Século IV

século III < século IV > século V

Período de tempo dende o ano 301 ata o ano 400 despois de Cristo.

Acontecementos relevantes

  • 395, Teodosio o Grande divide o Imperio romano entre os seus fillos Honorio e Arcadio.
  • Nos últimos anos comeza a crise espiritual, social, económica e militar do Imperio Romano.

Personaxes destacadas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aquila

Aguia ou Aquila é unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo, mencionada tamén por Eudoxo de Cnidos (século IV adC) e Arato (século III adC), e actualmente unha das 88 constelacións recoñecidas pola UAI. Tolomeo catalogou dezanove estrelas conxuntamente nesta constelación e na constelación de Antínoo, esta última xurdida durante o reinado de Hadriano (117 - 138). Ocupaba a parte sur da constelación actual de Aquila ata principios do século XIX cando foi descartada.

Nesta constelación apareceron varias novas importantes. Unha delas, no ano 389, alcanzou o brillo de Venus, e máis recentemente Nova Aquilae 1918, superou en brillo a Altair (α Aquilae).

Arianismo

O arianismo foi unha doutrina cristolóxica desenvolvida por Ario de Alexandria no século IV, negaba que Cristo e Deus fosen da mesma natureza e vía o Fillo como un ser divino creado polo Pai, a primeira das criaturas vindas ao mundo pola vontade de Deus, pero inferior a el. Negaba, polo tanto, a "consustancialidade" do Pai e do Fillo. O Primeiro Concilio de Nicea (325) condeouno como unha herexía, despois de moitas discusións, pero sobreviviu entre os xermanos ata o século VIII.

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Celtas en Transilvania

Os celtas en Transilvania apareceron no período tardío da Cultura de La Tène (século -IV).

A escavación da gran necrópole de Apahida, Condado de Cluj, por S. Kovacs a comezos do século XX, revelou as primeiras evidencias da cultura celta en Romanía. O asentamento, que data entre o século -III e -II, é notable polos seus enterramentos de cremación e, sobre todo polos os vasos funerais.

A historia cronolóxica dos celtas de Transilvania pode ser investigada a partir dos achados arqueolóxicos de La Tène, pero case non hai rexistros antigos que permiten a reconstrución dos acontecementos políticos na zona. Os celtas exerceron goberno político-militar sobre Transilvania entre o século -IV e -II, e trouxeron con eles unha tecnoloxía máis avanzada, o ferro. Eles foron os responsables da difusión do roda de oleiro nunha área moito máis ampla da que ocupaban.

Essex

Essex é un condado situado ao leste de Londres, formando parte da rexión oriental de Inglaterra. Ocupa unha área de 3.670 km², cunha poboación estimada en 2010 de 1 737 900 habitantes.

A capital do condado é a cidade de Chelmsford, sendo a súa cidade máis importante. Outras cidades salientables de Essex son Colchester (a cidade máis vella da Inglaterra), e Southend, un dos maiores balnearios do Reino Unido.

Limita co Gran Londres e con Hertfordshire, Cambridgeshire e Suffolk. A súa fronteira con Kent é o río Támese.

A orixe do nome "Essex" está no antigo reino de Essex, fundado polos anglosaxóns cara o ano 600. Os saxóns chegaron a Gran Bretaña, primeiro como foederati do Imperio Romano e despois como colonos, cara finais do século IV. Os que se asentaron no leste, ó longo da vía que comunicaba Londinium e Camulodunum foron chamados estseaxni (saxóns orientais), nome que, co paso dos séculos, derivou no actual Essex.

Eusebio, papa

Eusebio foi un papa do século IV. Exerceu o seu cargo de bispo de Roma do 18 de abril de 309, data da súa entronización, ao 17 de agosto de 309, data do seu falecemento.

Gallaecia

A Gallaecia foi unha provincia romana do noroeste da Península Ibérica que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de Galicia, o norte de Portugal e as provincias españolas de Asturias, León e Zamora. As súas capitais estaban en Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).

