Sabero

Coordenadas: 42°50′10″N 5°9′1″O / 42.83611, -5.15028 Sabero é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 1.407 habitantes (INE 2011).

Localidades

  • Alejico
  • Olleros de Sabero
  • Sabero
  • Saelices de Sabero
  • Sotillos de Sabero

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Esllabón Lleonesista

A asociación Esllabón Lleonesista (Elo Leonesista en galego) é unha asociación socio-cultural de ideoloxía leonesista fundanda no ano 1997 por persoas de distintas sensibilidades ligadas ao leonesismo social. Nela participan militantes e ex-militantes de partidos políticos leonesistas así como persoas independentes non ligadas a ningunha organización. O seu presidente actual é Amadeo Núñez e conta entre os seus membros militantes históricos do leonesismo como Felix Pérez Echevarría 'Cheva'.

A asociación pasou por diferentes etapas de actividade e inactividade ao longo da súa historia. Na actualidade, a asociación participa moi activamente na vida social e cultural da cidade de León, onde concentra a meirande parte das súas ocupacións. A asociación ten unha publicación propia chamada Bolteo a cal é publicada e distribuída pola asociación na actualidade, pero que tamén viviu períodos de inactividade coma a propia asociación.

GREIM

Os Grupos de Rescate e Intervención en Montaña (orixinariamente Grupos Rurais Especiais de Intervención en Montaña, trátanse de Unidades especiais da Garda Civil herdeiras dos antigos Grupos de Esquiadores-Escaladores, creadas en 1981 para realizar os labores propios de devandito Corpo en lugares de difícil acceso, entendéndose por estes as zonas de montaña ou naqueloutras que, pola súa dificultade orográfica ou climatolóxica, requira dunha especial preparación física e técnica, así como do emprego de medios técnicos adecuados, como en cavidades subterráneas. As súas dúas misións principais son o rescate en montaña e espeleoloxía e os labores de Policía Xudicial no medio montañoso, con meteoroloxía adversa ou nas que sexa necesario o uso de medios técnicos.

A Dirección Xeral da Garda Civil, na súa normativa interna, asigna os seguintes labores ao Servizo de Montaña:

Prestar auxilio ás persoas accidentadas, perdidas ou illadas en zonas de montaña ou lugares de difícil acceso.

Velar polo cumprimento das disposicións que tendan á conservación da natureza e medio ambiente en zonas de alta montaña.

Garantir a seguridade e o cumprimento da lexislación vixente en devanditas zonas de actuación.

Realizar servizos de vixilancia e de prevención e mantemento da orde pública en pistas de esquí, así como en competicións deportivas de montaña.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Manuel Freire Rodríguez

Manuel Freire Rodríguez, nado en Monforte de Lemos o 2 de febreiro de 1993, é un piragüista galego, especialista en descenso de augas bravas.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.