Saintonge

Saintonge é unha antiga provincia francesa cuxos límites foron mudando co paso do tempo. Duntante a Antigüidade foi parte da provincia romana de Aquitania, sendo Saintes a primeira capital deste vasto territorio. Máis tarde integrouse sucesivamente no patrimonio dos reis e duques da Aquitania, dos condes do Anjou e dos condes de Poitiers, para se acabar integrando de novo no Ducado da Aquitania durante varios séculos. No século XIV, Saintonge constituíu un condado de seu (condado de Saintonge)[1]. Durante a Baixa Idade Media constitúe unha marca fronteiriza entre os dominios dos Capetos e os Plantagenet, sendo o escenario de enfrontamentos recorrentes entre ambas as casas entre 11521451. A miúdo, os señores de Saintonge dubidaban entre os seus vínculos anglo-aquitanos e a súa ligazón con París. A influencia anglo-aquitana foi predominante até a metade do século XIV. Os erros de Henry de Grosmont, conde de Derby (cabalgada de 1346), e do Príncipe Negro debilitaron o poder anglo-aquitano e a provincia pasa a der controlada definitivamente polo Reino de Francia en 1451 (toma de Montguyon)[2].

Saintonge
Localización da Saintonge.
Flag of Saintonge
Bandeira da Saintonge.
Carte de la Saintonge
A antiga provincia da Saintonge e os concellos actuais.

Xeografía

Saintonge cobre hoxe cinco departamentos, o Charente Marítimo (agás a súa parte noroeste, que pertencía á provincia de Aunis e á comarca de Aulnay, no Poitou), un cuarto do oeste do Charente (cantóns Cognac-Nord, Cognac-Sud, Jarnac e Châteauneuf)[3], o extremo sur de Deux-Sèvres (Frontenay-Rohan-Rohan e até a bisbarra sur de Niort) et da Vendée (incluía unha parte da Marisma poitevina). No norte da Xironda, a Gavacharía[4], de fala santonxesa, dependía da Guïena.

Notas e referencias

  1. "Des barbares à la Renaissance"; éd.
  2. « 1451 - Conditions de la reddition de Montguyon (17) au comte de Dunois, pour le roi Charles VII », en Histoire passion (consultado o 20 de febreiro de 2010).
  3. Maurice Bures, Le type saintongeais, Paris, Le Croît vif,‎ (ISBN 2-9079-6705-3).
  4. Le gabay - réédition du dictionnaire de l'Abbé Beloumeau - Magazine Xaintonge no 8 du Grand lexique du patois charentais - 2010.
Charente Marítimo

Charente Marítimo (17) (en francés: Charente-Maritime) é un departamento francés situado no oeste de Francia, que pertence á rexión Nova Aquitania.

Dominio real francés

O dominio real francés (en francés Domaine royal), tamén coñecido como terras da coroa ou patrimonio da coroa de Francia refírese ás terras, feudos e dereitos directamente posuídos polos reis de Francia. Mentres que o termo terras da coroa de Francia acabou refiríndose a unha unidade territorial, o dominio real francés orixinariamente referíase á rede de "castelos, aldeas, leiras, bosques, cidades, casas de relixión e bispados, e os dereitos de xustiza, portádegos e impostos" efectivamente ostentados polo rei ou baixo o seu dominio.En termos de territorio, antes do reinado de Henrique IV, o domaine royal non abarcaba a totalidade do territorio do Reino de Francia, e durante a maior parte da Idade Media significativas porcións do Reino eran posesión directa doutros señores feudais.

Nos séculos X e XI, os primeiros capetos —sendo reis de Francia— estiveron entre os menos poderosos dos grandes señores feudais de Francia en termos do territorio posuído. Pacientemente, a través do uso da lei feudal (e, en particular, a confiscación de feudos de vasalos rebeldes, a conquista, a anexión, hábiles matrimonios con herdeiras de grandes feudos, e incluso por compra), os reis de Francia puideron incrementar o seu dominio real. Na época de Filipe IV, o significado de "dominio real" comezou a pasar de ser unha mera colección de terras e dereitos a unha unidade territorial fixa, e no século XVI o "dominio real" comezou a coincidir con todo o territorio do Reino. Porén, o sistema medieval de apanaxe (unha concesión dun feudo cos dereitos das terras polo soberano aos seus fillos menores (non aos delfíns, que revertería á coroa ao extinguirse a liña masculina descendente do titular orixinal) alleou amplos territorios do dominio real e ás veces creou rivais perigosos (especialmente no Ducado de Borgoña nos séculos XIV e XV).

