Sínodo

Un sínodo é unha reunión do bispo cos seus sacerdotes para o estudo de problemas da vida espiritual ou o tratamento de custións de fe[1], e para dar forza ás leis eclesiásticas, a través da eliminación de abusos, a través da promoción de vida do cristián, fomentar o culto divino, e a práctica relixiosa. Non parece que tiveran unha periodicidade regular, a pesar de que no Concilio de Huesca (598) se estableceu a obriga de realizar anualmente un sínodo[2].

Durante a Alta Idade Media, celebráronse varios sínodos como os de Vic dos anos 1030 e 1033, pero non se levarán a cabo cunha certa regularidade até o século XIII.[3]

O sínodo dos bispos é unha institución eclesial antiga que foi revitalizada polo Concilio Vaticano II. A principal diferenza cos Concilios, é que menstres estes teñen poder para definir dogmas e para lexislar, os sínodos son órganos consultivos, e a súa misión principla é a de asesoramento ao Papa sobre unha cuestión concreta[4].

Sinodo1888
Imaxe sínodo 1888

Notas

  1. "Definición en Academia.gal". Consultado o 01-05-2017.
  2. Richard, Charles-Louis (OP) (1793). Los Sacrosantos Concilios generales y particulares: desde el primero... Imprenta de Antonio Espinosa. p. 48.
  3. Sadurní i Puigbò, Nùria (1999). Diccionari de l'any 1000 a Catalunya. Col·lecció El Cangur / Diccionaris, núm. 280. Edicions 62. p. 135. ISBN 84-297-4607-2.
  4. Blázquez, R. (1997). Una institución conciliar con futuro: el sínodo de los obispos. Ecclesia tertii millennii advenientis : omaggio al P. Angel Antón, professore di ecclesiologia alla Pontificia Università Gregoriana nel suo 70 compleanno / F. Chica, S. Panizzolo, H. Wagner (Edd.) (Casale Monferrato: Edizione Piemme). pp. 549–559. ISBN 88-384-2863-8.
Alexandre II, papa

Alexandre II, de nome Anselmo da Baggio (nado en Milán e finado en Roma o 21 de abril de 1073, foi Papa da Igrexa católica romana do 1061 ao 1073.

Alexandre III, papa

Rolando Bandinelli, nado en Siena e finado en Civita Castellana o 3 de agosto de 1181, foi Papa da Igrexa católica desde 1159 co nome de Alexandre III.

Arianismo

O arianismo foi unha doutrina cristolóxica desenvolvida por Ario de Alexandria no século IV, negaba que Cristo e Deus fosen da mesma natureza e vía o Fillo como un ser divino creado polo Pai, a primeira das criaturas vindas ao mundo pola vontade de Deus, pero inferior a el. Negaba, polo tanto, a "consustancialidade" do Pai e do Fillo. O Primeiro Concilio de Nicea (325) condeouno como unha herexía, despois de moitas discusións, pero sobreviviu entre os xermanos ata o século VIII.

Bieito VII, papa

Bieito VII, nado en Roma e finado o 10 de xullo do 983, foi Papa da Igrexa católica romana do 974 ao 983.

Concilio de Calcedonia

O Concilio de Calcedonia foi un concilio ecuménico que tivo lugar entre o 8 de outubro e o 1 de novembro do ano 451 en Calcedonia, cidade de Bitinia, en Asia Menor.

É o cuarto dos primeiros sete concilios ecuménicos da Cristiandade, e as súas definicións dogmáticas foron desde entón recoñecidas como infalíbeis pola Igrexa Católica e pola Igrexa Ortodoxa. Rexeitou a doutrina do monofisismo, defendida por Eutiques, e estableceu o Credo de Calcedonia, que describe a plena humanidade e a plena divindade de Cristo, segunda persoa da Santísima Trindade.

Igrexa ortodoxa

A Igrexa ortodoxa, tamén coñecida como Igrexa católica ortodoxa, é unha igrexa cristiá, que se considera a si mesma como a igrexa unha, santa, católica e apostólica fundada por Xesús Cristo. Estrutúrase como unha comuñón de igrexas autocéfalas gobernadas cada unha por un sínodo de bispos, iguais entre eles, e sen unha autoridade central de goberno análoga ao papado na Igrexa católica.

