Sábado

O sábado é o sexto día da semana. O nome "sábado" vén do hebreo a través do latín sabbath (dies) ou día do sabat, día de descanso para os xudeus. O nome latino era Saturni (dies), ou día de Saturno. Coa cristianización deuse unha substitución do nome, pero outras linguas mantiveron a raigaña latina, así temos o inglés Saturday.

Nomes noutras linguas

Word for Saturday in European Languages
Sábado nas distintas linguas de Europa.
Lingua Nome Significado
Alemán Samstag Día do Sabat
Búlgaro Събота/Sabota Día do Sabat
Catalán Dissabte Día do Sabat
Checo Sobota Día do Sabat
Chinés Tradicional 星期六/Xīng Qī Līu Seis da semana
Español Sábado Día do Sabat
Éuscaro Larunbat ?
Francés Samedi Día do Sabat
Holandés Zaterdag Día de Saturno
Inglés Saturday Día de Saturno
Irlandés Dé Sathairn Día de Saturno
Islandés Laugardagur Día do baño
Italiano Sabato Día do Sabat
Noruegués Lørdag Día do baño
Quechua K'uichi P'unchay Día do arco da vella
Portugués Sábado Día do Sabat
Romanés Sambata Día de Saturno
Ruso Субботу/Subota Día de Saturno
Xaponés 土曜日/Doyoubi Día da terra

Véxase tamén

Outros artigos

...Happy Record Store Day!

...Happy Record Store Day! é un EP da banda estadounidense Weezer, editado como promoción do Record Store Day, celebrado o sábado 17 de abril de 2010.

A semana na cultura popular galega

Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.

Aeroporto de Lanzarote

O Aeroporto de Lanzarote é un aeroporto español xestionado por Aena, situado na illa canaria de Lanzarote que se atopa a 5 km de Arrecife, capital da illa, e dentro do termo municipal de San Bartolomé. Tamén se lle coñece como "Aeroporto de Guacimeta", polo topónimo histórico do lugar sobre o que se atopa.

O aeroporto é a principal vía de comunicación da illa de Lanzarote co exterior, dada a súa condición de insularidad, ademais constitúe o eixo básico da economía da Illa, xa que recibe a maioría de turistas nacionais e internacionais. Tradicionalmente tivo un importante tráfico chárter; actualmente a maior parte do tráfico é regular e internacional.

Segundo datos de 2009, o de Lanzarote é o terceiro aeroporto canario en tráfico de pasaxeiros (detrás do Aeroporto de Gran Canaria e o Aeroporto de Tenerife Sur), ademais é o décimo a nivel nacional con 4 701 480 pasaxeiros.Conta cun Museo Aeronáutico situado na estrada que dá acceso ás terminais do aeroporto. Pódese visitar de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas, gratuitamente e é apto para todos os públicos. Na súa maioría é material fotográfico, que mostra desde os comezos da aviación na illa (desde a inauguración do aeroporto, o 12 de xuño de 1946) ata as datas nas que nos atopamos.

Arzúa

Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arzuán».

Calendario hebreo

O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.

A forma "moderna" é o chamado calendario lunisolar, semellante ao calendario chinés, que mide os meses segundo os ciclos lunares e os anos tendo en conta os ciclos solares, distinto do calendario islámico puramente lunar e do calendario gregoriano case enteiramente solar. Pola diferenza de 11 días entre doce meses lunares e un ano solar, o calendario repítese nun ciclo de 19 anos de 235 meses lunares, cun mes lunar extra cada dous ou tres anos, cun total de sete veces cada dezanove anos. Como o calendario hebreo foi desenvolvido na zona sur-leste do Mar Mediterráneo, as referencias ás estacións reflicten os tempos e o clima do hemisferio norte.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Gran Premio de Fórmula 1

Un Gran Premio de Fórmula 1, (tamén chamados Grand Prix ou, na escrita, GP) é, na actualidade, cada un dos eventos que compoñen o Campionato Mundial de Fórmula 1.

