Século XIII


século XII < século XIII > século XIV

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1201 e o 31 de decembro de 1300.

Durante este século en toda a Europa occidental continuou un ciclo demográfico expansivo sostido desde o século pasado.

Acontecementos importantes

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
< Século XII Século XIII Século XIV >
01 02 03 04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
31 32 33 34 35 36 37 38 39 40
41 42 43 44 45 46 47 48 49 50
51 52 53 54 55 56 57 58 59 60
61 62 63 64 65 66 67 68 69 70
71 72 73 74 75 76 77 78 79 80
81 82 83 84 85 86 87 88 89 90
91 92 93 94 95 96 97 98 99 00
Calendario rúnico

O calendario rúnico era un calendario perpetuo baseado no ciclo metónico utilizando as runas desenvolvidas polas culturas nórdicas ou xermánicas que habitaban as rexións da actual Alemaña e Escandinavia. Escribíanse en pergameos ou ben nunha vara de madeira no cal se entallaban cunha raia os días normais e os días especiais con figuras xeométricas ou símbolos, en Suecia coñecíase este último método como runstav e en Noruega como Primstav

O inicio do ano, polo calendario rúnico ocorría no día 23 de xuño, representado pola runa Feob. O máis antigo data do século XIII e empregouse ata o século XVII e aínda máis tarde esporadicamente.

Diego Pezelho

Diego Pezelho foi un xograr portugués, activo contra a segunda metade do século XIII. É autor dun sirventés político, en que simulando ser o comandante dunha fortaleza, ataca ao arcebispo por non ceder a praza a Afonso III, gardando fidelidade a Sancho II.

Década de 1200

A década de 1200 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1200 e remata o 31 de decembro de 1209.

Década de 1300

A década de 1300 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1300 e remata o 31 de decembro de 1309.

Gerðr

Na mitoloxía nórdica, Gerðr é unha Jotun, unha deusa e a muller do deus Freyr. Gerðr aparece na Edda poética, compilada no século XIII dende fontes tradicionais, na Edda prosaica e na Heimskringla, escritas por Snorri Sturluson. Gerðr tamén é chamada Gerd ou Gerth.

Hörgr

Un hörgr (antigo nórdico, plural hörgar) ou hearg (inglés antigo) era un tipo de construción relixiosa ou altar. Posiblemente consistía nunha morea de pedras, usadas no paganismo nórdico. Os Hörgar están atestados na Edda poética, unha compilación do século XIII a partir de fontes tradicionais; na Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson, sagas, na poesía de skalds, no poema anglosaxón Beowulf, e en varios nomes de lugares, a miúdo conectados cos deuses xermánicos.

Johan de Cangas

Johan de Cangas, nado no século XIII, foi un trobador galego activo no último cuarto do XIII e comezos do XIV, procedente da Península do Morrazo.

Foi homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1998 xunto a Martín Codax e Mendinho.

Lofn

Na mitoloxía nórdica, Lofn (antigo nórdico, posiblemente "a que consola," "a leve" ou "a amante") é unha deusa. Lofn aparece na Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson e na poesía skáldica. Na Edda prosaica, Lofn é descrita como moi doce nas formas e arranxando vodas.

Mímisbrunnr

Na mitoloxía nórdica, Mímisbrunnr (Antigo nórdico "Manancial de Mímir") é un pozo relacionado con deus Mímir, situado baixo a árbore do mundo Yggdrasil. Mímisbrunnr aparece atestado na Edda poética, unha compilación do século XIII baseada en fontes tradicionais, e a Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson. Ambas fontes relatan que o deus Odín deixou un dos seus ollos na fonte. A Edda prosaica detalla que o pozo está localizado baixo as tres raíces da árbore do mundo Yggdrasil, unha raíz que pasa pola terra xeada dos xigantes, onde o plano primordial de Ginnungagap existiu unha vez. Ademais, a Edda prosaica relata que a auga do pozo contén moita sabedoría, e que o sacrificio de Odín foi en troques dunha copa daquela auga.

