Século de Ouro

O Século de Ouro é o período histórico do século XVII, no que a literatura en castelán e as artes en España acadan un dos seus mellores niveis. Durante os reinados de Filipe III e Filipe IV, autores -como Miguel de Cervantes, Lope de Vega, Francisco de Quevedo ou Calderón de la Barca-, pintores e músicos de España fan que as letras castelás e as artes hispanas sexan admiradas por toda Europa.

Talvez sería máis apropiado falar dos Séculos de Ouro, en plural, pois abarcan a época clásica ou de apoxeo da cultura española tanto do Renacemento (século XVI) como do Barroco (século XVII). Existen dúas datas clave :

O punto máis alto deste apoxeo atópase na obra de Miguel de Cervantes e Lope de Vega.

El Greco - Count Orgasz detail
Anaco do Enterro do Conde de Orgaz do Greco

O cadro deste período

O Século de ouro español correspondelle á época na cal a economía e a política da España se estenden polo mundo. Xeralmente iniciase co ano 1492, ano de tres destacados sucesos: o final da Reconquista, a primeira viaxe ao Novo Mundo de Cristovo Colón e a publicación da Gramática de Nebrija. O período acábase despois da independencia das Provincias Unidas fronte á España dos Habsburgo, recoñecida en 1648.

É un período de vitalidade arística extraordinaria na España e nos países hispanofalantes do Novo Mundo. Na historia da Arte o período é asimilado ao Renacemento español. Esta vitalidade atópase tamén nos países hispanofalantes de América latina. Juana Inés da Cruz, o último gran escritor desta idade de ouro morre en Nova España no 1695. Na literatura e nas artes identifícase o Século de ouro, nos seus aspectos culturais co século XVII.

Escritores do Século de Ouro

  • Hernando de Acuña
  • Baltasar del Alcázar
  • Francisco de Aldana
  • Francisco Avellaneda
  • Luis Barahona de Soto
  • Gabriel Bocángel
  • Cristóbal de Castillejo
  • Alonso de Castillo Solórzano
  • Guillén de Castro
  • Miguel de Cervantes Saavedra
  • Pedro Calderón de la Barca
  • Juan de la Cueva
  • Juan Bautista Diamante
  • Alonso de Ercilla
  • Gonzalo Fernández de Oviedo y Valdés
  • Luis de Góngora
  • Baltasar Gracián
  • Fernando de Herrera
  • Diego Hurtado de Mendoza
  • Juan de Jáuregui
  • Lope de Vega
  • Juan López de Hoyos
  • Frei Luis de León
  • Juan de Mal Lara
  • Francisco de Medrano
  • Tirso de Molina
  • Agustín Moreto
  • Cristóbal Mosquera de Figueroa
  • Pedro de Padilla
  • Juan Pérez de Montalbán
  • Francisco de Quevedo
  • Andrés Rey de Artieda
  • Sebastián Rodríguez de Villaviciosa
  • Francisco de Rojas Zorrilla
  • Juan Ruiz de Alarcón y Mendoza
  • Gregorio Silvestre Rodríguez de Mesa
  • Garcilaso de la Vega
  • Juan Vélez de Guevara
  • Luis Vélez de Guevara
  • Gil Vicente, autor portugués cuxa influencia sobre o teatro foi tan importante nesa época que se inclúe moitas veces neste período español
  • Conde de Villamediana
  • Cristóbal de Virués
  • Juan de Zabaleta

Pintores do Século de Ouro

Galería de imaxes

Velázquez - de Breda o Las Lanzas (Museo del Prado, 1634-35)

As Lanzas ou A redicion de Breda de Diego Velázquez, no museo do Prado en Madrid.

Las Meninas, by Diego Velázquez, from Prado in Google Earth

As Meninas ou A familia de Filipe IV de Diego Velázquez, no museo do Prado en Madrid.

Zurbaran - Bodegon

Cuncas e vasos de Zurbarán no museo do Prado en Madrid.

Francisco de Zurbarán 014

El puerto de Cádiz de Zurbarán no museo do Prado en Madrid.