Os Grandes Premios desenvólvese nunha fin de semana, aínda que nalgúns esténdese até o xoves por motivos especialmente comerciais. Ademais da Fórmula 1 propiamente dita, nunha fin de semana de Gran Premio outras competicións menores teñen lugar co obxectivo de ameniza-la espera do público asistente.

Loimil, A Estrada

Santa María de Loimil é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 216 habitantes (112 mulleres e 104 homes), 59 menos ca en 1986. En 1842 tiña unha poboación de feito de 237 persoas. Ten 10 entidades de poboación.

Moeche

Moeche é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 1.226 habitantes (1.401 no 2010, 1.437 no 2006, 1.469 no 2005, 1.461 no 2004, 1.478 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é modestino.

NBA All-Star Weekend

O All Star Weekend da NBA (en inglés, Fin de Semana das Estrelas), é un acontecemento deportivo celebrado nos Estados Unidos, no que se reúnen os mellores xogadores de baloncesto da NBA.

Pole position

Nos deportes a motor, a pole position (en inglés, literalmente: posición de poste) ou simplemente pole, é o termo que se utiliza para designar ao primeiro lugar na grella de saída das carreiras de circuíto. A frase ten a súa orixe na hípica, onde o primeiro corredor saía desde o lugar máis próximo aos postes interiores.

As posicións de saída normalmente determínanse sobre a base dunha ou máis sesións previas de cualificación, onde os pilotos tratan de establecer a súa volta máis rápida, ou sobre a base das posicións que obtiveron na carreira anterior.

Diferentes categorías de deporte motor usan diferentes formatos para determinar que corredor ten a oportunidade de saír desde a pole position.

Fórmula 1 1950 a 1995

Este foi o sistema de clasificación máis longo na historia da Fórmula 1, xa que se empregou durante 46 tempadas. Celebrábanse dúas sesións dunha hora: unha, o venres; e outra, o sábado. O mellor tempo de cada piloto en calquera das dúas sesións contaba para a grella de saída.

Fórmula 1 1996 a 2003

Os pilotos tiñan permitido ata un máximo de 3 saídas de boxes e 12 voltas nunha sesión clasificatoria dunha hora os Sábados previos á carreira.

Fórmula 1 desde o 28 de maio 2003, 2004 e 2005

A pole position era determinada polo mellor tempo nunha soa volta con tanques cheos os Sábados.

Fórmula 1 dende o 6 de marzo ata o 22 de maio de 2005

A pole position era determinada pola sumatoria de tempos de dúas sesións de cualificación.. Unha os Sábados co mínimo de combustible e outra a mañá do Domingo con tanques cheos.

Fórmula 1 dende o 2006, ata a actualidade

Logo de 2 sesións eliminatorias de 15 minutos cada unha, os 12 coches máis lentos son eliminados, 6 en cada unha. Logo, os restantes 10 pilotos tratan de establecer a volta máis rápida coa carga de combustible da súa elección (que deberán usar ao momento da largada)

NASCAR

A pole position determínase mediante a cronometraxe de dúas voltas (unha volta nos circuítos da Copa Nextel). A volta máis rápida marca a pole.

500 Millas de Indianápolis

A pole position determínase o primeiro día dos 4 días de cualificación. Cada coche realiza 2 voltas. A velocidade media é o que determina as posicións, incluída a pole. O mellor tempo establecido nunha sesión previa sempre sairá por diante dun mellor tempo establecido nunha sesión posterior. Así, os 33 mellores tempos sempre saen.

Ribeseya

Ribeseya (oficialmente: Ribadesella/Ribeseya) é un concello do Principado de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con Llanes, ao sur con Cangues d'Onís e Parres e ao oeste con Caravia. Fundada por Afonso X o Sabio. Foi un dos principais portos asturianos do século XIX. Segundo o INE, contaba cunha poboación de 5 779 habitantes en 2017 (2 755 homes e 3 024 mulleres).

