Sépalo

Os sépalos son unha das pezas constituintes da flor, que se sitúan no verticilo máis externo desta. Son estruturas foliáceas, normalmente menores e máis consistentes que os pétalos, e na maior parte dos casos teñen a función primordial de protexer o gomo florar, pechándose sobre este. O conxunto de sépalos dunha flor é coñecido como cáliz.

Os sépalos son xeralmente esverdeados, mais, como case todas as partes dunha planta, asumen unha incrible variedade de formas e funcións, de acordo con cada especie.

Pétalo-sépalo
Detalle dunha flor.

Na familia Malpighiaceae, por exemplo, a face dorsal dos sépalos presentan glándulas de óleo, que é recollido por abellas cando estas acidentalmente, polinizan a flor. En algunhas Euphorbiaceae, as flores non teñen pétalos, e os sépalos asumen a función de atraer polinizadores. Adaptacións extremas con ese fin tamén poden ser observados na familia Aristolochiaceae. En Theaceae, algunhas especies conservan os sépalos mesmo durante o desenvolvemento do froito, talvez como unha protección adicional contra predadores. En Lecythidaceae os sépalos non pasan de estruturas reducidas e con aspecto semellante ao restante do cáliz, ofuscado pola exuberancia dos pétalos e estames, e aparentemente sen función.

Aristolochia gigantea-IMG 5523
Exemplo de extremo desenvolvemento dos sépalos, a flor de Aristolochia gigantea, ou papo-de-peru, está formada basicamente por un cáliz moi desenvolvido. Os pétalos son minúsculos.
Arabidopsis thaliana

Arabidopsis thaliana é unha pequena planta do grupo das anxiospermas brasicácea nativa de Europa e Asia. É unha planta anual de inverno cun ciclo de vida relativamene curto, que é un organismo modelo moi utilizado nos estudos da bioloxía e xenética das plantas. Para ser un eucariota pluricelular complexo, Arabidopsis thaliana ten un xenoma relativamente pequeno de aproximadamente 135 megapares de bases (Mbp). Pensouse durante moito tempo que tiña o xenoma máis pequeno de todas as plantas con flores, pero en realidade o menor xenoma coñecido entre as plantas con flores é o das plantas do xénero Genlisea, da orde Lamiales, no que a especie de planta carnívora Genlisea margaretae ten un xenoma de só 63,4 Mbp. Arabidopsis thaliana foi a primeira planta da que se secuenciou o xenoma, e é moi utilizada para comprender a bioloxía molecular de moitos trazos das plantas, como o desenvolvemento das flores e o fototropismo.

Cáliz (botánica)

O cáliz, en Botánica, é o verticilo externo nas flores con perianto heteroclamídeo, é dicir, con dúas clases de pezas. Componse de sépalos, que son follas florais estériles, xeralmente verdes e de consistencia herbácea. Ten función protectora.

Liberdade

A liberdade, do latín "libertas, -ātis" e do grego "ή ελευθερία", é a capacidade que ten o ser humano de obrar ou non segundo a súa intelixencia e sen unha obriga externa á propia persoa. Tamén se representa a liberdade como aquel estado no que o home non está sendo escravizado nin preso por outro, facendo alusión a aqueles aspectos relacionados coa independencia.

Mais a liberdade do home vese fundamentada polo feito da súa carencia de instintos. Deste xeito, a un estímulo externo o ser humano pode responder con múltiples opcións, entre as cales temos que escoller unha. Os animais non racionais, ó ter a resposta ós estímulos programada polos instintos, non poden escoller e polo tanto non son libres.

Polo tanto, alguén que obra en liberdade, é un ser humano libre. Esta facultade refírese tamén á incorporación do home á sociedade ao alcanzar a súa madurez sexual, para que comence a asumir responsabilidade, pois non se pode tomar decisións sen ter en conta as consecuencias correspondentes. Isto pode observarse no campo do dereito e da teoloxía no caso dos accidentes, crimes pasionais, homicidios e asasinatos.

Monocotiledóneas

Liliopsida é o nome dun taxón asignado á categoría taxonómica de Clase, que na clasificación de Cronquist 1981, coincide coa circunscrición das monocotiledóneas, tamén coñecidas como Monocotyledoneae nalgunhas clasificacións como Engler, e monocots (en inglés) nas clasificacións máis modernas e a súa sucesora. As monocotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas, a outra é a das dicotiledóneas.

Chámaselles monocotiledóneas ás plantas que teñen un embrión cun só cotiledón que ó desenvolverse dará lugar a unha folliña. Á particularidade principal de posuír un único cotiledón engádense as seguintes características:

Talos: sen formación de madeira secundaria e ausencia dun verdadeiro tronco. En relación con iso, no corte transversal do talo (ronsel) obsérvase aos feixes de xilema e floema dispostos nunha atactostela, en lugar dunha eustela como o resto das espermatófitas.

Aínda que as monocotiledóneas son principalmente de hábito herbáceo, algunhas poden alcanzar grandes alturas e tamaños, particularmente os ágaves, as palmeiras e os bambús.

Follas: presentando a nervación principal paralela.

Flores: fundamentalmente trímeras en 5 verticilos: 3 sépalos, 3 pétalos, 2 verticilos de 3 estames cada un, e 3 carpelos.

As monocotiledóneas recoñecéronse como monofiléticas desde hai moito tempo, tanto debido aos seus caracteres morfolóxicos e anatómicos distintivos como polos seus caracteres nos análises moleculares de ADN.

As monocotiledóneas comprenden ao redor de 56.000 especies, o 22 % de todas as anxiospermas (Soltis et al. 2005). Entre as monocotiledóneas inclúense as ben coñecidas aráceas, os lirios, o xenxibre, as orquídeas, as palmeiras, os pastos e o cereal. A familia dos pastos e os cereais (Poaceae) é quizais o grupo economicamente máis importante de todas as plantas (Soltis et al. 2005), e inclúen cereais como o arroz, o trigo, o millo ou maínzo, a cebada e o centeo. A metade da diversidade de monocotiledóneas pode ser atopada só en dúas familias, Orchidaceae (a familia das orquídeas) e Poaceae (a familia dos pastos e os cereais), que inclúen o 34 % e o 17 % respectivamente de todas as especies de monocotiledóneas (Soltis et al. 2005). Estas dúas familias tamén están entre as familias máis grandes de anxiospermas, e son membros dominantes de moitas comunidades de plantas (Soltis et al. 2005).

Tulipeiro

Os tulipeiros son árbores pertencentes ao xénero Liriodendron, da familia das magnoliáceas. Consta de só dúas especies de grandes árbores de folla caediza, unha nativa da costa leste de América do Norte, a outra da China. Tamén son chamados árbores das tulipas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.