Salón Teatro

O Salón Teatro é a sede do Centro Dramático Galego (CDG), a compañía pública de teatro de Galicia, e o escenario das súas producións. Ademais, acolle distintas disciplinas escénicas, como ciclos de cine ou danza.

É o único espazo de exhibición escénica de titularidade exclusiva da Xunta de Galicia e supón un referente cultural para a cidade de Santiago de Compostela e a Comunidade Galega.

Características

Localízase nun edificio histórico no corazón da zona vella de Santiago de Compostela.

O Salón Teatro dispón de platea e tribuna con capacidade para 272 espectadores.

Historia

En 1920 inaugurouse o Salón Teatro como sala de eventos e espectáculos. Tiña unha capacidade de máis de 500 localidades, forma de anfiteatro, un escenario reducido e unha sala dividida en dous andares, posteriormente destinouse principalmente á cinematográfia.

En 1996 o edificio foi adquirido pola Xunta de Galicia e tres anos despois o teatro abriu de novo as súas portas xestionado pola Consellaría de Cultura e Deporte coa estrea do espectáculo Si o vello Sinbad volvese ás illas..., de Álvaro Cunqueiro, a cargo do Centro Dramático Galego.

Véxase tamén

Ligazóns externas

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Cineuropa

Cineuropa é un festival de cinema celebrado cada novembro na cidade de Santiago de Compostela.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Monte Pedroso

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela e na zona consérvase unha ponte medieval. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes pretos como o de Fontecova. No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión. Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Pazo do Hórreo

O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.

Premios Mestre Mateo 2012

Os Premios Mestre Mateo 2012 galardoaron ás producións audiovisuais de Galicia de 2012 e celebrouse o 6 de abril de 2013. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no Palacio da Ópera de A Coruña. A presentadora foi Cristina Castaño.

O venres 15 de febreiro de 2013, nun acto celebrado no Salón Teatro de Santiago de Compostela, os actores Luís Tosar e Camila Bossa deron a coñecer os finalistas.

Premios Mestre Mateo 2013

Os Premios Mestre Mateo 2013 galardoaron as producións audiovisuais de Galicia de 2013 e celebrouse o 12 de abril de 2014. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 26 categorías. A cerimonia celebrouse no PALEXCO de A Coruña.

O 24 de febreiro de 2014, nun acto celebrado no Salón Teatro de Santiago de Compostela, os actores Antonio Mourelos, presidente da AGA, Luís Tosar, vicepresidente, e a actriz Sabela Arán, deron a coñecer os finalistas.

A longametraxe Somos xente honrada estaba nomeada a 13 premios. A seguinte produción en número de candidaturas é a serie de televisión Era visto!, que estaba nomeada en 9 candidaturas. Séguelle a serie televisiva Luci con 8 candidaturas, a miniserie de televisión Salgadura con sete e Inevitable con seis categorías.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.