O concello conta tamén con numerosas empresas dedicadas ao deporte de aventura, como piragüismo, espeleoloxía ou escalada. O primeiro sábado de agosto despois do día 2 celébrase o famoso Descenso Internacional do Sella, onde acoden deportistas de todo o mundo e celébrase unha gran festa local.

Tamén este concello destaca pola variedade turística que ofrece, e sobre todo polas actividades que rodean á Cova de Tito Bustillo, famosa polas súas pinturas prehistóricas.

Semana

A semana é un período de tempo de sete días consecutivos. Este período correspóndese coa cuarta parte dun ciclo lunar, de 28 días, que desde antigo serviu como base para o calendario lunar.

Semana Santa

A Semana Santa é a festa máis importante do calendario cristiano. Conmemora a entrada de Xesucristo en Xerusalén, a súa morte na cruz e a súa resurrección.

Aínda que comeza o Domingo de Ramos e termina o Domingo de Pascua, a Semana Santa inclúe varias celebracións:

Venres de Dores

Sábado de Paixón

Domingo de Ramos

Luns Santo

Martes Santo

Mércores Santo

Xoves Santo, celébrase A Última Cea.

Venres Santo, recorda a crucifixión.

Sábado Santo

Domingo de Pascua, celebra a Resurrección.

Luns de Pascua

Martes de Pascua

Mércores de PascuaA Semana Santa celébrase na primavera, pero non coincide cunha data determinada do calendario, xa que ven determinada polo calendario lunar. As igrexas occidental e oriental utilizan calendarios diferentes para determinar o día de Pascua (o gregoriano en occidente e o xuliano en oriente), e aínda non chegaron a ningún acordo para unificar o criterio.

En Galicia destacan as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol, ambas declaradas Festas de interese turístico internacional.

Sábado Santo

O Sábado Santo (tamén coñecido como Sábado de Gloria) é o segundo día do Triduo Pascual, que conclúe coas segundas Vésperas do Domingo de Resurrección culminando así para os cristiáns a Semana Santa. Tras conmemorar o día anterior a morte de Cristo na Cruz, espérase o momento da Resurrección. É a conmemoración de Xesús no sepulcro e o seu Descenso ao Abismo. Unha vez anoiteceu, ten lugar a principal celebración cristiá do ano: a Vixilia Pascual.

The Guardian

The Guardian é un xornal británico propiedade de Guardian Media Group. Publícase de luns a sábado en formato Berliner. Ata 1959 foi chamado The Manchester Guardian, reflectindo as súas orixes locais. O xornal aínda segue sendo coñecido por este nome especialmente en América do Norte, aínda que ten a súa base en Londres desde 1964 (con servizos de imprenta tanto en Manchester como en Londres).

As editorais deste xornal adoitan ser normalmente de tendencias esquerdistas. Unha enquisa feita polo grupo MORI entre abril e xuño do 2000 mostrou que o 80% dos lectores de The Guardian eran votantes do partido Laborista. De acordo con outra enquisa feita en 2004, o 44% dos lectores deste xornal votaron ao partido laborista e un 37% aos liberal demócratasFoi o primeiro xornal británico en imprimir en formato Berliner. En novembro de 2005 The Guardian tivo unha media de 378.618 exemplares vendidos, comparado cos 904.955 exemplares de Daily Telegraph, os 692.581 de The Times e 261.193 de The Independent

O xornal coñécese ás veces como "The Grauniad" como resultado de frecuentes erros tipográficos.

The New York Times

The New York Times é un xornal publicado na cidade de Nova York e distribuído nos Estados Unidos e moitos outros países, fundado o 18 de setembro de 1851 por Henry Jarvis Raymond e George Jones, o primeiro tamén fundador de Associated Press. É propiedade da The New York Times Company, que tamén posúe outras 40 publicacións, incluíndo o International Herald Tribune e o Boston Globe. O diario é afectuosamente chamado a «Dama Gris» (Gray Lady, en inglés).

A súa sede atópase no The New York Times Building, na Oitava Avenida de Nova York.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.