Durante as guerras de relixión de Francia criticouse con frecuencia a alleación de terras e feudos do dominio real. O edito de Moulins (1566) declarou que o dominio real (definido no segundo artigo como toda a terra controlada pola coroa durante máis de dez anos) non podía allearse, excepto en dous casos: con vinculacións, no caso dunha emerxencia financeira, cunha opción perpetua de recomprar a terra, e para formar unha apanaxe, que debería regresar á coroa no seu estado orixinal cando se extinguira a liña masculina.

Tradicionalmente, esperábase que o rei mantivera as súas necesidades vitais a partir das rendas xeradas polo dominio real, pero as necesidades fiscais, especialmente en tempos de guerra, levaron aos reis a promulgar impostos "especiais", como a taille, sobre a totalidade do Reino (a taille fíxose permanente en 1439).

Década de 490

A década de 490 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 490 e remata o 31 de decembro de 499.

Escultura románica

A escultura románica, insírese en xeral, dentro das metas artísticas do movemento da arte románica, incluída a comunicación entre a Igrexa católica e os fieis, o que é o reino de Deus na terra e mailo templo. Así, a escultura tivo unha estreita relación coa arquitectura, inseríndose no seu lugar como un elemento complementario, e dedicouse principalmente ao ensino das escenas bíblicas con relevos de pedra que fosen comprensibles para os crentes laicos. Esta actividade desenvolveuse entre o século XI e, en correspondencia coas diferentes partes de Europa, o século XII ou a primeira metade do XIII.É o románico do século XI, no que se dan a coñecer as primeiras obras de escultura monumental que se presentan dende o século V, período no que deixan de existir pezas de vulto redondo (pezas tridimensionais) e observan un aumento da produción de pequena escultura e traballos en metal, desenvolvidos durante o período prerrománico.

O pulo do novo factor de produción da escultura foi a ruta de peregrinación cara á catedral de Santiago de Compostela, ao longo do cal se levantaron novas igrexas baixo a organización da Orde de Cluny. Estes templos foron construídos en lugares de paso neste período de fervor relixioso, para unha acollida espiritual de peregrinos e a exposición das reliquias. Francia e o norte de España son tamén lugares onde se poden ver os exemplos da primeira produción da escultura románica aplicada á arquitectura. Ademais da pedra, a madeira foi un material importante para a construción de igrexas, sobre todo na parte norte de Europa, e para as imaxes exentas de devoción ou de altar, que poucas veces se traballaron en pedra, a madeira policromada, xa ás veces recuberta con metais como o bronce ou a prata, foi o material máis utilizado. Ao principio do período románico, para os teólogos como Rábano Mauro, os bos artesáns debían instruír con sinxeleza e emocionar coa expresión vigorosa da súa arte. O concepto de artista non estaba definido como tal, senón que se denominaba artifex theoricus a quen lía, entendía e proxectaba as manifestacións para construír e realizar as obras e o artifex practicus, o pictor ou o magister operes que era o que traballaba con «arte» e en definitiva materializaba a obra.

Formación e evolución das galaxias

O estudo da formación e evolución das galaxias explica como se orixinaron as primeiras galaxias, como foron cambiando co tempo ata o seu estado actual, e os procesos que xeraron a variedade de estruturas observadas en galaxias próximas. Isto depende dos procesos que formaron un Universo heteroxéneo a partir dun estado inicial homoxéneo.

Hipotetízase que a formación de galaxias ocorre a partir de teorías de formación de estrutura, como resultado de diminutas flutuacións cuánticas como consecuencia do Big Bang. O modelo máis simple para explicalo que está en xeral de acordo cos fenómenos observados é o modelo Lambda-CDM (cosmoloxía Λ-materia escura fría, do inglés Λ-Cold Dark Matter cosmology), que di que o agrupamento e fusión de galaxias é o modo mediante o cal as galaxias aumentan de masa, e pode determinar tamén a súa forma e estrutura.

