Século -X

século XI adC < século X adC > século IX adC

Acontecementos

Fundación de Esparta

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bieito VI, papa

Bieito VI, nado en Roma en data descoñecida e morto na mesma cidade en xuño de 974, foi o 134º papa da Igrexa católica dende o 19 de xaneiro de 973 até o seu pasamento.

Década de 1000

A década de 1000 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1000 e remata o 31 de decembro de 1009.

Década de 900

A década de 900 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 900 e remata o 31 de decembro de 909.

Década de 920

A década de 920 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 920 e remata o 31 de decembro de 929.

Década de 930

A década de 930 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 930 e remata o 31 de decembro de 939.

Década de 940

A década de 940 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 940 e remata o 31 de decembro de 949.

Década de 950

A década de 950 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 950 e remata o 31 de decembro de 959.

Década de 960

A década de 960 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 960 e remata o 31 de decembro de 969.

Década de 970

A década de 970 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 970 e remata o 31 de decembro de 979.

Década de 980

A década de 980 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 980 e remata o 31 de decembro de 989.

Década de 990

A década de 990 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 990 e remata o 31 de decembro de 999.

Lingua hebrea

O hebreo ou hebraico (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan). Os exemplos máis antigos de paleohebreo datan do século -X, na forma de debuxos primitivos, mais "a cuestión da lingua usada na inscrición queda sen responder, facendo imposible probar que era hebreo e non outra lingua local".O hebreo deixou de ser unha lingua falada nalgún momento entre os séculos I e IV e sobreviviu no período medieval só como lingua litúrxica e da literatura dos rabinos. Porén, no século XIX, foi revivida como lingua falada e da literatura, e segundo Ethnologue, hoxe é a lingua de 9 millóns de persoas en todo o mundo, dos cales 7 millóns son de Israel. Nos Estados Unidos está a segunda maior poboación hebreo falante, con 221.593 falantes fluídos, a maioría procedentes de Israel.

O hebreo moderno é unha das dúas linguas oficiais de Israel (a outra é o árabe), mentres que o hebreo bíblico é usado para a oración e estudo polas comunidades xudías de todo o mundo. O hebreo antigo é aínda hoxe a lingua litúrxica dos samaritanos, mentres que o hebreo ou árabe modernos é a lingua vernácula. Como lingua estranxeira, é estudada por estudantes de xudaísmo e por arqueólogos e lingüistas especializados no Oriente Medio e as súas civilizacións, así como por teólogos.

A Torah (os primeiros cinco libros da Biblia hebrea), está escrita en hebreo bíblico, lingua da cal deriva a moderna, e que os estudosos cren floreceu no século -VI, na era do exilio babilonio. Por este motivo, o hebreo é chamado polos xudeus Leshon HaKodesh (לְשׁוֹן הַקֹּדֶשׁ), "A lingua sagrada", dende tempos antigos.

Os Vilares, Guitiriz

San Vicenzo dos Vilares é unha parroquia do concello de Guitiriz, a sete quilómetros da vila en dirección nordeste. En 2012 tiña unha poboación de 574 habitantes (278 homes e 296 mulleres).

O topónimo Vilares procede do latín villa, villaris, referido a unha casa de campo, granxa ou poboación. A advocación da parroquia é na honra de San Vicenzo. Pertence á diocese de Mondoñedo e xa tiña curato no século X.

Pictos

Pictos (latín picti) é o nome que se lle dá aos antigos caledonios que vivían na moderna Escocia. Foron un grupo de pobos celtas da Idade de Ferro británica e o Baixo Medievo que viviron no leste e no norte de Escocia. Ammiano Marcelino preséntaos divididos en dúas tribos en tempos do emperador Flavius Iulius Constante: os dicalidóns (dicalidonae) e os verturións (verturiones) e aliados cos attacoti (do gaélico athach tuatha, que significa pobo ou xente que paga rendas, oposto a xente ceibe) e cos escotos. O seu nome significaba "pintado" e debíase ao costume dos caledonios de pintarse para o combate. Pictia ou Pictavia (Pictland en inglés) convértese no reino de Alba (Escocia) durante o século X, co que os pictos pasan a ser coñecidos como Albannach ou escoceses.

