Século XII


século XI < século XII > século XIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1101 e o 31 de decembro de 1200. Marca o inicio da Baixa Idade Media.

Durante este século en toda a Europa occidental tivo lugar un ciclo demográfico expansivo sostido, que se mantivo no século seguinte.

< Século XI Século XII Século XIII >
01 02 03 04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
31 32 33 34 35 36 37 38 39 40
41 42 43 44 45 46 47 48 49 50
51 52 53 54 55 56 57 58 59 60
61 62 63 64 65 66 67 68 69 70
71 72 73 74 75 76 77 78 79 80
81 82 83 84 85 86 87 88 89 90
91 92 93 94 95 96 97 98 99 00

Galicia

Nos principios deste século configurouse a definición actual de Galicia, en contraposición á Gallaecia da Idade Antiga. Coa separación definitiva de Portugal nun reino propio, Galicia establécese coas fronteiras que permaneceron ata os nosos días. O último en gobernar o antigo territorio da Gallaecia foi o conde Raimundo de Borgoña.

Durante este século tanto nas terras galegas como nas dos reinos da Europa occidental o desenvolvemento dos dominios monásticos chega ao seu punto máis álxido. Os mosteiros convertéronse en verdadeiros eixos vertebradores, sociais e económicos.

Este século xunto co seguinte foron os séculos de ouro da peregrinación a Compostela

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Afonso VII de León

Afonso Raimúndez, o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e falecido en Fresneda (quizais El Viso del Marqués) o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.

Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.

Arte románica

A arte románica foi o estilo artístico predominante na Europa cristiá dende mediados do século XI ata finais do século XII, abarcando tamén parte do XIII. O románico supón a arte cristiá, agrupando as diferentes opcións que se utilizaran na temperá Idade Media (romana, prerrománica, bizantina, xermánica e árabe) e conseguindo formular unha linguaxe específica e coherente aplicada a tódalas manifestacións artísticas. Non foi produto dunha soa nacionalidade ou rexión, senón que xurdiu de forma paulatina e case simultánea en Italia (artista principal: Benedetto Antelami), Francia, Alemaña e España. En cada un destes países xurdiu con características propias, aínda que con suficiente unidade como para ser considerado o primeiro estilo internacional cun ámbito europeo.

Xorde como consecuencia da prosperidade material e da renovación espiritual que inspirou a construción de gran número de igrexas e de edificios relixiosos. As primeiras construcións fixéronse en Lombardía, Borgoña e Normandía. Dende alí difundiuse por toda Europa, debido a:

Expansión das ordes relixiosas (Cluny e Císter) que constrúen mosteiros. Estes son fonte de riqueza e centro cultural e urbano da sociedade.

As peregrinacións (a través do Camiño de Santiago).

Aumento da influencia da Igrexa.Debido ás relacións entre relixiosos e nobres, os reis, nobres, bispos e abades dos mosteiros impulsaron a construción das grandes igrexas e ás veces eran aldeáns os que as custeaban e construían. As obras realizábanas artesáns especializados como arquitectos, canteiros, pintores etc. A arte románica foi sobre todo unha arte relixiosa, que reflectía os valores da nova sociedade feudal, que á vez era guerreira e cristiá.

Baixa Idade Media

A Baixa Idade Media é o período histórico que abrangue a historia europea dende o século XII ata o século XV. Comeza coa batalla de Hastings en 1066, fundación do reino de Inglaterra, e remata co xurdimento do Renacemento en Italia e España. Como data de remate empréganse dúas datas, ben a conquista de Bizancio polos otománs en 1453 ou o descubrimento de América por Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492.

Catedral de Lugo

A catedral de Santa María é a catedral da cidade galega de Lugo. Está adicada á Virxe María e atópase situada a rentes da muralla, concretamente diante da porta de Santiago, preto da Praza Maior. Foi comezada no século XII, e ten trazas de estilo románico, con engadidos góticos, barrocos e neoclásicos. Desde o ano 2015 é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como parte dos Camiños Primitivo e Norte.

Década de 1100

A década de 1100 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1100 e remata o 31 de decembro de 1109.

Década de 1160

A década de 1160 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1160 e remata o 31 de decembro de 1169.

Década de 1200

A década de 1200 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1200 e remata o 31 de decembro de 1209.

Gesta Danorum

Gesta Danorum ("Feitos dos daneses") é un texto patriótico da historia de Dinamarca, escrito no século XII polo autor Saxo Grammaticus ("Saxo o literato", literalmente "o Gramático"). Valdemar I de Dinamarca ou alguén da súa corte animouno a escribir a historia de Dinamarca, a súa patria. A Historia Dinamarquesa consta de varios tomos, escritos en latín. Inclúe traducións de pezas vernáculas que actualmente substitúen ás orixinais perdidas. Asemade, contén unha descrición da relixión dos seus antergos.