Galos

O termo galos designa as poboacións protohistóricas de celtas que residían na Galia, (Gallia en latín), é dicir, aproximadamente nos territorios actuais da Francia, o sur de Bélxica, e máis a Italia do norte, probabelmente a partir da primeira Idade de Ferro (cara ao 800 a.c.).

Os galos estaban divididos en múltiples tribos ou pobos, as veces federados, presentando cada un certa cultura orixinal.

As civilizacións galas son clasificadas en arqueoloxía dentro da civilización céltica de La Tène (do nome dun lugar sito nas beiras do lago de Neuchâtel, en Suíza). A civilización de La Tène espallouse polo continente europeo durante a segunda Idade de Ferro e desapareceu en Irlanda ao longo da Alta Idade Media.

Guerra dos Cen Anos

A expresión guerra dos Cen Anos (en francés: guerre de Cent Ans, en inglés: Hundred Years' War) identifica unha serie de conflitos armados, rexistrados de forma intermitente, durante os séculos XIV e XV, que durou en realidade 116 anos (mércores 1 de xaneiro de 1337 - mércores 17 de outubro de 1453) entre as dinastías dos Plantagenet e os Valois arrastrando con elas os reinos de Francia e Inglaterra. Esta guerra foi de raíz feudal, pois o seu propósito non era outro que resolver quen controlaría as enormes posesións dos monarcas ingleses en territorios franceses, desde 1154, debido ao ascenso de Henrique II Plantagenet, conde de Anjou, ao trono inglés. Tivo implicacións internacionais e finalmente, logo de numerosos avatares, saldouse coa retirada inglesa de terras francesas.

A longa duración dese conflito explícase polo grande poderío dos ingleses dun lado e a obstinada resistencia francesa do outro. Foi a primeira gran guerra europea que provocou profundas transformacións na vida económica, social e política da Europa Occidental. Francia foi apoiada por Escocia, Bohemia, a Coroa de Castela e o Papado de Avignon. Inglaterra tivo por aliados aos flamengos, alemáns e portugueses. A cuestión dinástica que desencadeou a chamada guerra dos Cen Anos superou o carácter feudal das rivalidades político-militares da Idade Media e marcou o peor dos futuros enfrontamentos entre as grandes monarquías europeas.

Imperio Anxevino

O termo Imperio Anxevino é un termo moderno que describe o conxunto de estados gobernados nalgún momento pola dinastía anxevina Plantagenet. Os Plantagenet gobernaron sobre unha área que se estendía dos Pireneos a Irlanda durante os séculos XII e XIII. O "imperio" abranguía máis ou menos a metade occidental da Francia medieval, toda Inglaterra e toda Irlanda. Porén, a pesar do seu poder, os Plantagenet foron derrotados por Filipe Augusto, da Casa dos Capetos, que partiu o imperio en dous tras desposuílos de Normandía e Anjou. Esta derrota sementaría o terreo para as guerras de Saintonge e dos Cen Anos.

La Rochelle

La Rochelle é unha cidade francesa de 76.584 habitantes; capital do departamento de Charente Marítimo. É un porto da costa atlántica de Francia aproximadamente equidistante da punta da Bretaña e do País Vasco francés. Ten arredor de 75.000 habitantes, 100.000 coas súas proximidades. Alberga un aeroporto compartido coa Illa de Ré.

Lingua poitevina-saintongeais

O poitevino-santoñés, chamado tamén parlanjhe ou poetevin-séntunjhaes é unha lingua románica da familia das linguas de oïl, marcada por orixes occitanas. É falada na rexión de Poitou-Charentes, en Vendée, en Maine e Loira, no norte da Gironda (en Aquitania). Ademais é falada en certas rexións de Indre e Loira, do Alto Vienne e da Dordoña, nas antigas provincias de Poitou e da Saintonge, en Francia.