Hipócrates

Hipócrates de Cos, nado en Cos (Espóradas) no século V a.C. (c. 460 a.C.) e finado en Lárisa, Tesalia no século IV a.C. (c. 370 a.C.), foi un médico da Antiga Grecia que exerceu durante o chamado século de Pericles.

É considerado unha das figuras máis destacadas da historia da medicina e moitos autores refírense a el como o «pai da medicina» moderna, en recoñecemento ás súas importantes e duradeiras contribucións a esta ciencia como fundador da escola que leva o seu nome. Esta escola intelectual revolucionou a medicina da Antiga Grecia, establecéndoa como unha disciplina separada doutros campos cos cales se asociaba tradicionalmente (notablemente a teúrxia e a filosofía), convertendo o exercicio da medicina nunha auténtica profesión.Con todo, adoitan mesturarse os descubrimentos médicos dos escritores do Corpus hippocraticum, os practicantes da medicina hipocrática e as accións do mesmo Hipócrates, polo que se sabe moi pouco sobre o que o propio Hipócrates pensou, escribiu e fixo realmente. A pesar desta indefinición, Hipócrates é representado a miúdo como paradigma do médico antigo. En concreto, atribúeselle un gran progreso no estudo sistemático da medicina clínica, reunindo o coñecemento médico de escolas anteriores e prescribindo prácticas médicas de grande importancia histórica, como o xuramento hipocrático e outras obras.Non hai que confundilo con Hipócrates de Quíos, matemático grego do século V antes de Cristo, e que naceu na illa de Quíos, non moi lonxe da de Cos.

Hungría

Hungría ( pronunciación ) (en húngaro: Magyarország [ˈmɒɟɒrorsaːɡ] ) é un país de Europa central. Fai fronteira con Austria ao oeste, Eslovaquia e Ucraína ao norte, Romanía ao leste e Serbia, Croacia e Eslovenia ao sur. Ten unha poboación de ao redor de dez millóns de habitantes distribuídos en 93.030 quilómetros cadrados.

A súa capital é Budapest, a maior cidade do país que concentra o 25% de toda a poboación húngara. A poboación é das máis homoxéneas etnicamente de toda Europa, estando composta na súa maioría polos maxiares, termo polo cal os húngaros se chaman. Os maxiares eran un pobo nómade que ocupou o planalto dos Cárpatos no século IX, loitando contra outros pobos durante séculos para manterse no mesmo lugar. Mesmo oprimidos por austríacos, turcos e rusos, os maxiares permaneceron unidos.

O nome Hungría vén do turco On-ogur que significa Dez lanzas e simbolizaba a unión das dez tribos que ocuparan o territorio húngaro no século IX, sete tribos maxiares e tres khazares. O termo latino hunni para os hunos, antigo pobo que dominou Hungría ata o século IV, xerou os termos latinos para definir Hungría. O termo maxiar probablemente vén das palabras magi e eri, a primeira de raíz proto-úgrica significa home ou pobo e a segunda do turco, co mesmo significado de pobo. O 1 de xaneiro do 2004 Hungría pasou a formar parte da Unión Europea, xunto a outros dez países, a maioría do leste europeo, entre os que se atopaban os países bálticos, a República Checa, Eslovaquia e Polonia.

Invasión celta dos Balcáns

Grupos de galos, provenientes de varias tribos da Cultura de La Tène, comezaron migrar con dirección sueste cara á Península dos Balcáns, a partir do século -IV. Aínda que os asentamentos celtas concentráronse na metade occidental da Chaira panónica, houbo incursións e asentamentos notables dentro da península balcánica.

A partir das súas novas bases no norte de Iliria e Pannonia, as invasións galas culminaron no século -III coa invasión de Grecia. A invasión de Grecia no ano -279 foi precedida por unha serie de campañas militares dirixidas cara o sur dos Balcáns e contra o Reino de Macedonia, favorecido polo estado de confusión que se seguiu a partir da complexa sucesión de Alexandre o Grande. Unha parte da invasión cruzou Anatolia e acabaron por instalarse na zona que despois veu a ser chamada Galacia.

