SNCF

A Société nationale des chemins de fer français (en galego: Sociedade Nacional de Ferrocarrís Franceses), máis coñecida polas siglas SNCF, é unha empresa estatal francesa que se encarga da explotación dos ferrocarrís nese país baixo un réxime de monopolio na práctica. Forma parte, xunto a outras 49 filiais, do que se denomina «Grupo SNCF».

A forma xurídica da SNCF é a dunha empresa pública de carácter industrial e comercial (EPIC), que á súa vez ten participacións maioritarias ou totais en varias empresas privadas agrupadas no Grupo SNCF. A empresa emprega a preto de 160.000 persoas e facturou 17.800 millóns de euros en 2009. Exerce unha dobre actividade:

  • A de operador ferroviario, encargada da explotación comercial dos servizos de pasaxeiros e mercadorías.
  • O mantemento e xestión da rede de ferrocarril francesa de RFF.

A SNCF explota en torno a 32.000 quilómetros de liñas, 1.850 km de liña de alta velocidade. Pon en circulación unha media de 14.000 trens diarios e transporta 1.000 millóns de pasaxeiros ao ano. Polo seu volume de actividade é a segunda empresa ferroviaria da Unión Europea tras a Deutsche Bahn.

Société nationale des chemins de fer français
Logo SNCF 2011
TGV IRIS320 Gare du Nord Paris FRA 006
Imaxe corporativa
TipoEmpresa pública
Fundación1938
LocalizaciónFrancia París, Francia
IndustriaFerrocarril
Número de empregados160.000 (2010)
Páxina webwww.sncf.com

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alta Velocidade Española

A Alta Velocidade Española, coñecida co acrónimo AVE, é unha marca comercial da empresa Renfe Operadora pola que define o servizo comercial con trens de alta velocidade en España. Está operativo dende abril de 1992, cando se inaugurou Novo acceso ferroviario a Andalucía.

Esta división de RENFE creouse en 1992, ao escindírense da empresa matriz outras pequenas empresas, chamadas unidades de negocio. O seu obxectivo era operar os servizos con trens de alta velocidade sobre a mencionada liña Madrid-Sevilla vía Cidade Real, Puertollano e Córdoba.

Actualmente existe unha rede de aproximadamente 2.380 km de vías de largo internacional en España.

Auvernia

Auvernia ou Auverña (en francés Auvergne; en auvernés Auvernho, en occitano: Auvèrnha en feminino ou Auvèrnhe en masculino) é unha rexión do centro de Francia. Comprende catro departamentos: Puy-de-Dôme, Cantal, Alto Loira e Allier.

Auvergne foi historicamente unha provincia de Francia. O seu nome deriva de Averni, o nome dunha tribo gala que antigamente ocupou a rexión. En 1790, a provincia histórica foi dividida nos catro departamentos actuais. A súa capital é Clermont-Ferrand.

Bugatti Royale

O Bugatti Type 41, máis coñecido como Royale, é un coche de gran luxo con 4,3 metros de distancia entre eixes e 6,4 metros de lonxitude total. O seu peso é de aproximadamente 3.175 quilogramos e utiliza un motor 8 en liña de 12,7 L (12.763 cc). En comparación co moderno Rolls-Royce Phantom (producido a partir de 2003), o Royale é aproximadamente un 20% máis longo, e un 25% máis pesado. Isto fai do Royale un dos coches máis grandes do mundo.Ettore Bugatti planeara construír vinte e cinco destes coches, e vendelos á realeza para convertelo no coche máis luxoso. Pero incluso a realeza europea non ía poder comprar eses coches durante a Gran Depresión, e Bugatti só foi capaz de vender tres dos seis feitos.

Chamonix

Chamonix-Mont-Blanc, ou máis comunmente Chamonix, é unha comuna no departamento de Alta Savoia na rexión de Ródano-Alpes, no sueste de Francia. Foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1924, os primeiros Xogos de Inverno. A poboación da comuna é de 9.086 habitantes, ocupando o posto 865 do país.Situado preto do macizo de picos das Agullas Vermellas, Chamonix alberga o cumio do Mont Blanc cos seus veciños da comuna de Courmayeur en Italia, e posúe o título da comuna máis alta de Francia. A comuna é ben coñecida e querida polos esquiadores e amantes da montaña. O Mont Blanc, cunha altitude de 4.810 metros, é o terceiro lugar natural máis visitado do mundo. Cunha superficie de 245 quilómetros cadrados, Chamonix é a cuarta comuna máis grande da Francia continental.