Luís VII de Francia

Luís VII de Francia, chamado Luís o Novo, nado en 1120 e finado en Melun o 18 de setembro de 1180, foi rei de Francia entre 1137 e 1180. Foi o sexto en liña directa da dinastía dos Capetos. Era fillo de Luís VI e de Adela de Saboia (v. 1100-1154). Casou con Leonor de Aquitania, Constanza de Castela (1140-1160) e Adela de Champaña. Sucedeuno o seu fillo, Filipe Augusto.

Quebec

Este artigo trata da provincia canadense do Quebec. Para o artigo sobre a súa capital véxase Quebec (cidade).O Quebec (en francés: Québec) é unha provincia do Canadá cunha poboación de preto de 7,5 millóns de habitantes. A maioría dos quebequeses falan o francés. A capital do Quebec é a cidade de Quebec e a súa metrópole é Montreal.

Reino de Aquitania

O reino de Aquitania foi un reino franco establecido na rexión de Aquitania na idade media en dous períodos diferentes non sucesivos, compostos por un breve período en época merovinxia (628-632) e posteriormente en época carolinxia (781 - 884). Antes e despois a rexión converteuse nominalmente en Ducado de Aquitania baixo vasalaxe do rei dos francos e posteriormente do Reino de Francia.

Royan

Royan (Roeyan en santongès) é unha comuna situada no departamento de Charente-Maritime, na rexión de Poitou-Charentes, Francia.

En 1999 tiña 17.102 habitantes. A economía basease no balneario (5 praias)

Saintes

Saintes é unha comuna de Francia situada no departamento do Charente Marítimo, na rexión Poitou-Charentes. Contaba no ano 1999 con 25 595 habitantes.

Samuel de Champlain

Samuel de Champlain, nado en Brouage, Charente-Maritime, entre 1567 e 1580, e finado na rexión canadense de Quebec, o 25 de decembro de 1635, foi un navegante, cartógrafo, debuxante, militar, explorador, xeógrafo, etnógrafo, diplomático e cronista francés que fundou a cidade de Quebec o 3 de xullo de 1608 e está considerado o "pai da Nova Francia".Nado nunha familia de mestres mariñeiros, Champlain, sendo aínda novo, participou na exploración de Norteamérica en 1603 baixo a dirección de François Gravé du Pont (1560 - ca. 1629) e ao servizo do gobernador de Dieppe, que tiña nese momento o monopolio para explotar a incipiente industria de peles en Nova Francia. No período 1604-1607, Champlain participou na exploración e colonización de Acadia (hoxe Nova Escocia) e logo, en 1608, estableceu a colonia francesa que agora é a cidade de Quebec. Champlain foi o primeiro europeo que explorou e describiu a rexión dos Grandes Lagos e publicou mapas das súas viaxes e as cousas que aprendeu dos indíxenas e dos franceses que vivían entre os nativos. Estableceu relacións coas tribos innu locais, e máis tarde con outros máis ao oeste, na rexión do río Ottawa, o lago Nipissing e a baía Georgian), e acordou brindarlles apoio nas súas guerras contra os iroqueses.

En 1620, Luís XIII de Francia encomendoulle a Champlain pór fin á exploración e regresar a Quebec e dedicarse á administración do país. Malia carecer do título formal, por non pertencer á nobreza, Samuel de Champlain serviu como gobernador de Nova Francia. Estableceu ligazóns comerciais froito das cales se enviaron mercadorías, principalmente pel, a Francia, e supervisou o crecemento de Nova Francia no val do río San Lourenzo ata a súa morte en 1635.

Champlain lémbrase como "Pai da Nova Francia" e na súa lembranza erguéronse moitos monumentos e bautizáronse numerosos lugares, rúas e infraestruturas no nordés de América do Norte. O máis notable deles é o lago Champlain, situado na fronteira entre os Estados Unidos e Canadá. En 1609 dirixiu unha expedición augas arriba polo río Richelieu e explorou un lago longo e estreito situado entre as Montañas Verdes, no actual Vermont, e as Adirondack, no actual estado de Nova York. Déuselle o seu nome ao lago por ser o primeiro europeo en cartografalo e describilo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.