Itinerario de Antonino

O denominado Itinerario Antonino ou Itinerario de Antonino é unha recompilación de rutas do Imperio Romano. Deste itinerario soamente se conserva a copia procedente da época do emperador Diocleciano (século IV), mais suponse que foi redactado en torno ó século III.

En cada ruta identificábanse mansións (paradas de postas) coas súas correspondentes millas (sinaladas por un ou varios miliarios). Nun principio pensouse que era unha especie de guía de viaxes, mais polas súas características, semella ser feito co fin de facilitar a localización das mansións con fins recadatorios.

Lingua gálata

O gálata é unha lingua morta celta falada antigamente en Galatia, en Anatolia (actual Turquía) ata o século IV.

Da lingua so se conservan algunhas glosas e breves comentarios de escritores clásicos ademais dun pequeno número de inscricións. Todo xunto suman unhas 120 palabras, a maioría nomes de persoa terminados en -riks (galo -rix/-reix, antigo irlandés ri, latín rex) "rei", algúns terminados en -marus, dativo -mari (galo -maros, antigo irlandés mor, galés mawr) "grande", nomes de tribos como Ambitouti (antigo irlandés imm- "ao redor", antigo irlandés túath "tribo") e palabras como drunaimeton "lugar da asemblea" (antigo irlandés drui "druída", antigo irlandés nemed "lugar sagrado").

Pannonia

Pannonia (/pəˈnoʊniə/) foi unha provincia romana do Imperio romano, que limitaba ao norte e ao leste co Danubio, ao oeste con Nórico e a Italia romana superior, ao sur con Dalmacia e Mesia superior. Pannonia estaba situada en Europa central, no territorio actual de Hungría, o leste de Austria, norte de Croacia, o noroeste de Serbia, no norte de Eslovenia, no oeste Eslovaquia e norte de Bosnia e Herzegovina.

Pedra rúnica

As estelas rúnicas son pedras con inscricións rúnicas. Xeralmente aplícase o término a rochas erixidas como monumentos, pero tamén é válido para inscricións en pedras máis cativas e alicerces. A tradición comezou no século IV, pero a maioría datan da Era viquinga, e continuouse ata o século XII. Localízanse principalmente en Escandinavia e son particularmente numerosas en Suecia, onde se atoparon máis de 3.430 pedras rúnicas, aínda que hai en tódolos lugares onde se asentaron os viquingos. A suma total no mundo ascende a unhas 6.000. As pedras rúnicas xeralmente eran monumentos conmemorativos da morte dalgún home e orixinalmente moitas estaban decoradas con cores rechamantes.

Pictos

Pictos (latín picti) é o nome que se lle dá aos antigos caledonios que vivían na moderna Escocia. Foron un grupo de pobos celtas da Idade de Ferro británica e o Baixo Medievo que viviron no leste e no norte de Escocia. Ammiano Marcelino preséntaos divididos en dúas tribos en tempos do emperador Flavius Iulius Constante: os dicalidóns (dicalidonae) e os verturións (verturiones) e aliados cos attacoti (do gaélico athach tuatha, que significa pobo ou xente que paga rendas, oposto a xente ceibe) e cos escotos. O seu nome significaba "pintado" e debíase ao costume dos caledonios de pintarse para o combate. Pictia ou Pictavia (Pictland en inglés) convértese no reino de Alba (Escocia) durante o século X, co que os pictos pasan a ser coñecidos como Albannach ou escoceses.

Hai unha asociación coa distribución xeográfica de fíbulas, nomes de lugares britónicos e pedras pictas. Os pictos son rexistrados desde antes da conquista romana de Britania ata o século X, momento no que se pensa que se mesturaron cos Gaels. Vivían ó norte dos ríos Forth e Clyde, e falaban a extinta lingua picta, a cal se pensa que estaba relacionada coas linguas britónicas faladas polos pobos do sur. Asúmese que son os descendentes dos antigos Caledonii e outras tribos nomeadas polos historiadores romanos, atopados tamén no mapamundi de Tolomeo. Pictia ou Pictavia, mesturouse gradualmente co reino gaélico de Dál Riata para formar o Reino de Alba (Escocia). Alba expandiuse, absorbendo os reinos de Strathclyde e Lothian, e no século XI, a identidade dos pictos foi incluída na amálgama de pobos que son os escoceses.