Miguel de Cervantes at the National Library

Estatua de Cervantes en Madrid.

El escorial blick von oben

Mosteiro real El Escorial feito baixo Filipe II.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Barroco

O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.

O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa católica.

Bartolomé Esteban Murillo

Bartolomé Esteban Murillo, nado en Sevilla o 31 de decembro de 1617 e finado na mesma cidade o 3 de abril de 1682 foi un pintor andaluz do Século de Ouro da pintura española.

Moi aprezado na súa época, con grande número de imitadores, Murillo foi esquecido durante séculos, considerado como un pintor amaneirado e melífluo. Porén, foi estimado polos savants británicos, e a mediados do século XX, Murillo regresou como un pintor de primeira categoría. Topicamente foi denominado o Rafael español.

Biblioteca Real dos Países Baixos

A Biblioteca Nacional dos Países Baixos (en neerlandés: Koninklijke Bibliotheek, tamén coñecida como KB), con sede na Haia, foi fundada en 1798. O rei Lodewijk Napoleón deulle o seu nome actual en 1806. A institución independizouse do Estado en 1996, aínda que está financiada polo Departamento de Educación, Cultura e Ciencia.

Diego Velázquez

Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, nado en Sevilla o 6 de xuño de 1599 e finado en Madrid o 6 de agosto de 1660, xeralmente referido como Diego Velázquez, foi un pintor español, o principal artista da corte de Filipe IV de España e do século de Ouro español, e un dos máis grandes pintores de todos os tempos. Sobresaíu en retratos de gran realismo e penetración psicolóxica, entre outros da familia real, á que tiña acceso en calidade de pintor da Corte. Tamén creou escenas históricas e mitolóxicas.

O seu catálogo consta dunhas 120 ou 125 obras. O recoñecemento coma pintor universal foi serodio, cara a 1850. Acadou a súa máxima fama entre 1880 e 1920, coincidindo coa época dos pintores impresionistas franceses, para os que foi un referente. Manet sentiuse marabillado coa súa obra e cualificoulle coma o «pintor de pintores» e «o máis grande pintor que xamais existiu». A parte fundamental dos seus cadros que integraban a colección real consérvase no Museo do Prado en Madrid.

Don Quixote da Mancha

Don Quixote da Mancha (en castelán: Don Quijote de la Mancha), é unha novela escrita por Miguel de Cervantes. Publicada a súa primeira parte co título de O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha (en castelán: El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha) a comezos de 1605, é a obra máis destacada da literatura española e unha das principais da literatura universal. En 1615 apareceu a súa continuación baixo o título de Segunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha. O Quixote de 1605 publicouse dividido en catro partes; pero semella que o Quixote de 1615 en calidade de Segunda parte da obra, quedou revocada de feito a partición en catro seccións do volume publicado dez anos antes por Cervantes.É a primeira obra xenuinamente desmitificadora da tradición cabaleiresca e cortés polo seu tratamento chanceiro. Representa a primeira novela moderna e a primeira novela polifónica; como tal, exerceu un enorme influxo en toda a narrativa europea. Por considerarse «o mellor traballo literario xamais escrito», encabezou a lista das mellores obras literarias da historia, que se estabeleceu coas votacións de cen grandes escritores de 54 nacionalidades a petición do Club Noruegués do Libro en 2002; así, foi a única excepción na estrita orde alfabética que se dispuxo.Foi traducido ó galego en 1990 por Xela Arias, Valentín Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín (Xuntanza, ISBN 84-86614-64-3).

Filipe IV de España

Filipe IV de España, nado en Valladolid o 8 de abril de 1605 e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665, denominado O Grande ou O Rei Planeta, foi rei de España desde o 31 de marzo de 1621 até o seu falecemento; así mesmo foi rei de Portugal, como Filipe III até o 1 de decembro de 1640. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da casa dos Austria e o terceiro da historia española, sendo superado só por Filipe V e Afonso XIII, aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo rexencia.

Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en Europa. Trala caída de Olivares, encargouse persoalmente dos asuntos de goberno, axudado por cortesáns moi influentes, como Luis Méndez de Haro, sobriño de Olivares, e o duque de Medina das Torres.

Os exitosos primeiros anos do seu reinado auguraron a restauración da preeminencia universal dos Habsburgo, pero a guerra constante da Europa protestante e a católica Francia contra España conduciron ao declive e ruína da Monarquía Hispánica, que tivo de ceder a hexemonía en Europa á puxante Francia de Luís XIV, así como recoñecer a independencia de Portugal e das Provincias Unidas.

Francisco de Quevedo

Francisco Gómez de Quevedo y Santibáñez Villegas, nado en Madrid o 14 de setembro de 1580 e finado en Villanueva de los Infantes (Cidade Real) o 8 de setembro de 1645, foi un escritor do Século de Ouro español.

Imperio Español

Denomínase Imperio español ou Monarquía universal española (comunmente simplificado como Monarquía hispánica, Monarquía de España ou Monarquía española) ó conxunto de territorios de España -ou das dinastías reinantes en España- en África, Asia, América, Europa e Oceanía o longo da historia. Tras o descubrimento de América en 1492, España colonizou grandes extensións de territorio en América, desde o actual suroeste dos Estados Unidos, México, e o Caribe, ata Centroamérica e a maior parte de Suramérica. Estes territorios agrupáronse inicialmente en dous vicerreinados, o da Nova España e o do Perú. Co descubrimento e asentamento de varios arquipélagos do Pacífico a finais do século xvi, incorporáronse ao imperio as Indias Orientais Españolas formadas por Filipinas, Guam e as Illas Marianas, así como as Carolinas e Palau baixo a xurisdición da Nova España.

Alcanzou os 20 millóns de quilómetros cadrados a finais do século xviii, aínda que a súa máxima expansión produciuse entre os anos 1580 e 1640, durante os reinados de Filipe II, III e IV. Durante os séculos xvi e xvii creou unha estrutura propia, aínda así non se chamou imperio colonial ata o ano 1768, sendo no século xix cando adquire estrutura puramente colonial.

Non existe unha postura unánime entre os historiadores sobre os territorios concretos de España porque, en ocasións, resulta difícil delimitar se determinado lugar era parte de España ou formaba parte das posesións do rei de España, ou se o territorio era unha posesión efectiva ou xurídica, en épocas que abarcan séculos, incorporados de forma distinta, herdados ou conquistados, e nas que non estaban igualmente definidas a diferenza entre as posesións do rei e as da nación, como tampouco o estaba a facenda ou a herdanza nin o dereito internacional. Así, tradicionalmente considéranse os Países Baixos como parte do mesmo (tese maioritaria en España e os Países Baixos entre outros); pero existen autores como Henry Kamen que proclaman que eses territorios nunca se integraron no Imperio español, senón nas posesións persoais dos Austrias. Malia todo, o que a Monarquía Hispánica fora unha monarquía autoritaria, case absolutista, fai que a tese máis lóxica sexa a de que todas as posesións do rei eran posesións da nación. De feito non se pode falar dunha separación do escudo nacional e o escudo real ata ben entrado o século xix, o cal pon de manifesto que o rei de España era practicamente o mesmo que o estado, atendendo ás delimitacións do réxime polisinodial polo que se rexía o Imperio español.

O Imperio Español foi o primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abranguía posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorría no Imperio Romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra unhas coas outras.

Os españois comezaran as súas exploracións polo occidente, co descubrimento das Indias Occidentais por Cristovo Colón, en 1492 e iniciaran inmediatamente a colonización forzada do continente americano. A mediados do século xvi, España controlaba case toda a zona costeira das Américas, desde Alasca á Patagonia, no occidente, e desde o actual estado estadounidense de Xeorxia, toda a América Central e o Caribe ata a Arxentina, con excepción do Brasil, que Portugal conseguira manter grazas á mediación do Papa (ver Tratado de Tordesillas).

