SYSCA

O Club de Salvamento e Socorrismo SYSCA é unha agrupación deportiva de Carballo creada en maio de 1990.

Ten as súas instalacións na rúa Carballo Calero, entre o colexio Bergantiños e o pavillón municipal Bergatiños. Estas instalacións contan cunha piscina e un ximnasio, os cales están abertos ó público. O seu presidente é Pedro Lantes Rama (Carballo, 1969).

No ano 2013 o club gañou o título de Campións Galegos de Salvamento e Socorrismo en competición de praia, título acadado fronte ao club SASA de Sada, o club SAL de Laracha, o club de Ponferradina e o club de Cerceda.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.