Saint Kitts e Nevis

Saint Kitts e Nevis (Escoitari/-ˈkɪts...ˈniːvɪs/)[2] (en inglés: Saint Kitts and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación.[3] O país é un reino da Commonwealth, con Isabel II do Reino Unido como raíña e xefe do Estado.[4][5]

A súa capital é Basseterre na illa máis grande de Saint Kitts.[6] A pequena illa de Nevis está aproximadamente a 3 km. ao sueste a través dunha canle pouco profunda chamada The Narrows.[7]

A dependencia británica de Anguila tamén foi parte desta unión, que entón era coñecida colectivamente como Saint Christopher-Nevis-Anguila, así a todo optou por apartarse da unión e segue sendo un Territorio Británico de Ultramar.[8] Ao norte-noroeste atópanse as illas de San Eustaquio, Saba, Saint-Barthélemy, Saint-Martin / Sint Maarten e Anguila. Ao leste e ao nordés atópanse Antiga e Barbuda, e ao sueste a pequena illa deshabitada de Redonda (parte de Antigua e Barbuda) e a illa de Montserrat.

Saint Kitts e Nevis foron as primeiras illas do Caribe en colonizarse polos europeos. Saint Kitts foi o fogar das primeiras colonias británicas e francesas do Caribe, e así foi tamén chamada "A Colonia Nai das Indias Occidentais". [Cómpre referencia]

Coordenadas: 17°20′N 62°45′O / 17.333, -62.750

Federación de Saint Kitts e Nevis
Federation of Saint Kitts and Nevis
Bandeira de Saint Kitts e Nevis
Escudo de Saint Kitts e Nevis
BandeiraEscudo
KNA orthographic
Lema: Country Above Self
Himno: [["O Land of Beauty!"
]]
Capital
 • Poboación
Basseterre
14000 (2018)
Cidade máis poboadaBasseterre
Linguas oficiaisinglés
Forma de gobernoMonarquía
Raíña de San Cristovo e Neves
Gobernador Xeral
Primeiro Ministro
Isabel II do Reino Unido
Tapley Seaton
Timothy Harris
Independencia do Reino Unido19 de setembro de 1983
SuperficiePosto 207º
 • Total261 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras0 km
Costas135 km
PoboaciónPosto 209º
 • Total (2016 est.)54.821 hab.
 • Densidade164 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total527 millóns US$
 • per cápita10 155 US$[1]
MoedaDólar Caribe-Leste (XCD)
IDH0,825
Fuso horarioUTC -4
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.kn
Prefixo telefónico+1 + 869
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO659 / KNA / KN
Membro de: OMC, Caricom

Historia

Artigo principal: Historia de Saint Kitts e Nevis.

Saint Kittts, ou San Cristovo, era orixinalmente chamada Liamuiga polos indíxenas que a habitaban. Nevis era orixinalmente chamada Oualie, "terra das augas belas". Cristovo Colón avistou Nevis o 1493.

As illas tornáronse colonias do Reino Unido no 1624. Nevis foi colonizada no 1628 con colonos orixinarios de Saint Kitts. A pesar de separadas por apenas 3 km de auga, as dúas illas foron colonias separadas ata o final do século XIX, cando foron unidas entre si e a Anguila.

San Cristovo, Nevis e Anguila, tornáronse un Estado en conxunto, con autonomía interna completa en 1967. Anguilla rebelouse e foi permitida súa separación en 1971. San Cristovo e Nevis conseguiron a súa independencia en 1983. En agosto do 1998, celebrouse un referendo de autodeterminación en Nevis, os votos favorables á secesión non chegaron aos dous terzos requiridos pola constitución. En setembro do mesmo ano, o furacán Georges causou aproximadamente 445 millóns de dólares en danos, e limitou o crecemento do PIB para aquel ano.

Política

Artigo principal: Política de Saint Kitts e Nevis.

Como a maior parte dos países que integran a Mancomunidade Británica de Nacións, o xefe de Estado das illas segue sendo o monarca británico, o cal elixe un Gobernador Xeral residente para que lle represente nos asuntos locais. Desde o 1 de xaneiro de 1996 o Gobernador Xeral das illas é Cuthbert Montraville Sebastian. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro Denzil Douglas, que é tamén líder do partido que ten a maioría no parlamento.

O Parlamento unicameral (National Assembly, Asemblea Nacional) ten 14 membros, sendo 11 elixidos directamente pola poboación (3 da illa de Nevis) e 3 senadores, que son indicados polo Gobernador Xeral.