A arqueoloxía dá algunhas aproximacións sobre a sociedade dos pictos. A pesar de que sobreviviu moi pouco da súa forma de escritura, a historia deste pobo, a partir do século IV, é coñecida por unha grande variedade de fontes, incluíndo haxiografías como a de San Columba de Iona, así como varios Anais irlandeses. Aínda que a impresión popular sobre os pictos pode ser a dun pobo escuro e misterioso, non é así en absoluto. A historia e a sociedade pictas son semellantes ás dos pobos de Europa Central, Setentrional ou Oriental na Antigüidade ou na Alta Idade Media cando se os compara con eles.

Século -IV

século V a. C. < Século IV a. C. > século III a. C.

Século III

século II < século III > século IV

Período de tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 201 e o 31 de decembro de 300 da era cristiá.

Acontecementos importantes

O Imperio Romano enfróntase a un período de tentativas bárbaras de invasión. Tamén, no leste, o Imperio Persa ameaza as provincias de Siria e Asia Menor. Isto é debido á falta de liderado e ós enfrontamentos entre xenerais polo poder imperial que segue á morte de Marco Aurelio (180). Ademais, os maiores gastos militares farán aumenta-los impostos xa que o tempo das conquistas pasou: o Imperio chegou a súa máxima expansión territorial con Marco Aurelio. Tras un largo período de enfrontamentos internos e externos, agravados pola crise económica, o Imperio rexurdiría parte do seu esplendor no século seguinte, pero as fendas xa estaban abertas, os xermanos eran unha realidade e ningunha nova campaña de conquista víase factible.

258, as provincias de Galia, Britania, Vienensis e Hispania conforman o Imperio Galo.

260, Siria, Palestina e Exipto forman o Imperio de Palmira.

268-270, Claudio II o Gótico comeza o proceso de reunificación, reconquistando Hispania. Aureliano, man dereita de Claudio II continúa o proceso de restauración da autoridade imperial. En 274 o Imperio recuperaba as súas fronteiras orixinais.Personaxes destacadas

Aureliano, emperador romano (270-275), o primeiro en chamarse dominus et deus (señor e deus), defendeu o culto ó Sol.

Diocleciano, emperador romano (284-305). Organizou o territorio de forma que o gobernasen catro persoas (tetrarquía), estableceu dúas capitais: Milán e Nicomedia.

Século V

século IV < século V > século VI

Período de tempo dende o ano 401 ata o ano 500 da era cristiá.

Acontecementos importantes

400, Macrobio, vigairo de Hispania é multado polo seu uso fraudulento, sen causa xustificada, do cursus publicus.

400, I Concilio de Toledo.

411, establecemento dos Suevos na Gallaecia.

Invasións de pobos xermánicos en todo o Imperio romano de Occidente rematan por desface-la unidade política no 476.Personaxes destacadas

Atila o Huno.

Ricimer, magister militum do Imperio Romano Occidental (456-472).

Vulgata

Vulgata é a tradución en latín dende o hebreo do Antigo Testamento e revisión da versión latina do Novo Testamento feita por San Xerome no século IV e tomada como referencia para a interpretación bíblica por parte da Igrexa católica dende o Concilio de Trento. No século VII Isidoro de Sevilla edita unha versión da Vulgata e tamén Afonso X patrocina unha tradución ó castelán (Biblia alfonsina).

I
 
II
 
III
 
Século IV
 
V
 
VI
 
VII
Década de 400
Década de 390
Década de 380
Década de 370
Década de 360
Década de 350
Década de 340
Década de 330
Década de 320
Década de 310
Década de 300

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.