Llotja de la Seda

A Lonxa da Seda (en valenciano Llotja de la Seda, Llotja de València ou Llotja de Mercaders) é un edificio civil de estilo gótico tardío da cidade de Valencia, construído entre o 1482 e o 1548. Se hai un edificio que simbolice a puxanza e a riqueza do século de ouro valenciano (século XV), este é sen dúbida a Lonxa. É unha mostra do alcance da revolución comercial durante a Baixa Idade Media, do desenvolvemento social e do prestixio conseguido pola burguesía valenciana.

Lope de Vega

Félix Lope de Vega Carpio, nado en Madrid o 25 de novembro de 1562 e finado o 27 de agosto de 1635, foi un escritor español, considerado un dos máis importantes poetas e dramaturgos do Século de Ouro. Pola extensión da súa obra pódeselle considerar coma un dos autores máis prolíficos da literatura universal.

O chamado Fénix dos enxeños, Poeta do ceo e da terra e Monstro da Natureza (por Miguel de Cervantes) renovou as fórmulas do teatro español nun momento no que o teatro comezaba a ser un fenómeno cultural de masas. Máximo expoñente, xunto a Tirso de Molina e Calderón da Barca, do teatro barroco español, as súas obras seguen representándose na actualidade e constitúen unha das máis altas cotas alcanzadas na literatura e as artes españolas. Foi tamén un dos grandes líricos da lingua castelá e autor de varias novelas e obras narrativas longas en prosa e en verso.

Atribúenselle uns 3000 sonetos, tres novelas, catro novelas curtas, nove epopeas, tres poemas didácticos, e varios centenares de comedias (1800 segundo Juan Pérez de Montalbán). Amigo de Francisco de Quevedo e de Juan Ruiz de Alarcón, posto a mal con Luis de Góngora e en longa rivalidade con Cervantes, a súa vida foi tan extrema como a súa obra. Foi pai da tamén dramaturga sor Marcela de San Félix.

Luis de Góngora

Luis de Góngora y Argote, nado en Córdoba o 11 de xullo de 1561 e finado tamén en Córdoba o 23 de maio de 1627 foi un poeta e dramaturgo español, máximo representante do culteranismo e figura destacada do chamado Século de ouro español.

Misticismo

O misticismo é un estado de unión inefable co sagrado que adoita traducirse nunha experiencia de éxtase. Adquire diversas significacións consonte a filosofía ou a relixión de quen o experimenta. Denomínase así tamén a doutrina ou conxunto de doutrinas que estudan e promoven a experiencia mística.

Rijksmuseum

O Rijksmuseum ou Museo Nacional de Amsterdam, é un museo situado na famosa praza de Museumplein de Ámsterdam (Países Baixos). Está dedicado á arte, a artesanía e a historia. Posúe unha extensa colección de pinturas do Século de Ouro holandés e unha substancial colección de arte asiática.

O Rijksmuseum alberga obras de Frans Hals, Rubens, Johannes Vermeer, Jan Vermeer, Jan Steen, Fra Angelico, Geertgen tot Sint Jans, Ferdinand Bol, Nicolaes Maes, Guerrit Dou, Jacob van Ruisdael, Lucas van Leyden, Jan Brueghel o Vello e do mestre Rembrandt van Rijn.

Destacan sobre todo as obras deste último: A rolda de noite, A noiva xudía, A árbore de Xesé, A morte dos inocentes e varias paisaxes dos Países Baixos.

Sevilla

Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima.

Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005). É o principal centro artístico, cultural, financeiro, económico e social do sur de España e un dos máis importantes do sur de Europa. É ademais un importante centro industrial de novas tecnoloxías e aeronáutica (factoría de EADS-CASA establecida no aeroporto). Sevilla e os seus núcleos de poboación satélites non constitúen unha verdadeira área metropolitana senón unha aglomeración urbana, pois carece dun órgano de coordinación no que estean representados tódolos organismos con competencias metropolitanas, tales como os concellos. Aínda que hai órganos mancomunados que se encargan da xestión metropolitana de certas actividades sectoriais (augas, residuos etcétera), non pode por tanto falarse de área metropolitana no seu sentido máis estrito.

