o Campionato de España de Rallys dende 1982.

Rally San Froilán

O Rally San Froilán, tamén coñecido como Rally de Lugo, é unha competición de rally que se disputa anualmente na provincia de Lugo dende 1978 organizado pola Escudería Miño e que na actualidade é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. Tamén foi puntuable para o Campionato de España de Rallys entre 1986 e 1998.

Rally Serra da Groba

O Rally Serra da Groba é unha proba de rally que se disputou na provincia de Pontevedra, por primeira vez no ano 2011 sendo puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

Rally Sur do Condado

O Rally Sur do Condado é unha proba de rally que se disputa anualmente no sur da provincia de Pontevedra, dende o ano 2004 pola Escuderia Surco e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

Rally de Ferrol

O Rally de Ferrol é un evento automobilístico que se celebra anualmente en Ferrolterra polo mes de agosto, e que forma parte do calendario do Campionato de España de Rallys de asfalto dende o ano 2005. Anteriormente, entre os anos 1975 e 1980 tamén foi puntuable para o campionato nacional. A proba disputouse por primeira vez no ano 1970.

O piloto con mais vitorias neste rally é Germán Castrillón, que venceu 10 veces.

Rally de Ourense

O Rally de Ourense é un evento automobilístico que se leva a cabo cada ano no mes de xuño na comarca de Ourense dende o ano 1967, organizado pola Escudería Ourense. O rally naceu por iniciativa de Estanislao Reverter, un piloto de rallys galego que quixo que en Galicia houbese unha proba como as que el disputaba no campionato europeo. Esta proba é puntuable para o Campionato de España de Rallys de asfalto dende 1996.

A edición número 43 do Rally de Ourense que se disputou en 2010 foi premiada pola Federación Española de Automovilismo como a proba mellor organizada do Campionato de España de Rallys.

Subida a Chantada

A Subida a Chantada é unha proba automobilística que se disputa anualmente na ribeira sacra chantadina. Xeralmente celébrase a derradeira fin de semana de xullo e está organizada pola Escudería Chantada. Puntúa para o Campionato de Galego de Montaña en en varias edicións tamén o fixo para Campionato de España de Montaña e o Campionato de Europa de Montaña.

Xosé Luís Abadín

Xosé Luís Abadín, nado en Ourense o 13 de marzo de 1987, é un piloto de automobilismo galego.

Automobilismo en Galicia
Federación
Rally
Karting
Autocross
Outros
De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.