O país forma parte do Caricom e da Organización dos Países do Caribe-Leste (OECS).

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Saint Kitts e Nevis.

Hai 14 subdivisións ou parroquias nas dúas illas:

San Cristovo (Saint Kitts)

Christ Church Nichola Town - Saint Anne Sandy Point - Saint George Baseterre - Saint John Capisterre - Saint Mary Cayon - Saint Paul Capisterre - Saint Peter Baseterre - Saint Thomas Middle Island - Trinity Palmetto Point.

Nevis

Saint George Gingerland - Saint James Windward - Saint John Figtree - Saint Paul Charlestown - Saint Thomas Lowland -

Saint Kitts-Nevis.geohive

Saint Kitts-Nevis.geohive

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Saint Kitts e Nevis

Saint Kitts and Nevis-CIA WFB Map
Mapa do país.
Stkitts-view-lookingatsea
Nevis vista desde Saint Kitts

As dúas illas antillanas que forman o país están separadas polo estreito de Narrows, de menos de 3 km. Ambas as illas son de orixe volcánico con escarpadas cimas no interior. O pico máis alto é o de San Cristovo, o Monte Liaumiga con 1.156 m. Pola contra nas zonas próximas á costa o relevo é totalmente chairo.

O clima das illas é tropical húmido cunha media de 26,7 graos durante todo o ano.

É o país máis pequeno de América.

Economía

Artigo principal: Economía de Saint Kitts e Nevis

O turismo e as finanzas internacionais son a fonte principal de ingresos para a súa poboación.

San Cristovo e Nevis é membro da Comunidade do Caribe (Caricom). A Suprema Corte do Caribe Oriental encárgase dos seus asuntos xudiciais e a súa moeda é o dólar do Caribe Oriental.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Saint Kitts e Nevis.

A poboación das illas está composta na súa maioría por negros descendentes dos escravos traídos da África Occidental.

A maioría da poboación é cristiá, principalmente anglicanos, aínda que tamén existen outras confesións protestantes e a igrexa católica.

O inglés é o principal idioma, aínda que tamén se fala o patois.

Notas

  1. Saint Kitts e Nevis - Informe do Fundo Monetario Internacional (en inglés)
  2. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
  3. [https: //www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/sc.html "CIA World Factbook- St Kitts e Nevis"] |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 10 de xullo de 2019.
  4. [https: //www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/sc.html "CIA World Factbook-St Kitts e Nevis"] |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 10 de xullo de 2019.
  5. [https: //www.britannica.com/place/Saint-Kitts-and-Nevis "Enclopedia Britannica - St Kitts e Nevis"] |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 10 de xullo de 2019.
  6. "CIA World Factbook- St Kitts and Nevis". Consultado o 10 de xullo de 2019.
  7. [https: //www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/sc.html "CIA World Factbook- St Kitts e Nevis"] |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 10 de xullo de 2019.
  8. [https: //www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/sc.html "CIA World Factbook-St Kitts e Nevis"] |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 10 de xullo de 2019.
Alexander Hamilton

Alexander Hamilton, nado na actual Saint Kitts e Nevis o 11 de xaneiro de 1757 e finado en Nova York o 12 de xullo de 1804, foi un economista, político, escritor, avogado e soldado estadounidense.

Antillas Menores

As Antillas Menores ou Pequenas Antillas é o grupo de illas no Mar Caribe formado polas Antillas de menor tamaño, que forman un arco insular ao sueste das Antillas Maiores ou Grandes Antillas, que vai desde o leste de Porto Rico ata a costa occidental de Venezuela.

Está constituído polas illas de Trinidad, Tobago (ambas as dúas situadas sobre a plataforma continental de Sudamérica), Barbados e dous grupos de illas, coñecidos como:

Illas de BarloventoIntegrado por Granada, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, Martinica, Dominica, Marie-Galante, La Désirade, Les Saintes, Guadalupe, Montserrat, Barbuda, Antiga, Saint Kitts e Nevis, San Eustaquio, Saba, San Martiño, Anguila, Redonda, e as illas Virxes.

Illas de SotaventoIntegrado polas illas de Aruba, Curaçao, Bonaire, Arquipélago de Las Aves, Arquipélago Os Roques, A Orchila, La Tortuga, Illa de San Pedro de Coche, Cubagua e Illa de Margarita, situadas fronte ás costas de Venezuela e sobre a plataforma continental suramericana.

Bandeira de Anguila

A bandeira de Anguila consta dun fondo azul mariño coa bandeira do Reino Unido no cantón. Á dereita, sitúase o escudo de Anguila, cuxo deseño baséase no empregado pola antiga bandeira de Anguila, coñecida como Os Tres Golfiños.