Ademais, no terceiro tomo da Gesta Danorum, figura unha versión primitiva da historia de Hamlet (que inspirou a máis famosa obra de Shakespeare), cuxo protagonista é Amlodi ou Amleth.

A obra completa componse de dezaseis libros en prosa con algunha incursión ocasional de poemas. Os libros 1 ó 9 están enfocados na mitoloxía nórdica e o texto remata con citas a Gorm o Vello, primeiro rexistro documentado dun rei dinamarqués. Os libros 10 ó 16 están máis enfocados na historia medieval. O libro 14 contén unha descrición do templo de Rügen.

Porén, a obra orixinal considérase perdida, coa excepción de catro fragmentos: fragmento de Angers (o máis completo e o único que se considera escrito da súa propia man por Saxo), fragmento de Lassen, fragmento de Kall-Rasmussen e fragmento de Plesner. Tódolos fragmentos pertencen á Biblioteca Real Dinamarquesa.

Igrexa de Santa María Salomé de Santiago de Compostela

A igrexa de Santa María Salomé é un templo católico construído orixinariamente no século XII situado en Santiago de Compostela, Galiza. Considérase a única igrexa dedicada a Santa Salomé, nai de Santiago Zebedeo.

Mestre Mateo

O Mestre Mateo (c. 1150 - c. 1200 ou c. 1217) foi un arquitecto e escultor galego, artífice da cripta e do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, que estivo activo entre o 1161 e o 1217. Dise que está autoesculpido no propio pórtico. Tamén é autor do antigo coro pétreo da mesma catedral. Este coro desfíxose, pero agora estase tentando rematar de reconstruír.

Mosteiro

Mosteiro, palabra que procede do grego monos (só), designa un grupo de construcións de residencia e práctica relixiosa de monxes ou monxas.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Palla (trobador)

Palla era un trobador galego ou xograr de Santiago de Compostela, activo na corte de Afonso VII de León na metade do século XII.

Palla é descrito en documentación contemporánea coma un iuglar (cognado con "malabarista", pero significa menestrel). El estaba na corte de Afonso en Burgos o 24 abril 1136 e outra vez en Toledo o 9 decembro 1151.

Pedra rúnica

As estelas rúnicas son pedras con inscricións rúnicas. Xeralmente aplícase o término a rochas erixidas como monumentos, pero tamén é válido para inscricións en pedras máis cativas e alicerces. A tradición comezou no século IV, pero a maioría datan da Era viquinga, e continuouse ata o século XII. Localízanse principalmente en Escandinavia e son particularmente numerosas en Suecia, onde se atoparon máis de 3.430 pedras rúnicas, aínda que hai en tódolos lugares onde se asentaron os viquingos. A suma total no mundo ascende a unhas 6.000. As pedras rúnicas xeralmente eran monumentos conmemorativos da morte dalgún home e orixinalmente moitas estaban decoradas con cores rechamantes.

Reino de León

O Reino de León foi un dos reinos medievais da Península Ibérica que perviviu administrativamente ata o século XIX e que tivo a súa orixe no chamado territorio legionese, aquel que circundaba a cidade de León e que lle deu o nome ao reino.

Saga (literatura)

As sagas (do islandés saga, plural sögur) son historias literarias que narran a historia antiga escandinava, as viaxes dos viquingos, a migración a Islandia e as loitas entre familias islandesas. Escribíronse na antiga lingua norueguesa entre fins do século XII e o XIV. Os textos son contos épicos en prosa, frecuentemente inclúen poemas. As historias son con frecuencia realistas con algúns elementos fantásticos, fóra das sagas lendarias, de bispos e algunhas traducidas do latín.

As sagas divídense segundo o seu contido entre sagas de reis (Konungasögur), sagas de islandeses (Íslendingasögur), sagas lendarias (Fornaldarsögur), sagas de cabalería (Riddarasögur) e sagas de bispos (Biskuparsögur)

Século XI

século X < século XI > século XII

Tempo que transcorre do ano 1001 ó 1100 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Arte románica, que perdurará durante dous séculos

Fundación da Orde do Císter

Conquista normanda de Inglaterra (batalla de Hastings)

Século XIII

século XII < século XIII > século XIV

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1201 e o 31 de decembro de 1300.

Durante este século en toda a Europa occidental continuou un ciclo demográfico expansivo sostido desde o século pasado.

Acontecementos importantes

Cumio do gótico en Europa.

Auxe das cidades.

1215: Xoán sen Terra aproba a Carta Magna, primeiro documento onde prevalece a lei sobre o poder real.

IX
 
X
 
XI
 
Século XII
 
XIII
 
XIV
 
XV
Década de 1200
Década de 1190
Década de 1180
Década de 1170
Década de 1160
Década de 1150
Década de 1140
Década de 1130
Década de 1120
Década de 1110
Década de 1100

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.