Rutabaga

A rutabaga[1] (Brassica napobrassica, o Brassica napus var. napobrassica), é unha raíz comestíbel que se orixinou nun cruzamento ente o repolo (Brassica oleracea var. viridis) e o nabo (Brassica rapa). Cultívase especialmente no norte de Europa e América do Norte, onde forma parte da gastronomía popular. Non é un cultivo popular hoxe en día en Galiza.

Rutabaga
Rutabaga, variety nadmorska

Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Eudicotyledoneae
(sen clasif.): Rosidae
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brassica
Especie: B. napobrassica
Nome binomial
'Brassica napobrassica'
(L.) Mill.

Descrición

A planta ten uns 25 cm de altura e se estende por uns 35 cm. A raíz ten 10 cm de lonxitude e 9 cm de diámetro, con exterior acastañado e polpa amarela ou abrancazada. O sabor é moderadamente doce e se asemella ao do nabo, mais con gusto a repolo. A aparencia tamén é semellante ao nabo mais cambia na cor da polpa e que a raíz é máis mesta, con máis rebentos, colleitándose cando acadan un talle maior. A diferenza do nabo ten as follas máis suaves e cerosas.

Historia

Swede - rutabaga - veggiegroup
Colleita de rutabagas en Suecia.
Steckrübe
Corte da raíz

A primeira mención escrita é do botánico sueco Gaspard Bauhin en 1620, que menciona que medra brava en Suecia. Adóitase considerar orixinaria de Escandinavia ou Rusia.[2] Cara finais do século XVII introduciuse en Inglaterra e Francia e algunhas partes dos EUA coma Illinois (referencias do seu cultivo en 1817).[3]

Historia botánica

A taxonomía sobre a rutabaga sufriu moitos cambios. O botánico sueco Gaspard Bauhin, en 1620 deulle o nome de Brassica napobrassica na súa obra Prodromus. Carl von Linné en 1753 no seu libro Species Plantarum considerouna coma unha variedade botánica de B. oleracea: B. oleracea var. napobrassica. Posteriormente tense considerado noutros táxones coma variedade subespecie ou elevada ao nivel de especie como se vai facer en 1768 baixo o nome de Brassica napobrassica que é o que actualmente se acepta.

Cultivo

Cómpre das mesma condicións de crecemento ca o nabo, clima fresco para medrar axiña e con calidade. Plántase na primavera cando o terreo xa se pode traballar, puidéndose tamén sementar polo outono en climas de invernos non moi fríos. Lévalle un mes e medio menos en madurar ca o nabo.

Aspectos nutritivos

Rutabaga crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía157 kJ (38 kcal)
8.62 g
Azucres4.46 g
Fibra alimentaria2.3 g
0.16 g
1.08 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
8%
0.09 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.04 mg
Niacina (B3)
5%
0.7 mg
Ácido pantoteico (B5)
3%
0.16 mg
Vitamina B6
8%
0.1 mg
Ácido fólico (B9)
5%
21 μg
Vitamina C
30%
25 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
4%
43 mg
Ferro
3%
0.44 mg
Magnesio
6%
20 mg
Manganeso
6%
0.131 mg
Fósforo
8%
53 mg
Potasio
6%
305 mg
Cinc
3%
0.24 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Son plantas ricas en betacarotenos. Cociñada ten moi baixo nivel calórico: 39 calorías por 100 gramos.. 1,3 gramos de proteínas e 6 gramos de graxas. Salientan os 326 gramos de potasio.

Uso

Nicolaes Maes 007
Peladora de rutabagas de Nicolaes Maes.

Emprégase moito na gastronomía do norte de Europa, coma no prato alemán coñecido coma Steckrübeneintopf (en lingua alemá e rutabaga chámase Steckrüben), tamén na Hamburger National e no Lübecker National (a denominación National adóitase engadir aos pratos que levan esta raíz). É moi empregada tamén en toda Escandinavia. Pódese comer crúa ou cociñada. O puré de rutabaga é moi común. Pódese comer gratinada con queixo, sofrixida ou conservada en aceite e especias. En ensaladas tállase en toros ou pauciños. Crúa é lixeiramente doce[4] Algunhas variedades empréganse para a alimentación de vacas leiteiras.