Durante a revolución de 1967 que intentou separar a este arquipélago de Saint Kitts e Nevis (ata ese momento, formando unha federación dentro do Reino Unido) creouse a primeira bandeira, o 27 de xullo dese ano, composta por un fondo de cor violeta coa imaxe de dúas sereas separadas por unha cuncha dentro dun círculo azul. Esta bandeira non foi aceptada e axiña foi trocada por unha moito máis sinxela, o 20 de setembro: tres golfiños laranxas nun campo branco (que representa a pureza e a paz) sobre un campo máis pequeno de cor turquesa que representa o mar Caribe, a fe, a xuventude e a esperanza. Os tres golfiños representan a perseveranza, a unidade e a fortaleza, formando un círculo de continuidade.

Bandeira de Saint Kitts e Nevis

A bandeira de Saint Kitts e Nevis foi adoptada o 19 de setembro de 1983. Está dividida en dúas metades por unha banda situada na súa diagonal ascendente (dende o lado do mastro). Ten as cores do panafricanismo: a metade superior é de cor verde, a inferior é vermella e a banda é de cor negra con bordos amarelos. No interior da banda figuran dúas estrelas brancas de cinco puntas que están desprazadas cara os bordos.

A cor verde representa a fertilidade da terra, o vermello a loita contra o colonialismo, o negro simboliza os vencellos con África e o amarelo a luz do sol.

Basse-Terre

Basse-Terre é unha comuna francesa, capital administrativa do departamento de Guadalupe.

Basseterre

Basseterre, (francés: Terra Baixa) é a capital de Saint Kitts e Nevis e da parroquia de Saint George Basseterre. Ten unha poboación estimada de 15 500 habitantes (1990). A cidade atópase situada na illa de Saint Kitts ou San Cristovo, e é un dos principais depósitos comerciais das illas de Sotavento.

Denzil Douglas

Denzil Llewellyn Douglas, nado en 1953, foi Primeiro ministro de Saint Kitts e Nevis dende o 7 de xullo de 1995. Líder do Partido Laborista de Saint Kitts e Nevis.

Dólar do Caribe Oriental

O dólar do Caribe Oriental (en inglés, East Caribbean Dollar) é a moeda oficial en 6 estados independentes pertencentes á Organización dos Estados do Caribe Oriental (Antiga e Barbuda, Dominica, Granada, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía e San Vicente e as Granadinas) e dous territorios do Reino Unido (Anguila e illa Montserrat) que se encontran localizados no mar Caribe.

O código ISO 4217 para o dólar do Caribe Oriental é XCD e comunmente é representado como EC$. Subdivídese en 100 cents ou céntimos. Hai en circulación moedas de 1, 2, 5, 10 e 25 cents e 1 dólar, e billetes de 5, 10, 20, 50 e 100 dólares.

Economía de Saint Kitts e Nevis

Saint Kitts e Nevis foi o último lugar en practicar a monocultura de azucre nas Antillas Menores. Pero debido a que a industria sucreira atopaba cada vez maiores dificultades para conseguir beneficios, o goberno decidiu realizar un programa de diversificación para o sector agrícola e estimulación do desenvolvemento noutros sectores da economía, particularmente o turismo.

O goberno instituiu un programa de incentivos ao investimento, alentando tanto o investimento privado doméstica como estranxeira. As políticas gobernamentais incluían exencións fiscais, importación de equipamento e materiais libres de impostos e subsidios para a capacitación a persoal local. O turismo mostrou un gran incremento. Cara a 1987, excedera ao azucre como fonte de ingreso de divisas.

Granada, Caribe

Granada (en inglés Grenada) é un país insular no mar Caribe que inclúe ás Granadinas do sur. É o segundo país independente máis pequeno do hemisferio occidental (logo de Saint Kitts e Nevis). Atópase na zona sueste do mar Caribe, ao norte de Trinidad e Tobago, ao Nordeste de Venezuela e ao sur de San Vicente e as Granadinas.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Leptodactylus fallax

Leptodactylus fallax, tamén coñecido popularmente como "polo das montañas", é unha especie de ra orixinaria das illas caribeñas de Dominica e Montserrat. A poboación declinou un 81% nos últimos dez anos e esta especie esta agora gravemente en perigo de extinción. En 2004 estimouse que a súa poboación estaba por baixo dos 8.000 exemplares. Unha das súas principais ameazas é o consumo humano, xa que son uns animais moi aprezados na especialidade culinaria das ancas de ra. A doenza quitridiomicose tamén ten un efecto dramático na poboación.