Champaña-Ardenas

Champaña-Ardenas (en francés: Champagne-Ardenne) é unha rexión do noroeste de Francia. A Rexión foi creada en aplicación do decreto de 22 de decembro de 1789 e de 4 de maio de 1790, durante a Revolución francesa e agrupa unha parte das antigas provincias de Champaña e Argonne e do principado de Sedan. Durante o século XX, Champaña-Ardenas foi escenario de importantes batallas da Primeira e Segunda guerras mundiais.

Estación Internacional de Canfranc

A Estación Internacional de Canfranc é unha estación de ferrocarril situada no municipio español de Canfranc, na provincia de Huesca, moi preto da fronteira con Francia. Foi inaugurada o 18 de xullo de 1928. Declarada Ben de Interese Cultural, está catalogada como monumento dende o 6 de marzo de 2002.

Dispón unicamente de servizos de Media Distancia operados por Renfe que a unen con Huesca e Zaragoza. Ofrecía tamén conexións internacionais con Francia pero estas quedaron suspendidas o 27 de marzo de 1970 cando un tren de mercadorías descarrilou do lado francés provocando a derruba da ponte de L'Estanguet e a conseguinte interrupción do servizo entre ambos os dous países. O transporte de viaxeiros faise dende esa data por estrada cun autobús que pon a SNCF.

Estación de Hendaia

A estación de Hendaia (en francés: gare d'Hendaye) é a principal estación ferroviaria da localidade de Hendaia, en Francia. É unha estación internacional situada moi preto da fronteira francoespañola e por ela circulan trens operados por SNCF e Renfe.

Estación de Irún

A estación de Irún é unha estación ferroviaria de Adif situada na cidade vasca de Irún, en Guipúscoa. É unha estación fronteiriza que ten o seu equivalente francés en Hendaia. Por este motivo ten tanto vías de largo ibérico como de largo internacional, o que permite a circulación tanto de trens operados por Renfe como tamén pola SNCF.

Estación de París-Austerlitz

A Estación de París - Austerlitz (Gare de Paris-Austerlitz ou Paris- Austerlitz) é unha das seis grandes estacións terminais da SNCF na cidade de París, situada no nº85 do Quai d'Austerlitz no 13º distrito, xunto ao bordo do río Sena (na súa marxe esquerda, á dereita e máis ou menos enfronte queda a Gare de Lyon). A estación é cabeceira da liña clásica París-Bordeus e da liña París-Limoges-Tolosa.

Desde a posta en servizo da LGV Atlantique esta estación perdeu a maior parte do tráfico de grandes liñas co suroeste de Francia. A estación é usada máis nada que pola metade de viaxeiros que a estación de Montparnasse, con todo, a profunda remodelación que se prevé para 2011 debería cambiala de forma que estivese preparada para a chegada do TGV para 2012.

Ademais da estación termo, agrúpanse baixo o nome de Gare d'Austerlitz unha estación subterránea da Liña RER C e unha estación semisubterránea de metro.

Estación de París-Lyon

A Estación de París-Lyon (Gare de Paris-Lyon) é unha das sete grandes estacións terminais da rede da SNCF na cidade de París, e tamén forma parte da rede RER. Localízase no 12º distrito, principalmente no barrio des Quinze-Vingts, agás unha pequena parte que está no de Bercy. Polo seu tránsito é a terceira estación da cidade, con arredor de 83 millóns de viaxeiros en 2002), e a segunda das liñas de longa distancia, con 31,8 millóns, tan só por detrás da estación do Norte).

É unha estación principal que asegura o servizo ás liñas de longa e media distancia co sueste de Francia, en especial con Belfort e Montbéliard, Besançon, Dijon, Lyon, Grenoble, Valence, Annecy, Chambéry, Modane, Bourg-Saint-Maurice, Saint-Gervais-les-Bains, Évian-les-Bains, Aviñón, Saint-Étienne, Marsella, Toulon, Niza, Montpellier e Mulhouse, así tamén como o servizo internacional con Xenebra, Lausana, Neuchâtel, Berna, Basilea e Zürich en Suíza, con Turín, Milán, Venecia en Italia, con Friburgo en Alemaña, e desde o 15 de decembro de 2013 con Barcelona en España. A estación de Lyon tamén é a principal liña de alta velocidade con destino ao sueste de Francia, en sobre todo á Ródano-Alpes e á fachada mediterránea, e mais tamén ás rexións intermedias.