Denominacións noutras linguas europeas

En castelán coñécese tamén coma colinabo. En inglés coma swede turnip ou simplemente swede. En francés coma navet de Suède, rutabaga ou chou navet. O portugués coincide co galego. En alemán chámanlle Steckrüben.

Notas

  1. Nome vulgar galego preferido en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; e Termos esenciais de botánica Santiago de Compostela, 2004. A RAG non recolle nome vulgar algún para esta especie
  2. Hawkes, Alex D. 1968. A World of Vegetable Cookery. New York: Simon and Schuster.
  3. Sturtevant, E. L. 1919. Sturtevant's Notes on Edible Plants. Albany, NY: J. B. Lyon Company, p. 105.
  4. http://elpinareco.wordpress.com/2010/10/06/colinap-colinabo-o-colirrabano-en-español/[Ligazón morta]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bolboreta da col

A bolboreta da col ou bolboreta da verza (Pieris brassicae) é unha especie de bolboreta da familia Pieridae. É un parente próximo da especie Pieris rapae.

Este lepidóptero é común en Europa, Norte de África e Asia incluíndo os Himalaias.

Brassica

Brassica é un xénero botánico da familia Brassicaceae, que comprende numerosas especies utilizadas polo ser humano como condimento ou alimento, de grande importancia na horticultura e na agricultura, como os nabos, repolos ou as verzas. O xénero é nativo do oeste de Europa, rexión mediterránea e rexións de clima temperado de Asia. Tamén inclúe plantas bravas. Son plantas importantes na gastronomía galega: repolo, nabo (nabiza, grelo), verzas etc.

Hai máis de 30 especies bravas e híbridos, e numerosos cultivares adicionais e híbridos de orixe cultivada. Moitas son anuais ou bienais, e algunhas son pequenos arbustos.

Hoxe en día o xénero é cultivado mundialmente. Nalgunhas especies, case todas as partes son comestíbeis, incluída a raíz, coma na rutabaga ou no nabo (carola, grelos e nabizas), os talos (col ravo), as follas (repolo, coia de Bruxelas), as flores (coliflor, brócoli), as sementes (mostaza e a colza Brassica napus).

Algunhas formas con follaxe branca ou púrpura ou cabezas florais úsanse para ornamentar.

As especies de Brassica son consumidas polas larvas de varias especies de Lepidoptera (bolboretas e avelaíñas).

Por mor á súa importancia agrícola, as Brassica teñen moito interese científico. As estreitas relacións entre seis especies particularmente importantes (Brassica carinata, B. juncea, B. oleracea, B. napus, B. nigra e B. rapa) descríbense na chamada teoría do Triángulo de U.

Hortaliza

Denomínanse hortalizas as plantas herbáceas e de ciclo curto, cultivadas nas hortas e campos de regadío, das que se aproveitan as follas, flores, raíces, talos tenros, froitos etc. para a alimentación humana. Trátase dun concepto gastronómico sen fundamento botánico ningún, que ten os lindes pouco definidos: segundo os distintos autores pode incluír ou non as verduras (plantas das que se aproveitan as follas e outras partes verdes: espinacas, leitugas, grelos etc.) e os legumes frescos (plantas das que se aproveitan os froitos verdes ou as sementes: feixón, chícharos etc.). Exclúe as froitas (pero inclúe algúns tipos de froitos, como é o caso do tomate ou o pemento) e os cereais. Resulta común agrupar verduras e hortalizas baixo un mesmo concepto ou considera-las verduras como un subgrupo das hortalizas. As patacas tamén poden considerase hortalizas se ben, pola relevancia do seu consumo, adoitan tratarse por separado.

Pódense consumir de formas moi diversas, xa sexa directamente en cru, en ensalada ou como acompañamento; ou trala súa preparación culinaria, sexa como prato principal ou como gornición de pratos diferentes.