A Igrexa ortodoxa considerase a herdeira de tódalas comunidades cristiás da metade oriental do Mediterráneo.​ A súa doutrina teolóxica estableceuse nunha serie de concilios, dos cales os máis importantes son os primeiros Sete Concilios, chamados "ecuménicos" que tiveron lugar entre os séculos IV e VIII. Tras varios desencontros e conflitos, a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica separáronse no chamado "Cisma de Oriente e Occidente", o 16 de xullo de 1054. O cristianismo ortodoxo difundiuse por Europa Oriental grazas ao prestixio do Imperio Bizantino e ao labor de numerosos grupos misioneiros.

Está en realidade constituída por 14 ou, segundo algunhas delas, 15 Igrexas autocéfalas que só recoñecen cadansúa propia autoridade xerárquica (por exemplo, do patriarca de Alexandría, de Antioquía, de Constantinopla, etc. ou a de metropolitanos, se é o caso), pero manteñen entre si comuñón doutrinal e sacramental.

Igrexa ortodoxa rusa

A Igrexa ortodoxa rusa (en ruso: Русская Православная Церковь, Russkaia Pravoslavnaia Tserkov), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa.

O primado da Igrexa é o patriarca de Moscova, o quinto na orde de precedencia da Igrexa ortodoxa logo dos patriarcas de Constantinopla, Alexandría, Antioquía e Xerusalén. Reclama xurisdición exclusiva sobre todos os crisitáns ortodoxos que viven nas antigas repúblicas da U.R.S.S., coa excepción de Xeorxia e Armenia, aínda que dita xurisdición é disputada en países como Estonia, Ucraína e Moldavia. Ten tamén autoridade sobre os cristiáns ortodoxos do Xapón e da China.

O 15 de outubro de 2018 o Sínodo da Igrexa ortodoxa rusa rompeu a comuñón eclesiástica coa Igrexa ortodoxa de Constantinopla por mor da decisión desta de conceder a autocefalia á Igrexa ortodoxa ucraína.

Inocencio II, papa

Inocencio II, nado en Roma e finado o 24 de setembro de 1143, foi o Papa nº 166 da Igrexa católica.

León III, papa

León III, nado en Roma e morto o 12 de xuño de 816, foi Papa da Igrexa católica de 795 ao 816.

León VIII, papa

León VIII nado en Roma en data non coñecida e finado na mesma cidade o 1 de marzo 965 foi o papa n.º 131 da Igrexa católica de 964 a 965. Elixido papa no sínodo convocado polo emperador Otón I e no que se depuxo Xoán XII , era un laico que recibiu as ordes sagradas o mesmo día da súa elección. O seu pontificado pódese dividir en dúas partes: a primeira, durante na cal certos historiadores o cualifican de antipapa, vai da súa coroación o 6 de decembro 963 ata deposición de Bieito V en xullo 964; a segunda parte vai desta data ata súa morte e neste momento é considerado como papa por todas as fontes.

Nicolao II, papa

Nicolao II, nado cara o ano 990 e finado en Florencia o 27 de xullo de 1061 foi o papa n.º 155 da Igrexa católica de 1059 a 1061.

Olallo, antipapa

Olallo, nado sobre o 380 e finado sobre o 450, foi un antipapa de orixe romana en oposición ao papa Bonifacio I entre o 27 de decembro de 418 e o 3 de abril de 419.

Reino de Northumbria

Northumbria (en saxón antigo: Norþanhymbra; en nórdico antigo: Norðimbraland, nome que reflicte a súa localización ao norte do río Humber) foi un dos reinos menores dos anglos, mencionado no século XII por Henrique de Huntingdon como parte da Heptarquía anglosaxoa-xuta, os dominios establecidos polos pobos xermánicos que comezaron a invadir Gran Bretaña a finais do século V, cando xa había case 70 anos que fora abandonada polas lexións romanas.

Fundada por anglos baixo o mando de Æthelfrith (Ethelfrith) no que hoxe é o nordés inglés no ano 593 a partir da unión doutros dous reinos menores, Bernicia e Deira, floreceu no século VII, chegando a estenderse polas Terras Altas escocesas e Gales, desde o Humber até o Forth. Tivo a súa capital en Whitby, sede do coñecido sínodo homónimo que decidiu en favor do rito cristián romano fronte ao irlandés para ser implantado en terras británicas.

O territorio northumbrio foi ocupado polos daneses no século IX e integrouse ao reino de Inglaterra en 829, da man das conquistas de Ecgberht de Wessex.