A entrada principal, na praza Louis-Armand, dá á rúa de Lyon, que leva á praza da Bastilla. No subsolo atópase a estación de metro de Lyon, e na superficie hai plataformas de autobuses polo que forma un gran intercambiador multimodal no seu conxunto. A estación caracterízase polo seu beffroi ou torre con campanil, unha torre cuadrangular de 67 m cun reloxo en cada unha das súas catro caras. Conta con 6,5 m de diámetro e as súas agullas teñen 2,8 m e 4m.

Estación de Ruán-Rive-Droite

A estación de Ruán-Rive-Droite é unha estación de ferrocarril francesa da liña de París-Le Havre, situada na beira dereita do Sena, na parte superior da rúa Jeanne d 'Arc, preto do centro da cidade de Ruán, no departamento Seine-Maritime, en Normandía. É unha importante estación de longa distancia da SNCF, significada pola relación histórica entre París e Ruán mais Le Havre, pero tamén é unha importante estación de media distancia, do servizo TER Haute-Normandie, conectando a Alta Normandía coa Baixa Normandía, Picardía, Norte-Paso de Calais e a Illa de Francia. En 2014, segundo estimacións do SNCF pasaron un total de 6.458.577 pasaxeiros pola estación..

Francia

Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).

O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas Británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita con Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Suriname (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño (que limita coas Antillas Neerlandesas) e de Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.

Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é de tipo capitalista cunha intervención estatal non desprezable dende o fin da Segunda Guerra Mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais.Francia, fogar da primeira Declaración dos dereitos do home e do cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas e membro da OTAN.

Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súa cultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro da Unión Latina.

Francia foi formada polas artes e a filosofía. Berce da Ilustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores de liberdade, de igualdade, de fraternidade e, dende 1905, de laicismo.

Langon, Xironda

Langon (en gascón, Lengon) é un concello francés, situado no departamento da Xironda e a rexión da Aquitania, capital de distrito electoral.

Os seus habitantes teñen o xentilicio de langoneses.

Longa distancia Renfe

Renfe AVE - Longa Distancia, é a denominación comercial do conxunto de servizos ferroviarios de longo percorrido ofertados por Renfe. Son os trens anteriormente operados baixo a Unidade de Negocio de Grandes Liñas, para comunicar grandes cidades de tódala xeografía española.

Circulan servizos de Longa Distancia por tódala rede ferroviaria española, tanto pola rede de largo ibérico, como por vías de largo estándar internacional. Algúns servizos poden operar nas redes portuguesa e francesa. No pasado tamén se teñen operado servizos até Suíza e Italia.

Mathieu Kassovitz

Mathieu Kassovitz, nado en París o 3 de agosto de 1967, é un director de cine, produtor, guionista e actor francés.

Renfe Operadora

Renfe Operadora, ou simplemente Renfe, é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento de España, e a operadora ferroviaria hexemónica de viaxeiros pola rede de Adif, onde só se internan para servizos internacionais Comboios de Portugal e SNCF. Tamén mantén unha importante presenza no tráfico mercadorías.

Tomou o nome da antiga RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a se chamar Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias). Renfe heredou o groso do material rodante e persoal relacionado (maquinistas, interventores, ...) mentres que Adif quedou coa infraestrutura, superestutura, a maior parte dos predios e naves (agás talleres) e persoal relacionado coa circulación ferroviaria (factores, xefes de estación, persoal dos Postos de Mando e CTC, ...).

A creación de Renfe Operadora veu dada pola Lei do Sector Ferroviario, que apuntaba á separación da explotación dos servizos de transporte, da administración das infraestruturas, polo que se tiveron que conformar dúas empresas: Adif e Renfe Operadora.