Forman parte da alimentación humana desde tempo os comezos da agricultura, se ben o seu uso habitual na dieta humana non se xeralizou ata os séculos XVI e XVII. Nas últimas décadas observouse unha progresiva redución no consumo de verduras e hortalizas, paralela ó aumento do consumo de carnes e peixes, ata o punto de asimilar estes produtos ó nivel económico: a maior nivel económico, maior consumo de alimentos proteicos e menor consumo de alimentos vexetais. Outros factores que interviron neste fenómeno foron a aparición de novos hábitos alimenticios que rexeitaban preparacións culinarias lentas e elaboradas a favor doutras comidas de elaboración máis fácil e rápida, e tamén certa asociación entre as verduras e hortalizas cos réximes de adelgazamento ou dietas de convalecencia. Na actualidade, os novos coñecementos dietéticos e fisiolóxicos puxeron de manifesto a necesidade de incorporar alimentos de orixe vexetal á dieta para podela considerar equilibrada, teoría que defende o incremento do consumo deste tipo de alimentos, en detrimento dos proteicos.

Así, a inclusión de verduras, froitas e hortalizas como elementos habituais na dieta é hoxe un consello dietético unanimemente aceptado por tódolos nutrólogos como garantía dunha dieta equilibrada. Recoméndase especialmente a súa inclusión na comida dos meniños non só polos efectos beneficiosos directos que teñen, senón para que adquiran o hábito de consumir alimentos vexetais desde a infancia.

No ano 2006, o panel de consumo que publica o Ministerio de Agricultura [1] daba unhas cifras de 67,68 kg de hortalizas frescas por habitante e ano, un 3,7% menos có ano anterior. Concretando no consumo doméstico, as cifras eran de 55,6 kg/ano, nunha liña progresivamente ascendente desde o mínimo de 48,6 kg en 1995. No que respecta a Galicia, o consumo nese ano 2006 era de 49,3 kg por habitante.

Galicia, con A Rioxa, Murcia, Asturias e Castela-A Mancha, eran as comunidades cun menor consumo de hortalizas nos fogares. O maior consumo dáse en comunidades como Valencia, Castela e León, Madrid (que rondan os 55–57 kg) e, destacando sobre todas, Cataluña, con 77,2 kg por habitante e ano .

Mosca do vinagre

Drosophila melanogaster é unha especie de díptero (mosca) da familia Drosophilidae. A especie recibe o nome en xeral de mosca da froita ou mosca do vinagre, que tamén reciben outras especies de Drosophila. Desde que Charles W. Woodworth propuxo o uso desta mosca como organismo modelo para realizar estudos científicos, D. melanogaster é amplamente utilizada na investigación biolóxica en estudos de xenética, fisioloxía, patoxénese microbiana e evolución. É un animal moi axeitado para este mester porque é fácil de coidar, ten só catro pares de cromosomas, reprodúcese rapidamente, e pon moitos ovos. O xenoma desta mosca foi totalmente secuenciado e moitos dos seus xenes teñen homólogos no xenoma humano. D. melanogaster é unha praga común nas casas, en restaurantes e outros lugares onde se serve comida.As moscas que pertencen á familia Tephritidae tamén se poden chamar "moscas da froita", e orixinan pragas na froita de importancia económica (por exemplo, a especie Ceratitis capitata), e non hai que confundilas coas drosófilas. As Tephrítidae aliméntanse de froita en bo estado, mentres que as drosófilas fano de froitas moi maduras ou podres.

Nabo

O nabo (Brassica rapa L.), é unha planta da familia das crucíferas ou brasicáceas (a familia das coles e os repolos) cultivada comunmente como hortaliza nos países de climas temperados de todo o mundo pola súa suculenta raíz napiforme, e tamén para o consumo das súas follas. As variedades de raíz tenra utilízanse para o consumo humano, mentres que as maiores se destinan a forraxe para o gando.

Os nabos son moi populares en Europa, en particular nas rexións máis frías, xa que se poden almacenar durante varios meses despois da colleita. Tamén poden crecer en forma silvestre. En Galiza foi un dos cultivos máis estendidos como indica a microtoponimia; hoxe en día o consumo humano da raíz (chamada comunmente carola, cachola ou carocha) non é común, porén si seguen a ser moi populares as nabizas e grelos (follas e rebentos respectivamente da mesma planta).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.