Lingua de sinais americana

A lingua de sinais americana (en inglés: American Sign Language) é unha lingua de sinais pertencente ao grupo da comunidade xorda, da familia das linguas de sinais. Existe un gran número de dialectos de sinais. A ASL é utilizada en Estados Unidos (2 000 000).

Nevis

Nevis é unha illa no mar Caribe, o seu nome é unha corrupción da palabra española Nieves, forma abreviada de Nuestra Señora de las Nieves, nome que segundo a tradición local, aínda que sen evidencia histórica puxo á illa Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493 ao ancorar nela durante a súa segunda viaxe a América por mor das nubes que cobren permanentemente o Monte Nevis e que lle dá unha aparencia de cumio nevado. Xunto coa illa de Saint Kitts que está ao norte, constitúe a Federación de Saint Kitts e Nevis. A illa abrangue nove antigos centros volcánicos que contribuíron á súa formación, calculándose a última erupción en cen mil anos atrás .

Nevis conta co seu propio parlamento e goberno, o actual primeiro ministro é Joseph Parry, quen substituíu en 2006 a Vance Armory. A constitución de Saint Kitts e Nevis recoñece no seu artigo 113 o dereito á secesión da illa de Nevis e nese marco legal o 10 de agosto de 1998 celebrouse un referendo de autodeterminación, mostrándose favorables á secesión o 61.7% dos votantes de Nevis, sen chegar por pouco aos dous terzos requiridos pola constitución

Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.

Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.

Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.

Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.

Canadá (parish):

Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.

Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.

Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.

España:

Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.

Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.

Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.

Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia

Estados Unidos (parish):

Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións

Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.

Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.

Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.

Reino Unido

Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.

Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.

Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.

San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.

Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.

Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.

Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.

Partido Laborista de Saint Kitts e Nevis

O Partido Laborista de Saint Kitts e Neves (en inglés: Saint Kitts and Nevis Labour Party) é un partido político de centro-esquerda de San Cristovo e Neves. Nas eleccións lexislativas do 25 de outubro de 2005, o partido obtivo o 50.6% do voto popular, e 7 dos 11 escanos do parlamento. Denzil Douglas foi confirmado como Primeiro Ministro.

É membro da Internacional Socialista.

Saint Kitts

Saint Kitts, San Cristovo, tamén coñecida oficialmente como Saint Christopher, é unha illa do grupo das Antillas Menores, o lado oeste da illa limita co mar Caribe e a costa leste enfróntase ó océano Atlántico. Saint Kitts e a veciña illa de Nevis é unha das dúas illas principais que constitúen un país: a Federación de Saint Kitts e Nevis. Saint Kitts e Nevis están separadas por unha profunda canle de 3 km coñecida como "Os Narrows". A constitución (redactada en inglés) acepta os nomes Saint Christopher and Nevis (San Cristovo e Neves) e Saint Kitts and Nevis (Saint Kitts e Nevis).

A illa é unha das Illas de Sotavento nas Antillas Menores. Está situado a uns 2100 km ao sueste de Miami, Florida. A área de terra de Saint Kitts é de aproximadamente 169 km², tendo aproximadamente 29 km de longo e en torno á 8 km de largo.

Saint Kitts ten unha poboación de ao redor de 45.000 habitantes, a maioría dos cales son principalmente de ascendencia africana. O idioma principal é o inglés. Cunha taxa de alfabetización do 98% aproximadamente.[Cómpre referencia] Os residentes chamanse a se mesmos Kittitiáns.

O Parque Nacional de Brimstone Hill, Patrimonio da Humanidade, é a fortaleza máis grande que se construíu no Caribe Oriental. A illa de Saint Kitts é o fogar do Estadio de críquet Parque Warner, que se utilizou para aloxar os partidos da Copa Mundial de Cricket de 2007. Isto fixo de Saint Kitts e Nevis a nación máis pequena en albergar algunha vez un evento de Copa Mundial. Saint Kitts é tamén o fogar de varias institucións de educación superior, incluíndo Escola de Medicina Veterinaria Ross University, Escola Universitaria de Medicina Windsor e a Universidade de Medicina e Ciencias da Saúde.

The Valley

The Valley é a capital de Anguila, no mar Caribe, e a maior localidade da illa. No censo de 2011 contaba cunha poboación de 1 067 habitantes. Está situada na baía de Crocus Bay, no centro do litoral noroeste da illa.

ZIZ

ZIZ é a compañía pública de radio e televisión de Saint Kitts e Nevis.

Países
Territorios dependentes
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.