TGV

O Train à Grande Vitesse (Tren de gran velocidade en francés), coñecido como TGV, é un tipo de tren de alta velocidade desenvolvido por Alsthom (actualmente Alstom) e SNCF, a compañía de ferrocarrís nacional francesa, e operado principalmente pola propia SNCF. A inauguración do servizo deste tren tivo lugar co traxecto entre París e Lión en 1981. Actualmente a rede do TGV conecta París con outras cidades de Francia e cos seus países veciños.

Transportes en Francia

A rede de ferrocarrís de Francia, cos seus 31.840 quilómetros, é a máis extensa da Europa Occidental. A rede é operada por SNCF. Entre os trens de alta velocidade que circulan polo país galo, atópanse o Thalys, o Eurostar e o TGV, que viaxa a unha velocidade de 320 km/h. O Eurostar, xunto co Eurotunnel Shuttle, conecta o país co veciño Reino Unido a través do Eurotúnel. A rede de ferrocarrís gala conecta ao país con tódolos seus veciños estranxeiros, agás Andorra. O transporte urbano nas cidades atópase tamén altamente desenvolvido, existindo metros e tranvías nas cidades principais, complementados cos servizos de autobús.

En Francia existen 893.300 quilómetros de vías de servizo. A rexión de París é a mellor comunicada do país estando conectada virtualmente por medio de estrada e autoestradas con tódalas vilas principais. As vías de transporte francesa son percorridas cada ano por milleiros de visitantes estranxeiros que proveñen das veciñas Bélxica, España, Andorra, Mónaco, Suíza, Alemaña e Italia. En Francia, o mercado dos automóbiles de nova adquisición está dominado por marcas nacionais como Renault (27% dos automóbiles vendidos no ano 2003), Peugeot (20,1%) e Citroën (13,5%). O 70% dos automóbiles novos vendidos no ano 2004 tiñan motores diésel, moi por riba de aqueles que posuían motores de petróleo ou GLP. En Francía atópase o Viaduto de Millau, o meirande viaduto do mundo. O país posúe tamén importantes pontes coma a Ponte de Normandía.

Existen aproximadamente 478 aeroportos en Francia, incluíndo aeródromos e pistas de aterraxe. O Aeroporto internacional Charles de Gaulle (Aéroport Paris-Charles-de-Gaulle) constitúe o maior aeroporto do país en tamaño e número de pasaxeiros, 59 922 177 pasaxeiros no 2007. Este atópase nos arrabaldes de París e conecta a capital coas principais cidades e destinos de Europa e do mundo. O segundo aeroporto francés, tamén na rexión parisiense é Orly (Aéroport d'Orly ) cun trafico de 26 440 736 pasaxeiros no 2007. Logo os tres que seguin están fora da rexión parisiense : o aeroporto Niza-Costa Azul, 10 399 513 pasaxeiros no 2007 da cidade de Niza, o aeroporto de Lión-Saint-Exupéry, 7.320.952 pasaxeiros no 2007 da cidade de Lión, localizado no concello de Colombier-Saugnieue o aeroporto de Marsella (Aéroport de Marseille Provence) localizado no concello de Marignane con 6.962.773 pasaxeiros no ano 2007 . Air France é a principal aeroliña francesa, malia existiren numerosas aeroliñas privadas.

Existen dez portos de certa importancia, o maior deles é o da cidade de Marsella (Grand port maritime de Marseille dende 2008 e anteriormente Port Autonome de Marseille- PAM) localizado no concello de Fos-sur-Mer. No país galo existen 14.932 quilómetros de vías navegables, entre as que destaca a Canle du Midi que conecta o mediterráneo co océano Atlántico a través do río Garona.

Tranvía do Mont Blanc

O tranvía do Mont Blanc (francés: Tramway du Mont-Blanc) ou TMB é unha liña de ferrocarril cremalleira do macizo do Mont Blanc, no departamento de Alta Savoia en Francia.

As espectaculares vistas do Mont Blanc proporcionadas polo tranvía fano moi popular entre os turistas. Ademais, os montañeiros e excursionistas utilizan o tranvía porque as súas paradas serven de punto de partido para moitas rutas, incluíndo a ruta normal francesa do Mont Blanc, que comeza na terminal do tranvía, Nid d'Aigle, e continúa cara o refuxio de Tête Rousse.

Compañías ferroviarias nacionais de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.