Sabela (peixe)

A sabela,[1] é un peixe da familia dos clupeidos moi semellante á zamborca, polo que tamén se coñece con este nome.[2][3]

Sabela
Alosa fallax
Alosa fallax

Alosa fallax
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Clupeoidei
Familia: Clupeidae
Subfamilia: Alosinae
Xénero: Alosa
Especie: A. fallax
Nome binomial
Alosa fallax
(Lacépède, 1800)
Alosa fallax (head)
Detalle da cabeza.

Características

De corpo alongado, fusiforme, comprimido lateralmente, de até algo máis de 60 cm de lonxitude nas femias (os machos son máis pequenos) e 1,5 kg de peso e alonga, ten a aleta dorsal no medio do lombo, algo más cerca da cabeza que do pedúnculo caudal. Ten de 60 a 65 escamas sobre a liña lateral.[3][4]

A coloración é azul verdosa no dorso e prateada nos flancos e na rexión ventral. Presenta unha ou dúas manchas negras detrás do opérculo e de 6 a 10 pintas, tamén negras, a cada lado o corpo.[3][4]

Hábitat e bioloxía

A sabela distribúese polas costas do Atlántico nororiental, desde o sur de Islandia e o golfo de Botnia até o extremo norte do noroeste africano, e por todo o Mediterráneo, até o oeste e o sur do mar Negro, formando cardumes.[4][5]

É unha especie anádroma, que penetra nos esteiros salobres e sobe polo grandes ríos na primavera para a reprodución. Esta realízase en fondos de area ou grava, e a femia pon uns 200 000 ovos, peláxicos, que van á deriva e se desenvolven rapidamente, nun período de 2 a 8 días. Despois da desova, os adultos regresan ao mar.[4]

As crías permanecen nos ríos e esteiros até que alcanzan os 5 ou 6 cm de lonxitude. Acadan a madurez sexual aos 3 ou 4 anos, cando miden de 30 a 40 cm.[4]

Aliméntase de zooplancto de larvas der peixes.[3][4]

En Galicia

A presenza sa sabela en Galicia foi rexistrada por de Buen en 1935, en fondos da plataforma continental menores de 200 m, desde a desembocadura do Miño até Fisterra.[6]

Notas

  1. Lahuerta e Vázquez (2000)
  2. Ríos Panisse (1977)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Rodríguez Viilanueva et al. (1995), pp. 26-27.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Muus, Preben J. (1998), pp.92-93.
  5. Ver mapa de distribución en FishBase.
  6. Solórzano et al, (1988), p. 19.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos

Ligazóns externas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.