De indubidable interese turístico, grazas a numerosos monumentos, prazas, xardíns, igrexas etcétera. Conserva o meirande casco histórico-artístico de Europa. De entre os seus monumentos máis famosos, a Giralda (antigo alminar da mesquita maior, hoxe campanario da Catedral) e a Torre del Oro son os dous máis coñecidos.

Dos seus barrios, Triana, La Macarena, Santa Cruz, Los Remedios, Heliópolis e Nervión son os máis famosos. A Giralda, a Catedral, o Alcázar, o Arquivo de Indias e a súa contorna foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987.

A tan só 20 m sobre o nivel do mar, entre Vega e a Campiña do río Guadalquivir, e á beira deste, conforma unha aglomeración urbana que se estende cara ó Aljarafe, As Marismas, o Parque Nacional de Doñana, a Serra Norte e a Serra Sur.

Século

Un século é unha unidade de tempo que equivale a cen (100) anos.

Os séculos acostuman contarse dentro da era cristiá comezando o 1 de xaneiro dos anos que son múltiplos de 100 máis 1 (incluíndo os negativos; vg., 101, -199 ou 2001) e finalizando o 31 de decembro dos anos múltiplos de 100 (vg., 0, 1700 ou -500). Dese xeito numéranse por números romanos. Porén, poden considerarse outros límites, sendo en tal caso moitas veces considerados de xeito aproximado.

Algúns séculos reciben alcumes como o 'Século de Ouro' ou o 'Século das luces', que corresponde de xeito aproximado ó S. XVIII.

Século II

século I < século II > século III

Este século abrangue o tempo entre o ano 101 e o 200 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Será este o verdadeiro século de ouro da historia do Imperio Romano. De 96 a 192 sucédense no trono imperial os cinco bos emperadores (Nerva, Traxano, Hadriano, Antonino Pío e Marco Aurelio). É o tempo da pax romana e do desenvolvemento das cidades máis afastadas da capital. O proceso de sucesión é pacífico.

Teatro

O teatro é un espectáculo baseado na representación da conduta do ser humano. Esta conduta representada, chamada actuación, é realizada por actores.

Por extensión tamén se chama teatro ao edificio onde se realizan representacións teatrais e espectáculos afíns, así como ao repertorio (conxunto de creacións teatrais que se consideran propias dun autor: "o teatro de Vidal Bolaño"), época ("o teatro das Irmandades da Fala) ou país ("o teatro francés").

O termo provén do grego theatron, nome que recibían as bancadas en forma de hemiciclo desde onde os espectadores contemplaban as representacións teatrais nos anfiteatros gregos. Theatron viría a ser, logo, o "lugar desde onde se mira". Posteriormente pasou a designar tamén ó espectáculo mesmo e ó lugar destinado a tales espectáculos.

En 1961, o Instituto Internacional do Teatro proclamou o 27 de marzo como o Día Mundial do Teatro .

Valencia

Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.

É unha cidade industrial e portuaria. Aínda que foi fundada a certa distancia do mar, hoxe atópase unida e ten un dos portos máis importantes do Mediterráneo occidental, xunto cos de Barcelona, Marsella e Xénova. A súa economía baséase nas súas funcións administrativas e de servizos, e en ser centro loxístico (porto, feira de mostras, aeroporto de Manises) para a industria rexional (moble, madeira, téxtil, construción etc.). Durante estes últimos anos está a destacar como un importante destino turístico, grazas á recuperación parcial da Ciutat Vella (Cidade Vella), a construción da Ciutat de les Arts i de les Ciències (Cidade das Artes e as Ciencias) e a celebración da America's Cup.

Écija

Écija é un concello da provincia de Sevilla, sita a 95 km da capital hispalense, no interior da comunidade autónoma de Andalucía. Pertence á comarca homónima. Consonte o censo de 2005, Écija tiña unha poboación de 38.911 habitantes, sendo a quinta cidade máis populosa da provincia. O río Genil, principal afluente do Guadalquivir, atravesa o seu núcleo urbano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.