Njörun

Na mitoloxía nórdica, Njörun é unha deusa que aparece na Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson. Teorías de estudosos propoñen que Njörun podería representar a Terra. Posiblemente teña unha conexión etimolóxica co deus nórdico Njörðr ou a deusa romana Nerio.

Sif

Na mitoloxía nórdica, Sif é unha deusa asociada coa terra. Sif aparece na Edda poética, compilada no século XIII a partir de distintas fontes , e a Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson. En ámbalas dúas Eddas, Sif é a muller do deus Thor e é recoñecida polo seu cabelo dourado

Na Edda prosaica, Sif é a nai de Þrúðr (con Thor) e de Ullr cun home cuxo nome non se lembra.

Sigyn

Sigyn (antigo nórdico "moza vitoriosa") é unha deusa da Mitoloxía nórdica, e a muller de Loki. Sigyn aparece na Edda poética, compilada no século XIII a partir de fontes tradicionais, e a Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson. Na Edda poética, pouca información hai sobre Sigyn agás o seu papel de axudar a Loki durante o seu cativerio. Na Edda prosaica, o seu papel axudando ó seu marido en catividade é constatado de novo.

Syn

Na mitoloxía nórdica, Syn (antigo nórdico "rexeitadora") é unha deusa asociada co rexeitamento defensivo. Syn aparece na Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson e nos kennings empregados na poesía skáldica.

Sága

Na mitoloxía nórdica, Sága (posiblemente signifique "vidente") é unha deusa asociada coa localización de Sökkvabekkr (antigo nórdico "banco afundido" ou "tesouro afundido"). En Sökkvabekkr, Sága e Odín beberon alegremente. Ambos, Sága e Sökkvabekkr están atestados na Edda poética, compilada no século XIII de fontes tradicionais, e na Edda prosaica, escrito no século XIII por Snorri Sturluson.

Século XII

século XI < século XII > século XIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1101 e o 31 de decembro de 1200. Marca o inicio da Baixa Idade Media.

Durante este século en toda a Europa occidental tivo lugar un ciclo demográfico expansivo sostido, que se mantivo no século seguinte.

Século XIV

século XIII < século XIV > século XV

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1301 e o 31 de decembro de 1400.

Acontecementos importantes

Inicio da guerra dos cen anos

A peste negra provoca unha crise demográfica en Europa

Urðarbrunnr

Urðarbrunnr (Antigo nórdico "Pozo de Urðr"; ou tamén referido ó concepto xermánico de destino —urðr— ou á norn chamada Urðr) é un pozo de auga da Mitoloxía nórdica. Urðarbrunnr aparece atestado na Edda poética, compilada no século XIII a partir de distintas fontes tradicionais, e na Edda prosaica, escrita no século XIII polo islandés Snorri Sturluson. En ámbalas fontes, o pozo atópase baixo a árbore do mundo Yggdrasil, e é asociado co trío das Norns (Urðr, Verðandi e Skuld). Na Edda prosaica, Urðarbrunnr é citada como un dos tres pozos que existen baixo as raíces de Yggdrasil, que están localizados en tres terras diferentes; os outros dous pozos son Hvergelmir, localizado baixo a raíz en Niflheim, e Mímisbrunnr, localizado preto do fogar dos jötnar de xeo.

Vár

Na mitoloxía nórdica, Vár ou Vór (Antigo nórdico, significa "xuramento" e "amada") é unha deusa asociada con xuramentos e os acordos. Vár aparece na Edda poética, unha obra do século XIII que é unha compilación a partir de fontes tradicionais, na Edda prosaica, escrita no mesmo século por Snorri Sturluson, na poesía skáldica e en inscricións rúnicas.

Vör

Na mitoloxía nórdica, Vör (antigo nórdico, posiblemente "a coidadosa" ou "a consciente") é unha deusa asociada coa sabedoría. Vör aparece na Edda prosaica, escrita no século XIII polo islandés Snorri Sturluson e tamén na poesía skáldica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.