Hai unha asociación coa distribución xeográfica de fíbulas, nomes de lugares britónicos e pedras pictas. Os pictos son rexistrados desde antes da conquista romana de Britania ata o século X, momento no que se pensa que se mesturaron cos Gaels. Vivían ó norte dos ríos Forth e Clyde, e falaban a extinta lingua picta, a cal se pensa que estaba relacionada coas linguas britónicas faladas polos pobos do sur. Asúmese que son os descendentes dos antigos Caledonii e outras tribos nomeadas polos historiadores romanos, atopados tamén no mapamundi de Tolomeo. Pictia ou Pictavia, mesturouse gradualmente co reino gaélico de Dál Riata para formar o Reino de Alba (Escocia). Alba expandiuse, absorbendo os reinos de Strathclyde e Lothian, e no século XI, a identidade dos pictos foi incluída na amálgama de pobos que son os escoceses.

A arqueoloxía dá algunhas aproximacións sobre a sociedade dos pictos. A pesar de que sobreviviu moi pouco da súa forma de escritura, a historia deste pobo, a partir do século IV, é coñecida por unha grande variedade de fontes, incluíndo haxiografías como a de San Columba de Iona, así como varios Anais irlandeses. Aínda que a impresión popular sobre os pictos pode ser a dun pobo escuro e misterioso, non é así en absoluto. A historia e a sociedade pictas son semellantes ás dos pobos de Europa Central, Setentrional ou Oriental na Antigüidade ou na Alta Idade Media cando se os compara con eles.

San Esteban de Gormaz

San Esteban de Gormaz é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 3.223 (INE 2012) repartidos en máis de 20 localidades.

Foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Debido ao influxo romano, conserva nos muros restos de epigrafía romana, funeraria e relixiosa e restos medievais de igrexas e fortificacións. Foi repoboada en 912, en 917 o rei de Galiza Ordoño II venceu unha incursión árabe nesta localidade. Foi considerada unha das portas de Castela e durante o século X, un campo de batalla pola súa importancia estratéxica na liña defensiva do río Douro.

Sant Pol de Mar

Sant Pol de Mar é un concello español da costa do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Limita con Calella ao norte, Sant Cebrià de Vallalta ao oeste, Canet de Mar ao sur e co mar Mediterráneo ao leste.

A súa orixe e a do seu nome está no mosteiro de Sant Pau, construído no século X.

Santa Perpètua de Mogoda

Santa Perpètua de Mogoda é un concello da comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona, Cataluña, España.

Atópase situado nunha chaira atravesada pola riera de Caldes, preto da súa desembocadura no río Besòs. Está a 17 km de Barcelona e a 7 km de Sabadell.

Hai documentos que mencionan a localidade desde o século X, aínda que se atoparon restos da cultura íbera, e tamén dunha masía romana.

Século IX

século VIII < século IX > século X

Tempo que transcorre dende o 1 de xaneiro do 801 ata o 31 de decembro do 900 da era cristiá.

Acontecementos destacados

Peregrinacións a Compostela dos reis Afonso II de Asturias, Afonso III, a raíña Ximena e a corte de Oviedo

Imperio CarolinxioPersonaxes destacadas

Afonso III de Asturias

Carlomagno

Século X

século IX < século X > século XI

Tempo que transcorre dende o ano 901 ó ano 1000 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Compostela terceira meta de peregrinación da cristiandade. Visita ao Apóstolo do bispo Gotestalco de Le Puy no ano 950.

Fundación da Orde de Cluny (910).

Apoxeo do Califato de Córdoba.

No 987 comeza a dinastía dos Capetos en Francia.

Invasións normandas en Europa Occidental.

Século XI

século X < século XI > século XII

Tempo que transcorre do ano 1001 ó 1100 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Arte románica, que perdurará durante dous séculos

Fundación da Orde do Císter

Conquista normanda de Inglaterra (batalla de Hastings)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.