O condado que se formou despois, estaba limitado ao sur polo río Tees e ao norte polo río Tweed (o que hoxe en día é similar á rexión moderna do Nordés de Inglaterra) e foi recoñecido como parte de Inglaterra polo Tratado de York de 1237 entre Inglaterra e Escocia. Berwick-upon-Tweed, que se sitúa ao norte do Tweed, foi definido como súbdito das leis de Inglaterra pola Acta de Gales e Berwick de 1746. O territorio que unha vez foi parte de Northumbria durante o seu apoxeo é administrado hoxe en día por rexións diferentes como Nordés de Inglaterra (Bernicia), Yorkshire e Humber (Deira), Noroeste de Inglaterra (Cumbria), os Scottish Borders, West Lothian, Edimburgo, Midlothian e East Lothian.

Actualmente, Northumbria é a rexión Nordés de Inglaterra. O nome úsase nos títulos da Policía de Northumbria (a cal administra Northumberland e Tyne e Wear) e a Universidade de Northumbria (situada en Newcastle), e tamén foi adoptado pola Xunta de Turismo de Inglaterra para referirse ao Nordés de Inglaterra.

Símaco, papa

Símaco, nado en Sardeña cara ó ano 450 e falecido en Roma o 19 de xullo de 514, foi o 51º papa da Igrexa católica entre 498 e 514.

Unión de Brest

A Unión de Brest (en belaruso: Берасцейская унiя, en ucraíno: Берестейська унія, en polaco: Unia brzeska) refírese á decisión de 1595-1596 da Igrexa da Rus de Kiev, a "Metrópole de Kiev-Galicia e toda a Rus", de romper relacións co Patriarca de Constantinopla e volver á comuñón coa Igrexa Católica, situándose baixo a autoridade do Papa.

No momento da unión, esta igrexa incluía principalmente aos ucraínos e belarusos que vivían na Confederación Polaco-Lituana. Os xerarcas da igrexa de Kiev, reunidos nun sínodo na cidade de Brest, redactaron 33 artigos de unión, que foron aceptados polo Papa. Inicialmente moi exitosa, co tempo perdeu grande parte do apoio inicial, e nos territorios baixo dominio ruso forzouse a súa integración coa Igrexa Ortodoxa. Porén, na Galicia austríaca a Igrexa sobreviviu e deu orixe ás que hoxe son a Igrexa católica bizantina ucraína e a Igrexa católica bizantina belarusa.

Vítor III, papa

Dauferio Epifani, máis coñecido como Desiderio da Montecassino, baixo o nome de Vítor III, nado ao redor do 1026 en Benevento, e finado na abadía do abadía do Monte Cassino o 16 de setembro de 1087 foi o papa número 158 da Igrexa católica dende 1086 ata 1087. Era fillo do príncipe Landulfo V de Benevento.

Elixido como novo Papa o 24 de maio de 1086, feito que lle amolou profundamente, polo que intentou atrasar a súa consagración como pontífice. Debido a isto, non accedeu realmente ao trono pontificio ata o 9 de maio de 1087, e cando o fixo abandonou Roma e se retirou de novo a abadía do Monte Cassino, da cal fora o abade. Este feito foi aproveitado polo antipapa Clemente III para aumentar o seu poder na capital italiana, polo que cando Vítor III volveu de novo a Roma (debido en gran parte ás presións da condesa Matilde de Toscana) tivo que abandonala outra vez tras unha estancia moi curta. En agosto presidiu un sínodo en Benevento no que excomungou a Clemente III, prohibiu a lei das investiduras e promoveu unha acción armada contra os musulmáns do norte de África, un precedente do que serían logo as Cruzadas. Caeu enfermo durante o desenvolvemento do sínodo e retirouse por última vez a Montecassino, onde morreu o 16 de setembro de 1087.

Zaragoza

Zaragoza é un concello e cidade española, capital da comunidade autónoma de Aragón, ademais da provincia de Zaragoza e da comarca homónima. Está situada a beiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego e da Canle Imperial de Aragón, no centro dun amplo val. A súa privilexiada situación xeográfica convértea nun importante nó loxístico e de comunicacións; atópase a uns 300 km de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao e Tolosa.

Cunha poboación de 679.624 habitantes (INE 2012), é a quinta cidade española máis poboada, concentrando máis do 50% da poboación de Aragón.

O seu nome actual procede do seu antigo topónimo romano, Caesaraugusta, que recibiu na honra ao emperador César Augusto no 14 a.C. A súa denominación romana foi evolucionando a través do árabe Saraqusta.

Entre o 14 de xuño e o 14 de setembro de 2008, ano do bicentenario dos Sitios de Zaragoza e centenario da exposición Hispano-Francesa de 1908, Zaragoza acolleu a exposición internacional Expo Zaragoza 2008 dedicada á auga e o desenvolvemento sustentable. En 2010, Zaragoza foi a sexta cidade española con máis turismo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.