Sámi soga lávlla

Sámi soga lávlla ("Canción do pobo saami", lit. "Canción da familia saami") foi orixinalmente un poema escrito por Isak Saba que foi publicado no xornal Sagai Muittalægje por vez primeira o 1 de abril de 1906. En agosto de 1986, coverteuse no himno nacional do pobo saami. Arne Sørli púxolle a música ó poema, que foi aprobada na XV Conferencia Saami en Helsinqui, en 1992. Sámi soga lávlla foi traducido a moitas das linguas saamis.

Sámi soga lávlla
En galego: Canción do pobo saami
Himno deSami flag.svg Laponia
LetraIsak Saba
MúsicaArne Sørli
AdoptadoAgosto de 1986
Laponia (rexión)

Laponia (Sápmi en saami, Lappi en finés, Lappland en sueco e noruegués) é o nome dunha rexión cultural habitada orixinalmente polo pobo dos saami, se ben na actualidade tan só son unha minoría.

Abrangue unha parte dos asentamentos dos saami, pobo indíxena antigamente chamado lapón (mais esta palabra ten unha orixe pexorativa).[Cómpre referencia]O territorio no cal se asentan os saami nunca tivo unidade como estado, e hoxe en día este territorio está repartido entre Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia. En concreto, Laponia comprende o norte da península Escandinava (composta por Suecia, Noruega e unha parte de Finlandia) asemade da península de Kola.

Linguas saamis

As linguas saamis son un grupo de linguas finoúgrias que se falan no norte de Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia polos pobos saamis de Laponia. As linguas saamis extintas son o saami de Akkala, de Kemi e de Kainuu.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.